Sociedade

Superando a ficción

Cristina García
En Superando a ficción demóstrase que non é necesaria a imaxinación para dar con argumentos dignos de película. A realidade sempre é máis impactante q ...

Listaxe de episodios

Temporadas do programa
7 episodios
Imaxe do podcast Historia dun crime

7# Historia dun crime

Harper Lee e Truman Capote eran amigos desde a infancia. Nos anos 60 os dous eran escritores de éxito cando viaxaron a Kansas para investigar un crime real. O resultado desa investigación foi o famoso libro de Truman Capote “A sangue frío”. Anos despois, cando Harper Lee buscaba un suceso real para escribir o seu propio “A sangue frío”, apareceu ante ela a historia dun reverendo de Alabama que era un asasino en serie.

  • 14/12/2021
  • Duración 27:2
Imaxe do podcast Stromboli, Terra de Deus

6# Stromboli, Terra de Deus

Unha película que parece realidade. Unha realidade que parece ficción. Mentres Roberto Rosellini e Ingrid Bergman rodaban 'Stromboli', detrás das cámaras entraba en erupción un verdadeiro volcán.

  • 07/12/2021
  • Duración 22:20
Imaxe do podcast Un final made in Hollywood

5# Un final made in Hollywood

Un dos xornalistas que destapou o escándalo Harvey Weinstein viviu na súa familia un caso de abusos sexuais que quedou sen xulgar. Falamos de Ronan Farrow, fillo de Mia Farrow e Woody Allen.

  • 30/11/2021
  • Duración 20:12
Imaxe do podcast Lea nos Grandes Almacéns

4# Lea nos Grandes Almacéns

Neste capítulo coñecemos a historia de El Encanto, uns grandes almacéns que converteron La Habana no París americano da primeira metade do século XX. El Encanto foi tamén a orixe dos grandes almacéns que existen en España na actualidade.

  • 23/11/2021
  • Duración 26:27
Imaxe do podcast Átame

3# Átame

Estocolmo non só é a capital de Suecia, é tamén o nome dunha síndrome pero, por que se lle chama así? Neste capítulo afondamos na orixe da síndrome de Estocolmo e repasamos varios casos coñecidos

  • 16/11/2021
  • Duración 27:29
Imaxe do podcast Empezou cun bico

2# Empezou cun bico

A protagonista é Gene Tierney, a muller máis bela da historia do cine. A muller á que un bico lle cambiou a vida. Este bico foi o inicio dunha traxedia que inspiraría á mesmísima Agatha Christie unha das súas novelas.

  • 08/11/2021
  • Duración 19:26
Imaxe do podcast Avance | Superando a ficción

1# Avance | Superando a ficción

En Superando a ficción demóstrase que non é necesaria a imaxinación para dar con argumentos dignos de película. A realidade sempre é máis impactante que calquera historia que se invente. Aquí arrinca esta aventura de Cristina García: historias reais que parecen argumentos de ficción.

  • 08/11/2021
  • Duración 0:52
7 episodios
Imaxe do podcast Nacida onte

7# Nacida onte

Nunca subestimes unha loura. Se o famoso gangster Johny Stompanato tivese isto en conta, non acabaría pasando o que pasou na casa de Lana Turner.

  • 10/05/2022
  • Duración 26:56
Imaxe do podcast A conspiración de novembro

6# A conspiración de novembro

Un elemento químico que foi polémico no momento do seu descubrimento polo nome que recibiu. A polémica regresou cando foi utilizado nunha famosa conspiración para matar un espía.

  • 03/05/2022
  • Duración 25:51
Imaxe do podcast Mentres dormes

5# Mentres dormes

Drogar unha muller para abusar dela non é de agora. A historia está chea de casos de violación por submisión química. Atopar unha famosa que fose vítima deste tipo de agresión e o contase foi difícil. E non só o contou, senón que converteu este episodio na súa fortaleza.

  • 26/04/2022
  • Duración 25:27
Imaxe do podcast Só os anxos teñen alas

4# Só os anxos teñen alas

Cantas posibilidades hai de sobrevivir a un accidente de avión? Lamentablemente son poucas. Tan poucas que nin os famosos se libraron, porque, ó final, só os anxos teñen alas. A historia de amor dun boxeador e unha cantante rematou nunha viaxe en avión.

  • 19/04/2022
  • Duración 25:57
Imaxe do podcast O barco do amor (Vacacións no mar)

3# O barco do amor (Vacacións no mar)

Os cruceiros son as vacacións soñadas por moita xente. Neste capítulo imos subir ó primeiro cruceiro polas illas gregas. Un barco cheo de membros da realeza que fixo unha ruta que repetiron millóns de pasaxeiros nos últimos anos.

