Cultura

Poesía

Colaboración de Alba Cid
Poesía

Listaxe de episodios

Temporadas do programa
20 episodios
Imaxe do podcast Gramo Stendhal, o agasallo de María Lado

20# Gramo Stendhal, o agasallo de María Lado

Alba Cid afonda en 'Gramo Stendhal' (Apiario), o poemario individual de María Lado.

  • 17/09/2021
  • Duración 6:1
Imaxe do podcast Fotografía que é poesía en Nenas medrando

19# Fotografía que é poesía en Nenas medrando

'Nenas medrando’, de Silvia García, e editado por Chan da pólvora, é un álbum fotográfico onde a súa voz se funde coa memoria allea para construír un libro arredor da conciencia do corpo, das sensacións, dos procesos de maduración e mesmo dos recordos que aparecen cando asistimos como nais ao crecemento dunha nena. Un comentario da nosa colaboradora Alba Cid.

  • 17/09/2021
  • Duración 6:28
Imaxe do podcast Poesía (modelo para romper), un libro obxecto

18# Poesía (modelo para romper), un libro obxecto

Alba Cid comenta ‘Poesía (modelo para romper)’, de Amauta Castro. Un auténtico libro obxecto con 72 poemas a modo de instrucións.

  • 17/09/2021
  • Duración 9:15
Imaxe do podcast O valo de Manselle, de Anxo Angueira, volve 25 anos despois

17# O valo de Manselle, de Anxo Angueira, volve 25 anos despois

No comentario de Alba Cid sobre poesía: Anxo Angueira publicou 'O valo de Manselle' hai 25 anos. Uns poemas que agora recuperan desde Apiario na súa colección Cera Labrada.

  • 17/09/2021
  • Duración 5:13
Imaxe do podcast O dúo poético Aldaolado asegura que Ninguén morreu de ler poesía

16# O dúo poético Aldaolado asegura que Ninguén morreu de ler poesía

Alba Cid achéganos o variopinto universo poético de María Lado e Lucía Aldao, o dúo Aldaolado, a través do seu poemario ‘Ninguén morreu de ler poesía’.

  • 17/09/2021
  • Duración 10:51
Imaxe do podcast Os últimos versos de Manuel Álvarez Torneiro

15# Os últimos versos de Manuel Álvarez Torneiro

A editorial Kalandraka publica de xeito póstumo os últimos versos do poeta Manuel Álvarez Torneiro, ‘Clave de Bóveda’. A esta obra achéganos a nosa colaboradora Alba Cid.

  • 17/09/2021
  • Duración 8:58
Imaxe do podcast Interna de Oriana Méndez é transitar un lugar do equívoco

14# Interna de Oriana Méndez é transitar un lugar do equívoco

Alba Cid achéganos na súa colaboración do Diario Cultural o novo poemario de Oriana Méndez, ‘Interna’, que vén de aparecer na colección Arte de Trobar. En palabras de Alba: “O libro propón transitar algo que se desmantela, un lugar do equívoco, e facelo coma un internamento”.

  • 17/09/2021
  • Duración 5:27
Imaxe do podcast Chika Sagawa, unha autora a ter en conta

13# Chika Sagawa, unha autora a ter en conta

Rinoceronte Editora publica a única tradución ao galego da poeta xaponesa Chika Sagawa nunha edición limitada con escolma de Alba Doval. Un comentario de Alba Cid.

  • 17/09/2021
  • Duración 9:6
Imaxe do podcast Os paxaros de Daniel Salgado

12# Os paxaros de Daniel Salgado

A nosa colaboradora Alba Cid chega ao Diario Cultural co novo poemario de Daniel Salgado: ‘Os paxaros e outros poemas’, editado por Xerais.

