Cultura

Zeta

Paula Cantelar e Roberto González
O Diario Cultural Zeta é o espazo onde atoparás a cultura emerxente que se está facendo en Galicia, e tamén o lugar onde reflexionar dos temas que pre ...

Listaxe de episodios

Temporadas do programa
31 episodios
Imaxe do podcast Especial festa fin de curso

31# Especial festa fin de curso

Diario Cultural Zeta número 31 (xa hai que ser desgraciadas para rematar unha temporada no número 31). Neste especial fin de curso, Lucía non tiña ganas de traballar e decide facer un repaso do que significou esta tempada para o equipo. Silvia trae un dos seus 'Meu dito' sobre as despedidas, pero conseguimos conter as bágoas. Celia anima un pouco a cousa falando de 'Crush', unha película "high school" con moi boas referencias, e Anxo Fariñas ven como convidado porque non hai quen o bote dos nosos estudios. Como convidadas, temos a Tamara Andrés e Jesús silva, aínda que estamos un pouco enfadadas con Jesús porque non se dignou a aparecer no estudio multimedia. (si, liches ben, tamén podes vernos en youtube).

  • 20/06/2022
  • Duración 61:28
Imaxe do podcast Abrazar a diversidade, cousas estrañas, Bruno Arias e ter un xuíz na porta do estudio

30# Abrazar a diversidade, cousas estrañas, Bruno Arias e ter un xuíz na porta do estudio

Diario Cultural Zeta número 30, unha década estraña, se me preguntas. Tan estraña como as cousas que pasan en Hawkins, que entre demogorgons e as opinións de Celia, non levantan cabeza. Pero antes de comentar Stranger Things, Lucía déixanos unha reflexión sobre as etiquetas e facerse visible como disidente. No Cuestionario Zeta temos por fin a Bruno Arias, e algo debeu facer Silvia, que co seu refrán provocou que tiveramos a un xuíz na porta do estudio. Unha vez aclaradas as nosas ilegalidades, viñeron os colaboradores habituais, Ana Abad e Cibrán Tenreiro. Escoitade o programa, que nos dá moito traballiño facelo.

  • 16/06/2022
  • Duración 73:39
Imaxe do podcast A vida como farsa, Hydn e moitos lobiños que non paran de ouvear

29# A vida como farsa, Hydn e moitos lobiños que non paran de ouvear

Diario Cultural Zeta número 29 (non acabará nunca esta tortura?). Lucía foi ao teatro e, ademais de ter unha experiencia relixiosa, di que seica a vida é farsa, teatro, comedia... e ponse intensa. Celia mantén o nivel de intensidade alto e comenta 'Cinco lobitos' no seu cineclube particular. Ser nai e filla, unha movida. No cuestionario Zeta poñemos a proba a nosa "zeteza" facendo un tiktok coa marabillosa Hydn. E Silvia López ponse a ouvear sen xeito, que seica anda con lobos (as demais somos máis de vampiros). Coas colaboracións de Jesús Silva e Sara Donoso. Dádelle ao play, ho!

  • 06/06/2022
  • Duración 72:14
Imaxe do podcast Conversacións entre amigos, con Pradorúa, moitos turistas e o tempo que non espera por nós

28# Conversacións entre amigos, con Pradorúa, moitos turistas e o tempo que non espera por nós

No Diario Cultural Zeta 28, Lucía Junquera reflexiona sobre a turistificación e o perigo de acabar vivindo nun parque temático. Celia Riande convídanos ao seu cineclub para unhas 'Conversaciones entre amigos' e, de paso, xa chamamos a Pradorúa para sometela ao noso Cuestionario Z. Así, cando nos damos conta, xa pasaron voando os minutos porque, como explica Silvia López na súa sección de refráns, "o tempo non para con ninguén". Menos con Tamara Andrés e Ana Abad, que tamén tiñan que vir falar de literatura e artes escénicas.

  • 03/06/2022
  • Duración 67:27
Imaxe do podcast Ollos alleos, Heartstopper, Román Varela e tirar da manta

27# Ollos alleos, Heartstopper, Román Varela e tirar da manta

Diario Cultural Zeta número 27, que din os que saben que é a idade para morrer se te dedicas á música. Por sorte para todas, este non vai ser o último Zeta. Lucía Junquera comeza falando de fotografía (parece Silvia con Castroverde), concretamente de como retrataron Galicia as fotógrafas de fóra. Celia Riande volve á adolescencia coa nova serie de moda de Netflix, 'Heartstopper'. Poñémonos en modo politólogos, sen ser nós nada diso, coa visita no Cuestionario Zeta de Román Varela. Silvia López colle frio nos pés por culpa de tirar demasiado da manta, ou algo así. E os colaboradores Sara Donoso e Cibrán Tenreiro cumpren con creces a súa función de xente sabia.

  • 24/05/2022
  • Duración 76:24
Imaxe do podcast Correspondencia non privada, Cris Iglesias e contos de princesas e costureiras

26# Correspondencia non privada, Cris Iglesias e contos de princesas e costureiras

Diario Cultural Zeta número 26 que comezamos falando dos diarios e correspondencias privadas dos escritores. Lucía pregúntase ata que punto é preciso publicar esas cousas, pero a verdade é que rexoubeiras somos todas. Pero isto non marca o tono do programa nin moito menos, porque a continuación chega Celia co seu cineclube para falar dun peliculón con todas as letras: 'Barbie, a princesa e a costureira'. O mamarracheo vai en ascensión ata o noso cuestionario, protagonizado pola actriz Cris Iglesias. Para rematar, na convocatoria de colaboradores temos a Tamara Andrés, que entrevistará ao poeta Jorge Moral; e a Jesús Silva, que estará conversando coa directora Cristina Yáñez.

  • 23/05/2022
  • Duración 69:33
Imaxe do podcast 25 anos (programas) do Zeta, Alcarrás, Iris Gestoso e redes de peixes

25# 25 anos (programas) do Zeta, Alcarrás, Iris Gestoso e redes de peixes

25 PROGRAMAS DO DIARIO CULTURAL ZETA, DÁDENOS MAIÚSCULAS MÁIS GRANDES. Estamos emocionadas por chegar ao podcast número 25. Temos que comezar a celebrar estas cousas porque non sabemos canto máis imos durar. Neste importante aniversario contamos de novo con Anxo Fariñas (non hai quen se desfaga del), e temos as seccións habituais. Celia Riande foi ao cine ver Alcarrás e, spoiler, gustoulle. No Cuestionario Z poñémonos guapas e estupendas para recibir á maquilladora Iris Gestoso. E Silvia López no 'Meu Dito' trata de pillar algún peixe. En canto aos colaboradores: Ana Abad fálanos de Mutismoa Teatro, e Cibrán Tenreiro pícanos as súas cancións portuguesas preferidas. Que festazas montamos!

  • 10/05/2022
  • Duración 73:8
Imaxe do podcast Carreiras de drags, Sara Riveiro e outra vez cos refráns de carros

24# Carreiras de drags, Sara Riveiro e outra vez cos refráns de carros

Diario Cultural Zeta número 24, co que proximamente nos podería caer unha demanda dos Javis por difamación (nunca se sabe cando está no micro Celia Riande). Facémoslle o cuestionario Z á encantadora, marabillosa e talentosa Sara Riveiro. Silvia López conta o seu refrán número 199 sobre carros. E os colaboradores Jesús Silva e Sara Donoso poñen o punto de cordura.

  • 03/05/2022
  • Duración 65:38
Imaxe do podcast Libros inútiles, Batman, Nico Carreira e apoloxía das aldeas

23# Libros inútiles, Batman, Nico Carreira e apoloxía das aldeas

Diario Cultural Zeta número 23. Lucía Junquera ten moi claro cales son os libros imprescindibles para ser Lucía Junquera (a ver quen o sabe mellor ca ela). Celia Riande disponse a ver Batman, unha película na que non lle pagaron a Fenosa. No Cuestionario Zeta entrevistamos ao compañeiro podcasteiro Nico Carreira de Café Derby 21. E Silvia López fai apoloxía, unha vez máis, da vida na aldea, que Deus nola dea. Coas colaboracións de Ana Abad falando da compañía Morra o Conto, e Tamara Andrés comentando 'Memoria dun exgalego'.

  • 25/04/2022
  • Duración 67:7
Imaxe do podcast Censura, West Side Story, Anxo Fariñas sen cancelas e caldo de pitas vellas

22# Censura, West Side Story, Anxo Fariñas sen cancelas e caldo de pitas vellas

Diario Cultural Zeta número 22. Lucía Junquera reflexiona sobre a censura, Celia Riande critica a nova versión de West Side Story (sentímolo, Spielberg) e Silvia López fai caldo coa pita máis vella que ten na casa. No que vén sendo o Cuestionario, tristemente, contra a nosa vontade, interrogamos a Anxo Fariñas para que marche deste programa co corazón quentiño. E para rematar, os colaboradores desta semana, Jesús Silva, que entrevista a Bruno Arias; e Tamara Andrés, que se pon no micro e sae o sol (literariamente).

  • 13/04/2022
  • Duración 59:49
Imaxe do podcast A voltas coa filosofía, Camera Café, Brais Romero e linguas afiadas

21# A voltas coa filosofía, Camera Café, Brais Romero e linguas afiadas

Diario Cultural Zeta número 21 no que Lucía Junquera se perde filosofando sobre a vida, coma nos outros programas... Celia Riande comenta a película de Camera Café e provoca unha adicción ao café de avelá. Anxo Fariñas pon en cuestión ao excolaborador Brais Romero e Silvia L´ópez, a verdadeira filósofa, trae o refrán "Quen ten a lingua afiada, ten que ter a costela preparada". Para rematar, os colaboradores: Ana Abad trae a maxia de Galicia Ilusiona e Cibrán Tenreiro a xuventude prexubilada de Os Vacalouras.

  • 04/04/2022
  • Duración 72:10
Imaxe do podcast Perder a voz, Turning red, Sabela e non durmir coa ansia

20# Perder a voz, Turning red, Sabela e non durmir coa ansia

Vixésimo Diario Cultural Zeta! Lucía Junquera reflexiona sobre a voz, ou, mellor escrito, A Voz. A perda da propia, a perda das nosas voces preferidas, as voces amigas e alleas, as voces perfectas ou imperfectas e, o máis importante: todo o que poden transmitir. Celia Riande viu 'Turning Red', pero nada lle parece para tanto, sobre todo, a poeira que o debate arredor dela espertou. Vai sobre a menstruación? Non o parece. Por outra banda, Anxo Fariñas exprimiu os seus poderes para conseguir que afrontase o Cuestionario Zeta nada menos que Sabela Ramil! E Silvia López (López) veunos falar de algo que sempre se dixo, ou iso defende: "quen ten ansia, non dorme". Lóxica ten e polo menos este collémolo a primeira, pero, para asegurarse, decidiu explicárnolo con referencias como Verto, Álvaro de Luna ou Bad Bunny e Rosalía, aí é nada. Brais Romero despídese do Zeta como colaborador, entregando o testemuño a Jesús Silva e facéndonos sentir un pouco reemprazables; por sorte, a nosa colaboradora da arte Sara Donoso vén salvarnos e ameaza con montar un sindicato e tráenos unha conversa con Iria Vázquez, presidenta d'A Colectiva.

