Documental

Programas

Episodios

Imaxe do podcast Un ano do inicio da guerra
Historias dun país en guerra

8# Un ano do inicio da guerra

A guerra transformou as vidas da cidadanía ucraína. Un ano despois do inicio da ofensiva, oito millóns de persoas seguen vivindo como refuxiados fóra do país. Hai ademáis otros 5 millóns de desprazados internos que, momento, non teñen forma de regresar ás súas casas. A Olga nin as alarmas nin os bombardeos a apartaron en ningún momento de Kyiv. Veronika regresou a Bucha despois de vivir nove meses refuxiada en Getxo e Viktoriia, de Severodonetsk, permanece desde hai un ano en Lituania e soña con poder volver algún día ó Donbas. É unha reportaxe de Jorge Seara e Nuria López.

  • 23/02/2023
  • Duración 4:55
Imaxe do podcast Catro meses de guerra en Ucraína
Historias dun país en guerra

7# Catro meses de guerra en Ucraína

Cando se cumpren catro meses de guerra en Ucraína poñemos punto e final a este podcast: Historias dun país en guerra. No capítulo 35 analizamos o custe humano da ofensiva, as consecuencias económicas e políticas derivadas da guerra e o impacto que provocou no patrimonio cultural.

  • 24/06/2022
  • Duración 30:45
Imaxe do podcast O éxodo de refuxiados
Historias dun país en guerra

6# O éxodo de refuxiados

Transcorridas dezasete semanas de guerra, dous millóns de ucraínos emprenderon o camiño de volta a casa. Outros cinco millóns continúan vivindo como refuxiados fóra do país. O malagueño Alejandro Nievas é cooperante en CEAR. Ata febreiro traballaba como voluntario en Luhansk.

  • 23/06/2022
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast A ofensiva no Donbas
Historias dun país en guerra

5# A ofensiva no Donbas

Para a cidadanía do Donbas, a guerra non comezou en febreiro; fíxoo oito anos atrás. De Donetsk saíu en 2014 a deseñadora gráfica Olga Lebedkova. Marchaba por unhas semanas e, aínda que está desexando volver, de momento non ve posible regresar. Desde Alacante, onde vive desde 2017, explica como é a vida da súa familia no Donbas.

  • 22/06/2022
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast A vida despois de Mariupol
Historias dun país en guerra

4# A vida despois de Mariupol

Hai unha semana, Anfisa Motora conseguíu sacar de Mariupol á súa mellor amiga e ós seus fillos. Atrás deixan unha cidade devastada e tomada pola propaganda rusa. Os pais de Olga Yatsyk levan un mes en Barcelona. As dúas poñen voz ó capitulo 32 de Historias dun País en Guerra.

  • 21/06/2022
  • Duración 18:29
Imaxe do podcast Todo comezou en Kyiv
Historias dun país en guerra

3# Todo comezou en Kyiv

A rexión de Kyiv simboliza a resistencia ucraína pero tamén quedará asociada para sempre coa barbarie e a crueldade rusa. A traductora Olga Tarnovska cre que a guerra será longa e pide máis armas para poder seguir plantando cara a Rusia.

  • 20/06/2022
  • Duración 17:24
Imaxe do podcast Na fronteira de Medika
Historias dun país en guerra

2# Na fronteira de Medika

En Medika, na fronteira entre Ucraína e Polonia, estivo prestando axuda durante os últimos tres meses a compostelá Susana Menéndez. Ela e o seu home proporcionaron comida, medicinas e roupa ós refuxiados. Eles son os protagonistas do capítulo 30 de Historias dun País en Guerra.

  • 17/06/2022
  • Duración 11:49