  • 17/09/2021
  • Duración 5:58
Imaxe do podcast Libro para a casa dos avós de Noelia Alperiz

11# Libro para a casa dos avós de Noelia Alperiz

‘Libro para a casa dos avós de Noelia de Alperiz’. Dentro deste sorprendente título atopamos un poemario autoeditado de Celso Fernández Sanmartín, que ten como finalidade axudar á restauración desta casa. Queres saber máis? Escoita á nosa colaboradora Alba Cid.

  • 17/09/2021
  • Duración 5:40
Imaxe do podcast Redescubrindo Cantares Gallegos

10# Redescubrindo Cantares Gallegos

Alba Cid achéganos aos 'Cantares gallegos' de Rosalía de Castro a través dunha ollada diferente.

  • 16/09/2021
  • Duración 5:9
Imaxe do podcast Palabra á intemperie: unha conversa a tres bandas sobre Xela Arias

9# Palabra á intemperie: unha conversa a tres bandas sobre Xela Arias

A nosa colaboradora de poesía, Alba Cid, fálanos de ‘Xela Arias, palabra á intemperie’: A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura.

  • 16/09/2021
  • Duración 10:33
Imaxe do podcast Obra inacabada de Dosinda Christensen

8# Obra inacabada de Dosinda Christensen

Na súa colaboración, Alba Cid preséntanos o novo libro de Xerardo Quintiá. ‘Obra inacabada de Dosinda Christensen’ (Alvarellos), premio de poesía do Concello de Vilalba.

  • 16/09/2021
  • Duración 7:20
Imaxe do podcast A obra poética de Isaac Díaz Pardo

7# A obra poética de Isaac Díaz Pardo

'A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo', publicado por Xerais con edición de Esperanza Luz Mariño, é a obra que desta volta comenta Alba Cid. O pintor, ceramista e deseñador foi tamén poeta e escritor, e agora este volume recolle todo o seu traballo poético, disperso en revistas e outras publicacións.

  • 16/09/2021
  • Duración 3:55
Imaxe do podcast Mamá pelícano, premio Fiz Vergara

6# Mamá pelícano, premio Fiz Vergara

Alba Cid achéganos á lectura de ‘Mamá pelicano‘, de Alicia Fernández, premio Fiz Vergara de poesía.

  • 16/09/2021
  • Duración 7:9
Imaxe do podcast Dunha costela rota

5# Dunha costela rota

‘Dunha costela rota’ é o poemario que desta volta nos presenta Alba Cid. Unha tradución de Lucía Novas do libro da irlandesa Annemarie Ní Churreáin. Unha edición bilingüe de Urutau editora.

  • 16/09/2021
  • Duración 8:39
Imaxe do podcast Todos os pasos fan ruído

4# Todos os pasos fan ruído

Sara Plaza Moreno acadou o XXXIII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé co libro ‘Todos os pasos fan ruído’. Sara, nada na serra de Madrid, é mestra de formación, tradutora e revisora de textos. Aprendeu galego pola súa conta, preocupada pola situación social e lingüística galega. Sobre ela e a súa poesía fálanos Alba Cid.

  • 16/09/2021
  • Duración 10:28
Imaxe do podcast Isidro Novo, a poesía gasosa

3# Isidro Novo, a poesía gasosa

Alba Cid reflexiona arredor da poesía de Isidro Novo con motivo da publicación da súa ‘Poesía galega reunida (1991-2017)’ na colección de Clásicos das Letras Galegas da editorial Galaxia. J. L. Calvo Vidal e Yago Rodríguez Yáñez foron os encargados de recompilar os seus poemas para esta celebración do que califican como un ‘outsider’, “arriscado, ás veces esquecido no relato oficial”.

  • 16/09/2021
  • Duración 7:43
Imaxe do podcast A Permanencia de Castillo Suárez

2# A Permanencia de Castillo Suárez

Xa podemos ler a autora navarra Castillo Suárez en galego. O seu libro ‘Permanencia’ vén de ser traducido do éuskaro por Isaac Xubín na editorial Vento Alto. Cóntanos máis sobre o seu traballo Alba Cid.

