Música

A lista negra

A Lista Negra é o espazo de Eduardo Herrero reservado ao blues en Radio Galega Música e Radio Galega Podcast. O blues é a máis negra de todas as músic ...

Listaxe de episodios

Temporadas do programa
41 episodios
Imaxe do podcast Charles Brown (25/06/2023)

41# Charles Brown (25/06/2023)

Charles Brown foi un cantante e pianista de estilo pulcro, elegante, sosegado, que acadou un éxito considerable trala Segunda Guerra Mundial e, tras un prolongado retiro, gozou dunha última etapa de recoñecemento catro décadas máis tarde. A súa foi sempre unha aposta polo blues refinado, nas antípodas dos rudos bluesmen que emigraron a Chicago desde o Delta do Mississippi. No capítulo de hoxe a dose de blues galego corre a cargo dos Spoonfools.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:45
Imaxe do podcast Tampa Red (18/06/2023)

40# Tampa Red (18/06/2023)

Hudson Woodbridge, alias Tampa Red, foi un dos pioneiros do blues de Chicago e un mestre do slide do que aprenderon outras figuras posteriores como Big Bill Broonzy ou Elmore James entre outros. Tampa Red coñeceu o éxito e o esquecemento máis absoluto. Neste episodio tamén escoitaremos blues galego da man do harmonicista compostelán Marcos Coll.

  • 06/10/2023
  • Duración 69:59
Imaxe do podcast Magic Sam (11/06/2023)

39# Magic Sam (11/06/2023)

Samuel Maghett, alias Magic Sam é un guitarrista esencial na historia do blues. Malia que morreu moi novo, con só 32 anos, e que a súa carreira profesional apenas durou unha década, o alcumado Rei do Trémolo deixou unha pegada imborrable e asinou algúns elepés que deben formar parte de calquera antoloxía do xénero. Sam foi un músico efervescente, audaz e imaxinativo, cun son inconfundible. A proposta galega desta semana é a do coruñés David LH.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:40
Imaxe do podcast Bob Dylan (04/06/2023)

38# Bob Dylan (04/06/2023)

Referente cultural absoluto do último século, premio Nobel de Litertura, estandarte da contracultura, Óscar á mellor canción, revolución nun só home e artista alérxico ás etiquetas, Robert Allen Zimmerman tamén é un dos bluesmen brancos máis lonxevos e senlleiros. De feito, leva tocando o xénero que nos ocupa desde o inicio da súa carreira ata o día de hoxe, en que os seus recitais evocan a atomósfera dos vellos clubes en que se curtiron os seus ídolos de xuventude. Aos seus 82 anos, Bob Dylan segue máis vixente que nunca, e este episodio é unha retrospectiva das súas pezas de blues máis senlleiras. Ademais, o noso presentador, Eduardo Herrero, devoto seguidor do bardo de Minnesota, achéganos unha das composicións da súa banda, En Casa del Herrero, inspirada precisamente nun tema de Dylan.

  • 06/10/2023
  • Duración 66:8
Imaxe do podcast Junior Parker (28/05/2023)

37# Junior Parker (28/05/2023)

Como tantos outros, Herman Junior Parker fixo a viaxe desde Mississippi a Chicago. Parker teceu unha ponte do blues ao soul Gran cantante e notable harmonicista, a súa sona non lle fai xustiza ao seu legado. Junior Parker facía moitas cousas e todas ben. Tamén habemos buscar tempo para escoitar os galegos Hermanos Zapruder.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:54
Imaxe do podcast Sonny Boy Williamson II (21/05/2023)

36# Sonny Boy Williamson II (21/05/2023)

Todo o mundo ten dereito a se equivocar. Aleck Miller cometeu o erro de querer ser quen non era. Durante algún tempo usurpou a identidade de John Lee Curtis, artisticamente coñecido como Sonny Boy Williamson. Eran outros tempos e, aclarada a confusión, Miller pasou á Historia como Sonny BoyWilliamson II. Tamén como un dos mellores harmonicistas do blues moderno, que marcou a primeira xeración británica de bluesmen. Sonny Boy Segundo é o protagonista nA Lista Negra esta semana, en que o acento galego corre a cargo dunha banda fabulosa que xa non está en activo, Mil Demonios.

  • 22/05/2023
  • Duración 62:17
Imaxe do podcast Memphis Slim (14/05/2023)

35# Memphis Slim (14/05/2023)

John Let Chatman, máis coñecido como memphis Slim, foi un dos mellores pianistas do século XX e un dos grandes nomes da historia do blues. Aprendeu o oficio doutros grandes do xénero como Big Bill Broonzy, e acabou compartindo gravacións con aumnos aventaxados da xeración branca dos anos 60 como Canned Heat. Slim acabou instalado en París, onde gozou do merecido estatus de referente nas súas xiras de madurez por toda Europa. A dose galega de blues corre desta volta a cargo de Alex & Leira.

