Música

Top 40 Música

40 episodios
Imaxe do podcast A luz de Xoel López
Galicia Emerxe

40# A luz de Xoel López

Desde o seu salto á fama con Deluxe, o coruñés Xoel López consolidouse como un dos maiores referentes do pop alternativo galego. No Galicia Emerxe ofrece os mellores sons da súa carreira.

  • 14/10/2021
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Sés contra a extinción
Galicia Emerxe

39# Sés contra a extinción

María Xosé Silvar, Sés, é a voz da rebeldía. Neste concerto, xunto á súa banda habitual, fai un percorrido polos seus 10 anos de traxectoria.

  • 14/10/2021
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast Terbutalina, puro garaxe
Galicia Emerxe

38# Terbutalina, puro garaxe

Migui, Mon, Samu, Brais e Diego son Terbutalina, o grupo máis asmático do panorama rock galego.

  • 14/10/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Pablo Lesuit, corazón iberoamericano
Galicia Emerxe

37# Pablo Lesuit, corazón iberoamericano

O cantautor Pablo Lesuit promete ritmos caribeños cos que facernos bailar e letras que son poesía.

  • 14/10/2021
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast A peregrinaxe de Luar na Lubre
Galicia Emerxe

36# A peregrinaxe de Luar na Lubre

Coas súas "vieiras e vieros", Luar na Lubre recollen a tradición xacobea. Do Códice Calixtino ás cantigas do Camiño, peregrinamos coa agrupación de folk máis importante do país.

  • 14/10/2021
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast High Paw ten uns elefantes no patio
Galicia Emerxe

35# High Paw ten uns elefantes no patio

Paula Herrero é High Paw; e cos seus Elephants Yard achégannos a mellor música de raíz xamaicana desde a Ría de Vigo.

  • 14/10/2021
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast A unión de Faia Díaz e Benxamín Otero
Galicia Emerxe

34# A unión de Faia Díaz e Benxamín Otero

As voces de Faia Díaz e Benxamín Otero encóntranse neste traballo experimental que recupera vellas coplas tradicionais transmitidas entre mulleres de diferentes xeracións.

  • 14/10/2021
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast Dakidarría, filosofía incendiaria
Galicia Emerxe

33# Dakidarría, filosofía incendiaria

  • 14/10/2021
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast Ouveando con A Banda da Loba
Galicia Emerxe

32# Ouveando con A Banda da Loba

Andrea, Estela, Inés, Marcela e Xiana forman A Banda da Loba, que debe o seu nome a Pepa a Loba, lendaria bandoleira galega do século XIX.

  • 14/10/2021
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast Ataque Escampe, rock picheleiro
Galicia Emerxe

31# Ataque Escampe, rock picheleiro

Se es de Compostela, a música de Ataque Escampe levarate por cada recuncho da cidade. Se non o es, tamén.

  • 14/10/2021
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast Bala, a música axitadora
Galicia Emerxe

30# Bala, a música axitadora

Anxela Baltar e Violeta Mosquera son Bala, o dúo máis punk da música galega. Non collas asento, que non che vai facer falta.

  • 14/10/2021
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast A metamorfosis de Budiño
Galicia Emerxe

29# A metamorfosis de Budiño

O gaiteiro Xosé Manuel Budiño ofrece nos seus últimos traballos novos sons e texturas, animándose a cantar, pero sen abandonar nunca a gaita.

  • 14/10/2021
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast O que prometen Blanco Palamera
Galicia Emerxe

28# O que prometen Blanco Palamera

Blanco Palamera con Manuel Blanco e Xoán Domínguez. Presentan no Galicia Emerxe o seu traballo 'Promesas', un proxecto electrónico moi intimista no que te fundirás desde o primeiro segundo.

