7# Un Lume Azul (fragmento) de Pedro Feijoo
Hoxe traemos un fragmento da última novela de Pedro Feijoo. Un thriller inmenso e contundente. Sen miramentos nen delicadezas. Poderedes escoitar o primeiro capítulo do libro. Só vos direi que o pobre Domingo non o vai pasar nada ben. E se despois queredes coñecer o resto da historia teredes que ler o libro “Un Lume Azul”. Hoxe contamos coas voces convidadas de Lucía Junquera, Ramiro Santos e Kiko Novoa. Voz e deseño sonoro de Isidro Cea.
-
01/08/2022
- Duración 28:17
6# A Pedra Negra, de Robert E. Howard (Parte 2)
Unha zona remota de centroeurpa e un extraño monolito cheo de runas. Lendas, misterios e unha viaxe que nos levará ata tempos ancestrais de cultos descoñecidos e bailes iniciáticos arredor das fogueiras. Unha historia breve de Robert E. Howard, o creador, entre outros de Conan, Solomon Kane ou Red Sonja, traducida ao galego por Pablo Amado Fuentes. Voz e deseño sonoro de Isidro Cea Esta parte do relato ten contido violento. Si eres un oínte particularmente sensible, igual este audio non é para ti.
5# A Pedra Negra, de Robert E. Howard (Parte 1)
Unha zona remota de Centroeuropa e un extraño monolito cheo de runas. Lendas, misterios e unha viaxe que nos levará ata tempos ancestrais de cultos descoñecidos e bailes iniciáticos arredor das fogueiras. Unha historia breve de Robert E. Howard, o creador, entre outros de Conan, Solomon Kane ou Red Sonja, traducida ao galego por Pablo Amado Fuentes. Voz e deseño sonoro de Isidro Cea
-
14/07/2022
- Duración 27:55
4# Memorias dun esquelete, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
"Aquel ollo de vidro que de nada me servira na vida sérveme agora para mirar. Tolo de contento quitei o ollo, deille catro bicos e volvino a pór no seu sitio." Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é máis que "outro escritor" en lingua Galega. Castelao é un símbolo para Galicia como un dos pais do nacionalismo galego, e neste "Un Ollo de Vidro, Memorias dun Esquelete" expresa parte do seu pensamento na forma dos contos dun "habitante" nun cemiterio de cidade. Hoxe traemos ao noso podcast "Un Ollo de Vidro", o relato que fai realidade o título deste espazo. Coas voces convidadas de Celia Riande e Ramiro Santos. Voz e deseño sonoro de Isidro Cea.
-
08/07/2022
- Duración 33:23
3# A Tumba, de H.P. Lovecraft
"Sedibus ut saltem placidis in morte quiescam" (Que descanse na morte polo menos en lugares tranquilos) Jervas Dudley sempre manifestou interese polo mundo do alén e, dende a súa cela do sanatorio psiquiátrico cóntanos o que sucedeu cando decidiu entrar na cripta dos Hyde. A Tumba é un relato de atmosfera gótica, nunha etapa Lovecraftiana que nos lembra a un Poe pretérito, traducido ao galego por Tomás González Ahola. Descubre como é o conto. Voz e deseño sonoro, Isidro Cea
-
30/06/2022
- Duración 32:16
2# O gato negro, de Edgar Allan Poe
Ao pobre home gustábanlle os animais, pero o pobre “mecho” coido que diría o contrario… Célebre conto de Edgar Allan Poe en tradución de Eva Almazán e locución e deseño sonoro de Isidro Cea. Escoita a historia enteira.
-
23/06/2022
- Duración 30:23
1# Avance Un ollo de vidro
Descubrimos algo máis dos terroríficos relatos que poderemos escoitar este 23 de xuño.