  • 15/05/2023
  • Duración 60:18
Imaxe do podcast Louis Jordan (07/05/2023)

34# Louis Jordan (07/05/2023)

Louis Jordan, alcumado The King Of The Jukebox (o rei da máquina de discos), foi un cantante e saxofonista de enorme éxito na segunda metade dos anos 40 do século pasado. A ritmo de swing e boogie woogie emerxeu como un dos grandes do jump blues, precursor inmediato do rhythm and blues. Jordan e a súa banda, os Tympany Five, protagonizan un novo episodio da Lista Negra en que tamén escoitaremos algo de blues galego, desta volta desde Ribeira con Chamaquito Pistolas.

  • 11/05/2023
  • Duración 61:36
Imaxe do podcast Ma Rainey (30/04/2023)

33# Ma Rainey (30/04/2023)

Alcumada a Nai do Blues, Gertrude Ma Rainey foi unha das pioneiras do xénero e, sen dúbida, outra desas mulleres adiantadas ao seu tempo que merece un lugar destacado na Lista Negra. Cantante carismática e de enorme éxito nos anos 20 do seculo XX, época dorada do vodevil, tamén foi mentora doutra figura indiscutible como Bessie Smith. A formación galega convidada esta semana son os ourensáns 4Mal Quartet.

  • 02/05/2023
  • Duración 62:36
Imaxe do podcast Son House (23/04/2023)

32# Son House (23/04/2023)

Son House compartiu a súa mocidade cos dous maiores mitos fundacionais do blues do Delta, Charley Patton e Robert Johnson. Achegouse ao xénero despois de vencer as reticencias que lle impoñían as súas profundas conviccións relixiosas. House tiña unha voz profunda e áspera, e desenvolveu unha efectiva técnica co slide, o que lle permitiu erixirse a longo prazo nunha autoridade, xa que se mantivo activo ata mediados dos anos 70. Ademais, neste programa da Lista Negra escoitamos tamén os coruñeses Greasy Belly.

  • 28/04/2023
  • Duración 60:11
Imaxe do podcast Willie Dixon (16/04/2023)

31# Willie Dixon (16/04/2023)

Para calibrar a importancia de Willie Dixon no blues moderno, basta con lembrar que a súa biografía autorizada leva por título I Am The Blues (eu son o blues). Hoochie Coochie Man. I Ain't Superstitious. I Just Want To Make Love To You. Spoonful. The Little Red Rooster. My Babe. Wang Dang Doodle. Evil. I'm Ready... Ninguén compuxo tantos clásicos absolutos, tantos estándares do blues como Dixon, que ademais de surtir de éxitos a outros artistas, foi tamén produtor, baixista e cantante. El é o protagonista na Lista Negra esta semana, en que tamén escoitaremos o vigués Denis Carballás.

  • 17/04/2023
  • Duración 61:31
Imaxe do podcast Charlie Patton (10/04/2023)

30# Charlie Patton (10/04/2023)

Charles Patton é algo así como o pai fundador do blues do Delta, o que sentou as bases da áspera variante do country blues que agromou nesa rexión do sur profundo. Contan que Patton era quen de se facer escoitar a medio quilómetro de distancia sen ningún tipo de amplificación. Cantante poderoso e excelente guitarrista, acadou moita sona malia morrer aínda novo, e marcou o estilo dos que viñeron detrás. O grupo galego desta semana son os pontevedreses Sugar Mountain.

  • 07/04/2023
  • Duración 60:13
Imaxe do podcast Little Walter (02/04/2023)

29# Little Walter (02/04/2023)

Little Walter Jacobs foi un músico monumental e un tipo cun carácter extremadamente difícil. As dúas cousas son igual de certas. Jacobs redefiniu o papel da harmonica no blues e dotouna dun novo son grazas ao uso dos sistemas de amplificación destinados ás guitarras. Ademais doi un cantante notable, que acadou un éxito comercial maior que o de mitos da talla de Howlin' Wolf ou Muddy Waters. O proxecto galego convidado esta semana é o de Hard Trip.

  • 07/04/2023
  • Duración 60:46
Imaxe do podcast Albert Collins (26/03/2023)

28# Albert Collins (26/03/2023)

Albert Collins é un dos maiores expoñentes do blues de Texas. Alcumado o Mestre da Telecaster e o Home de Xeo, foi un guitarrista excepcional cun enorme sentido do espectáculo. Tardou en ser recoñecido como merecía, e morreu cando atravesaba o seu mellor momento. Marian Ledesma & Los Tinaquero Brothers son os galegos convidados da semana.

  • 28/03/2023
  • Duración 60:46
Imaxe do podcast Skip James (19/03/2023)

27# Skip James (19/03/2023)

Nehemiah Curtis Skip James fixo de todo ademais de historia na música. Traballou en mil cousas, e non todas elas dentro da lei. Tiña un estilo único tocando a guitarra e o piano, e cantaba sempre en falseto. Prodigouse pouco nos estudios de gravación, pois non quería deixar rastro tras de si. Renegou do blues pola súa fe en Xesucristo. E foi redescuberto a mediados dos anos 60 cando a súa saúde estaba xa moi deteriorada. Ademais, Luis Vallecillo é o noso galego na Lista Negra desta semana.