  • 28/03/2022
  • Duración 69:50
Imaxe do podcast O Día da Poesía, Nais paralelas, High Paw e apoloxía da honestidade

19# O Día da Poesía, Nais paralelas, High Paw e apoloxía da honestidade

Lucía Junquera detense nas profundidades da poesía na celebración do seu Día Mundial. Celia 'Boyero' Riande enfróntase ó resto do equipo coa película de Pedro Almodóvar, 'Madres paralelas, que non lle gustou (indignante isto). High Paw afronta o Cuestionario Zeta de Anxo Fariñas, deixándonos en vilo coas súas dúbidas sobre o seu maior antirreferente galego. Ó final dixo Rajoy, pero intentaremos sacarlle nomes de artistas non filósofos off the record. Silvia López non cesa na súa apoloxía da verdade, pese ás defensas que algúns fan do mentir. Aínda así, ela mantense firme e tenta convencer con referencias como Siloé ou as Tanxugueiras. Ana Abad tráenos na súa colaboración o teatro Gorrilla, a proposta de programación de artes escénicas nos bares de Churruca, en Vigo, co actor Sergio Llauger, programador desta iniciativa, prestando testemuño. Pola súa banda, Tamara Andrés chegou ó estudio para celebrar tamén connosco o Día da Poesía, co poeta Mario Obrero como convidado especial.

  • 21/03/2022
  • Duración 71:8
Imaxe do podcast Lucía Junquera vs. Mark Zuckerberg, Belfast, Pauliña e Ós ricos ata lles paren os bois

18# Lucía Junquera vs. Mark Zuckerberg, Belfast, Pauliña e Ós ricos ata lles paren os bois

Lucía pechou a súa páxina de Facebook. Fíxoo, pero tívoa que volver abrir para poder usar Spoti. E como non lle saíu ben esa primeira actuación contra Mark Zuckerberg, chegou ós estudios da Radio Galega e sentou cátedra. Na sesión de Cineclub, Celia Riande acudiu unha vez máis ás salas para ver Belfast, o personalísimo filme de Kenneth Brannagh no que explora as conflitivas rúas da capital norteirlandesa da súa infancia, unha película dura e tenra a partes iguais. Anxo Fariñas decidiu pór a proba á artista galega Pauliña, que deixou constancia da súa integridade como artista, que a leva a non calar e a non ser Bertín Osborne ou Don Omar. A nosa catedrática refraneira Silvia López López volve ó que moitas veces torna o noso oficio: odiar ós ricos; desta volta, con "Ós ricos ata lles paren os bois". No referido ás colaboracións, Sara Donoso lévanos ás marxes da cultura, a aquilo que se crea fóra do abeiro das institucións, como fai o colectivo coruñés, de Montealto para máis inri, Acéfala, do que nos visitou Adrián Rodríguez. Pola súa banda, Cibr´án Tenreiro quíxollo pór difícil a Lucía Junquera, facéndoa escoitar e comentar unha escolma de músicas moi especial.

  • 14/03/2022
  • Duración 73:55
Imaxe do podcast A cultura vs a guerra, Licorice Pizza, Alvite e desmontando refráns machistas

17# A cultura vs a guerra, Licorice Pizza, Alvite e desmontando refráns machistas

Poñémonos profundas reflexionando sobre as respostas que a cultura nos pode dar sobre situacións de conflicto. Celia foi ao cine a ver 'Licorice Pizza' e veu un pouco impactada e Anxo (dende o inframundo) cuestiona a Alvite, de Fo Records. En canto a Silvia, ven a desmontar todo o refraneiro popular para acabar así co machismo (apuntamos alto). Temos ademais aos nosos colaboradores Brais Romero, que nos conta de 'Frouma Stream', e Tamara Andrés das residencias literarias da Cidade da Cultura.

  • 06/03/2022
  • Duración 68:59
Imaxe do podcast Os NFT, Maridos e mulleres, Fer Areal e que non che escapen as ovellas

16# Os NFT, Maridos e mulleres, Fer Areal e que non che escapen as ovellas

Novo episodio do Diario Cultural Zeta no que Lucía Junquera resolve os misterios arredor dos NFT; Celia Riande fálanos da súa serie favorita da TVG, 'Maridos e mulleres'; Fer Areal de Mundo Prestigio supera con éxito o noso cuestionario e Silvia López trae un refrán que ten que ver con ovellas. Ademais, recibimos como sempre aos nosos colaboradores: Brais Romero conversa con Ángel Filgueira e Sara Donoso achégase á expo 'Ausencias, esencias, presencias'.

  • 24/02/2022
  • Duración 64:57
Imaxe do podcast A fotografía, ‘O poder do can’, Alba Mancebo e (non) espiñarse no monte

15# A fotografía, ‘O poder do can’, Alba Mancebo e (non) espiñarse no monte

Novo episodio no que Lucía Junquera profunda no que é unha das súas disciplinas preferidas, a fotografía; Celia Riande examina ‘O poder do can'; a xornalista Alba Mancebo supera con éxito o noso cuestionario e Silvia López aconséllanos: “se non queres espiñarte, non vaias ao monte”. Ademais, recibimos como sempre ás nosas colaboradoras: Ana Abad achéganos a bailarina Noradanze e Tamara Andrés somérxenos n'"O ano do tigre".

  • 18/02/2022
  • Duración 70:49
Imaxe do podcast AldraxeFest, Euphoria, Dani Costas e un dito sobre algo dun forno nun muíño, creo? Algo así era, si. Non? Si, si.

14# AldraxeFest, Euphoria, Dani Costas e un dito sobre algo dun forno nun muíño, creo? Algo así era, si. Non? Si, si.

Lucía Junquera viña cunha cunca ben quente de té e non dubidou en derramalo na súa disertación sobre o certame de Benidorm, Eurovisión e todo o que o rodea. No Cineclub tocou serie, a serie de moda, Euphoria, e, ademais, na resaca do episodio máis cómico da tempada. Unha que non sae na banda sonora de Euphoria, pero que ben podería, é Dani Costas, que pasou con galóns polo Cuestionario Z. E unha semana máis, Silvia López López ponnos a cabeza do revés traéndonos o saber popular dun dito sobre fornos e muíños e pan queimado que, non sabemos como, pero faino sempre, fiou fant´ásticamente coa cultura pop. A sapiencia e os coñecementos tráennos Sara Donoso, que nos achega á arte de Sara Loureiro, e Cibrán Tenreiro somérxenos no novo disco de Fotocopia, o proxecto de Teo Cid.

  • 06/02/2022
  • Duración 75:52
Imaxe do podcast Guísomo Eu, desEncanto, Blanco Palamera e afalar con privilexios

13# Guísomo Eu, desEncanto, Blanco Palamera e afalar con privilexios

Polos micros do Diario Cultural Zeta pasa Xiana Fole, integrante do colectivo Guísomo Eu, que se define como un "patio de xogo e espazo de creación". No Cineclub Z, queda patente o desencanto coa película 'Encanto'. Xoán Domínguez de Blanco Palamera trata de superar o Cuestionario Z e no Meu Dito Meu Feito falamos de afalar con privilexios con aquilo de “Se tes o carro e máis as vacas, afalas para onde queres”. Ademais, o noso colaborador de audiovisual, Brais Romero, achéganos ó traballo de Belén Puime, e con Tamara Andrés mergullámonos nas páxinas de Nuria Vilán Pardo

  • 30/01/2022
  • Duración 68:49
Imaxe do podcast Emma Rego, o pesado de Chalamet en Nova York, Dani Cornes e tolear de novos

12# Emma Rego, o pesado de Chalamet en Nova York, Dani Cornes e tolear de novos

No programa número doce do Diario Cultural Zeta, entrevistamos á tatuadora de Viveiro Emma Rego, criticamos a Timothée Chalamet e a Selena Gómez por non ter que facer en Nova York, cuestionamos (en plan ben) a Dani Cornes e aproveitamos o tempo que nos quda para tolear antes de perder a cabeza de vellos. Tamén temos a xente seria, como a Cibrán Tenreiro, que baila ao ritmo de 'Legítimo Polvo' e Ana Abad, que nos conta do último de Helena Salgueiro.

  • 24/01/2022
  • Duración 70:22
Imaxe do podcast Paula Pequena, cuestionando a Alex Arnoso e andar nas verzas

11# Paula Pequena, cuestionando a Alex Arnoso e andar nas verzas

No programa número 11 do Diario Cultural Zeta coñecemos á pintora (e música) Paula Pequena, sometemos ao cuestionario z ao rapeiro Alex Arnoso e andamos nas verzas pero sen ver a horta. O colaborador Brais Romero preséntanos ao cineasta Jorge Boquete, e Sara Donoso lévanos á Fundación Igualarte. Veña, dálle ao play!

  • 17/01/2022
  • Duración 56:50
Imaxe do podcast Somos precarios, entrevistamos a Mariagrep e poñémonos rom´ánticos coa lúa de xaneiro

10# Somos precarios, entrevistamos a Mariagrep e poñémonos rom´ánticos coa lúa de xaneiro

Celebramos que non nos despediron en dez programas falando do precarios que son as artistas novas. A música Maríagrep pasa airosa o noso cuestionario e a romántica de Silvia ouvéalle á lúa de xaneiro. E xa en serio, a colaboradora Ana Abad preséntanos á compañía Vicus Teatro e Tamara Andrés fala con Cecilia F. Santomé de 'Unha Rapaza de Provincias'.

  • 10/01/2022
  • Duración 60:57
Imaxe do podcast Músicas Z galegas do 2021, crítica de sofá a Dont look up e a Tanxugueira Aida Tarrío

9# Músicas Z galegas do 2021, crítica de sofá a Dont look up e a Tanxugueira Aida Tarrío

No noveno Zeta comezamos facendo un repaso das nosas músicas preferidas de todo o que o panorama zeta galego sacou neste 2021, recibimos no Cuestionario Z a Aida Tarrío e miramos ao ceo a ver se nos cae algo e nos leva a todos por diante dunha vez. Os coñecementos, menos mal, chegan da banda de Sara Donoso, que nos vén falar das bolsas para artistas María José Jove e Cibrán Tenreiro tráenos os seus destacados musicais particulares do momento.

  • 02/01/2022
  • Duración 88:30
Imaxe do podcast Ariadna Silva, que faría mal Liliana Torres, Lidia Cao e a feira de Castroverde

8# Ariadna Silva, que faría mal Liliana Torres, Lidia Cao e a feira de Castroverde

Oitavo Zeta que iniciamos falando coa fotógrafa Ariadna Silva, analizando "Que hicimos mal?", a película dirixida por LIliana Torres; Lidia Cao afronta o Cuestionario Z e logo falamos da feira segundo nos foi nela tal como reza o dito deste episodio. Corren os coñecementos a cargo de Brais Romero, que nos achega ó universo audiovisual de Fer Areal, e de Tamara Andrés, que repasa connosco o libro de Carlos da Aira, 21 poetas do século XXI.

  • 19/12/2021
  • Duración 74:39
Imaxe do podcast Espazo Brétema, A peor persoa do mundo, Cibrán García e mollar o cu

7# Espazo Brétema, A peor persoa do mundo, Cibrán García e mollar o cu

Neste episodio exploramos a plataforma de artistas Espazo Brétema; coñecemos á peor persoa do mundo no filme de Joachim Trier, sometemos a Cibrán García, dos Boyanka Kostova, ó noso particula cuestionario e, na nosa ración semanal de refraneiro, mollamos o cu para gañarnos o peixe (gustarannos de máis os cus?). Por sorte, temos quen poña coñecementos sobre a mesa: Cibrán Tenreiro tráenos a música de Elba e Ana Abad ábrenos o pano da Compañía Mevadeus.

