Sociedade

Pasarse da raia

Alberto Mancebo
Despois de cinco anos informando para a CRTVG desde Portugal, Alberto Mancebo cruza a fronteira dos podcast en "Pasarse da raia". En cada capítulo nav ...

Listaxe de episodios

Temporadas do programa
1 episodio
Imaxe do podcast Os 8000 insulares do Porto

1# Os 8000 insulares do Porto

O distrito de Aveiro en canto ao turismo parece que vive dos resto que lle deixa o Porto. Con todo é unha das provincias portuguesas con maiores atractivos. Neste capítulo de "Pasarse da raia" visitamos o distrito da auga e coñecemos de preto unha das construcións máis importantes do Porto: as casas dos burgueses e como deron en crear unha das figuras urbanísticas máis terribles, as ilhas. Todo acompañado da música de "Os azeitonas". Vamos lá!

  • 30/06/2023
  • Duración 23:6
12 episodios
Imaxe do podcast Nin as galiñas poñían ovos

12# Nin as galiñas poñían ovos

Daquela, cando Galicia e Portugal non compartían rúas e o troco era unha moeda tan forte coma escudo, as realidades das que agora son eurocidades eran moi diferentes entre elas. Unha das diferenzas radica no xeito tan desigual que tiñan de vivir o contrabando. Despois de escoitar falar do orgullo do contrabandista de Feces, Marcial Gayoso e Antonio Fonterosa, de 86 anos os dous, acompáñannos da man cruzando o Miño para achegarnos como se vivía en Amorín, concello de Tomiño, nunha época na que, como din eles, nin as galiñas poñían ovos.

  • 16/03/2023
  • Duración 19:27
Imaxe do podcast A honra do contrabandista

11# A honra do contrabandista

Non sería acertado dar un paseo polas relacións de Galicia e Portugal sen deterse con certa curiosidade nunha das actividades máis intensas que se viviron na fronteira: O contrabando. Neste episodio descubrimos con sorpresa como unha das vilas con máis actividade do estraperlo do pasado, Feces de Abaixo en Verín, lembra aquela etapa con esplendor e con certa melancolía. Non é para menos, grazas a esa actividade ilegal evitaron que varias xeracións tivesen que emigrar. Os subornos a axentes da autoridade, os perigos da noite no monte e mesmo o tráfico de persoas abren neste episodio do podcast “Pasarse da raia” unha fiestra a esta “mafia branca” anterior á eurorrexión.

  • 15/11/2022
  • Duración 23:1
Imaxe do podcast O mercado da xente e a ponte de todos

10# O mercado da xente e a ponte de todos

Neste episodio especial gravamos en tempo real a nosa chegada ao mercado do Bolhão do Porto na semana da súa reapertura despois de catro anos e medio de obras. Nunha viaxe de sons e a través das voces das praceiras comprobamos que lles parece a renovación da que é a súa “casa” dende hai décadas. No mesmo episodio, unha obra tan importante para os portuenses lévanos á outra infraestrutura que está por facer que unirá aínda máis aos galegos e portugueses da Raia: a ponte peonil do futuro Parque da Amizade da eurocidade Tomiño - Cerveira. Queres saber os detalles deste proxecto que o cambiará todo á beira do Miño? Dálle ao play!

  • 28/09/2022
  • Duración 24:28
Imaxe do podcast O berce dos tugas

9# O berce dos tugas

Portugal converteuse nos últimos anos nun dos destinos turísticos preferidos dos viaxeiros. A cidade de Lisboa e do Porto viviron durante este verán unha verdadeira avalancha de visitantes que veu a confirmar que Portugal está de moda aínda despois do peor da pandemia. Neste episodio de Pasarse da Raia dedicado ao turismo queremos darlle aínda máis razóns aos nosos seguidores galegos para que visiten outros puntos do país como Guimarães, a cidade que construíu un mosteiro para adorar a Deus, un castelo para protexer os monxes e un pazo para controlalo todo

  • 09/09/2022
  • Duración 26:6
Imaxe do podcast Deixar Portugal

8# Deixar Portugal

Moi poucos galegos que viven no norte de Portugal se rexistran no país veciño para que consten como habitantes propiamente. Ten isto algo que ver con sentir que están practicamente na mesma terra? Neste capítulo abordamos o que significa para un galego vivir en Portugal, tanto as sensacións á chegada como a famosa saudade que se ten antes incluso de marchar.