  • 12/04/2022
  • Duración 27:59
Imaxe do podcast Ti a Boston e eu a California

2# Ti a Boston e eu a California

Que pasaría se un día descobres que tes un irmán xemelgo? Nas películas acontece, pero tamén na realidade. E, ás veces, os protagonistas son coñecidos.

  • 05/04/2022
  • Duración 25:54
Imaxe do podcast Adianto da segunda tempada

1# Adianto da segunda tempada

Cristina García presenta unha nova tempada de Superando a Ficción. Con novos e novas protagonistas e as historias máis sorprendentes. No entretanto, aquí podes escoitar un pequeno adianto do que Cristina García tennos preparado.

  • 04/04/2022
  • Duración 0:0
7 episodios
Imaxe do podcast Mentiras arriscadas

7# Mentiras arriscadas

Unha parella de espías rusos vive camuflada na sociedade norteamericana. Unha familia idílica formada por un matrimonio con dous fillos. Durante anos ocultaron a súa verdadeira identidade e enganaron a todo o mundo, incluídos os seus propios fillos.

  • 17/01/2023
  • Duración 29:18
Imaxe do podcast A gran beleza

6# A gran beleza

Foron mulleres pioneiras, empresarias e creadoras dos cosméticos e artigos de maquillaxe que seguimos usando hoxe en día. Levaron vidas paralelas, pero tamén foron inimigas íntimas. Eran Elizabeth Arden e Helena Rubinstein.

  • 10/01/2023
  • Duración 28:49
Imaxe do podcast A herdeira

5# A herdeira

Segundo dixo dela Joaquín Sabina, “era tan pobre que non tiña máis que diñeiro”. Unha serie de desgrazas fixeron que herdase unha fortuna e converteuse na muller máis rica do mundo. Pero os cartos non puideron acabar coa maldición que a acompañou toda a vida. Era Cristina Onassis.

  • 20/12/2022
  • Duración 29:55
Imaxe do podcast Cando menos o esperas

4# Cando menos o esperas

Con 60 anos, cando parecía que xa fixera todo na súa carreira como actriz, apareceu unha serie de televisión co papel da súa vida. Esa mesma serie serviu para homenaxear unha muller real: unha anciá afeccionada a resolver crimes. Eran Angela Lansbury e Frances Glessner.

  • 13/12/2022
  • Duración 24:52
Imaxe do podcast Erma

3# Erma

Igual que na obra de Lorca, esta historia transcorre nun mundo no que unha muller que non ten fillos non ten valor. A protagonista deste capítulo foi rexeitada polo seu amor e polo seu país por ser estéril. Era Soraia, a princesa dos ollos tristes.

  • 06/12/2022
  • Duración 28:0
Imaxe do podcast Alguén voou sobre o niño do cuco

2# Alguén voou sobre o niño do cuco

Unha xornalista estadounidense no século XIX e un escritor monárquico na España franquista. Que teñen en común? Os dous finxiron estar tolos para vivir a experiencia de ingresar nun sanatorio mental. Eran Nellie Bly e Torcuato Luca de Tena.

  • 29/11/2022
  • Duración 29:6
Imaxe do podcast Avance | 3ª tempada de Superando a Ficción

1# Avance | 3ª tempada de Superando a Ficción

Cristina García presenta a terceira tempada de Superando a Ficción. Con novos e novas protagonistas e as historias máis incribles. Aquí podes escoitar un pequeno adianto do que Cristina García nos ten preparado.

  • 21/11/2022
  • Duración 0:0

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast Os 8000 insulares do Porto

8# Os 8000 insulares do Porto

O distrito de Aveiro en canto ao turismo parece que vive dos resto que lle deixa o Porto. Con todo é unha das provincias portuguesas con maiores atractivos. Neste capítulo de "Pasarse da raia" visitamos o distrito da auga e coñecemos de preto unha das construcións máis importantes do Porto: as casas dos burgueses e como deron en crear unha das figuras urbanísticas máis terribles, as ilhas. Todo acompañado da música de "Os azeitonas". Vamos lá!