  • 22/03/2023
  • Duración 60:6
Imaxe do podcast Big Bill Broonzy  (12/03/2023)

26# Big Bill Broonzy (12/03/2023)

Guitarrista e cantante excepcional, Big Bill Broonzy foi un dos pioneiros do blues moderno que comezar a agromar en Chicago no período de entreguerras. Broonzy, criado en Arkansas nunha familia tan numerosa como pobre, soubo reiventarse ata atopar o seu propio espazo e son na cidade do vento, onde acabaría por apadriñar outro mito como Muddy Waters. Os ourensáns The Impossiblues son os galegos convidados neste episodio da Lista Negra.

  • 15/03/2023
  • Duración 61:31
Imaxe do podcast Lighnin Hopkins (05/03/2023)

25# Lighnin Hopkins (05/03/2023)

Lightnin' Hopkins foi unha figura clave na transición do country blues acústico ao blues urbano e eléctrico xordido a mediados do século pasado. Foi algo así como o eixo vertebrador do Texas blues, esa póla do xénero caracterizada polo pouso swing e o maior espazo para a improvisación, herdada do jazz. Aprendeu de Blind Lemon Jefferson e ensinoulle o camiño a Stevie Ray Vaughan. Cool Funeral son os galegos convidados esta semana.

  • 08/03/2023
  • Duración 63:44
Imaxe do podcast Elisabeth Cotten (26/02/2023)

24# Elisabeth Cotten (26/02/2023)

Elizabeth Cotten é un dos grandes nomes do country blues. E iso que naceu muller, negra e zurda, que tivo que aprender a tocar a guitarra do revés e que cando gravou o seu primeiro disco e comezou a actuar xa era avoa. O do ferrolán Jamie Fifthring é o proxecto galego convidado desta semana.

  • 01/03/2023
  • Duración 61:0
Imaxe do podcast Albert King (19/02/2023)

23# Albert King (19/02/2023)

Albert King, The Velvet Bulldozer, bluesman de imponente figura: case 2 metros de estatura e 120 quilos de peso, foi terceiro rei do blues xunto a BB e Freddie King. De feito, Lucy, a súa icónica Gibson Flying V chamábase así en homenaxe a BB King, que tamén lle puxera nome á súa guitarra: Lucille. Este último tardou en entender que Albert non era o mero imitador ou oportunista que lle pareceu nun principio, senon o seu verdadeiro irmán no blues. Os galegos na Lista Negra desta semana son os pontevedreses Blue Merrow.

  • 20/02/2023
  • Duración 63:5
Imaxe do podcast John Lee Hooker (12/02/2023)

22# John Lee Hooker (12/02/2023)

John Lee Hooker foi un dos bluesmen máis carismáticos e recoñecidos de todos os tempos. Considerado o rei do boogie, The Hook, como tamén era coñecido, foi quen de crear un estilo absolutamente persoal e recoñecible a partir da electrificación dos sons do Delta e un hipnótico xeito de tocar a guitarra. O galego convidado desta semana é o portonovés Germán Prieto.

  • 15/02/2023
  • Duración 61:19
Imaxe do podcast Junior Wells (05/02/2023)

21# Junior Wells (05/02/2023)

Junior Wells merecería un oco destacado na historia do blues aínda que a súa obra coñecida se tivese limitado tan só ao álbum Hoodoo Man, un dos mellores xamais publicados. Pero é que, ademais, o cantante e harmonicista de Memphis, que pasou pola banda de Muddy Waters cando era pouco máis que un adolescente e formou unha alianza histórica con outro membro ilustre da Lista Negra, Buddy Guy, que se prolongou durante varias décadas. Os galegos na lista desta semana son Blues do País, unha reinterpretación do xénero que nos ocupa en clave rural e retranqueira.

  • 08/02/2023
  • Duración 60:18
Imaxe do podcast Jimmy Reed (29/01/2023)

20# Jimmy Reed (29/01/2023)

A Lista Negra celebra os seus 20 primeiros programas da man do bluesman que máis marcou a xeración que tendeu a ponte do xénero que nos ocupa cara ao rock: Jimmy Reed. Sen el, non se entenderían nin os Rolling Stones nin Bob Dylan tal e como os coñecemos. Nin sequera Elvis. Jimmy era un mestre á hora de escribir e gravar temas simples pero efectivos. Quizais non tiña a mellor voz nin era o mellor guitarrista, pero deixounos un feixe de estándares marabillosos, desde Big Boss Man a Baby What You Want Me To Do, pasando por Bright Lights Big City. A banda galega convidada esta semana son Smooth & The Lone Wolves.

