37# Un ano do inicio da guerra
A guerra transformou as vidas da cidadanía ucraína. Un ano despois do inicio da ofensiva, oito millóns de persoas seguen vivindo como refuxiados fóra do país. Hai ademáis otros 5 millóns de desprazados internos que, momento, non teñen forma de regresar ás súas casas. A Olga nin as alarmas nin os bombardeos a apartaron en ningún momento de Kyiv. Veronika regresou a Bucha despois de vivir nove meses refuxiada en Getxo e Viktoriia, de Severodonetsk, permanece desde hai un ano en Lituania e soña con poder volver algún día ó Donbas. É unha reportaxe de Jorge Seara e Nuria López.
36# Catro meses de guerra en Ucraína
Cando se cumpren catro meses de guerra en Ucraína poñemos punto e final a este podcast: Historias dun país en guerra. No capítulo 35 analizamos o custe humano da ofensiva, as consecuencias económicas e políticas derivadas da guerra e o impacto que provocou no patrimonio cultural.
-
24/06/2022
- Duración 30:45
35# O éxodo de refuxiados
Transcorridas dezasete semanas de guerra, dous millóns de ucraínos emprenderon o camiño de volta a casa. Outros cinco millóns continúan vivindo como refuxiados fóra do país. O malagueño Alejandro Nievas é cooperante en CEAR. Ata febreiro traballaba como voluntario en Luhansk.
Para a cidadanía do Donbas, a guerra non comezou en febreiro; fíxoo oito anos atrás. De Donetsk saíu en 2014 a deseñadora gráfica Olga Lebedkova. Marchaba por unhas semanas e, aínda que está desexando volver, de momento non ve posible regresar. Desde Alacante, onde vive desde 2017, explica como é a vida da súa familia no Donbas.
33# A vida despois de Mariupol
Hai unha semana, Anfisa Motora conseguíu sacar de Mariupol á súa mellor amiga e ós seus fillos. Atrás deixan unha cidade devastada e tomada pola propaganda rusa. Os pais de Olga Yatsyk levan un mes en Barcelona. As dúas poñen voz ó capitulo 32 de Historias dun País en Guerra.
-
21/06/2022
- Duración 18:29
A rexión de Kyiv simboliza a resistencia ucraína pero tamén quedará asociada para sempre coa barbarie e a crueldade rusa. A traductora Olga Tarnovska cre que a guerra será longa e pide máis armas para poder seguir plantando cara a Rusia.
-
20/06/2022
- Duración 17:24
31# Na fronteira de Medika
En Medika, na fronteira entre Ucraína e Polonia, estivo prestando axuda durante os últimos tres meses a compostelá Susana Menéndez. Ela e o seu home proporcionaron comida, medicinas e roupa ós refuxiados. Eles son os protagonistas do capítulo 30 de Historias dun País en Guerra.
-
17/06/2022
- Duración 11:49
30# O anxo da garda de Kherson
É Vitaly Suárez, o "anxo da garda" de Kherson. Un mozo ucraíno con familia en Moaña que leva desde o principio da guerra distribuíndo comida e medicinas entre a poboación desta rexión de Ucraína. Vitaly pon voz ó capítulo 29 de Historias dun País en Guerra.
Ó concello coruñés de Oleiros chegaron, desde Kheson, Lisa, a súa nai Seña e a súa avoa, Irina. Viñeron a Galicia fuxindo da guerra de Ucraína. Antonio abríulles a súa casa e deulles unha nova vida. Protagonizan o capítulo 28 de Historias dun País en Guerra.