  • 11/07/2022
  • Duración 26:42
Imaxe do podcast Santos e martelos

7# Santos e martelos

Portugal conta cunha das festas máis populosas de Europa. Un dato que só os que acudiron algunha vez ao São João do Porto poden confirmar que non é unha esaxeración en absoluto. O mes de xuño é o mes dos Santos Populares de Portugal e neste capítulo mergullámonos para explicar as súas tradicións e entender que diferenzas hai entre unha verbena galega e un festival popular luso.

  • 16/06/2022
  • Duración 20:42
Imaxe do podcast A outra fronteira

6# A outra fronteira

No capítulo 6 de “Pasarse da raia” exploramos brevemente como na literatura ibérica se fala da distancia que hai entre os dous países a pesar de compartiren a fronteira máis extensa da Unión Europea. Outro paradoxo tamén será protagonista neste capítulo: intentaremos saber as razóns de por que non é Galicia a comunidade en que se estuda máis portugués e iso que temos, por moito, a fronteira máis transitada de Europa.

  • 09/06/2022
  • Duración 18:39
Imaxe do podcast Portugal, devólvenos o corazón

5# Portugal, devólvenos o corazón

Brasil celebra este ano o bicentenario da súa independencia e no mes de maio fíxolle ao Estado luso unha petición moi curiosa, que lle deran o corazón da persoa que iniciou o proceso de independencia do país sudamericano. De quen é ese corazón? De verdade está en Portugal? E o resto do corpo? Neste episodio de “Pasarse da raia” contaremos a historia deste órgano en disputa e saberemos algunhas cousas de como é a vida dun estudante galego en Portugal.

  • 03/06/2022
  • Duración 23:45
Imaxe do podcast O galo que canta aos solpores das praias

4# O galo que canta aos solpores das praias

Neste episodio de “Pasarse da raia” collemos toalla, cortaventos e fanequeiras para explorar as mellores praias do distrito de Viana do Castelo, limítrofe con Galicia. Este tamén é o episodio dedicado a Barcelos, a cidade do galo insignia de Portugal que ten moito que ver co no noso país e especialmente co Camiño de Santiago.

  • 26/05/2022
  • Duración 22:59
Imaxe do podcast Nacín aquí e quero morrer aquí

3# Nacín aquí e quero morrer aquí

Ten Portugal comunidades autónomas como España? Que é un “presidente da Cámara”? A división territorial do país veciño ás veces é tan misteriosa para os galegos como entender por que teñen un presidente e un primeiro ministro. Neste capítulo resolvemos esas dúbidas á vez que nos preocupamos por outra división dos espazos que afecta a miles de persoas: a que provoca a xentrificación nas cidades lusas.

  • 11/05/2022
  • Duración 24:55
Imaxe do podcast Mesa para dous

2# Mesa para dous

A pesar de sermos veciños de fronteira, galegos e portugueses compórtanse de xeito diferente á mesa e o uso de expresións e frases feitas á hora de entrar nun restauraente tamén o demostra. No segundo episodio de Pasarse da raia entramos na cociña portuense e explicaremos que é un “tripeiro”. Tamén resolvemos o misterio do nome da capital do norte: Porto, Oporto ou O Porto? É todo unha cuestión de perspectiva!

  • 05/05/2022
  • Duración 26:28
Imaxe do podcast Pasarse da raia

1# Pasarse da raia

No primeiro episodio de "Pasarse da raia", Alberto Mancebo explica a onde quere chegar con este proxecto de Radio Galega Podcast. Dende a honestidade e o rigor xornalístico ten a intención de desmitificar e á vez reivindicar o valor cultural de Portugal. Falará da inexistencia do bilingüismo nas eurocidades e do sorprendente interese que, por outra banda, existe nos institutos galegos polo portugués. Un primeiro capítulo acompañado pola música queer de Fado Bicha.

  • 25/04/2022
  • Duración 34:36

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast Os 8000 insulares do Porto

8# Os 8000 insulares do Porto

O distrito de Aveiro en canto ao turismo parece que vive dos resto que lle deixa o Porto. Con todo é unha das provincias portuguesas con maiores atractivos. Neste capítulo de "Pasarse da raia" visitamos o distrito da auga e coñecemos de preto unha das construcións máis importantes do Porto: as casas dos burgueses e como deron en crear unha das figuras urbanísticas máis terribles, as ilhas. Todo acompañado da música de "Os azeitonas". Vamos lá!