  • 31/01/2023
  • Duración 60:45
Imaxe do podcast Sonny Boy Williamson (22/01/2023)

19# Sonny Boy Williamson (22/01/2023)

John Lee Curtis, máis coñecido como Sonny Boy Williamson, está considerado pai da harmónica moderna e o pioneiro á hora de convertela nun instrumento solista no blues. Durante anos houbo unha certa confusión co seu legado, pois houbo outro artista que se fixo chamar igual, ata que por fin pasou a ser considerado Sonny Boy Williamson II. Del falaremos noutra ocasión. O Sonny Boy orixinal foi un dos bluesmen máis activos e exitosos do período de entreguerras. Os galegos invitados esta semana son os coruñeses Virtual Project.

  • 23/01/2023
  • Duración 61:52
Imaxe do podcast Little Freddie King (15/01/2023)

18# Little Freddie King (15/01/2023)

Fixo o camiño desde o Delta do Mississippi á exuberante Nova Orleáns, pero nunca esqueceu as súas raíces. Sobreviviu a tiroteos, acoitelamentos, adiccións, estadías no cárcere, furacáns e ata unha pandemia. E aí segue, aos seus 82 anos, tan activo como o que máis. A Lista Negra réndelle homenaxe a Fred Martin, máis coñecido como Little Freddie King, rei sen coroa, último supervivente dunha estirpe extinguida. Andrhea & The Black Cats son os galegos na Lista desta semana.

  • 19/01/2023
  • Duración 60:59
Imaxe do podcast Lonnie Johnson (08/01/2023)

17# Lonnie Johnson (08/01/2023)

Guitarrista e violinista dotado dunha destreza excepcional, Lonnie Johnson é unha figura clave tanto na historia do blues como na do jazz. Criado nunha familia de músicos marcada pola traxedia, Johnson está considerado o pai da guitarra solista. A súa dilatada carreira estivo cargada de altibaixos e gravacións para a posteridade xunto a outros grandes artistas. O galego na Lista desta semana é o ferrolán Marcos Mella.

  • 13/01/2023
  • Duración 62:14
Imaxe do podcast Blues de Aninovo

16# Blues de Aninovo

Programa especial para recibir o 2023 cunha selección de artistas como BB King, Stevie Ray Vaughan, Lightnin' Hopkis ou Johnny Otis. Todos interpretan cancións relacionadas co inicio dun novo ano.

  • 03/01/2023
  • Duración 63:44
Imaxe do podcast Blues de Nadal

15# Blues de Nadal

Programa especial 25 de decembro: gravacións históricas e grandes intérpretes reunidos nunha escolma de blues de Nadal.

  • 25/12/2022
  • Duración 61:49
Imaxe do podcast Freddie King (18/12/22)

14# Freddie King (18/12/22)

Alcumado The Texas Cannonball, Freddie King foi un dos reis do blues. Por apelido e por legado, e iso malia ás injustas comparacións con outro xigante, BB King. Guitarrista descomunal e magnífico cantante, Freddie facía súa calquera composición allea, pero deixounos tamén composicións propias memorables. Os galegos na Lista desta semana son os coruñeses The Railroad Band, exiliados durante algún tempo no Reino Unido.

  • 19/12/2022
  • Duración 60:38
Imaxe do podcast Professor Longhair (11/12/22)

13# Professor Longhair (11/12/22)

Roy Byrd é unha peza angular no chamado blues de Nova Orleáns. Coñecido como o Professor Longhair, Byrd foi quen de incorporar elementos do calipso, a rumba, o zydeco ou a música cajun para enriquecer o seu blues, que soaba sempre vigoroso e festivo. Pianista excepcional, del aprenderon figuras que acabaron por superalo en popularidade como Fats Domino ou Dr. John. A maiores, neste eisodio da Lista Negra escoitamos un clásico de Willie Dixon interpretado polos coruñeses Extrema Urgencia.

  • 12/12/2022
  • Duración 61:44
Imaxe do podcast T-Bone Walker (04/12/22)

12# T-Bone Walker (04/12/22)

Texano de nacemento, californiano de adopción, T-Bone Walker era a elegancia personificada. Impulsor da evolución do swing que deu en chamarse jump blues, pero tamén do West Coast blues que medrou ao abeiro das bandas de jazz, Walker foi un deses guitarristas que crearon escola, ademais dun cantante formidable. Os galegos na Lista esta semana son os vigueses Jay Doe & The Blues Preachers.

  • 07/12/2022
  • Duración 62:12
Imaxe do podcast Sister Rosetta Tharpe (27/11/22)

11# Sister Rosetta Tharpe (27/11/22)

Rosetta Tharpe, proclamada a madriña do rock and roll, foi unha extraordinaria cantante e guitarrista, e tamén unha devota seguidora da Igrexa de Deus en Cristo, á que pertencía súa nai. Iso marcou a súa carreira artística, onde se valeu do blues para transmitir sobre todo mensaxes evanxelizadoras. Ademais de exhibir unha voz poderosa e moi expresiva, desenvolveu desde moi nova unha fabulosa técnica coa guitarra, instrumento que daquela resultaba insólito en mans dunha muller.