-
15/06/2022
- Duración 12:32
28# Sobrevivir a Mariupol
Unhas 300 mil persoas saíron de Mariupol antes de que Rusia se fixera co control da cidade. O irmán de Alina Shatalova conseguiu sacar á súa familia de alí pero durante a fuxida foi tiroteado. A súa muller a súa filla viven agora en A Coruña
-
14/06/2022
- Duración 13:13
27# Os últimos españois de Ucraína
Arredor de 300 españois abandonaron Ucraína desde o principio da guerra. Tan só unha trintena seguen no país. A algúns, como Sergio Salinas, costoulles escapar. Outros, como Juan Mora e Carlos Muñoz optaron por quedar. Protagonizan o capítulo 26 de Historias dun País en Guerra.
-
13/06/2022
- Duración 20:31
26# O teatro como forma de resistencia
Os membros da compañía teatral Proenglish Theatre decidiron que a guerra non paralizaría o seu traballo e ensaiaron "O libro das sirenas" nun refuxio antiaéreo de Kyiv. Falamos coa actriz protagonista, Anabell Sotelo, no capítulo 25 de Historias dun País en Guerra.
-
10/06/2022
- Duración 12:29
25# Ser voluntario en Kharkiv
Unha marea de voluntarios acudíu a Ucraína ó principio da guerra. Moitos regresaron pero alí segue Rostislav Filippenko. Esta é a historia deste profesor de matemáticas hispanoucraíno reconvertido en voluntario que subministra medicamentos ós enfermos crónicos de Kharkiv.
-
09/06/2022
- Duración 13:12
24# Educar en tempos de guerra
O catedrático de Literatura Española, Olexandr Pronkevich, víuse obrigado a refuxiarse en Lviv ó comezo da guerra. Desde alí reorganiza a facultade de Filoloxía de Mykolaiv, da que é decano, moi afectada pola contenda. Protagoniza o capítulo 23 de Historias dun País en Guerra.
-
08/06/2022
- Duración 13:23
23# O ataque contra a central nuclear de Zaporiyia
En marzo disparáronse as alarmas tralo ataque contra a central nuclear de Zaporiyia, a máis grande de Europa. Anna Sologub traballa alí e tivo que ser evacuada. Días despois Natalia Talankova abandonaba o país. Ambas protagonizan o capítulo 22 de Historias dun País en Guerra.
-
07/06/2022
- Duración 15:52
22# Ser médico en Ucraína
Ser médico ou enfermeira non é un traballo doado, moito menos en tempos de guerra. Sábeo Tovstyha Nazar, un médico de Lviv que se adica a evacuar enfermos e a subministrar material sanitario ás zonas quentes de Ucraína. El protagoniza o capítulo 21 de Historias dun País en Guerra
21# Cen días de guerra en Ucraína
Cúmprense hoxe cen días de guerra en Ucraína. Máis de tres meses de ofensiva que deixan máis de 7 mil mortos, preto de 5 mil feridos e o maior éxodo que vive europa desde a II guerra mundial. Trala retirada de Rusia de Kyiv os ataques concéntrase no leste, na chamada rexión do Donbas. Mentres, as autoridades ucraínas denuncian os ataques indiscriminados cometidos contra a poboación civil e cifran en trece mil os presuntos crimes de guerra. Repasamos estes cen días de ofensiva neste capítulo especial: “Cen días de guerra en Ucraína”.
-
03/06/2022
- Duración 28:21
Regresamos a Kharkiv, a segunda cidade máis grande de Ucraína e da que os rusos se retiraron a mediados de maio. O centro histórico quedou estragado despois de dous meses e medio de constantes bombardeos. De alí saíron Nika Savchak e Diana Barsaga-Zinkovskaya. A primiera refuxiouse en Málaga; a segunda en Cuba. Diana volveu hai un mes a Lviv e conta os días para poder regresar a unha cidade devastada despois de cen dias de guerra. Elas son as protagonistas do capítulo 19 de Historias dun País en Guerra.