  • 30/06/2023
  • Duración 23:6
Imaxe do podcast Como arrincar a emprender, Startup Galicia estrea Podcast

7# Como arrincar a emprender, Startup Galicia estrea Podcast

Tes unha idea emprendedora pero non sabes como arrincar? Gustaríache montar unha startup pero cóstache dar o paso? Estrenamos o primeiro podcast de emprendemento en galego no que entrevistaremos a persoas ligadas á comunidade emprendedora galega e falaremos de éxitos e tamén de fracasos da man de Víctor Fariña e Startup Galicia

  • 21/06/2023
  • Duración 24:43
Imaxe do podcast Todos temos ideas, pero como as levamos a cabo? O fundador de Coinscrap cóntanos como fixeron eles para levantar máis de 2 millóns de euros

6# Todos temos ideas, pero como as levamos a cabo? O fundador de Coinscrap cóntanos como fixeron eles para levantar máis de 2 millóns de euros

Como facemos para darlle vida ás nosas ideas? Hoxe falaremos con David Conde, CEO e cofundador de Coinscrap, que ademáis de ter ideas, levounas a cabo de xeito exitoso. David é biólogo de formación cunha longa traxectoria en banca privada, sector no que desenvolve as súas iniciativas emprendedoras aplicando tecnoloxía, o que se coñece como "fintech”.

  • 21/06/2023
  • Duración 22:41
Imaxe do podcast O marketing que precisa a túa startup, falamos con Dani Cerqueiro

5# O marketing que precisa a túa startup, falamos con Dani Cerqueiro

Baixo o concepto de marketing se agochan todas as estratexias dunha compañía para levar os seus produtos e servizos ao mercado. Nesta edición do podcast de Startup Galicia entrevistamos a Dani Cerqueiro, CMO de DOCUTEN ligado ao emprendemento e ao marketing dixital dende fai máis de 18 anos. Con el debatiremos sobre como coñecer aos teus clientes, que canles de distribución poden ser as apropiadas para chegar a eles e da importancia dos contidos nesta era de sobreinformación.

  • 21/06/2023
  • Duración 24:18
Imaxe do podcast Como obter ese tan deseado financiamento? Jaime Novoa cóntanos como fan dende os fondos de capital risco

4# Como obter ese tan deseado financiamento? Jaime Novoa cóntanos como fan dende os fondos de capital risco

Sen financiamento dalgún tipo é moi difícil sacar adiante un proxecto emprendedor. Neste novo capítulo do podcast de Startup Galicia falaremos dunha das vías de financiamento privadas máis mediáticas: o capital risco. Para iso, contaremos coa colaboración do investidor compostelán Jaime Novoa, membro do fondo de capital risco K-Fund.

  • 21/06/2023
  • Duración 26:15
Imaxe do podcast Se queremos financiamento temos que elaborar un Pitch Deck. Hoxe entrevistamos a Dani Seijo que nos fala do seu paso por YCombinator entre outras cousas

3# Se queremos financiamento temos que elaborar un Pitch Deck. Hoxe entrevistamos a Dani Seijo que nos fala do seu paso por YCombinator entre outras cousas

Neste capítulo do podcast de Startup Galicia falaremos de como facer powerpoints bonitiños que nos axuden a convencer aos investidores para que financien a nosa startup. Contaremos co compostelán Dani Seijo, emprendedor en serie cunha longa traxectoria montando proxectos como Diariomotor, Civeta Investment ou Fuell. Con Dani falaremos da importancia do equipo, das métricas que temos que manexar ou das estratexias a seguir para namorar aos investidores.

  • 21/06/2023
  • Duración 24:35
Imaxe do podcast Nin as galiñas poñían ovos

2# Nin as galiñas poñían ovos

Daquela, cando Galicia e Portugal non compartían rúas e o troco era unha moeda tan forte coma escudo, as realidades das que agora son eurocidades eran moi diferentes entre elas. Unha das diferenzas radica no xeito tan desigual que tiñan de vivir o contrabando. Despois de escoitar falar do orgullo do contrabandista de Feces, Marcial Gayoso e Antonio Fonterosa, de 86 anos os dous, acompáñannos da man cruzando o Miño para achegarnos como se vivía en Amorín, concello de Tomiño, nunha época na que, como din eles, nin as galiñas poñían ovos.

  • 16/03/2023
  • Duración 19:27
Imaxe do podcast Mentiras arriscadas

1# Mentiras arriscadas

Unha parella de espías rusos vive camuflada na sociedade norteamericana. Unha familia idílica formada por un matrimonio con dous fillos. Durante anos ocultaron a súa verdadeira identidade e enganaron a todo o mundo, incluídos os seus propios fillos.

  • 17/01/2023
  • Duración 29:18

Playlists