  • 12/12/2021
  • Duración 67:2
Imaxe do podcast Alberto Cernadas, Lady Di en Spencer, Xoana e unha reserva de risas para as choras

6# Alberto Cernadas, Lady Di en Spencer, Xoana e unha reserva de risas para as choras

Comezamos o sexto Zeta falando co músico e produtor musical crnds, Alberto Cernadas, que nos guía entre os fíos que unen a electrónica co trad no panorama galego e na súa música en particular. No CineClub sometemos a exame 'Spencer', o retrato que fai Pablo Larráin dos días que Diana de Gales pasou en Sandringham House en decembro de 1991; polo Cuestionario Zeta pasa con moito tino e sen veleno nos seus dardos a cantante Xoana, e, na nosa sesión refraneira do Meu Dito Meu Feito gardamos das risas que botamos para cando toquen choras. E o coñecemento que faltaba chega da man de Brais Romero, que nos invita explorar os fotogramas do novísimo cineasta vigués, Víctor Soho; e tamén con Sara Donoso, que cruza a Raia ata Monção para introducirnos ó programa Arte em trânsito.

  • 05/12/2021
  • Duración 64:52
Imaxe do podcast César Guerra, ‘Vórtex’, Esther Estévez e os demais piando tarde

5# César Guerra, ‘Vórtex’, Esther Estévez e os demais piando tarde

Neste Diario Cultural Zeta falamos con César Guerra, exiptólogo e responsable do blog ‘El escriba frustrado’. No Cineclub Zeta criticamos ‘Vórtex’ de Gaspar Noé, e no Cuestionario Zeta poñemos nun apuro a Esther Estévez (do que sae moi ben)… pero xa sabemos que “tarde piamos”. Pola banda das colaboradoras: Ana Abad fálanos do coreógrafo Xián Martínez e Tamara Andrés do poeta e editor Pablo Rodríguez.

  • 04/12/2021
  • Duración 62:33
Imaxe do podcast Míriam Fernández, os Jókeres do mundo, Olaxonmario e as cancelas do falar

4# Míriam Fernández, os Jókeres do mundo, Olaxonmario e as cancelas do falar

Iniciamos o 4º episodio deste novo Diario Cultural Zeta tecendo a #EntrevistaZ á artesá do li´ño Míriam Fernández.; Celia continúa o seu #CineclubZ falando dos Jókeres (exacto, nós tampouco sabemos canto disto inventa sobre a marcha), e o creador de contido máis afamado de Boiro, Olaxonmario, afronta o #CuestionarioZ con tan poucas cancelas como Silvia López lle quixo pór ó falar no seu cuarto #MeuDitoMeuFeito. Por outra banda (pola do sentido, pola do significado, polo dos coñecementos), Sara Donoso tráenos os premios Xuventude Crea na súa colaboración de arte e Cibrán Tenreiro tráenos ó Club do pitillo, os FØ Records. Benvidos, máis unha vez, ó Diario Cultural Zeta!

  • 14/11/2021
  • Duración 65:34
Imaxe do podcast Aaron Siebert, Dune, Afra Torrado e escatoloxía popular

3# Aaron Siebert, Dune, Afra Torrado e escatoloxía popular

Desta volta, achégase `polo Zeta o músico galego Aaron Siebert, provocamos ó equipo legal de Denis Villeneuve coa crítica de 'Dune', sometemos ó Cuestionario Zeta a Afra Torrado e mergullamos no máis escatolóxico do refraneiro popular galego para comprobar en que cancións, libros ou películas da cultura pop toma forma aquilo de “Se a merda valese cartos, os pobres nacían sen cu”. Por outra banda, o noso colaborador do audiovisual máis novo, Brais Romero, tráenos o lado cineasta de Dani Cornes, mentres que Cibrán Tenreiro nos trae a música das Bratzantifa. E xa está, sobran os adxectivos. Benvidos, máis unha vez, ó Diario Cultural Zeta!

  • 07/11/2021
  • Duración 65:34
Imaxe do podcast Inés Vázquez, o French Dispatch, Ortiga e cen ferrados de alegría

2# Inés Vázquez, o French Dispatch, Ortiga e cen ferrados de alegría

Neste novo episodio do novo DCZ, conversamos coa emerxente autora de cómic Inés Vázquez, sometemos a unha exhaustiva, que non racional, análise 'A C´ronica Francesa' de Wes Anderson, sometemos a un novo Cuestionario Zeta a Ortiga e tentaremos reconectar cos nosos maiores fiando outro dos seus ditos populares coas múicas e contidos que nós consumimos. Criterio, coñecementos e, en xeral, sentidiño, traen as colaboracións: a literaria de Tamara Andrés, con dose extra de ilustración, e a de artes escénicas de Ana Abad, que nos presenta novas e orixinais compañías, creadoras e proxectos como Arroutadas. Benvidos, un episodio máis, ó novo Diario Cultural Zeta.

  • 31/10/2021
  • Duración 59:58
Imaxe do podcast Helena Salgueiro, Ons e o pobre de Vicente, Nuno Pico e o ben que nos sabe o mal

1# Helena Salgueiro, Ons e o pobre de Vicente, Nuno Pico e o ben que nos sabe o mal

Este é o programa número 50, e ao mesmo tempo o primeiro. 50 programas escoitando a xente nova moi talentosa de todas as disciplinas artísticas. Pero tamén é o primeiro, porque queremos que este espazo sexa máis diverso, que sexa un lugar para a reflexión, e tamén para pasalo ben. Comezaremos falando coa poeta e performer Helena Salgueiro. Ademais, Celia falaranos á súa maneira de 'Ons', de Alfonso Zarauza, e Sara Donoso contaranos como foi o Certame Auditorio de Galicia. Na segunda metade, Anxo someterá a Nuno Pico ao cuestionario máis difícil da súa vida; Silvia fará de ponte entre a tradición e a nosa xeración a través de ditos populares, e a colaboradora Tamara Andrés levaranos ao universo literario de Gabriel García Estévez. Benvido todo o mundo ó novo Diario Cultural Zeta.

  • 24/10/2021
  • Duración 81:4
38 episodios
Imaxe do podcast Unha tempada delirante do A ao Z

38# Unha tempada delirante do A ao Z

Diario Cultural Zeta 3x38: Todo o bo ten un final, e con este programa remata a terceira tempada do Zeta. Pero como foi un ano delirante, non baixamos o nivel nin o último día. Delirio Sketches presenta o seu proxecto e crowdfunding (a poñer cartiños) e Mercedes Pezón invade o estudio para falar do famoseo underground galego e algo dunhas bragas de María Lado. Escoitamos coa boca aberta a Nurial Vil resitar en directo e presentar tamén o seu proxecto, Delincuente, que comezará a percorrer as parroquias de Vigo. Pero no último programa quixemos tamén acordarnos de todas as persoas que traballan no Zeta: Bruno Area, Ramiro Santos, Maca Reimúndez e Miguel Grandío fan un crossover de altura (Miguel fainos chorar co seu ukelele) e embriagadas pola emoción despedímonos ata a tempada que vén. Longa vida ao Zeta!

  • 26/06/2023
  • Duración 77:5
Imaxe do podcast As marxes e as ex-centricidades

37# As marxes e as ex-centricidades

Diario Cultural Zeta 3x37: nas marxes e na periferia existen outros epicentros. Así, imos a Catalunya para coñecer a iniciativa 'Lectures en ruta', unha especie de campamento literario a través do territorio. Disto fálanos Georgina Giner, metade galega, metade catalá. Cal sería a paisaxe creada a partir de 'Ex-céntricas'? Este é o poemario que nos presentan Ánxela Lema e Sara Villar da man da nosa colaboradora Sica Romero. Tamén volve por aquí Ana Abad de Larriva, acompañada da maga Aldara. Entre todas ben podiamos probar algún dos videoxogos que propoñemos neste episodio: todos son galegos e indie.

  • 12/06/2023
  • Duración 69:14
Imaxe do podcast A pantasma das políticas culturais para a xeración Z

36# A pantasma das políticas culturais para a xeración Z

Diario Cultural Zeta 3x36: a cousa vai de crossovers, empezando pola visita de Alfonso Pardo! É isto un Convivir Deportivo Z? Tamén recibimos a Román Varela, de Carretando, para preguntármonos que lugar ocupa a cultura nas campañas electorais que nos tolean. Existen políticas culturais pensadas para a xente nova? Por sorte, hai proxectos que si que teñen en conta o talento emerxente. A Mostra de Cinema Periférico (S8) é un deles. Alí estivo o noso colaborador Jesús Silva, que conversou coa cineasta portuguesa Rita Morais sobre unha peza filmada no Bierzo. No tempo de videoxogos coñecemos a Carlos Dorado, de Qaramelo, e como creou un xogo a partir dunha canción de Terbutalina. E, para pechar o círculo, outra mestura interxeracional. Sara Donoso presentounos a Rosa Neutro, unha artista que fai 'land art' coa súa filla de 9 anos.

  • 06/06/2023
  • Duración 68:54
Imaxe do podcast Un Frankenstein disidente que vai de rave

35# Un Frankenstein disidente que vai de rave

Diario Cultural Zeta 3x35: A ver, Frankenstein mata xente, pero a veces estar composta de diferentes anacos heteroxéneos non é tan malo. O Zeta é o mellor exemplo de Frankenstein, porque aquí xuntámonos xente moi diversa. Están os emigrados, os galegos zetas que se unen en colectividade a través da revista O Ferrado. Están os clázicoz e as clázicaz, como esa novela de Mary Shelley na que crea ao monstro por antonomasia do canon do terror (si, Frankenstein). Están es disidentes, como es personaxes da novela de Nee Barros que nos presenta Sica Romero. E para rematar, están as DJs que nos trae Alex Gándara para pechar a mellor das festas, porque Frankenstein tamén vai de rave.

  • 29/05/2023
  • Duración 63:31
Imaxe do podcast A utilidade dun Zeta inútil

34# A utilidade dun Zeta inútil

Diario Cultural Zeta 3x34: Hai quen di que a cultura non vale para nada, que non dá cartos basicamente. As millonarias que presentamos o Zeta aseguramos que non é certo. Vaia, cartos non dará, pero fainos máis felices. Neste Zeta coñecemos moitas cousas inútiles e felicísimas: nos Clazicoz con Z lemos a Nuccio Ordine e o seu 'A inutilidade do inútil'; con Ana Abad de Larriva descubrimos que "Galicia ilusiona"; con Sara Donoso co´ñecemos máis sobre as posibilidades de estudar arte; Marta apréndenos a xogar a "Minabo", que cando o di ela é moito máis gracioso; e Silvia ponse de picadiscos coa mellor música para a época de exames (para estudar e para celebrar, queremos dicir).

  • 22/05/2023
  • Duración 54:51
Imaxe do podcast Parecidos razoables: as Letras Galegas 2023 e a Fórmula 1

33# Parecidos razoables: as Letras Galegas 2023 e a Fórmula 1

Diario Cultural Zeta 3x33: na semana das Letras Galegas, os Clázicoz con Z achégannos de xeito diferente á figura de Francisco Fernández del Riego. Viaxamos 'Máis aló do Padornelo' con Paula e Silvia Vilaverde, das que poderiamos dicir que viven en Polonia, pero máis ben andan encadeando viaxe tras viaxe. Non faltan tampouco as colaboracións de Jesús Silva e Álex Gándara para falar de novidades audiovisuais e musicais, respectivamente. Así, coñecemos algo máis da nova curta de Miguel Canalejo, 'O coidado', e marchamos coa música e as anécdotas nocturnas de Copa Turbo.