  • 01/12/2022
  • Duración 59:42
Imaxe do podcast Robert Cray (20/11/2022)

10# Robert Cray (20/11/2022)

Robert Cray é, probablemente, o bluesmen máis importantes das últimas catro décadas. Tan soberbio guitarrista e cantante, Cray soubo tender pontes cara ao soul e o rhythm-and-blues para acadar vendas millonarias, sen por iso perder un ápice de prestixio. Ademais, neste episodio escoitamos unha das bandas galegas de blues máis activas e recoñecidas: The Lákazans.

  • 21/11/2022
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast BB King (13/11/2022)

9# BB King (13/11/2022)

BB King é o rei de todos os reinos do blues. O artista que trascendeu o xénero ata converterse no guitarrista máis importante da segunda metade do século XX. Fillo de traballadores do algodón, Riley King deixou o seu Mississippi natal por Memphis, onde foi abríndose paso ata se converter nun referente. Músico apaixonado e desacomplexado a partes iguais, non tivo reparos á hora de mesturar o blues con outros xéneros. E levou a vida nómada dos vellos bluesmen, sempre de camiño ao seu seguinte concerto.

  • 14/11/2022
  • Duración 61:0
Imaxe do podcast Blind Boy Fuller (06/11/2022)

8# Blind Boy Fuller (06/11/2022)

Blind Boy Fuller está considerado o máximo representante do que deu en chamarse Piedmont blues, a variante do xénero que agromou na extensa rexión comprendida entre a Costa Este e os montes Apalaches, desde o estado de Nova York ao de Alabama. Fuller era un gran guitarrista curtido na rúa, cun carácter indomable que lle pasou factura máis dunha vez. Os galegos na Lista Negra son desta volta os coruñeses Misuria.

  • 07/11/2022
  • Duración 60:44
Imaxe do podcast Elmore James (30/10/2022)

7# Elmore James (30/10/2022)

Elmore James, alcumado o rei do slide, foi tamén un dos primeiros baluartes da distorsión. E iso que adoitaba tocar cunha guitarra acústica! O seu célebre lick de entrada para Dust My Broom foi tan imitado polos que viñeron detrás como o riff de Chuck Berry en Johnnny B. Goode. Elmore puido ser tan grande como Muddy, como BB ou como John Lee, pero morreu demasiado novo. No programa escoitaremos bluers feito en Galicia da man do veterano músico coruñés José Ángel Colorado.

  • 31/10/2022
  • Duración 61:52
Imaxe do podcast Mississippi John Hurt (23/10/2022)

6# Mississippi John Hurt (23/10/2022)

Home tranquilo e taciturno, de voz suave e carácter humilde, Mississippi John Hurt tiña xa máis de 70 anos cando acadou notoriedade como artista. Este hábil guitarrista, que traballou no campo case toda a súa vida, é un baluarte do chamado country-blues, e por iso engade ao seu nome á Lista Negra. No programa de hoxe escoitaremos tamén o último do Cadelo Lunático, o proxecto que lidera Javier Prado.

  • 24/10/2022
  • Duración 61:16
Imaxe do podcast Buddy Guy (16/10/2022)

5# Buddy Guy (16/10/2022)

Nado en Louisiana, pero estrela absoluta do blues de Chicago das últimas décadas e quizais derradeiro supervivente dunha estirpe de músicos irrepetible, Buddy Guy segue en plena forma aos seus 86 anos. No programa desta semana de A Lista Negra escoitamos ademais unha composición moi especial do galego Diego Piñeiro.

  • 19/10/2022
  • Duración 61:1
Imaxe do podcast Bessie Smith (09/10/2022)

4# Bessie Smith (09/10/2022)

Bessie Smith foi a cantante de blues máis famosa do seu tempo, a artista negra mellor pagada dos anos 20 do século pasado. Chegou a ter o seu propio vagón de tren personalizado para viaxar pola costa Este e os estados do Sur. Pero Bessie foi moito máis que iso. Tamén foi unha muller adiantada ao seu tempo, rebelde e indomable. Por todo iso merece un programa da Lista Negra en que tamén escoitaremos outra muller, galega neste caso, que lle rende unha fermosa homenaxe: Iria Lis.

  • 13/10/2022
  • Duración 61:4
Imaxe do podcast Robert Johnson (02/10/2022)

3# Robert Johnson (02/10/2022)

Robert Leroy Johnson viviu intensamente e morreu demasiado cedo. Antes de ser presuntamente envelenado por un marido cun ataque de cornos, Johnson tivo tempo de se converter no Rei do Delta Blues. A súa pegada nas xeracións posteriores foi inmensa. E iso que deixou apenas trinta cancións rexistradas para a posteridade. Case todo o que rodea a Robert Johnson é un misterio, e iso fai aínda máis atractivo o personaxe protagonista neste episodio da Lista Negra en que tamén habemos escoitar o bluesman compostelán Xulián Freire.