-
02/06/2022
- Duración 11:52
19# Entre as ruinas de Cherníhiv
A rexión de Cherníhiv, situada no norte de Ucraína, quedou totalmente arrasada por mor dos ataques e os bombardeos. As autoridades calculan que o 70 por cento das edificacións están estragadas e tamén boa parte dos conductos de luz, gas e calefacción. Estímase que alí morreron arredor de setecentas persoas, moitas delas civis. Achéganos á realidade de Cherníhiv a profesora de idiomas Viktoria Paramonova. Ela é a protagonista do capítulo 18 de Historias dun País en Guerra.
-
01/06/2022
- Duración 11:44
18# Os crimes de guerra na rexión de Kyiv
Bucha, Hostomel e Irpín quedaron devastadas xa nas primeiras semanas de guerra. Nestas localidades situadas nos arredores de Kyiv, as tropas rusas cometeron todo tipo de atrocidades: asasinatos de civis, asaltos, execucións sumarias, agresións sexuais a mulleres e nenas… Cóntannolo Daria Rodnova, Kateryna Kobal e Viktoria Babaeva. Elas son as protagonistas do capítulo número 17 de Historias dun País en Guerra.
17# A vida despois de Ivankiv
Esta semana cúmprense cen días da ofensiva rusa sobre Ucraína. Hoxe queremos poñer o foco nos trece mil crimes de guerra que presuntamente perpetrou Rusia en distintos puntos do país. É o caso de Ivankiv, unha localidade situada no norte, moi preto de Chernobyl. De alí escapou a mediados de abril a nosa testemuña. Desde entón vive en Barcelona. Ela é a protagonista do capítulo 16 de Historias dun País en Guerra.
-
30/05/2022
- Duración 14:41
Detémonos en Vinnytsia, unha rexión relativamente tranquila situada no centro de Ucraína. Ata alí chegan cidadáns procedentes das zonas quentes do país. É o caso de Anton Shygimaga, un analista que fuxíu de Kharkiv e que protagoniza o capítulo 15 de Historias dun País en Guerra.
-
27/05/2022
- Duración 14:34
Visitamos Odesa, a terceira cidade de Ucraína. Rusia tenta desde o inicio da guerra facerse co control deste enclave que alberga o porto comercial máis grande do país. Adentrámonos na realidade de Odesa con Katrin Martell. Protagoniza o capítulo 14 de Historias dun País en Guerra
-
26/05/2022
- Duración 13:36
14# A resistencia de Mykolaiv
Desde o inicio da guerra a rexión de Mykolaiv está xogando un papel clave na defensa de Odesa. Pero esa férrea resistencia está pasándolle factura á cidade. A profesora de relacións internacionais, Nastia Khmel, é a protagonista do capitulo 13 de Historias dun País en Guerra.
Kherson leva practicamente toda a guerra baixo o control de Rusia. Desde hai semanas a moeda legal é o rublo e nos territorios ocupados sucédense os asasinatos, secuestros e saqueos de civís. A psicóloga Olga Katonii é protagonista do capítulo 12 de Historias dun país en guerra.
-
24/05/2022
- Duración 11:16
Rusia faise co control da cidade de Mariúpol. Os membros do batallón Azov rendéronse e abandonaron a acería de Azovstal. Na cidade resisten aínda unhas cen mil persoas, ás que o exército ruso non permite saír. Entre elas, a nai de Adelina Gurzo. Ela é a protagonista do capítulo 11 de Historias dun País en Guerra.
11# A rexión separatista de Luhanks
Oito anos despois a poboación de Luhansk vive un segundo éxodo. En 2014 os separatistas prorrusos fixéronse co control deste territorio do Donbas e centos de persoas tiveron que fuxir. Agora a historia repítese. Cóntao Alla Martinova no capítulo 10 de Historias dun País en Guerra.
-
20/05/2022
- Duración 14:22
Desde hai días, Donetsk é escenario de cruentas batallas. Cidades como Ugledar están arrasadas. O hospital foi bombardeado e médicos e pacientes tiveron que fuxir. O pai de Tatiana Mironova estaba ingresado alí. É a protagonista do capítulo 9 de Historias dun País en Guerra.