  • 15/05/2023
  • Duración 64:1
Imaxe do podcast Unha MET Gala con moda galega

32# Unha MET Gala con moda galega

Diario Cultural Zeta 3x32: maio arrincou coa celebración da MET Gala e a exaltación da moda como arte. Nós comentámolo cun deseñador de Pol, Sergio Marey, que é un dos responsables de que poidamos falar dunha especie de MET gala lucense. Ademais, preséntanos a súa nova instalación artística baseada nun poemario. De arte tamén falamos con Sara Donoso, que centra a súa colaboración na educación artística non regrada coas voces de Lúa Gándara, Eva Monroy e Elena Cristóbal. Pola súa banda, na colaboración de artes escénicas, Ana Abad de Larriva achéganos á fotografía escénica a través do testemuño de Carlota Mosquera. No tempo de videoxogos, toca comentar o novo Zelda, por suposto. E, como broche final, un Clázico con Z prometido: 'Nada', de Carmen Laforet.

  • 08/05/2023
  • Duración 66:47
Imaxe do podcast As Zeta tamén facemos zocas

31# As Zeta tamén facemos zocas

Diario Cultural Zeta 3x31: neste programa coñecemos a Álvaro Pin Campo (O Florencio de Barreiros). Este lucense ten 16 anos e é zoqueiro. Aprendeu de forma autodidacta a labrar a madeira, elaborar polainas de xunco ou cestos de vimbio. Difícil de superar, pero intentámolo coa axuda da nosa colaboradora Sica Romero, que veu acompañada de Bea Saiáns para guiarnos co seu libro 'Baliza'. No tempo de audiovisual, Jesús Silva presentounos a Nacho Ozores, que acaba de chegar do Conecta Lab e está ilusionadísimo co seu proxecto 'La idea de un hijo'. Ademais, tamén conversamos con Verónica Pazos, unha filóloga que está traballando no sector dos videoxogos en Estocolmo. Para rematar, un Clázico con Z para celebrar o Día da Visibilidade Lésbica: Cristina Peri Rossi.

  • 02/05/2023
  • Duración 65:43
Imaxe do podcast O Día do Libro e música dende lugares simbólicos

30# O Día do Libro e música dende lugares simbólicos

Diario Cultural Zeta 3x30: para celebrar o Día do Libro, montamos o noso Sant Jordi particular coa sección dos ClázicozConZ e a obra 'La plaça del diamant', de Mercè Rodoreda. Ademais, coñecemos a asociación de videoxogos Gaming Troop, que acaba de abrir un local en Pontevedra do que nos falou Sonia Piñeiro. Nas colaboracións, moita música. Primeiro, mesturada coas artes escénicas, porque Ana Abad de Larriva presenta 'Cantos de serea', o monólogo musical de Ainhoa Martínez. Pola súa banda, o colaborador Álex Gándara conversa con Rhome (Pablo Romeu) da súa nova canción, cunha letra que protesta contra os vertidos da mina de San Finx.

  • 24/04/2023
  • Duración 55:48
Imaxe do podcast A parte fácil é vivir un tempo no Caribe

29# A parte fácil é vivir un tempo no Caribe

Diario Cultural Zeta 3x29: A quen non lle gusta un bo 'sarao'? Velaquí Sarao Studio, unha nova galería de arte en Ferrol que nos presenta a colaboradora Sara Donoso da man dos seus impulsores, Laura Freire e Néstor da Silva. E se o 'sarao' é no Caribe..., mellor aínda. Aló imos na nosa sección de 'Máis alá do Padornelo'. Irene García lévanos de Betanzos a Martinica para flipar coa música e coas praias paradisiacas. Despois descubrimos 'A parte fácil', que se cadra non o é tanto. Sica Romero conversa con Ismael Ramos acerca do seu último libro, pero tamén falamos de saber dicir que non, da precariedade emocional e dos chándales de propaganda. Para o broche final, cumprimos a nosa promesa e poñemos máis música en catalán feita por xente nova.

  • 17/04/2023
  • Duración 62:5
Imaxe do podcast Especial dende o Carballo Interplay

28# Especial dende o Carballo Interplay

Diario Cultural Zeta 3x28: o Carballo Interplay fixo dez anos e nós celebrámolo in situ. Estivemos no Pazo da Cultura acompañadas de moitas creadoras do mundo dixital. Conversamos coa xefaza de todo isto, Sonia Méndez, que . Jesús Silva adiantouse ao pitching de proxectos de series e probou a capacidade de síntese e convicción das finalistas. Andrea Varela, Bea Saiáns, Alejandro Felipe López e Eire Cid vendéronnolo tan ben que xa queremos velo todo. Igual ca 'Mentres non chova', de Xiana Rei e Carla Mojón, que foi o proxecto gañador do ano pasado e que tivo a súa estrea nesta edición entre os nervios que nos confesaron as guionistas. Para rematar, Álex Gándara (que quere que gravemos todas as semanas en Carballo) tróuxonos sesión de música local, co artista 10kr e o grupo Tu futura ex mujer. Entre uns e outros case quedou acordada unha colaboración. Se cadra, para o Interplay 2024.

  • 03/04/2023
  • Duración 71:52
Imaxe do podcast Un programa de premio(s)

27# Un programa de premio(s)

Diario Cultural Zeta 3x27: Somos finalistas no Celtic Media Festival! Estamos moi contentas e algo incrédulas. Algo así lle pasa tamén á convidada de Sica Romero, porque cando a chamaron (dúas veces!) para anunciarlle que era a gañadora de dous concursos literarios pensou que era broma. Ela é Irene Rega Jul e vén falarnos da súa novela 'A malferida'. Ademais, outra creadora de premio: Susana Villaverde, a dramaturga que nos presenta esta semana Ana Abad e que acaba de gañar o Certame de Microteatro da Memoria coa súa peza 'Espigas Negras'. Celebramos estas boas noticias todas xuntas, desexosas de ir a Irlanda presumir do Zeta. De momento, viaxamos a Xapón con Isabel Pérez no 'Máis alá do Padornelo' e, polo camiño, facemos parada para coñecer o Museo do Videoxogo de Cangas. A banda sonora, en catalán: escoitamos reggaeton e sardana na mesma canción, pero prometemos facer versión estendida dos novos descubrimentos Z nesa lingua.

  • 26/03/2023
  • Duración 63:47
Imaxe do podcast Un cómic composto de viñetas de Paula Cheshire, Evangelion e Detective Conan

26# Un cómic composto de viñetas de Paula Cheshire, Evangelion e Detective Conan

Diario Cultural Zeta 3x26: Entre cómic, manga ou banda deseñada, o Zeta sería unha tira cómica. O 17 de marzo é o Día do Cómic e da xeración Zeta está saíndo unha das autoras galegas máis interesantes: Paula Cheshire. A de Pontevedra está conectando con moita xente a través de 'El Duelo' (Fandogamia ediciones), un cómic no que relata como se enfrontou á morte da nai. Lucía e Marta unen forzas e seccións para buscar conexións entre os videoxogos, o manga e o anime. Dous "clázicoz" cumpren coa descrición: Evangelion e Detective Conan. Os colaboradores da semana son Sara Donoso, que conversa con Cora Novoa sobre o proxecto Nomes Propios; e Jesús Silva preséntanos a Asociación Memoria e Cinema da man de Coral e Laura Piñeiro.

  • 20/03/2023
  • Duración 61:35
Imaxe do podcast De Alba Doval a The Rapants: como o Unité dHabitation de Le Corbusier se transforma en Área Central

25# De Alba Doval a The Rapants: como o Unité dHabitation de Le Corbusier se transforma en Área Central

Diario Cultural Zeta 3x25: O certo é que nos gusta pensar que o Zeta é como o "Unité d'Habitation", o concepto de Le Corbusier que concentra todos os servizos básicos que unha persoa pode precisar nun s´o edificio. Aquí temos de todo. O tema vén do libro 'Unidade' da poeta e tradutora Alba Doval, que esta semana é a convidada de Sica Romero. Con ela definimos que é a unidade e cos The Rapants poñemos o exemplo. Álex Gándara convida ao grupo de Muros a presentar o seu novo disco, 'O corasón como un after', e rematamos falando de Área Central, filosofía pura. Ademais, conversamos con Alma Alonso e María Aragón, dúas estudantes de comunicación audiovisual, da curta que van estrear con Amazon Prime, 'Señora, por favor'.

  • 13/03/2023
  • Duración 59:30
Imaxe do podcast Músicas rarísimas, locutoras galas e un Tamagotchi para gobernalas a todas

24# Músicas rarísimas, locutoras galas e un Tamagotchi para gobernalas a todas

Diario Cultural Zeta 3x24: Comezamos marzo con tantas novidades no universo cultural zeta que Silvia intenta resumilas todas nunha novas sección, a sección das "Novazz", e aquí falamos de convocatorias para residencias literarias ou para ser xurado dun festival de cine. Alex Gándara vén para poñer músicas raras a propósito (quere dicir que o que pon os outros días non é raro) e Ana Abad preséntanos a David Vila, deseñador de vestiario para teatro. Nos Clázicoz con Z intentamos resistir esta semana como galas ante a invasión romana, e para iso nada mellor que a pócema máxica de Asterix. O que ten o índice de supervivencia polo chan é o Tamagotchi; parece que o trebello dos nosos desvelos infantís volve estar de moda e aí está Marta, a máis moderna das modernas.

  • 07/03/2023
  • Duración 69:41
Imaxe do podcast O mellor croissant está en Portugal. Ese é o titular

23# O mellor croissant está en Portugal. Ese é o titular

Diario Cultural Zeta 3x23: Non poderiamos resumir mellor o programa que anunciando que os mellores croissants do mundo están no Algarve portugués. Non o dicimos nós, senón Lucía Salceda (en quen confiamos plenamente), lectora no Centro de Estudos Galegos do Algarve e a quen visitamos esta semana en 'Máis alá do Padornelo'. Saímos tamén ata Berlín con Jes´ús Silva e os protagonistas de 'Sica', o filme galego-catalán presentado na Berlinale. Nos Clázicoz con Z reparamos na obra de José Saramago (Joze Zaramago). Aprendemos a facer colaxes (con distinta sorte) a conto do "Februllage" e aprendémoslles ás máquinas a falar o galego co proxecto "Falai" (nótese o galego de Lugo).

  • 27/02/2023
  • Duración 61:22
Imaxe do podcast A fantasía da infancia (e os traumas) a través de Hogwarts Legacy e a historia superinterminable

22# A fantasía da infancia (e os traumas) a través de Hogwarts Legacy e a historia superinterminable

Diario Cultural Zeta 3x22: As tradutoras de videoxogos queren ser visibles e reivindicar os seus dereitos laborais como parte imprescindible do proceso de crear un xogo. Hoxe falamos con Laura Feijóo, tradutora galega de xogos tan recoñecidos como Hogwarts Legacy ou Persona 3 e 4. Con Ana Abad facemos visible tamén o traballo das directoras e dramaturgas como Sara Rey. Ela é a m´áis nova que dirixe Antonio e Cleopatra na nova produción do CDG, Shakespeare en Roma. Con Sica Romero descubrimos a Branca Trigo, poeta e editora en Malafera. E neste programa de fantasía, pechamos co Clázico con Z fantasioso por antonomasia, 'A historia interminable', "superinterminable".