  • 30/06/2023
  • Duración 23:6
Imaxe do podcast Como arrincar a emprender, Startup Galicia estrea Podcast

7# Como arrincar a emprender, Startup Galicia estrea Podcast

Tes unha idea emprendedora pero non sabes como arrincar? Gustaríache montar unha startup pero cóstache dar o paso? Estrenamos o primeiro podcast de emprendemento en galego no que entrevistaremos a persoas ligadas á comunidade emprendedora galega e falaremos de éxitos e tamén de fracasos da man de Víctor Fariña e Startup Galicia

  • 21/06/2023
  • Duración 24:43
Imaxe do podcast Todos temos ideas, pero como as levamos a cabo? O fundador de Coinscrap cóntanos como fixeron eles para levantar máis de 2 millóns de euros

6# Todos temos ideas, pero como as levamos a cabo? O fundador de Coinscrap cóntanos como fixeron eles para levantar máis de 2 millóns de euros

Como facemos para darlle vida ás nosas ideas? Hoxe falaremos con David Conde, CEO e cofundador de Coinscrap, que ademáis de ter ideas, levounas a cabo de xeito exitoso. David é biólogo de formación cunha longa traxectoria en banca privada, sector no que desenvolve as súas iniciativas emprendedoras aplicando tecnoloxía, o que se coñece como "fintech”.

  • 21/06/2023
  • Duración 22:41
Imaxe do podcast O marketing que precisa a túa startup, falamos con Dani Cerqueiro

5# O marketing que precisa a túa startup, falamos con Dani Cerqueiro

Baixo o concepto de marketing se agochan todas as estratexias dunha compañía para levar os seus produtos e servizos ao mercado. Nesta edición do podcast de Startup Galicia entrevistamos a Dani Cerqueiro, CMO de DOCUTEN ligado ao emprendemento e ao marketing dixital dende fai máis de 18 anos. Con el debatiremos sobre como coñecer aos teus clientes, que canles de distribución poden ser as apropiadas para chegar a eles e da importancia dos contidos nesta era de sobreinformación.

  • 21/06/2023
  • Duración 24:18
Imaxe do podcast Como obter ese tan deseado financiamento? Jaime Novoa cóntanos como fan dende os fondos de capital risco

4# Como obter ese tan deseado financiamento? Jaime Novoa cóntanos como fan dende os fondos de capital risco

Sen financiamento dalgún tipo é moi difícil sacar adiante un proxecto emprendedor. Neste novo capítulo do podcast de Startup Galicia falaremos dunha das vías de financiamento privadas máis mediáticas: o capital risco. Para iso, contaremos coa colaboración do investidor compostelán Jaime Novoa, membro do fondo de capital risco K-Fund.

  • 21/06/2023
  • Duración 26:15
Imaxe do podcast Se queremos financiamento temos que elaborar un Pitch Deck. Hoxe entrevistamos a Dani Seijo que nos fala do seu paso por YCombinator entre outras cousas

3# Se queremos financiamento temos que elaborar un Pitch Deck. Hoxe entrevistamos a Dani Seijo que nos fala do seu paso por YCombinator entre outras cousas

Neste capítulo do podcast de Startup Galicia falaremos de como facer powerpoints bonitiños que nos axuden a convencer aos investidores para que financien a nosa startup. Contaremos co compostelán Dani Seijo, emprendedor en serie cunha longa traxectoria montando proxectos como Diariomotor, Civeta Investment ou Fuell. Con Dani falaremos da importancia do equipo, das métricas que temos que manexar ou das estratexias a seguir para namorar aos investidores.

  • 21/06/2023
  • Duración 24:35
Imaxe do podcast Nin as galiñas poñían ovos

2# Nin as galiñas poñían ovos

Daquela, cando Galicia e Portugal non compartían rúas e o troco era unha moeda tan forte coma escudo, as realidades das que agora son eurocidades eran moi diferentes entre elas. Unha das diferenzas radica no xeito tan desigual que tiñan de vivir o contrabando. Despois de escoitar falar do orgullo do contrabandista de Feces, Marcial Gayoso e Antonio Fonterosa, de 86 anos os dous, acompáñannos da man cruzando o Miño para achegarnos como se vivía en Amorín, concello de Tomiño, nunha época na que, como din eles, nin as galiñas poñían ovos.

  • 16/03/2023
  • Duración 19:27
Imaxe do podcast Mentiras arriscadas

1# Mentiras arriscadas

Unha parella de espías rusos vive camuflada na sociedade norteamericana. Unha familia idílica formada por un matrimonio con dous fillos. Durante anos ocultaron a súa verdadeira identidade e enganaron a todo o mundo, incluídos os seus propios fillos.

  • 17/01/2023
  • Duración 29:18

Playlists