  • 14/10/2021
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast Boyanka Kostova, os dous de sempre
Galicia Emerxe

27# Boyanka Kostova, os dous de sempre

Chicho e Cibrán son os dous de sempre. Reguetón ou muiñeira, non hai ritmo que se lles resista.

  • 14/10/2021
  • Duración 60:4
Imaxe do podcast Mercedes Peón busca novos sons
Galicia Emerxe

26# Mercedes Peón busca novos sons

Neste Galicia Emerxe, Mercedes Peón rodéase de mulleres músicas para presentar o seu traballo 'Deixaas', no que segue procurando a mestura da electrónica coas músicas do mundo.

  • 13/10/2021
  • Duración 60:47
Imaxe do podcast Verto
Consellería do Ritmo

25# Verto

O dúo Verto é un dos proxectos máis interesantes da última fornada do pop galego. Trátase da proposta de dous estudantes de Medicina: un santiagués, Fer Peleteiro; e un pontevedrés, Berto Mira. Ao pouco de debutar como galegofalantes, estes millennials xuntáronse para trasladar ao noso código a escola do pop internacional. Agora, Verto visita a Consellería do Ritmo cando o seu repertorio anda xa polo millón e medio de escoitas dixitais.

  • 17/09/2021
  • Duración 60:47
Imaxe do podcast Miguel de la Cierva
Consellería do Ritmo

24# Miguel de la Cierva

Miguel de la Cierva defínese como músico frustrado, hostaleiro chapuceiro e bicho raro, pero especializado en propiciar situacións desexables. Ovella negra da súa familia (á que pertencen o inventor do autoxiro, un ministro e un tío que gañou un Oscar de Hollywood), hai case tres décadas colleu un local en estado ruinoso, o Náutico de San Vicente, e aos poucos foino convertendo na meca do turismo musical galego. No último capítulo da temporada da Consellería do Ritmo, Tito Lesende trasládase ao Náutico para falar con Miguel de la Cierva da historia deste proxecto, do seu anecdotario e da nova residencia de artistas.

  • 17/09/2021
  • Duración 60:39
Imaxe do podcast Vituco Neira
Consellería do Ritmo

23# Vituco Neira

Vituco Neira, líder de Ruxe Ruxe e divulgador musical na Radio Galega, é un dos grandes axitadores do rock galego. Aproveitando os 25 anos do seu grupo, visita a Consellería do Ritmo para conversar con Tito Lesende sobre a adrenalina do escenario, a importancia do punk, a súa experiencia radiofónica ou a preservación da aldea de Aríns sen semáforos.

  • 17/09/2021
  • Duración 60:3
Imaxe do podcast Juan de Dios Martín
Consellería do Ritmo

22# Juan de Dios Martín

Juan de Dios Martín naceu en Madrid por cousas da vida, pero medrou dende cativo na Coruña. Converteuse en referencia como músico e produtor, dende os seus primeiros tempos con Colorado ou cos Limones (e tamén con Cañita Brava) ata ser candidato a dous premios Grammy nos EE UU como autor e produtor con artistas americanos. E polo medio quedan traballos con Xoel López, Amaral, Barón Rojo ou Heredeiros da Crus. Todo o mundo quere a Juande, que visita a Consellería do Ritmo cunha morea de lembranzas e anécdotas.

  • 17/09/2021
  • Duración 61:16
Imaxe do podcast Agoraphobia
Consellería do Ritmo

21# Agoraphobia

Coa visita de Agoraphobia, a Consellería do Ritmo concentra a súa atención nun universo de guitarras distorsionadas e baterías contundentes como mazas. Este cuarteto chega do Barbanza, pero xa sabe o que é tocar nos Estados Unidos, Reino Unido ou Alemaña. Por esas terras pasearon os seus dous álbums longos: “Incoming noise” (2017) e “Unaligned” (2019), exercicios incontestables de rock duro que exhiben os froitos da súa formación instrumental. Nesta ocasión, Tito Lesende conversa con Paula Rego e Lucía Fernández, base rítmica de Agoraphobia.