  • 04/10/2022
  • Duración 61:16
Imaxe do podcast Muddy Waters (25/09/2022)

2# Muddy Waters (25/09/2022)

McKinley Morganfield pasou á historia da música co alcume de Muddy Waters. Con ese nome incorporámolo neste episodio á Lista Negra dos grandes do blues. Criado nunha plantación de Mississippi como varios dos seus colegas, Muddy Waters está considerado un mestre de mestres e o pai do Chicago blues. Ademais de repasar a súa incomparable traxectoria, escoitaremos a Carlos Childe, o noso galego na Lista desta semana.

  • 29/09/2022
  • Duración 62:12
Imaxe do podcast Howlin Wolf (18/09/22)

1# Howlin Wolf (18/09/22)

Estrea en Radio Galega Música e Radio Galega Podcast de 'A lista negra' de Eduardo Herrero. Howlin' Wolf é o protagonista do programa desta semana. O bluesman de Mississippi é unha das figuras claves do xénero e posuía unha voz única ademais de ser un notable guitarrista e harmonicista. Os galegos convidados esta semana son a Martíns Aneiros Band

  • 21/09/2022
  • Duración 60:47
14 episodios
Imaxe do podcast Reverend Gary Davis (17/12/2023)

14# Reverend Gary Davis (17/12/2023)

Gary D. Davis pasou á historia co alcume do Reverendo. Non en van, está considerado un dos puntais do gospel blues e un dos artistas que mellor aproveitaron o revival tradicionalista de comezos dos anos 60. Davis tiña todo o necesario: boa voz, boa técnica coa guitarra e unha soberbia actitude interpretativa. No episodio de hoxe a dose galega de blues corre a cargo do ourensán MCarballo, nome artístico do músico e debuxante Manuel Carballo.

  • 19/12/2023
  • Duración 62:23
Imaxe do podcast Eric Clapton (10/12/2023)

13# Eric Clapton (10/12/2023)

A historia do blues non sería a mesma sen Eric Patrick Clapton. Curtido en bandas como os Yardbirds ou os Bluesbreakers de John Mayall antes de formar os míticos Cream para despois triunfar tamén como solista, Clapton segue en activo aos seus case 80 anos. É un dos grandes nomes da historia do rock británico, pero a diferenza doutros compatriotas de renome, o seu sustrato artístico sempre foi o blues. Ademais de repasar a súa relación coi xénero que nos ocupa, escoitamos o coruñés Luis Moro.

  • 19/12/2023
  • Duración 60:35
Imaxe do podcast Blind Lemon Jefferson (03/12/2023)

12# Blind Lemon Jefferson (03/12/2023)

Blind Lemon Jefferson é unha das figuras máis relevantes da Historia do blues. Foi o primeiro intérprete masculino do xénero que acadou o éxito comercial masivo, nunha época, a década dos anos 20 do século pasado, en que as que máis discos vendían eran mulleres como Bessie Smith, Ma Rainey ou Ida Cox. A diferencia delas, Jefferson compuxo boa parte dos temas cos que triunfou. No programa de hoxe tamén escoitaremos un interesante cantante e acordeonista vigués de espírito errante, Joe Barnara.

  • 19/12/2023
  • Duración 61:11
Imaxe do podcast Slim Harpo (26/11/2023)

11# Slim Harpo (26/11/2023)

Slim Harpo é seguramente o maior expoñente do que deu chamarse swamp blues ou blues do pantano, o que agromou nalgunhas das zonas máis inhóspitas de Louisiana. Devoto de Jimmy Reed e da súa economía de medios en busca dunha maior efectividade, Harpo soubo incorporar elementos do zydeco ou do cajun entre outros estilos. A súa é unha proposta repousada, elegante e de escoita doada, que tivo un notable éxito comercial. Tamén teremos tempo de escoitar o blues en galego de Brais das Hortas...

  • 19/12/2023
  • Duración 60:20
Imaxe do podcast Lead Belly (19/11/2023)

10# Lead Belly (19/11/2023)

Lead Belly foi un tipo duro que pasou moitos anos no cárcere antes de ser descuberto como artista. Pero non é menos certo que era tamén un cantante e guitarrista talentoso, que sabía de memoria centos de cancións. Lead Belly pode considerarse un bluesman metido a folksinger ou á inversa. El é o protagonista nunha nova entrega da Lista Negra en que tamén soan os coruñeses Doctor Snob...

  • 19/12/2023
  • Duración 60:42
Imaxe do podcast Stevie Ray Vaughan (12/11/2023)

9# Stevie Ray Vaughan (12/11/2023)

A Lista Negra chega ao medio cento de programas. 50 horas, 3.000 minutos dedicados ao blues. E para celebralo repasamos a intensa traxectoria dun dos mellores guitarristas de todos os tempos, o irrepetible Stevie Ray Vaughan. Responsable do rexurdimento do Texas blues, Stevie viviu ao límite, morreu novo e deixou un oco que ninguén poderá encher xamais. Como sempre, escoitaremos tamén o achegamento á música máis honesta que existe dun grupo galego, desta volta os pontevedreses Gold & Colt.

