Historia

Próxima estación

Próxima Estación é unha viaxe en tren por lugares que non teñen estación. Lugares que se esconden entre cantís, carballeiras e fronteiras e aos que a ...

Listaxe de episodios

6 episodios
Imaxe do podcast A Limia, unha corrente de esquecemento

6# A Limia, unha corrente de esquecemento

Nun lugar de augas termais e carballos, Aquis Querquennis, os romanos fundaron un dos seus famosos campamentos. Aínda que non lles foi fácil. Aos supersticiosos romanos non lles facía moita graza cruzar o Lethes, o río Limia, por medo a perder a memoria. Esta é a historia dos romanos que cruzaron o río e cambiaron a historia de Galicia para sempre. En Próxima Estación, a comarca da Limia.

  • 09/02/2022
  • Duración 17:11
Imaxe do podcast Caneliñas, a última balea

5# Caneliñas, a última balea

En 1985, na Factoría Baleeira de Caneliñas (Cee), foi cazada a última balea de España. Ao ano seguinte entraría en vigor a prohibición de cazar cetáceos en varios países do mundo. Esta 'Próxima estación' é a historia desa última balea, dunha profesión xa desaparecida en Galicia, e da propia aldea de Caneliñas, testemuña dunha gloria que esvaece.

  • 26/01/2022
  • Duración 10:4
Imaxe do podcast O Couto Mixto, terra nullius

4# O Couto Mixto, terra nullius

Na provincia de Ourense, o Couto Mixto é un lugar formado por tres aldeas, que foi independente durante sete séculos. Non se poden afirmar as causas reais desta peculiar condición, e as teorías son unha mestura de historia e lenda. Como todas as cousas. O Couto Mixto é a nosa Próxima Estación.

  • 12/01/2022
  • Duración 10:26
Imaxe do podcast Lousame, onde se fabrican os mapas

3# Lousame, onde se fabrican os mapas

En 1810 establecíase en Lousame, ás beiras do río Xusto, a primeira fábrica de papel de Galicia. O propietario? O matemático, xeógrafo e primeiro home en cartografar Galicia: Domingo Fontán. Neste capítulo de 'Próxima estación' descubrimos a súa contribución ao autocoñecemento de Galicia e a súa faceta empresarial.

  • 29/12/2021
  • Duración 11:55
Imaxe do podcast Santo Estevo de Ribas de Sil, nove aneis para os homes mortais

2# Santo Estevo de Ribas de Sil, nove aneis para os homes mortais

"Un anel para conquistalos a todos..." Ou nove aneis milagreiros que Osorio, Servando, Froalengo, Ansurio, Viliulfo, Vimarasio, Pelaio, Afonso e Pedro levaron ata o mosteiro de Santo Estevo. Estes monxes facían moito máis que rezar... Escoita a súa historia neste capítulo de Próxima Estación.

  • 15/12/2021
  • Duración 12:44
Imaxe do podcast San Simón, a illa das múltiples vidas

1# San Simón, a illa das múltiples vidas

A pequena illa de San Simón, na ría de Vigo, foi protagonista de batallas navais e historias de piratas (reais e literarias). Foi refuxio de enfermos, e tamén cárcere de republicanos. Custodiada polo mar e a Ponte de Rande, na actualidade é un espazo de cultura e memoria. San Simón é a primeira parada de Próxima Estación.

  • 01/12/2021
  • Duración 12:27

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast Sobre o caruncho do centeo

8# Sobre o caruncho do centeo

Voulles contar unha historia que ten como protagonista unha enfermidade do centeo, que foi a causa do ergotismo ou lume de Santo Antón. Dábase moi ben en Galicia, tanto que sustentou a moitas familias na época da fame, que o vendían as industrias farmacéuticas, a un laboratorio de Vigo do que naceu Zeltia. Fálolles do caruncho do centeo ou dentón. Así que ó longo desta hora saberemos algo máis do “claviceps purpurea”, do “ignis sacer”, da Orde Hospitalaria dos Antonianos, de Hoffman, o científico que sintetizou por primeira vez o LSD, das bruxas de Salem e do Laboratorio Miguel Servet de Vigo e o seu pan-Ergot.

  • 30/03/2023
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Sobre piratas e corsarios

7# Sobre piratas e corsarios

Historia do corsarismo en Galicia, importante no século XIX e do pirata galego Benito Soto.

  • 30/03/2023
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Sobre a loucura

6# Sobre a loucura

Antes do século XIX a loucura tiña que ver co demo e o mal de ollo, tamén co desequilibrio do fluídos corporais. O enfoque de cimonónico, puramente médico, achegou unha nova busca de solucións. En Galicia o manicomio de Conxo foi unha das pezas chave do tratamento psiquiátrico desde a súa inauguración en 1885.

  • 30/03/2023
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Sobre Concepción Arenal

5# Sobre Concepción Arenal

A vida e obra desta xurista e defensora dos presos.

  • 30/03/2023
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast Sobre María Vinyals

4# Sobre María Vinyals

María Vinyals foi unha intelectual, escritora, oradora e, sobre todo, feminista nun tempo no que unha muller con ideas estaba moi mal vista. Esta é a historia da señora do Castelo de Soutomaior.

  • 30/03/2023
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast As mulleres míticas galegas

3# As mulleres míticas galegas

Dende Pepa a Loba ás historias de Fani Garrido

  • 17/08/2022
  • Duración 10:50
Imaxe do podcast  O Tinder do século XIX

2# O Tinder do século XIX

O ligoteo nos teatros galegos, a importancia da cor na decoración e os protocolos e etiquetas da época.

  • 29/07/2022
  • Duración 13:42
Imaxe do podcast O Rexenera de Carballo

1# O Rexenera de Carballo

O Barroquista fálanos sobre o festival referencia da arte urbana, o 'Rexenera': "Un museo desta calidade, entre a veciñanza, é algo único".

  • 13/06/2022
  • Duración 13:30

Playlists