  • 17/09/2021
  • Duración 61:11
Imaxe do podcast Grande Amore
Consellería do Ritmo

20# Grande Amore

Seguímoslle a pista a Nuno Pico dende Oh! Ayatollah e máis recentemente cos Rastreadores, o seu proxecto a dúo con Ortiga. Pero Nuno visita a Consellería do Ritmo representando o seu proxecto máis persoal: Grande Amore. Con esta marca publicou en 2021 un disco autotitulado do que nos interesan especialmente dous conceptos: actitude punk e unha mensaxe sincera. Nesta sesión, Tito Lesende conversa con Grande Amore, un millennial de Frexulfe que vén revolucionar a escena galega con cancións viscerais, ataque electrónico e bo humor.

  • 17/09/2021
  • Duración 61:7
Imaxe do podcast A pistola de Spector
Cara B

19# A pistola de Spector

Os Ramones, secuestro a punto de pistola e Baby, I love You ata ás 4:30 da madrugada.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Dylan electrificado, Dylan electrocutado
Cara B

18# Dylan electrificado, Dylan electrocutado

Bob Dylan, Premio Nobel da Literatura e as novas expresións poéticas dentro da gran tradición da canción americana.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:8
Imaxe do podcast Led zeppelin, unha moza e unha quenda
Cara B

17# Led zeppelin, unha moza e unha quenda

Inmigrant song, led zeppelin e os vikingos.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:9
Imaxe do podcast One hit wonder
Cara B

16# One hit wonder

A nostalxia é un sentimento un tanto perigoso. Adoita redebuxar o pasado tenguindo a vista de gris e dulcificando as cousas en vez de lembralas tal e como sucederon. Eses momentos volven a nós cun aroma, cunha imaxe, ou cunha música.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:8
Imaxe do podcast Coverdale
Cara B

15# Coverdale

Todos os relatos do mundo seguen 4 estruturas argumentais. A Star is Born e o relato do heroe.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Dolores
Cara B

14# Dolores

O odio a través da canción. Morrisey e Margaret Thatcher.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Morrison
Cara B

13# Morrison

Rock and Roll e os seus escándalos. Nada é o que parece.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:6
Imaxe do podcast Bon
Cara B

12# Bon

A continuidade de ACDC, as melodías e o cambio de líderes da banda.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:9
Imaxe do podcast Noite de paz
Cara B

11# Noite de paz

Noite de paz é a panxoliña máis vendida da historia da música. Traducida a máis de 300 linguas e patrimonio inmaterial da humanidade, trátase dun himno e legado musical.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast O peor erro da historia
Cara B

10# O peor erro da historia

Todos nos equivocamos, pola razón que sexa. Os erros máis imperdoables da historia da música.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:1
Imaxe do podcast Ondas Indies con Sr. Chinarro
Ondas Indies

9# Ondas Indies con Sr. Chinarro

O capítulo 78 de Ondas Indies serve para despedir a segunda temporada do programa. Nel estará como convidado o andaluz Antonio Luque coñecido musicalmente como Sr. Chinarro. No disco da semana con Ari Magritte estarán os composteláns de Atrás Tigre. Baixo a dirección e presentación de Víctor López e coa produción de Marcos Vázquez e con Eladio Santos e Paco Lamilla.

  • 16/06/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Budiño
Consellería do Ritmo

8# Budiño

Xosé Manuel Budiño é un referente da música galega no senso máis amplo. Na súa visita á Consellería do Ritmo, conversa con Tito Lesende sobre os seus inicios coa gaita en Moaña e unhas influencias musicais que propician o diálogo do folk galego co pop internacional. Budiño lembra a Narf e rememora a súa experiencia de xira por diferentes países. Este capítulo ilustra a carreira artística do gaiteiro ata chegar a “Fulgor”, o seu disco máis recente.

