Humor

Programas

Episodios

Imaxe do podcast  Xentre triste
Como que non?

8# Xentre triste

No programa 243 do COMO QUE NON?! remata o paso dos Negro López, Iván Davila e Brais Iriarte, polo programa. Alejandro Martínez "Pini" volve con outra Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez, a piques de volver ao estudio a vindeira semana, volve contactar connosco desde as Illas Canarias. Dani Lorenzo responde á petición de Fran dedicando o seu Mundo Paquitoff a esa xente que, a pesar de non parecelo, transmite certa sensaciónd e tristeza. J. Pablo Sangiao analiza os tipos de condutores nunha nova eidción de O Criticador e a música en directo volve estar a cargo de Fran Brea que nos interpreta o tema "Dementor". Coma sempre, dirixido e presentado por Carlos Tresandí.

  • 21/07/2023
  • Duración 56:2
Imaxe do podcast Santiago Urrialde
Como que non?

7# Santiago Urrialde

No programa 242 do COMO QUE NON?! volven os Negro López, por Iván Davila e Brais Iriarte, que tentarán clasificarse para a gran final do Concurso CQN que vai disputarse no derradeiro programa da temporada. Contarán coa axuda de J. Pablo Sangiao, Dani Lorenzo e Alejandro Martínez "Pini" que tamén analizará unha nova Efeméride Aleatoria. A música en directo correrá a cargo de Fran Brea que vén presentarnos o seu último traballo. O tema que nos interpretará nesta ocasión será "El fantasma de Murf". Todo isto dirixido e presentado por Carlos Tresandí.

  • 18/07/2023
  • Duración 56:11
Imaxe do podcast Mimo pola radio
Como que non?

6# Mimo pola radio

No programa 241 do COMO QUE NON?! visítannos por primeira vez Negro López, o dúo composto por Iván Davila e Brais Iriarte que van enfrontarse a unha sección na que tentaremos que fagan mimo pola radio... ou algo así. Ademais Alejandro Martínez "Pini" volve analizar unha nova Efeméride Aleatoria, J. Pablo Sangiao e Dani Lorenzo acompáñannos no estudio e a música en directo volve estar a cargo de Raúl Ben que nos interpreta en directo "Chispas y Alambres". Como é habitual, dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 18/07/2023
  • Duración 56:42
Imaxe do podcast A da intuicion
Como que non?

5# A da intuicion

No programa 239 do COMO QUE NON?! volve Cristina Maró a participar nunha nova edición do Concurso CQN tentando clasificarse para a gran final. Estará axudada por Dani Lorenzo, J. Pablo Sangiao e Alejandro Martínez "pini" que tamén nos analizará unha nova Efeméride Aleatoria. Carla Mañas volve cunha nova edición de Carla Calzeta e a música en directo corre a cargo de Raúl Ben que nos presenta en rigoroso directo "La Chica de las Semillas". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 14/07/2023
  • Duración 57:40
Imaxe do podcast O club das cinco
Como que non?

4# O club das cinco

No programa 238 do COMO QUE NON?! visítanos a actriz e presentadora Cirstina Maró que nos vai contar dos seus proxectos profesionais. Ademais, Alejandro Martínez "Pini" analiza unha nova Efeméride Aleatoria, Dani Lorenzo fálanos das Xornadas de Teatro que acaba de dirixir e J. Pablo Sangiao acompaña á guitarra nunha improvisada versión do "Wish you Were Here" de Pink Floyd a Carlos Tresandí que, coma todas as semanas, encárgase de presentar e dirixir o programa.

  • 14/07/2023
  • Duración 56:36
Imaxe do podcast Noticias Do Mundo III
Como que non?

3# Noticias Do Mundo III

No programa 237 do COMO QUE NON?! contactamos por teléfono co showman Carlos Veleiro que acaba de presentar o seu espectáculo "Con Pocas Luces" con Eva Rico. Dani Lorenzo volve co seu Mundo Paquitof e unha segunda parte do que será a triloxía de "Noticias del Mundo". J. Pablo Sangiao enfróntase en O Criticador á proposta de Agustín Alejos de criticar aos que levan o móbil pola rúa coma se fose unha torrada. Fran Rodríguez está todo o programa connosco en directo desde Canarias. Alejandro Martínez "Pini" volve cunha nova Efeméride Aleatoria e na parte musical os amigos da Timba Mullallo! interpretarán en RIGOROSO DIRECTO o tema en galego "Millareira Guaguancó". Dirixe e presenta, como é habitual, Carlos Tresandí.

  • 13/07/2023
  • Duración 55:26
Imaxe do podcast Noticias Do Mundo II
Como que non?

2# Noticias Do Mundo II

No programa 237 do COMO QUE NON?! contactamos por teléfono co showman Carlos Veleiro que acaba de presentar o seu espectáculo "Con Pocas Luces" con Eva Rico. Dani Lorenzo volve co seu Mundo Paquitof e unha segunda parte do que será a triloxía de "Noticias del Mundo". J. Pablo Sangiao enfróntase en O Criticador á proposta de Agustín Alejos de criticar aos que levan o móbil pola rúa coma se fose unha torrada. Fran Rodríguez está todo o programa connosco en directo desde Canarias. Alejandro Martínez "Pini" volve cunha nova Efeméride Aleatoria e na parte musical os amigos da Timba Mullallo! interpretarán en RIGOROSO DIRECTO o tema en galego "Millareira Guaguancó". Dirixe e presenta, como é habitual, Carlos Tresandí.

  • 13/07/2023
  • Duración 55:26
Imaxe do podcast Tonhito de Poi
O Impostor

1# Tonhito de Poi

O Impostor 1x08: Kiko Novoa e Paco Lodeiro laretan con Tonhito de Poi.

  • 08/06/2023
  • Duración 65:37