  • 16/09/2021
  • Duración 9:9
Imaxe do podcast Que hostia din os rumorosos?

1# Que hostia din os rumorosos?

‘Que hostia din os rumorosos?’ é o regreso á poesía e ao combate do grupo Rompente. Cóntanolo a nosa colaboradora Alba Cid.

  • 16/09/2021
  • Duración 6:13
15 episodios
Imaxe do podcast ‘Palmeiras, piueiros’, o novo díptico poético de Anxo Angueira

15# ‘Palmeiras, piueiros’, o novo díptico poético de Anxo Angueira

Alba Cid comenta ‘Palmeiras, piueiros’ de Anxo Angueira, editado en Chan da Pólvora, e que representa o regreso dun silencio poético longo. Angueira é tamén narrador e investigador, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e aquí preséntanos un díptico entre a palmeira, que ten o don da visión e da memoria; e o piueiro, termo recuperado polos mariñeiros da Guarda, que son as primeiras pedras ou “pandullos” que encabezan o fondeo dalgunhas redes. O volume péchase con varias contornas relevantes: unha autopoética asinada polo propio Anxo Angueira, unhas notas de lectura asinadas por Chus Pato e unha entrevista de man de Xabier Cordal.

  • 18/04/2022
  • Duración 9:52
Imaxe do podcast Descubrimos en galego a “grecidade” de Kavafis

14# Descubrimos en galego a “grecidade” de Kavafis

Alba Cid comenta a obra de Konstandinos Kavafis, un dos referentes da literatura grega contemporánea, a partir da nova tradución ao galego que publica Aira Editorial. ‘Poesía completa anotada’ é un traballo de Miguel A. Areses Martín, co que descubrimos a este creador tan singular, o “historiador poeta”.

  • 12/04/2022
  • Duración 12:42
Imaxe do podcast Un terror de auga fría

13# Un terror de auga fría

Alba Cid fálanos de Un terror de auga fría, a primeira “Escolma da poesía galega do medo” a cargo de Xosé María Álvarez Cáccamo. Do Rexurdimento con Rosalía de Castro ata os nosos días con Antón Avilés de Taramancos ou Celia Parra; nesta escolma, de máis de 40 poetas, encontramos composicións ben coñecidas, case simbólicas, que repasan medos de dimensións trascendental, medos existenciais, medos infantís ou ligador ao terror político e de dimensións éticas.

  • 21/03/2022
  • Duración 8:15
Imaxe do podcast Un exorcismo de textos na ‘Ontoloxía poética de Carlos Santiago’

12# Un exorcismo de textos na ‘Ontoloxía poética de Carlos Santiago’

Recuperamos con Alba Cid un libro dos últimos meses: 'Ontoloxía poética de Carlos Santiago', editado da man do escritor Carlos Meixide. É unha ontoloxía, máis ca unha antoloxía, “un exorcismo” de textos como anuncia o prólogo, pero en todo caso é un volume recompilatorio da creación poética de Carlos Santiago, nome filiado fundamentalmente ás artes do espectáculo, cunha longa traxectoria escénica e sen deixar de facer pé na escrita, como poeta e dramaturgo.

  • 07/03/2022
  • Duración 12:12
Imaxe do podcast 44 números de ‘Dorna. Expresión poética galega’

11# 44 números de ‘Dorna. Expresión poética galega’

A revista Dorna chega aos 44 números co subtítulo de ‘Expresión poética galega’. Alba Cid, que forma parte do seu consello de redacción, cóntanos a historia desta revista, que desde os anos 80 recolle o máis novo da poesía galega, con constantes conversas entre as novas xeracións e as xa consolidadas. ‘Dorna’ nace en maio do ano 1981 grazas á iniciativa da Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa, e a partir do segundo número da publicación, pasa a mans da Cátedra de Filoloxía Galega da USC. Hoxe publícase en coedición entre o Servizo de Publicacións das USC e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

  • 21/02/2022
  • Duración 10:51
Imaxe do podcast O outro lado da música, a poesía

10# O outro lado da música, a poesía

Alba Cid comenta ‘O outro lado da música, a poesía’, de Luisa Villalta, que vén de recuperar a editoral Galaxia. Publicado orixinalmente en A Nosa Terra, neste ensaio Villalta traza a relación entre ambas artes, música e poesía, na historia da literatura galega.