  • 19/12/2023
  • Duración 63:42
Imaxe do podcast Big Mama Thornton (05/11/2023)

8# Big Mama Thornton (05/11/2023)

William Mae 'Big Mama' Thornton acadou un éxito masivo con Hound Dog antes de que Elvis borrase calquera pegada previa coa súa propia versión do tema escrito polo binomio Leiber/Stoller. Cantante, compositoria e harmonicista á que a sorte lle foi sempre bastante esquiva, Thornton escribiu Ball & Chain, peza coa que Janis Joplin tamén triunfou. Neste capítulo da Lista Negra o blues galego chega da man dos históricos Yellow Pixoliñas.

  • 19/12/2023
  • Duración 60:34
Imaxe do podcast Wasboard Sam (29/10/2023)

7# Wasboard Sam (29/10/2023)

Washboard Sam foi un dos bluesmen máis populares de Chicago nos anos inmediatamente posteriores á Segunda Guerra Mundial. Protegido de Big Bill Broonzy, con quen estaba emparentado, Sam triunfou como vocalista e grazas tamén a que cantaba mentres tocaba a táboa de lavar, un instrumento de percusión de reminiscencias africanas, que o blues soubo incorporar á súa propia tradición. Os santiagueses Bakin' Blues Band son a achega Galega desta semana.

  • 19/12/2023
  • Duración 63:50
Imaxe do podcast The Rolling Stones (22/10/2023)

6# The Rolling Stones (22/10/2023)

The Rolling Stones son a banda máis grande da historia do rock and roll. Con máis de 60 anos de carreira ás costas e un elepé quentiño do forno no mercado, os Stones sempre reivindicaron a súa ascendencia no blues. E ese é o sustrato que repasamos neste episodio, a conexión de Jagger, Richards e compañía coa música máis honesta que existe. E para rematar, blues galego da man de Lonnegan.

  • 19/12/2023
  • Duración 60:35
Imaxe do podcast Blind Willie Johnson (15/10/2023)

5# Blind Willie Johnson (15/10/2023)

Blind Willie Johnson considerábase un predicador antes que un músico ou un artista. Non é casualidade que este guitarrista extraordinario quizais sexa o maior referente do gospel blues, o subxénero que emparenta a música que nos ocupa coa que se inspira nas Sagradas Escrituras. John son é o progonista dunha nova entrega da Lista Negra en que tamén escoitaremos un coruñés que marchou facer as Américas en busca da esencia do blues: Néstor Pardo.

  • 19/12/2023
  • Duración 61:22
Imaxe do podcast John Mayall (08/10/2023)

4# John Mayall (08/10/2023)

John Mayall está considerado o gran impulsor do blues rock británico desde mediados dos anos 60 do século pasado ata a actualidade, xa que segue activo aos seus case 90 anos. Á fronte dos Bluesbreakers, a súa banda, Mayall foi o mentor de guitarristas excepcionais como Eric Clapton, Peter Green, fundador de Fleetwood Mac, ou o ex Rolling Stone Mick Taylor. Unha banda galega histórica, Siniestro Total, completa un episodio excepcional da Lista Negra.

  • 19/12/2023
  • Duración 62:7
Imaxe do podcast Otis Rush (01/10/2023)

3# Otis Rush (01/10/2023)

Otis Rush foi outro deses zurdos marabillosos, curtido na época dourada do blues eléctrico de Chicago. Guitarrista cunha técnica exquisita e cantante dotado dun rexistro de tenor imbatible, Rush tivo unha longa e exitosa traxectoria. Ademais, esta semana escoitamos a estrea do novo álbum da Martins Aneiros Band.

  • 06/10/2023
  • Duración 61:54
Imaxe do podcast Blind Willie McTell (24/09/2023)

2# Blind Willie McTell (24/09/2023)

Blind Willie McTell foi dos mellores representantes do Piedmont blues. Un mestre da guitarra de 12 cordas, dotado cunha voz fabulosa, que tivo un impacto enorme nos bluesmen da segunda metade do século XX, malia que non acadou nunca o éxito comercial. En palabras de Bob Dylan, "ninguén é quen de cantar o blues como Blimnd Willie McTell"... No programa desta semana tamén escoitamos os históricos Dr. Hello, califas do blues das Rías Baixas hai máis de dúas décadas...

  • 06/10/2023
  • Duración 60:42
Imaxe do podcast Big Joe Turner (17/09/2023)

1# Big Joe Turner (17/09/2023)

Joseph Vernon Turner Jr. pasou á historia co seu nome artístico, Big Joe Turner. Curtido nos garitos de Kansas City desde os anos 20 do século pasado, Turner destacou como intérprete de boogie-woogie e jump blues na época da lei seca, antes de se converter nun dos pioneiros do rock and roll. A Lista Negra estrea a súa segunda temporada da man de Big Joe Turner, nun programa en que tamén lembraremos os coruñeses Miki Nervio & The Bluesmakers.