  • 20/02/2023
  • Duración 56:4
Imaxe do podcast Pequeno álbum do Zeta en inverno: Ancoradas, Alcatrán, NY, Acariño e Maruja Roca

21# Pequeno álbum do Zeta en inverno: Ancoradas, Alcatrán, NY, Acariño e Maruja Roca

Diario Cultural Zeta 3x21: Un pequeno álbum (dunha hora), zeta (por motivos evidentes) e en inverno (semi evidente vendo as temperaturas). Con cada entrevista, cada sección deste programa, conformamos un álbum fotográfico que quedará para o recordo, para as nosas netas, se a vida nos chega a tanto. A portada pona Lucía Otero Pazos, como boa fotógrafa, co seu proxecto 'Ancoradas' de retratar ás mulleres maiores da súa contorna. Sara Donoso mira ao que acontece na Facultade de Belas Artes a través do proxecto 'Alquitrán' de tres estudantes. Visitamos Nova York en 'Máis alá do Padornelo' con Sandra Bellas, que nos deixa unhas postais espectaculares da cidade que non dorme. O que aproveita cada momento para sacar a cámara ´é Andrés Sanjurjo, da produtora Acariño Films e convidado de Jesús Silva, que non para de traballar. A contraportada ao álbum pona un dos grandes nomes da nosa fotografía, Maruja Roca, recuperada recentemente por Nieves Neira Roca nun libro de aCentral Folque, que é o noso Clázico da semana. Escóitanos ou pasa polo Youtube para facernos unha captura de pantalla.

  • 14/02/2023
  • Duración 54:9
Imaxe do podcast ASMR pintando muros, resitadoras de rave, viaxe a Manchester e músicas mutantes

20# ASMR pintando muros, resitadoras de rave, viaxe a Manchester e músicas mutantes

Diario Cultural Zeta 3x20: Esta semana foi o Día da Ilustración e ademais de mirar para as pioneiras como María Antonia Dans, coñecemos a ilustradoras zetas como Lidia Cao e Helena de @cousasrarismas. Unha pendúrase das paredes polo mundo adiante e a outra fai ASMR cos lapis cada tintubro. Se subirse ás paredes xa non é pouco risco, imaxina ser resitadora como Nurial Vil. A poeta é a primeira convidada de Sica Romero, que a partir de agora será a nosa colaboradora de literatura (bicos, Tamara). Viaxamos 'Máis alá do Padornelo' ata Manchester con Irene Rebollido e presenciamos a música mutante co artista Nefer e o colaborador Alex Gándara. Un Zeta ilustrado de rave mutante en Manchester, para resumir.

  • 06/02/2023
  • Duración 64:25
Imaxe do podcast Conversas interxeracionais, galerías con moita luz e música en alta fidelidade

19# Conversas interxeracionais, galerías con moita luz e música en alta fidelidade

Diario Cultural Zeta 3x19: Nunca sabes o que podes aprender escoitando aos demais. Andrea Maseda dirixiu o proxecto "(Re)conexión" e puxo diante da cámara a mulleres maiores da provincia de Lugo, e detrás da cámara a adolescentes dos mesmos concellos. As conversas interxeracionais non teñen perda. Con Sara Donoso entramos na galería Patio de Luz de Santiago, que dirixe María Xosé Domínguez. Se algunha vez pasades por diante, entrade, que María Xosé vaivos recibir cos brazos abertos (tamén dixo algo do tarot). Nos Clázicoz con Z revisamos 'Alta Fidelidade' de Nick Hornby, un divertido clásico musical, pero que quedou un pouco masculino a día de hoxe (sempre nos quedará a serie de Zoe Kravitz). Ana Abad preséntanos a compañía Souvenir, formada por María de las Llanderas e David Alonso, que teñen claro que o importante é pasalo ben no proceso de creación. E para rematar, novo videoxogo comentado por Marta, que non é moi fan de O señor dos aneis, pero fai unha excepción con Gollum.

  • 30/01/2023
  • Duración 60:27
Imaxe do podcast Sororidade, fungos asasinos e arte en Bristol (esa cidade a medio camiño entre Lugo e Ourense)

18# Sororidade, fungos asasinos e arte en Bristol (esa cidade a medio camiño entre Lugo e Ourense)

Diario Cultural Zeta 3x18: as nosas saídas do Padornelo lévannos esta semana ata Bristol con Julio Pérez Ferreira, estudante de música. Pensabamos que Bristol estaba no Reino Unido, pero calquera que escoite a Silvia sae coa idea de que está na provincia de Lugo, incluíndo a Banksy e familia (coñecida novela de Álvaro Cunqueiro). Jesús Silva preséntanos á produtora todoterreo Silvia Fuentes. A ver se alguén nos sabe dicir a cifra exacta de películas nas que está metida. Non faltan esta semana os Clázicoz con Z de Lucía, cun dos grandes nomes do faminismo galego, Begoña Caamaño. A xornalista escribiu un libro fundamental para entender a palabra sororidade, 'Circe e o pracer do azul'. A cara B pona Marta cos seus videoxogos, xa que nos leva á pandemia fúnxica que protagoniza The Last of Us, agora tamén en serie en HBO. Para rematar, Álex Gándara proponnos algúns nomes de artistas portugueses aos que seguir (que canten en portugués, por suposto, que non queremos anglófonos).

  • 24/01/2023
  • Duración 64:46
Imaxe do podcast Hackeo para dummies e a morte como estratexia de marketing

17# Hackeo para dummies e a morte como estratexia de marketing

Diario Cultural Zeta 3x17: Esta semana os de seguridade estaban de vacacións e deixaron pasar ao estudio do Zeta a unha hacker. Ela é Helena Castro, e en dous minutos revoluciona o programa coas súas habilidades para mercar cousas por internet e "saltar" o pagamento (cousa que non fai, claramente, porque é unha hacker ética.) Tamara Andrés convida Sica Romero, autora dunha das novelas zetas do pasado ano, 'Avelaíñas eléctricas', que ademais fai chistes sobre morrer e vender máis libros. Ana Abad pon de manifesto que a adolescencia é unha etapa de fantasía co monólogo cómico de Mariña Lestón. E por último, visitamos Roma e O Vaticano coa xornalista Marina García Diéguez, cando aínda está quente o enterro de Bieito XVI (quente informativamente).

  • 17/01/2023
  • Duración 58:7
Imaxe do podcast Surfeando libros (de Stefan Zweig) e o duro que é ser nós mesmas

16# Surfeando libros (de Stefan Zweig) e o duro que é ser nós mesmas

Diario Cultural Zeta 3x16: Comezamos o ano cunha longa recomendación de libros que nos fai Irene Pérez Lis, tamén coñecida en redes como Surfeando Libros. Con ela descubrimos as ferramentas para ser a perfecta bookstagramer. Nos Clázicoz con Z miramos o autor vienés Stefan Zweig, do que se fan 80 anos da súa morte e polo tanto a súa obra pasa a dominio público en España (e escoitamos a Silvia ler en alemán). O colaborador Jes´ús Silva adiántase a todo o que vén no mundo audiovisual galego e Sara Donoso conversa con María Meijide, que ten un libro chamado 'Autobiografía cuantificada ou que difícil é ser maría meijide'. Fantasía. Para pechar, Marta avánzanos dous dos xogos máis agardados para o 2023, 'The Legend of Zelda: Tears of the Kingdom' e 'Hogwarts Legacy'.

  • 09/01/2023
  • Duración 61:4
Imaxe do podcast Viaxes de ida e volta con Brais Lamela e Lucía Rodríguez e só unha certeza: algo queda

15# Viaxes de ida e volta con Brais Lamela e Lucía Rodríguez e só unha certeza: algo queda

Diario Cultural Zeta 3x15: Ás portas do Nadal e o lema de volver á casa, falamos con Lucía Rodríguez, pandereteira de Navia de Suarna residente en Barcelona que ten unha cousa clarísima, ela quere volver. Outro que volve polo Nadal é Brais Lamela. O autor de Vilalba e residente en Nova York está de xira en Galicia presentando a súa primeira novela, 'Ninguén queda' (Euseino? Editores) e cóntanos un segredo: algo queda. Nos Clázicoz con Z falamos do 'Orlando' de Virginia Woolf, unha novela fundamental sobre temas tan zetas como a identidade de xénero. E poñemos o ton festivo cos nosos colaboradores, Tamara Andrés e Alex Gándara, que nos achegan recomendacións literarias e musicais para agasallar e compartir nestas datas, mirando ao mellor deste 2022.

  • 19/12/2022
  • Duración 62:46
Imaxe do podcast Troia e Lusco na gran pantalla, refráns que non son refráns e os mellores xogos indies do ano

14# Troia e Lusco na gran pantalla, refráns que non son refráns e os mellores xogos indies do ano

Diario Cultural Zeta 3x14: Poden os cans e os gatos levarse ben? Temos moitas opinións, pero Lucía conta nos seus Clázicoz con Z sobre a supremacia canina poñendo datos sobre a mesa: que Troia e Lusco son dous cans fantásticos. Silvia volve aos seus refráns pero ela di que non son refráns, máis ben frases modernas que din o mesmo que frases vellas. Para moderna, Marta (gato supporter), que repasa o mellor dos Game Awards deste ano e cóntanos cales son os mellores indies (si, está o xogo do gato). En canto ás colaboracións. falamos de violencia de xénero a través da performance con Ana Abad. E Sara Donoso conversa coa propia Ana, que ademais de colaboradora, ´é unha artista. O que merecemos.

  • 12/12/2022
  • Duración 57:1
Imaxe do podcast Avelaneiras frolidash e prestatgeria: vocabulario zeta que non vas deixar de empregar

13# Avelaneiras frolidash e prestatgeria: vocabulario zeta que non vas deixar de empregar

Diario Cultural Zeta 3x13: Neste programa viaxamos ata o máis profundo do universo Lamontagne & Pico Amperio. Alex Gándara convida ao dúo a conversar sobre a súa música e mesmo a tocar unha peza en directo en exclusiva para o Zeta. E Jesús Silva non se afasta dese mundo, e convida a Alba Domínguez Serén, que asina o videoclip de 'Banharemonos nas ondas'. Na segunda parte do programa conversamos con Marta Meneu, youtuber, podcaster e creadora valenciá. Nos Clázicoz con Z miramos a Snoopy, e nos videoxogos buscamos a relación que teñen con series e películas.

  • 05/12/2022
  • Duración 62:47
Imaxe do podcast O Diario Cultural Zeta que vai mutando paseniño nun Pensando en ti Zeta

12# O Diario Cultural Zeta que vai mutando paseniño nun Pensando en ti Zeta

Diario Cultural Zeta 3x12: ou teriamos que dicir Pensando en ti Zeta 1x01? É o que pasa cando Silvia advirte de que temos que escoitar máis á nosa xeración, e iso pasa por abri o noso whatsapp, os nosos micros, aos Zetas. Mentres artellamos iso, falamos de Hitchcock e Trouffaut nos Clázicoz con Z e Marta saca as súas conclusións do novo Pokemon. Facemos o programa, vaia. As nosas colaboradoras desta semana son Ana Abad, que nos leva ao mundo do circo co malabarista Fran Boza; e Tamara Andrés, que conversa con Ismael Ramos, recente Premio Nacional de Poesía Joven. Escribídenos, mandádenos audios, chamádenos (se sodes da vella escola). Que os Zetas veñan a nós!