  • 07/02/2022
  • Duración 9:11
Imaxe do podcast ‘URDA’ de quico, o poema que se despraza

9# ‘URDA’ de quico, o poema que se despraza

Imos ata a colección Elba de Chan da Pólvora editora, onde aparece o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2020, que recaeu en quico polo poemario ‘URDA’. Alba Cid revisa a traxectoria deste premio en homenaxe ao poeta de Dodro e tamén do propio quico como libreiro e axitador cultural á fronte de Chan da pólvora.

  • 24/01/2022
  • Duración 10:13
Imaxe do podcast A poesía como arte insurxente

8# A poesía como arte insurxente

Aparece en Rodolfo e Priscila, unha editora nova que saudamos hai apenas uns meses, a tradución dun libro breve pero referencial de Lawrence Ferlinghetti con tradución de Daniel Salgado, ‘A poesía como arte insurxente’. Del fálanos Alba Cid.

  • 11/01/2022
  • Duración 10:37
Imaxe do podcast Manuel Rivas enfronta o presente en ‘O que fica fóra’

7# Manuel Rivas enfronta o presente en ‘O que fica fóra’

Aparece en Apiario un novo poemario de Manuel Rivas, un xénero que o autor nunca abandonou, pero ao que non volvera desde o 2015 con aquel ‘A boca da terra’. Agora volve con ‘O que fica fóra’, da colección Cera Labrada, un poemario que une palabra e caligrafía, procedemento que nos leva directamente á poesía de Uxio Novoneyra. ‘O que fica fóra’ ten algo de navegación persoal para estes tempos de deriva, analiza o presente incerto, recolle a voz do que está en perigo. Alba Cid comenta na súa última colaboración de 2021 este regreso de Manuel Rivas á poesía.

  • 28/12/2021
  • Duración 9:25
Imaxe do podcast 21 poetas do século XXI

6# 21 poetas do século XXI

“As máis novas voces, as novísimas, que se achegan ao xénero estrela da literatura galega desde os seus inicios”. Estas voces están reunidas na antoloxía ’21 poetas do século XXI’, coordinada por Carlos da Aira, de Aira editorial. Comenta Alba Cid

  • 14/12/2021
  • Duración 8:39
Imaxe do podcast Darbo de Pablo Otero, un réquiem delicado

5# Darbo de Pablo Otero, un réquiem delicado

Alba Cid preséntanos unha novidade de Apiario: ‘Darbo’, de Pablo Otero, é un réquiem delicado e velado que observa as modulacións da luz. A chegada de Pablo á poesía “para adultos”, que nos remite a unha escenografía mínima e humilde, con gran protagonismo do mar. Unha lectura entre o terrenal e o onírico.

  • 06/12/2021
  • Duración 9:26
Imaxe do podcast A Intimidación do Colectivo Maiakovski

4# A Intimidación do Colectivo Maiakovski

Que son o Colectivo Maiakovski? A produción poética por parte de colectivos é xa recorrente en todo o mundo. En Galicia son de sobre coñecidos Rompente; e agora chega o Colectivo Maiakovski con este volume, 'Intimidación', publicado por Xerais e do que dá conta Alba Cid.

  • 04/11/2021
  • Duración 9:9
Imaxe do podcast O corazón pronúnciase extenso

3# O corazón pronúnciase extenso

Oriana Méndez, coa súa obra 'O corazón pronúnciase extenso', gañou o V Premio de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón. É unha nova lectura que recupera Alba Cid.