  • 06/10/2023
  • Duración 63:49

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast Reverend Gary Davis (17/12/2023)

8# Reverend Gary Davis (17/12/2023)

Gary D. Davis pasou á historia co alcume do Reverendo. Non en van, está considerado un dos puntais do gospel blues e un dos artistas que mellor aproveitaron o revival tradicionalista de comezos dos anos 60. Davis tiña todo o necesario: boa voz, boa técnica coa guitarra e unha soberbia actitude interpretativa. No episodio de hoxe a dose galega de blues corre a cargo do ourensán MCarballo, nome artístico do músico e debuxante Manuel Carballo.

  • 19/12/2023
  • Duración 62:23
Imaxe do podcast Tres peixes voando 17.12.2023

7# Tres peixes voando 17.12.2023

No programa de hoxe escoitamos varias duplas, a Rozalén e Tanxugueiras, Nastasia Zürcher e Guadi, Ortiga e Pili Pampín, Mark dos Santos e Andrés Boutureira... e viaxamos a Portugal da man de Luisa Sobral ou a Brazil da de Michele Leal. Atrevémonos ao vivo co Milho Verde do Zeca.

  • 19/12/2023
  • Duración 119:59
Imaxe do podcast Escolma de música galega

6# Escolma de música galega

Neste programa ofrecemos unha variada escolma de propostas musicais galegas de raíz.

  • 19/12/2023
  • Duración 63:26
Imaxe do podcast Eric Clapton (10/12/2023)

5# Eric Clapton (10/12/2023)

A historia do blues non sería a mesma sen Eric Patrick Clapton. Curtido en bandas como os Yardbirds ou os Bluesbreakers de John Mayall antes de formar os míticos Cream para despois triunfar tamén como solista, Clapton segue en activo aos seus case 80 anos. É un dos grandes nomes da historia do rock británico, pero a diferenza doutros compatriotas de renome, o seu sustrato artístico sempre foi o blues. Ademais de repasar a súa relación coi xénero que nos ocupa, escoitamos o coruñés Luis Moro.

  • 19/12/2023
  • Duración 60:35
Imaxe do podcast Blind Lemon Jefferson (03/12/2023)

4# Blind Lemon Jefferson (03/12/2023)

Blind Lemon Jefferson é unha das figuras máis relevantes da Historia do blues. Foi o primeiro intérprete masculino do xénero que acadou o éxito comercial masivo, nunha época, a década dos anos 20 do século pasado, en que as que máis discos vendían eran mulleres como Bessie Smith, Ma Rainey ou Ida Cox. A diferencia delas, Jefferson compuxo boa parte dos temas cos que triunfou. No programa de hoxe tamén escoitaremos un interesante cantante e acordeonista vigués de espírito errante, Joe Barnara.

  • 19/12/2023
  • Duración 61:11
Imaxe do podcast Slim Harpo (26/11/2023)

3# Slim Harpo (26/11/2023)

Slim Harpo é seguramente o maior expoñente do que deu chamarse swamp blues ou blues do pantano, o que agromou nalgunhas das zonas máis inhóspitas de Louisiana. Devoto de Jimmy Reed e da súa economía de medios en busca dunha maior efectividade, Harpo soubo incorporar elementos do zydeco ou do cajun entre outros estilos. A súa é unha proposta repousada, elegante e de escoita doada, que tivo un notable éxito comercial. Tamén teremos tempo de escoitar o blues en galego de Brais das Hortas...

  • 19/12/2023
  • Duración 60:20
Imaxe do podcast Lead Belly (19/11/2023)

2# Lead Belly (19/11/2023)

Lead Belly foi un tipo duro que pasou moitos anos no cárcere antes de ser descuberto como artista. Pero non é menos certo que era tamén un cantante e guitarrista talentoso, que sabía de memoria centos de cancións. Lead Belly pode considerarse un bluesman metido a folksinger ou á inversa. El é o protagonista nunha nova entrega da Lista Negra en que tamén soan os coruñeses Doctor Snob...

  • 19/12/2023
  • Duración 60:42
Imaxe do podcast Stevie Ray Vaughan (12/11/2023)

1# Stevie Ray Vaughan (12/11/2023)

A Lista Negra chega ao medio cento de programas. 50 horas, 3.000 minutos dedicados ao blues. E para celebralo repasamos a intensa traxectoria dun dos mellores guitarristas de todos os tempos, o irrepetible Stevie Ray Vaughan. Responsable do rexurdimento do Texas blues, Stevie viviu ao límite, morreu novo e deixou un oco que ninguén poderá encher xamais. Como sempre, escoitaremos tamén o achegamento á música máis honesta que existe dun grupo galego, desta volta os pontevedreses Gold & Colt.

  • 19/12/2023
  • Duración 63:42

Playlists