  • 29/11/2022
  • Duración 59:22
Imaxe do podcast Chamadas telefónicas, un picadiscos en Copenhague, Patricia Highsmith e Pokemon Españita

11# Chamadas telefónicas, un picadiscos en Copenhague, Patricia Highsmith e Pokemon Españita

Diario Cultural Zeta 3x11: as novas cancións de Ataque Escampe e Projecto Mourente son a escusa para que Silvia arme outro relato a partir de libros e música, pero... os Z chamamos por teléfono? Por se acaso, con 10kr falamos por videochamada. El é un músico de Carballo que vive en Copenhague, perfecto para o 'Máis alá do Padornelo'. Nos Clázicoz con Z, Lucía Junquera trae a Patricia Highsmith, unha "lesbiana misóxina" para ler con ollos críticos e moita ansia, igual que a que ten Marta Coira respecto do novo Pokémon Escarlata e Púrpura. Nas colaboracións, Sara Donoso descóbrenos as Residencias Paraíso e Jes´ús Silva preséntanos a Acacia Ojea, unha artista que tronza as lindes entre disciplinas.

  • 21/11/2022
  • Duración 63:46
Imaxe do podcast Unha pianista en Cracovia, xogos de mesa para romper a cabeza e 20 anos do Prestige

10# Unha pianista en Cracovia, xogos de mesa para romper a cabeza e 20 anos do Prestige

Diario Cultural Zeta 3x10: Neste programa viaxamos a Ourense, onde está pasando uns días de vacacións Salomé Garrido. Veu comer castañas e logo marcha de volta para Cracovia, onde está estudando piano. Marta segue a voltas cos xogos de mesa e vainos poñer a partida complicada. 20 anos é toda unha vida para un Zeta: que sabe a nosa xeración sobre o Prestige? Tratamos de descubrilo cos clázicoz e modernoz de Lucía Junquera. E para completar o programa, Tamara Andrés conversa con Alba Guzmán e Alex Gándara descúbrenos a música de Mel

  • 14/11/2022
  • Duración 63:14
Imaxe do podcast O toque galego de Bruxelas e algún xogo de mesa mentres escoitamos música en euskera ou catalán

9# O toque galego de Bruxelas e algún xogo de mesa mentres escoitamos música en euskera ou catalán

Diario Cultural Zeta 3x09: Viaxamos ata Bruxelas con Cristina Amosa, que no 'Máis alá do Padornelo' pinta algo de cor unha cidade que parecía gris. E non abandonamos a diversidade cultural, porque traemos un monte de recomendacións de música, podcast e creadoras de contido en euskera ou catalán. Con Marta Coira, cambiamos os videoxogos por xogos de mesa clásicos e modernos. No capítulo das colaboracións, Ana Abad preséntanos o performer e artista multidisciplinar Nelu Vermouth, e Sara Donoso achéganos á asociación Artefacto da man de Iris Justo e Antía Encisa.

  • 07/11/2022
  • Duración 62:20
Imaxe do podcast Unha produtora galega de ciencia ficción, videoxogos de medo e a primeira carta musical de Parece Ser

8# Unha produtora galega de ciencia ficción, videoxogos de medo e a primeira carta musical de Parece Ser

Diario Cultural Zeta 3x08: sen Lucía Junquera no estudio, pero sempre nos nosos corazóns, arrincamos o programa cunha viaxe. No 'Máis alá do Padornelo' falamos con Lucía Ferreiro, que anda a cabalo entre Francia e Suíza. Armamos un 'starter pack' de videoxogos para Samaín para esa xente que quere sufrir por sufrir (nós non, grazas!). E recibimos a dous queridos colaboradores. Por un lado, Jesús Silva preséntanos a produtora Cervabranca Filmes da man de Teresa Fraga e Miguel Torres. Polo outro, Álex Gándara convida a Breixo González, un artista cunha chea de proxectos musicais. Desta volta, escoitamos algo do disco 'Ruido, ritmo y color', que publicou co nome de Parece Ser.

  • 31/10/2022
  • Duración 49:31
Imaxe do podcast Un fiandón zeta no Bierzo, os Sims 5 e críticas musicais tan alucinantes como despiadadas

7# Un fiandón zeta no Bierzo, os Sims 5 e críticas musicais tan alucinantes como despiadadas

Diario Cultural Zeta 3x07: Neste programa montamos un fiandón xusto no Padornelo. Alí é por onde se move O Fiand´´ón Berciano, unha asociación de xente moza que axita a cultura e o ocio da comarca. Están deste lado dos marcos?, eles nos dirán! Nos Clázicoz con Z, alucinamos con 'Auambabuluba Balambambú', o libro que escribiu Nick Cohn con 22 anos e no que non deixa títere musical con cabeza. Marta Coira trae as novidades do videoxogo zeta por excelencia: os Sims 5. Nas colaboracións, Tamara Andrés preséntanos o cómic 'Nós, seis', de Julia Lago, e Ana Abad achéganos a nova peza teatral de Mevadeus.

  • 25/10/2022
  • Duración 58:47
Imaxe do podcast Podcasteando que é xerundio, caimáns que saben a polo e o Pokemon español

6# Podcasteando que é xerundio, caimáns que saben a polo e o Pokemon español

Diario Cultural Zeta 3X06: Cibrán Tenreiro volve triunfante ao Zeta como convidado. É o coordinador do curso de Podcasting que organiza a USC e axúdanos a descifrar un pouco mellor o medio. Debe de ser o Zeta dos reencontros, porque en 'Máis alá do Padornelo' atopamos unha muller que sobreviviu un furacán e unha invasión de caimáns: Celia Riande, en conexión desde un centro para xubilados de Florida. Marta fálanos do Pokemon español (ou peninsular, vale), que ten uns ximnasios para poñer os teus pokemons todos petados (Silvia dixit). Os colaboradores tamén veñen finos: Sara Donoso lévanos a Lugo para coñecer Leira Haus e non trae sacho nin nada; e Jesús Silva fala por fin de como sacar cartos con iso de estudar Comunicación Audiovisual. A resposta está na publicidade. Seguídenos para máis consellos.

  • 17/10/2022
  • Duración 63:0
Imaxe do podcast Especial dende o Festival Internacional de Cine Curtocircuíto

5# Especial dende o Festival Internacional de Cine Curtocircuíto

Diario Cultural Zeta 3x05: Cambiamos o Estudio 5 pola rúa neste programa especial dende o Festival Internacional de Cine Curtocircuíto. O primeiro en poñerse diante dos micros colocados ás portas do Teatro Principal (Santiago de Compostela) foi Pela del Álamo, director artístico do festival. Recibimos tamén a cineasta Sol Mussa (sen camiseta de Shin Chan pero coa súa peza 'Proxecto X') e a Helena Salgueiro, que formou parte do xurado da sección Planeta GZ. Miramos para o talento emerxente da sección Supernova e convidamos a Rubén Suárez para falar da súa curta, 'Abismo'. Ademais, as nosas colaboradoras Tamara Andrés e Alejandro Gándara buscáronlle a parte literaria e musical a un evento que é moito máis ca cinema.

  • 10/10/2022
  • Duración 65:51
Imaxe do podcast Un relato de relatos, videoxogos para o outono e conversas clásicas para espantar o fascismo

4# Un relato de relatos, videoxogos para o outono e conversas clásicas para espantar o fascismo

Diario Cultural Zeta 3x04: Que pasaría se xuntamos os títulos de Arancha Nogueira, Antía Yáñez, Carlos Lixó, Sleepy Spice e moitas outras? A Silvia López aparecéuselle un relato. Pero, para as cousas importantes, acudimos aos 'Clázicoz con Z'. Lucía Junquera recorre ás 'Entrevistas con historia' de Oriana Fallaci e manda un saco de ánimo ás estudantes de Xornalismo. No 'Máis alá do Padornelo', viaxamos ata La Paz, no estado mexicano de Baja California Sur. Alí vive Lorena Núñez (Baleira, 1997). Marta Coira trae recomendacións de videoxogos para desfrutar en grupo neste outono. Colaboran neste programa Ana Abad, que nos presenta a compañía Cacharela Teatro, e Sara Donoso, que nos fala de fanzines e autoedición

  • 03/10/2022
  • Duración 61:12
Imaxe do podcast Unicornios lingüísticos, o hacker do GTA VI e falar galego en Londres

3# Unicornios lingüísticos, o hacker do GTA VI e falar galego en Londres

Diario Cultural Zeta 3x03: Unicornios lingüísticos son Inaciu Galán e Iruñe Arkakuso, dous youtubeiros e creadores de contido na rede en linguas non hexemónicas. El en asturiano e ela en euskera. E para lingua non hexemónica, o inglés. Chamamos a Sol Mussa, artista viguesa en Londres, que nos di que fala máis galego que inglés. Marta ponse en modo detective na súa sección de videoxogos para tratar de atopar, coa axuda de Carlos Pereiro, ao hacker do GTA VI. E os colaboradores Alejandro Gándara e Jesús Silva tráennos música e cine para pechar o programa.

  • 26/09/2022
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast Banda sonora para novas rutinas, comics fotográficos e o novo de Zelda que non dá chegado

2# Banda sonora para novas rutinas, comics fotográficos e o novo de Zelda que non dá chegado

Diario Cultural Zeta 3x02: Comezamos falando da chegada de setembro, do novo curso e da rutina. Estamos todos moi tristes, pero Silvia contactou cos mellores picadiscos para poñerlle banda sonora, desde os primeiros cafés no Maycar ata acordarse dos caseiros. Lucía trae un novo Clázico con Z, o cómic 'O fotógrafo' de Didier Lefevre e di que como ten 20 anos pode ser considerado un clásico (como as presentadoras do programa). Marta pon o contrapunto Zeta con todas as novidades da industria do videoxogo, como The Legend of Zelda ou God of War. Colaboran neste programa Ana Abad con Diego Chamizo e Tamara Andrés con Nico Carreira. O Zeta en marcha!

  • 19/09/2022
  • Duración 61:18
Imaxe do podcast O retorno do Zeta

1# O retorno do Zeta

Nova temporada do Diario Cultural Zeta! Comezamos o curso presentando aos novos colaboradores (en realidade son todos vellos): Ana Abad nas artes escénicas, Tamara Andrés na literatura, Jesús Silva no audiovisual, Sara Donoso na arte e Alejandro Gándara (o verdadeiro novo) na música. Lucía Junquera e Silvia López continúan presentando este espazo, pero non teñen claro que van facer (todo a última hora). E incorpórase ao equipo Marta Coira para manter o nivel de modernidade. Vide a nós, que temos moitas novidades!

  • 12/09/2022
  • Duración 61:55
19 episodios
Imaxe do podcast Lendas, investigación no audiovisual e unha “voráxine” musical

19# Lendas, investigación no audiovisual e unha “voráxine” musical

Hai que animarse un pouco. Imos xogar, veña. Rober trouxo varias lendas galegas non moi coñecidas e Paula, Germán e mais Ángel teñen que adiviñar de que localidade proceden. Non é nada fácil, eh. Pero non todo é xogar, tamén hai tempo para que os protagonistas sexan persoas moito máis interesantes ca nós. Por exemplo Ariadna Cordal, a convidada que trouxo ao Zeta Jesús Silva para falar dun ámbito moi pouco abordado e recoñecido: a investigación no eido audiovisual. O toque musical vén da man da nosa Celia Eiras. Bueno máis coincretamente do artistazo que convidou a pasarse polo programa: Maiko Leinad. Con el descubrimos a orixe do seu nome artístico e unha chea de cousas sobre o seu proceso creativo.