  • 04/11/2021
  • Duración 8:9
Imaxe do podcast Lume branco de Antonia Pozzi en galego

2# Lume branco de Antonia Pozzi en galego

Alba Cid, na súa colaboración de poesía, comenta unha novidade en tradución ao galego: ‘Lume branco’, poemas de Antonia Pozzi, nunha escolma e tradución de Lara Dopazo para Rinoceronte.

  • 20/10/2021
  • Duración 7:32
Imaxe do podcast A extinción segundo Marta Dacosta

1# A extinción segundo Marta Dacosta

Polo Día das Escritoras, Alba Cid mergúllanos en ‘Notas sobre a extinción’, o poemario de Marta Dacosta. “Versos que nos convidan a deternos, a reparar nas belezas pequenas. Dacosta insiste na contemplación da paisaxe a través das palabras.”

  • 20/10/2021
  • Duración 12:44

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast Lendas, investigación no audiovisual e unha “voráxine” musical

8# Lendas, investigación no audiovisual e unha “voráxine” musical

Hai que animarse un pouco. Imos xogar, veña. Rober trouxo varias lendas galegas non moi coñecidas e Paula, Germán e mais Ángel teñen que adiviñar de que localidade proceden. Non é nada fácil, eh. Pero non todo é xogar, tamén hai tempo para que os protagonistas sexan persoas moito máis interesantes ca nós. Por exemplo Ariadna Cordal, a convidada que trouxo ao Zeta Jesús Silva para falar dun ámbito moi pouco abordado e recoñecido: a investigación no eido audiovisual. O toque musical vén da man da nosa Celia Eiras. Bueno máis coincretamente do artistazo que convidou a pasarse polo programa: Maiko Leinad. Con el descubrimos a orixe do seu nome artístico e unha chea de cousas sobre o seu proceso creativo.

  • 16/01/2024
  • Duración 55:34
Imaxe do podcast Xoias artesanais con Sofía Rivas, investigación académica-arte e flamenco

7# Xoias artesanais con Sofía Rivas, investigación académica-arte e flamenco

Comezamos forte o ano. Nestes tempos de agasallos, que hai máis bonito que unha boa xoia artesanal? Váinolo explicar Sofía Rivas, que coas súas mans crea verdadeiras marabillas. Sabemos de verdade todo o choio que leva facelas? Non é tan doado eh. Tampouco o é impulsar proxectos que se movan entre a investigación académica e a produción artística como o fai Nerea Cordeiro, a artista que nos trae nesta ocasión a nosa colaboradora Sara Donoso. E con Ana Abad bailamos. Bueno, bailar, bailar non. Pero falamos cunha bailarina e pedagoga de flamenco afincada en terras galegas: Ainhoa Linaza.

  • 16/01/2024
  • Duración 57:58
Imaxe do podcast Galardóns do Xuventude Crea e talento dos Novos Cinemas

6# Galardóns do Xuventude Crea e talento dos Novos Cinemas

Como veñen de ser premiados e premiadas as gañadoras dos Xuventude Crea do 2023, quixemos traer a María Alborés, galardoada na especialidade de moda; e Pedro Rodríguez no eido literario coa novela curta ‘Alén da Néboa’. Mentres, Jesús Silva tráenos a experiencia de tres participantes no Novos Cinemas de Pontevedra; e Celia Eiras fainos un repaso por diversas panxoliñas galegas.

  • 16/01/2024
  • Duración 91:35
Imaxe do podcast O que hai máis alá da música ademais do instrumento e o cantante

5# O que hai máis alá da música ademais do instrumento e o cantante

Escoitamos moita música, si. Pero de seguro que reparades menos do preciso en quen a mistura, nos produtores. Ademais, a música é especialmente relevante nas pezas audiovisuais para ambientar e transmitir. Así que hoxe no Diario Cultural Zeta falamos con Sebastian Black, produtor e Luis Álvarez, compositor de bandas sonoras. Sara Donoso, ademais, traeranos a Olaia Sendón e o seu proxecto fotográfico ‘Perpetuando’; e Sica Romero ao escritor Pablo Rañales, que vén de publicar ‘Os afogados’.