-
19/05/2022
- Duración 13:24
9# O control de Zaporiyia
Zaporiyia é, desde hai semanas, unha polvoreira. Os ataques non cesan nesta rexión da zona leste que acolle centos de desprazados procedentes de Mariupol. Yulia Eismon relata as persecucións e asasinatos que se producen nas zonas ocupadas. Historias dun país en guerra.
8# Os bombardeos de Dnipro
A guerra chegou a Dnipro na segunda semana de marzo. Os bombardeos sacudiron en varias ocasións esta cidade situada na zona leste e que acolle desde hai semanas centos de refuxiados. Alí vive Tymofii Fedorets. A lei marcial impídelle saír. Protagoniza Historias dun País en Guerra.
7# A destrución de Kharkiv
En Kharkiv o metro converteuse nunha segunda casa para centos de persoas. Na cidade, a segunda máis grande do país, centos de edificacións foron destruídas. Lesia Yevdokimova estivo varios días nun refuxio. Ela é a protagonista do sexto capítulo de Historias Dun País en Guerra.
-
16/05/2022
- Duración 11:39
6# Os crimes de guerra de Irpín
No cemiterio de Irpín descansan os corpos de trescentos civís asesinados durante a ocupación. Homes, mulleres e nenos foron masacrados. O setenta por cento das edificacións foron destruídas e tamén os conductos de luz, auga e gas. A casa de Galina Sudorzhenko foi bombardeada e o seu fillo foi capurado, aínda que conseguíu escapar. Protagoniza o quinto capítulo de "Historias dun País en Guerra". Un podcast de Nuria López.
5# As atrocidades de Bucha
Arredor de catrocentas persoas foron asasinadas en Bucha durante as catro semanas que durou a ocupación rusa. Os corpos das vítimas, a maioría civís, apareceron guindados no chan e coas mans atadas ás costas. Veronika Pershyna saíu de alí a mediados de marzo e relata o acontecido no cuarto capítulo de "Historias dun País en Guerra". Un podcast de Nuria López.
-
12/05/2022
- Duración 12:59
Ivankiv é unha localidade de algo máis de dez mil habitantes situada ó norte da rexión de Kyiv, moi preto de Chernóbil. As tropas rusas entraron alí ó principio da guerra. Durante tres semanas a poboación viviu aterrorizada e sucedéronse os asasinatos, saqueos e violacións. Cóntanolo Elmira Tagiewa, unha moza de Ivankiv que presenciou foi atacada. Cóntao no terceiro capítulo de "Historias dun País en Guerra". Un podcast de Nuria López.
-
11/05/2022
- Duración 14:21
Mariúpol é, desde hai semanas, todo un símbolo da resistencia humana. Alí estiveron atrapadas, durante dous meses, máis de cen mil persoas asediadas polos bombardeos sen luz, sen auga, sen comida nin medicamentos. Algunhas, como Nina Rulik e Kateryna Bulychova, puideron saír. Nina vive agora en Getafe; Kateryna en Alacante. Son as protagonistas do segundo capítulo de "Historias dun País en Guerra". Un podcast de Nuria López.
-
10/05/2022
- Duración 14:20
O 24 de febreiro as tropas rusas iniciaron o seu avance sobre Kyiv coa intención de facerse co control da cidade. Durante un mes, os bombardeos foron constantes pero o exército ucraíno conseguíu resistir e, o 29 de marzo, Moscova anuncia a retirada. Aínda que a cidade tentou recuperar o pulso, nas últimas semanas producíronse novos ataques; o último, coincidindo coa visita do secretario xeral da ONU. Neste podcast reconstruímos estas semanas de asedio coa axuda de Sergyi Larinov, Irina Bonatska e Carlos Muñoz. Eles son os protagonistas deste primeiro capítulo de “Historias dun País en Guerra.
-
09/05/2022
- Duración 16:42