  • 16/01/2024
  • Duración 55:34
Imaxe do podcast Xoias artesanais con Sofía Rivas, investigación académica-arte e flamenco

18# Xoias artesanais con Sofía Rivas, investigación académica-arte e flamenco

Comezamos forte o ano. Nestes tempos de agasallos, que hai máis bonito que unha boa xoia artesanal? Váinolo explicar Sofía Rivas, que coas súas mans crea verdadeiras marabillas. Sabemos de verdade todo o choio que leva facelas? Non é tan doado eh. Tampouco o é impulsar proxectos que se movan entre a investigación académica e a produción artística como o fai Nerea Cordeiro, a artista que nos trae nesta ocasión a nosa colaboradora Sara Donoso. E con Ana Abad bailamos. Bueno, bailar, bailar non. Pero falamos cunha bailarina e pedagoga de flamenco afincada en terras galegas: Ainhoa Linaza.

  • 16/01/2024
  • Duración 57:58
Imaxe do podcast Galardóns do Xuventude Crea e talento dos Novos Cinemas

17# Galardóns do Xuventude Crea e talento dos Novos Cinemas

Como veñen de ser premiados e premiadas as gañadoras dos Xuventude Crea do 2023, quixemos traer a María Alborés, galardoada na especialidade de moda; e Pedro Rodríguez no eido literario coa novela curta ‘Alén da Néboa’. Mentres, Jesús Silva tráenos a experiencia de tres participantes no Novos Cinemas de Pontevedra; e Celia Eiras fainos un repaso por diversas panxoliñas galegas.

  • 16/01/2024
  • Duración 91:35
Imaxe do podcast O que hai máis alá da música ademais do instrumento e o cantante
Novo!

16# O que hai máis alá da música ademais do instrumento e o cantante

Escoitamos moita música, si. Pero de seguro que reparades menos do preciso en quen a mistura, nos produtores. Ademais, a música é especialmente relevante nas pezas audiovisuais para ambientar e transmitir. Así que hoxe no Diario Cultural Zeta falamos con Sebastian Black, produtor e Luis Álvarez, compositor de bandas sonoras. Sara Donoso, ademais, traeranos a Olaia Sendón e o seu proxecto fotográfico ‘Perpetuando’; e Sica Romero ao escritor Pablo Rañales, que vén de publicar ‘Os afogados’.

  • 12/01/2024
  • Duración 93:1
Imaxe do podcast Paseando entre os carretes de Dan Drigore para entender mellor a arte

15# Paseando entre os carretes de Dan Drigore para entender mellor a arte

Se algo nos gusta neste programa é que nos expliquen e nos fagan entender mellor todo o que envolve ás diferentes disciplinas artísticas. Por iso a visita que nos fixo a fotógrafa e artista audiovisual Dan Grigore deixounos extasiados. Conectamos co proceso de creación dunhas imaxes impactantes e coñecemos de preto aspectos tan abstractos como “espir a alma”. Nesta “éxtase cultural” continuamos coas nosas colaboradoras Celia Eiras e Ana Abad de Larriva. A primeira dálle a volta á tortilla para afondar na crítica musical a través de voz de varios artistas que xa pasaron polo Zeta. Pola súa parte, Ana falou coa artista Constance Hurlé sobre a situación das artes escénicas en Galicia de cara á creación.

  • 10/01/2024
  • Duración 49:19
Imaxe do podcast De Ninghures e unha chea de paixón pola foto e a tradución audiovisual

14# De Ninghures e unha chea de paixón pola foto e a tradución audiovisual

Cremos que por todas as veces que puxemos os temazos de De Ninghures podedes supoñer que nos fascinan. Efectiviwonder. Así que non sabedes a ilusión que nos fai que tres dos seus compoñentes estean no plató do Zeta para contarnos das súas orixes e sobre as curiosidades do videoclip que sacaron de Morena. O programa non baixa o nivel en ningún momento porque tamén está con nós María Suárez para reivindicar o seu labor como tradutora audiovisual a galego (non lle pidades avances de series ou pelis, é top secret). Ademais, deixamos espazo tamén para falar de natureza e paisaxe a través da fotografía, da man de David Torrado, cunha historia ben curiosa.

  • 03/01/2024
  • Duración 49:29
Imaxe do podcast Un mix de Zeta con de Peppa Pig, Eurovisión… e vos traemos á marabillosa Antía Yáñez

13# Un mix de Zeta con de Peppa Pig, Eurovisión… e vos traemos á marabillosa Antía Yáñez

Tiveron que pasar máis dunha ducia de programas para que descubriramos a eurofán que Paula leva dentro. Nesta fantasía de episodio Rober, Amara e Germán teñen que adiviñar a lingua minoritaria (ou minorizada) na que están escritas as cancións eurovisivas que Paula vai soltando. Hai un claro campión. Noutra orde de cousas temos unha visita de luxo: a autora Antía Yáñez vén con Sica para falar, entre outras moitas cousas, de como é a vida dunha escritora millenial como ela. Poñemos o colofón con Iván Márquez, que nos conta como é traballar nun espectáculo de teatro musical como o de Peppa Pig.

  • 02/01/2024
  • Duración 48:31
Imaxe do podcast Entre a Carolina e o gato que se mete nun saco e o FacomFest!

12# Entre a Carolina e o gato que se mete nun saco e o FacomFest!

Paula e Rober han de seguir pensando que a súa infancia lle importa a alguén. Traen neste programa unha canción cada un que lles transporta a eses momentos felices, sen responsabilidades, sen preocupacións… O conto cambiou e este tipo de cancións tamén. Que pasa se as comparamos coas de agora? Este é un programa moi chulo porque visitan o plató compañeiros da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC para contarnos todos os detalles, os preparativos e o estrés previo ao FacomFest, o festival audiovisual que realizan os alumnos do centro. Todo coa presenza do noso queridísimo colaborador Jesús Silva. Como tamén queremos á nosa Sara Donoso, e máis se nos trae a xente tan fascinante como Lois Búa, que nos mete de cheo na arte da creación co propio corpo.

  • 21/12/2023
  • Duración 45:27
Imaxe do podcast Libros infantís e coñecemos a María Villamarín e ás Guapililongas

11# Libros infantís e coñecemos a María Villamarín e ás Guapililongas

Toca voltar a infancia, esa etapa na que case non tiñamos responsabilidade algunha e tiñamos todo o tempo do mundo para devorar moreas de libros. Que tempos aqueles… Paula e Rober trouxeron un bo feixe de lecturas en galego de cando eran ben pequeniñas. Moita variedade pero un título mítico que comparten: son una familia de rapaces e rapazas, moitos deles loiros, viaxeiros… xa o sabedes, veña. Por este Zeta tamén pasan as nosas marabillosas colaboradoras Ana Abad de Larriva e Sica Romero. A primeira preséntanos a un premiado grupo de teatro de cuxo nome quedamos prendados: as Guapilongas! Fans totais. Como fans tamén nos fixemos do talento da escritora María Villamarín e súa capacidade para falarnos do desarraigo, da perda e unha chea de sentimentos máis que temos moitos de nós.

  • 13/12/2023
  • Duración 53:0
Imaxe do podcast Un Zeta moi musical cunha burrada de talento por metro cadrado

10# Un Zeta moi musical cunha burrada de talento por metro cadrado

Está mal que o digamos nós pero este programa está moi, moi, moi chulo. Tiñamos ganas dende hai tempo de falar un pouco de música clásica, de zetas que apostan por este mundo tan des coñecido en termos mediáticos. Rober serviu para algo e trouxo a Sara Pérez, unha amiga violonchelista que nos resolve todas as nosas dúbidas (moitas) e que toca en directo! Que marabilla… Como marabillas sempre trae o noso Jesús Silva, que neste caso métenos de cheo na dirección de fotografía da man de Miguel Gomar, un rapaz que coa traxectoria que leva déixanos ós demais coma bots. Dj Lucho ou Luchiño ou Ángel métenos tamén un chisquiño no outro lado da festa, nesas persoas que sempre están poñendo o chunda chunda e que teñen que ter aguantado cada unha… Celia Eiras (ou Dj Bicha) trae a un Berto que a través de Fraga aka Don Manuel, está a petalo sobre os escenarios cunha música que, como mínimo, paga a pena escoitar.

  • 12/12/2023
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast Unha viaxe ao mundo de Sica… e mesmo á época SuperPop!

9# Unha viaxe ao mundo de Sica… e mesmo á época SuperPop!

Moita risita cos nervios que poden pasar os convidados cando sentan a responder preguntas… Pois imos darlle a volta á tortilla. Unha pluriempregada Sica vai ter que render contas ante Paula e Rober porque vén de gañar o Premio San Clemente de Literatura! (nós xa sabiamos que era unha campiona). Como agora xa se move entre a elite, pois tamén nos trae unhas reflexións e consellos de escritoras exitosas. “Consellos” como os que daban as revistas Como tú, Bravo ou SuperPop. Con que nostalxia (e cringe) conversamos delas coa nosa marabillosa produtora Amara. E como Paula non pode rematar un programa sen cantar un pouco, pois Celia trae a Héctor Rodríguez, do grupo Lontreira, para satisfacer os seus desexos (e saber tamén das potencialidades da música electrónica).

  • 11/12/2023
  • Duración 66:41
Imaxe do podcast Descubrimos o Festival Luz Poética, a actuación ao son das cidades e a conxunción de arte no rural

8# Descubrimos o Festival Luz Poética, a actuación ao son das cidades e a conxunción de arte no rural

Roberto sigue en periodo de adaptación pero vai mellorando progresivamente (o de aturar a Paula). Falamos do Festival Luz Poética de Santiago de Compostela co seu director Diego Horschovski e tamén con dúas das participantes: Elena Fernández e Andrea Valle, que conforman o dúo poético musical Banaia Ela. Mirade se nos portamos ben que ata nos fixeron parte da súa performance 'Costuras' en pleno directo, coa lectura e actuación de Andrea e o violín de Elena. Falamos sobre dedicar a carreira profesional á arte, sobre os festivais de poesía, o traballo que hai detrás e moito máis! Ademais, a nosa colaboradora Ana Abad de Larriva presentounos á actriz Noa Covelo e todo o que está a facer en New York. Chámanos especialmente a atención bailar ao son das cidades, así que ollo que igual nos vedes bailando por Compostela. Ademais, Sara Donoso tráenos a Yasmina Luaces e a súa reinvención do rural facéndoo convivir coa arte.

  • 29/11/2023
  • Duración 53:19
Imaxe do podcast O Zeta de excursión no Intersección

7# O Zeta de excursión no Intersección

Collémoslle o gusto a iso de facer a mochilas, coller os micros e ir a onde se coce o audiovisual galego. Así, fomos ao Festival Internacional da Coruña, o Intersección. Alí estivemos Paula Cantelar, Roberto González e Jesús Silva, en Palexco, con Breogán Laxe e Sabela Eiriz, ambos participantes na sección competitiva Galicia 2 coas súas obras. E tamén con Andrea Vázquez e as irmáns Noa e Lara Castro, que participan na sección Galicia pero na parte de exposición polas súas vinculacións ás artes plásticas. Tamén houbo tempo para charlar sobre a inciativa en si mesma de man do seu director: Gonzalo Veloso.