  • 12/01/2024
  • Duración 93:1
Imaxe do podcast Paseando entre os carretes de Dan Drigore para entender mellor a arte

4# Paseando entre os carretes de Dan Drigore para entender mellor a arte

Se algo nos gusta neste programa é que nos expliquen e nos fagan entender mellor todo o que envolve ás diferentes disciplinas artísticas. Por iso a visita que nos fixo a fotógrafa e artista audiovisual Dan Grigore deixounos extasiados. Conectamos co proceso de creación dunhas imaxes impactantes e coñecemos de preto aspectos tan abstractos como “espir a alma”. Nesta “éxtase cultural” continuamos coas nosas colaboradoras Celia Eiras e Ana Abad de Larriva. A primeira dálle a volta á tortilla para afondar na crítica musical a través de voz de varios artistas que xa pasaron polo Zeta. Pola súa parte, Ana falou coa artista Constance Hurlé sobre a situación das artes escénicas en Galicia de cara á creación.

  • 10/01/2024
  • Duración 49:19
Imaxe do podcast De Ninghures e unha chea de paixón pola foto e a tradución audiovisual

3# De Ninghures e unha chea de paixón pola foto e a tradución audiovisual

Cremos que por todas as veces que puxemos os temazos de De Ninghures podedes supoñer que nos fascinan. Efectiviwonder. Así que non sabedes a ilusión que nos fai que tres dos seus compoñentes estean no plató do Zeta para contarnos das súas orixes e sobre as curiosidades do videoclip que sacaron de Morena. O programa non baixa o nivel en ningún momento porque tamén está con nós María Suárez para reivindicar o seu labor como tradutora audiovisual a galego (non lle pidades avances de series ou pelis, é top secret). Ademais, deixamos espazo tamén para falar de natureza e paisaxe a través da fotografía, da man de David Torrado, cunha historia ben curiosa.

  • 03/01/2024
  • Duración 49:29
Imaxe do podcast Un mix de Zeta con de Peppa Pig, Eurovisión… e vos traemos á marabillosa Antía Yáñez

2# Un mix de Zeta con de Peppa Pig, Eurovisión… e vos traemos á marabillosa Antía Yáñez

Tiveron que pasar máis dunha ducia de programas para que descubriramos a eurofán que Paula leva dentro. Nesta fantasía de episodio Rober, Amara e Germán teñen que adiviñar a lingua minoritaria (ou minorizada) na que están escritas as cancións eurovisivas que Paula vai soltando. Hai un claro campión. Noutra orde de cousas temos unha visita de luxo: a autora Antía Yáñez vén con Sica para falar, entre outras moitas cousas, de como é a vida dunha escritora millenial como ela. Poñemos o colofón con Iván Márquez, que nos conta como é traballar nun espectáculo de teatro musical como o de Peppa Pig.

  • 02/01/2024
  • Duración 48:31
Imaxe do podcast Entre a Carolina e o gato que se mete nun saco e o FacomFest!

1# Entre a Carolina e o gato que se mete nun saco e o FacomFest!

Paula e Rober han de seguir pensando que a súa infancia lle importa a alguén. Traen neste programa unha canción cada un que lles transporta a eses momentos felices, sen responsabilidades, sen preocupacións… O conto cambiou e este tipo de cancións tamén. Que pasa se as comparamos coas de agora? Este é un programa moi chulo porque visitan o plató compañeiros da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC para contarnos todos os detalles, os preparativos e o estrés previo ao FacomFest, o festival audiovisual que realizan os alumnos do centro. Todo coa presenza do noso queridísimo colaborador Jesús Silva. Como tamén queremos á nosa Sara Donoso, e máis se nos trae a xente tan fascinante como Lois Búa, que nos mete de cheo na arte da creación co propio corpo.

  • 21/12/2023
  • Duración 45:27

Playlists