  • 04/04/2021
  • Duración 60:5
Imaxe do podcast Ondas Indies atrapa Lashormigas
Ondas Indies

7# Ondas Indies atrapa Lashormigas

O capítulo 66 de Ondas Indies conta coa entrevista a artista vigués Pau que é o creador do proxecto musical Lashormigas. Varias estreas chegan da man de Grande Amore e Soleá Morente facendo unha versión dun tema de Triángulo de Amor Bizarro. Abriremos un novo Caixón de Xastre xunto a Paco Lamilla. Baixo a dirección e presentación de Víctor López e como sempre estarán Ari Margritte, Eladio Santos e Marcos Vázquez.

  • 24/03/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Xoel López
Consellería do Ritmo

6# Xoel López

A Consellería do Ritmo debuta coa participación de Xoel López. O músico coruñés, embaixador do pop galego nun ámbito internacional, falará con Tito Lesende sobre as súas raíces familiares na Fonsagrada, a súa experiencia vivindo en América, a maneira en que o seu fillo desmitifica a súa música ou as súas xuntanzas con outros galegos en Madrid, ademais de facer un percorrido pola súa evolución artística.

  • 21/03/2021
  • Duración 61:24
Imaxe do podcast Ortiga
Consellería do Ritmo

5# Ortiga

Ortiga é a marca artística do compostelán Chicho do Funk, que visita a Consellería do Ritmo como estandarte da neopachanga urbana e latina e embaixador do autotune. O artista fala con Tito Lesende da súa paixón polo heavy metal e o merengue, a vida sen WhatsApp, o seu triunfo co proxecto Esteban & Manuel, a súa colaboración con Rodrigo Cuevas ou o Ortinder, ese invento que conecta parellas a través do propio Chicho.

  • 21/03/2021
  • Duración 60:7
Imaxe do podcast Ondas Indies coa Ukestra do Medio
Ondas Indies

4# Ondas Indies coa Ukestra do Medio

Capítulo 63 de Ondas Indies coa entrevista aos Ukestra do Medio. No disco da semana de Ari Magritte afondamos no novo de Lashormigas. Coñecemos tamén as estreas de Verto, Sleepy Spice e Grande Amore.

  • 03/03/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Un día espectacular dos Familia Caamagno en Ondas Indies
Ondas Indies

3# Un día espectacular dos Familia Caamagno en Ondas Indies

Este xoves o capítulo 62 de Ondas Indies contará coa entrevista a Familia Caamagno que nos presenta o seu docu concerto: "Un día espectacular". No disco da semana con @ARiMagritte afondaremos no novo de Silvia Penide, mentres que coñeceremos o ídolo de Rafa de Triángulo de Amor Bizarro. Baixo a dirección e presentación de Víctor López (@Victorsaians) e como sempre estarán Eladio Santos (@EladioSoyYo), Marcos Vázquez (@MarcoSerQuerido) e Paco Lamilla. (@lesonajero).

  • 24/02/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Ondas Indies fai o seu Ataque Escampe
Ondas Indies

2# Ondas Indies fai o seu Ataque Escampe

Este xoves o capítulo 57 de Ondas Indies contará coa entrevista a banda compostelá Ataque Escampe, ademais coñeceremos o novo de Os Amigos dos Músicos e descubriremos o ídolo musical do coruñés Ale. Como cada semana abriremos o Caixón de Xastre de Paco Lamilla (@lesonajero) que esta semana nos trae o novo dos pontevedreses Desamortización (de Mendizábal). E como sempre estarán Eladio Santos (@EladioSoyYo), Arancha Vilas (ARiMagritte) Marcos Vázquez (@MarcoSerQuerido) e baixo a dirección e presentación de Víctor López (@Victorsaians).

  • 20/01/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Cuco cuqueiro
Ondas Indies

1# Cuco cuqueiro

OI CUCO CUQUEIRO!

  • 25/05/2018
  • Duración 0:42