  • 29/11/2023
  • Duración 61:22
Imaxe do podcast De actuar por primeira vez con Carla Rivas a debullar o novo proxecto de Mondra

6# De actuar por primeira vez con Carla Rivas a debullar o novo proxecto de Mondra

Entre falar de actuar por primeirísima vez con Carla Rivas no Corno a analizar minuciosamente con Celia Eiras o Ardén, o novo proxecto de Mondra, pasamos tamén por botar unhas verbas con Bewis de la Rosa sobre tradición e raíces. E non faltou Sara Donoso, que tamén nos trouxo unha novidade en Vigo: Ash Projects.

  • 16/10/2023
  • Duración 60:4
Imaxe do podcast O Zeta de excursión no Curtocircuíto

5# O Zeta de excursión no Curtocircuíto

Collemos todo o necesario e fomos ata a porta do Teatro Principal de Santiago de Compostela co Diario Cultural Zeta para falarmos do Festival Curtocircuíto. Alí falamos co director Pela del Álamo de cine e de xente nova e de mulleres no cine. Tamén charlamos coa rapazada que presentou filmes para a sección de zetas 'Supernova' e tivemos tempo de comparar a actuación en teatro coa actuación perante unha cámara. Non marchamos sen ter a ocasión de falar con Arancha Brandón, a guardesa que conquistou a Vogue e que protagonizou a sección Terra deste ano. Un programa do máis completo!

  • 06/10/2023
  • Duración 58:45
Imaxe do podcast Choques culturais con Malva e Nee Barros e a novidade de Andrea Maceiras

4# Choques culturais con Malva e Nee Barros e a novidade de Andrea Maceiras

Falamos de viaxar, do exulansis, de facer un Erasmus, dos choques culturais e lingüísticos e todo o relacionado con vivir noutro lugar. Todo acompañadas por Malva e Nee Barros. Mentres, Sara Donoso falounos do proxecto artístico 'Siempre Vacaciones' e Sica Romero trouxonos á exitosa escritora Andrea Maceiras para falarmos da súa nova novela 'Que se me pare o corazón se te esquezo'.

  • 05/10/2023
  • Duración 100:0
Imaxe do podcast Un programa sobre tradición que se podía ter feito na Fonsagrada

3# Un programa sobre tradición que se podía ter feito na Fonsagrada

Podíase ter feito este programa na Fonsagrada porque falamos das Movidas deste concello que se plasmarán na curta '360 curvas' da que viñeron falar con Jesús Silva os seus creadores. Tamén viñeron os rapaces e rapazas que organizan a foliada da Fonsagrada, a responsable de Rebelico, un perfil dixital de información de música tradicional e mesmo falamos de proxectos internacionais con Ana Abad de Larriva.

  • 02/10/2023
  • Duración 10:31
Imaxe do podcast Subimos ao faiado, analizamos a Nuno Pico e esbardallamos

2# Subimos ao faiado, analizamos a Nuno Pico e esbardallamos

No programa de hoxe temos un tempo de conversa sobre que somos, que nos caracteriza e a onde imos (a rapazada zeta, claro) para despois falar coa nosa colaboradora Sica Romero e coa súa invitada Violeta Meléndez, unha zeta que é Bookstagramer no seu perfil @littera_lupa. Tamén teremos tempo para falar coas rapazas que levan adiante o famoso e exitoso podcast O Faiado, a ver se subimos con elas e falamos de proxectos, dos que quedan no tinteiro e de como se levan cara arriba. E non pecharemos sen antes darlle un minucioso repaso ao novo disco de Grande Amore coa nosa colaboradora especializada en música, Celia Eiras.

  • 21/09/2023
  • Duración 0:57
Imaxe do podcast Pasamos lista coa volta do Zeta

1# Pasamos lista coa volta do Zeta

Comeza a cuarta temporada do Diario Cultural Zeta, O novo equipo estará dirixido pola locutora Paula Cantelar, que contará coa voz de Clara Rial e con outras que se irán sumando ao longo deste novo curso. Neste primeiro episodio presentaremos o novo equipo e falaremos do que está por vir no mundo da cultura para os ‘zetas’. Así, pasarán polo programa todas as colaboradoras para contarnos como foi o verán e como enfocarán as súas seccións ao longo da temporada. Teremos connosco a Sara Donoso (artes plásticas), Sica Romero (literatura), Ana Abad (artes escénicas, Jesús Silva (cine) e Celia Eiras (música).

  • 14/09/2023
  • Duración 102:11

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast Lendas, investigación no audiovisual e unha “voráxine” musical

8# Lendas, investigación no audiovisual e unha “voráxine” musical

Hai que animarse un pouco. Imos xogar, veña. Rober trouxo varias lendas galegas non moi coñecidas e Paula, Germán e mais Ángel teñen que adiviñar de que localidade proceden. Non é nada fácil, eh. Pero non todo é xogar, tamén hai tempo para que os protagonistas sexan persoas moito máis interesantes ca nós. Por exemplo Ariadna Cordal, a convidada que trouxo ao Zeta Jesús Silva para falar dun ámbito moi pouco abordado e recoñecido: a investigación no eido audiovisual. O toque musical vén da man da nosa Celia Eiras. Bueno máis coincretamente do artistazo que convidou a pasarse polo programa: Maiko Leinad. Con el descubrimos a orixe do seu nome artístico e unha chea de cousas sobre o seu proceso creativo.

  • 16/01/2024
  • Duración 55:34
Imaxe do podcast Xoias artesanais con Sofía Rivas, investigación académica-arte e flamenco

7# Xoias artesanais con Sofía Rivas, investigación académica-arte e flamenco

Comezamos forte o ano. Nestes tempos de agasallos, que hai máis bonito que unha boa xoia artesanal? Váinolo explicar Sofía Rivas, que coas súas mans crea verdadeiras marabillas. Sabemos de verdade todo o choio que leva facelas? Non é tan doado eh. Tampouco o é impulsar proxectos que se movan entre a investigación académica e a produción artística como o fai Nerea Cordeiro, a artista que nos trae nesta ocasión a nosa colaboradora Sara Donoso. E con Ana Abad bailamos. Bueno, bailar, bailar non. Pero falamos cunha bailarina e pedagoga de flamenco afincada en terras galegas: Ainhoa Linaza.

  • 16/01/2024
  • Duración 57:58
Imaxe do podcast Galardóns do Xuventude Crea e talento dos Novos Cinemas

6# Galardóns do Xuventude Crea e talento dos Novos Cinemas

Como veñen de ser premiados e premiadas as gañadoras dos Xuventude Crea do 2023, quixemos traer a María Alborés, galardoada na especialidade de moda; e Pedro Rodríguez no eido literario coa novela curta ‘Alén da Néboa’. Mentres, Jesús Silva tráenos a experiencia de tres participantes no Novos Cinemas de Pontevedra; e Celia Eiras fainos un repaso por diversas panxoliñas galegas.

  • 16/01/2024
  • Duración 91:35
Imaxe do podcast O que hai máis alá da música ademais do instrumento e o cantante
Novo!

5# O que hai máis alá da música ademais do instrumento e o cantante

Escoitamos moita música, si. Pero de seguro que reparades menos do preciso en quen a mistura, nos produtores. Ademais, a música é especialmente relevante nas pezas audiovisuais para ambientar e transmitir. Así que hoxe no Diario Cultural Zeta falamos con Sebastian Black, produtor e Luis Álvarez, compositor de bandas sonoras. Sara Donoso, ademais, traeranos a Olaia Sendón e o seu proxecto fotográfico ‘Perpetuando’; e Sica Romero ao escritor Pablo Rañales, que vén de publicar ‘Os afogados’.

  • 12/01/2024
  • Duración 93:1
Imaxe do podcast Paseando entre os carretes de Dan Drigore para entender mellor a arte

4# Paseando entre os carretes de Dan Drigore para entender mellor a arte

Se algo nos gusta neste programa é que nos expliquen e nos fagan entender mellor todo o que envolve ás diferentes disciplinas artísticas. Por iso a visita que nos fixo a fotógrafa e artista audiovisual Dan Grigore deixounos extasiados. Conectamos co proceso de creación dunhas imaxes impactantes e coñecemos de preto aspectos tan abstractos como “espir a alma”. Nesta “éxtase cultural” continuamos coas nosas colaboradoras Celia Eiras e Ana Abad de Larriva. A primeira dálle a volta á tortilla para afondar na crítica musical a través de voz de varios artistas que xa pasaron polo Zeta. Pola súa parte, Ana falou coa artista Constance Hurlé sobre a situación das artes escénicas en Galicia de cara á creación.

  • 10/01/2024
  • Duración 49:19
Imaxe do podcast De Ninghures e unha chea de paixón pola foto e a tradución audiovisual

3# De Ninghures e unha chea de paixón pola foto e a tradución audiovisual

Cremos que por todas as veces que puxemos os temazos de De Ninghures podedes supoñer que nos fascinan. Efectiviwonder. Así que non sabedes a ilusión que nos fai que tres dos seus compoñentes estean no plató do Zeta para contarnos das súas orixes e sobre as curiosidades do videoclip que sacaron de Morena. O programa non baixa o nivel en ningún momento porque tamén está con nós María Suárez para reivindicar o seu labor como tradutora audiovisual a galego (non lle pidades avances de series ou pelis, é top secret). Ademais, deixamos espazo tamén para falar de natureza e paisaxe a través da fotografía, da man de David Torrado, cunha historia ben curiosa.

  • 03/01/2024
  • Duración 49:29
Imaxe do podcast Un mix de Zeta con de Peppa Pig, Eurovisión… e vos traemos á marabillosa Antía Yáñez

2# Un mix de Zeta con de Peppa Pig, Eurovisión… e vos traemos á marabillosa Antía Yáñez

Tiveron que pasar máis dunha ducia de programas para que descubriramos a eurofán que Paula leva dentro. Nesta fantasía de episodio Rober, Amara e Germán teñen que adiviñar a lingua minoritaria (ou minorizada) na que están escritas as cancións eurovisivas que Paula vai soltando. Hai un claro campión. Noutra orde de cousas temos unha visita de luxo: a autora Antía Yáñez vén con Sica para falar, entre outras moitas cousas, de como é a vida dunha escritora millenial como ela. Poñemos o colofón con Iván Márquez, que nos conta como é traballar nun espectáculo de teatro musical como o de Peppa Pig.

  • 02/01/2024
  • Duración 48:31
Imaxe do podcast Entre a Carolina e o gato que se mete nun saco e o FacomFest!

1# Entre a Carolina e o gato que se mete nun saco e o FacomFest!

Paula e Rober han de seguir pensando que a súa infancia lle importa a alguén. Traen neste programa unha canción cada un que lles transporta a eses momentos felices, sen responsabilidades, sen preocupacións… O conto cambiou e este tipo de cancións tamén. Que pasa se as comparamos coas de agora? Este é un programa moi chulo porque visitan o plató compañeiros da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC para contarnos todos os detalles, os preparativos e o estrés previo ao FacomFest, o festival audiovisual que realizan os alumnos do centro. Todo coa presenza do noso queridísimo colaborador Jesús Silva. Como tamén queremos á nosa Sara Donoso, e máis se nos trae a xente tan fascinante como Lois Búa, que nos mete de cheo na arte da creación co propio corpo.

  • 21/12/2023
  • Duración 45:27

Playlists