57# Ondas Indies acaba o verán co Détox de mariagrep
O capítulo 119 de Ondas Indies, o primeiro da cuarta temporada do programa, tivo como convidada a compostelá mariagrep que vén de presentar o seu novo disco Detox. No Disco da Semana Ari Magritte tivo o novo traballo de Xackal, e nas novidades musicais escoitamos a Sleepy Spice.
-
24/09/2022
- Duración 22:58
56# Ondas Indies enganchado ao Velcro de Chisme
O capítulo 118 de Ondas Indies pecha a terceira temporada do programa e contará como convidado co ourensán Fernando Epelde coñecido artísticamente como Chisme e que nos permite adiantar en exclusiva o seu disco Velcro. Tamén contaremos coa sección de Eladio Santos do Cazatesouros que ten como convidada a artista viguesa Alicia Carrera e no Disco da Semana Ari Magritte ten a The Rapants, e nas novidades musicais escoitamos a santiaguesa mariagrep.
-
18/06/2022
- Duración 59:59
55# Ondas Indies escoita os Sons da Cidade
-
14/06/2022
- Duración 59:59
54# Ondas Indies prende o Fósforo de Néboa
O capítulo 113 de Ondas Indies terá como convidados aos composteláns Néboa cos que falaremos do seu novo disco Fósforo, que estrean precisamente no noso programa. Tamén contaremos nas novedades musicais coa compostelá mariagrep, e no U-lo Indie da man de Marcos Vázquez viviremos as horas previas do concerto do segoviano Hens na sala Malatesta de Santiago.
-
10/06/2022
- Duración 59:45
53# Ondas Indies no Little Bighorn de Isius
O capítulo 109 de Ondas Indies terá como convidados aos vigueses Isius que veñen de estrear o seu novo traballo Little Bighorn. Tamén contaremos no Disco da Semana da man de Ari Magritte coa viguesa High Pow e o compostelán Ortiga e o seu traballo xuntos. Nas novidades musicais escoitaremos o novo de Familia Caamagno e de Dani.
-
10/06/2022
- Duración 59:45
52# Ondas Indies co `Columpio Asesino´
O capítulo 115 de Ondas Indies terá como convidada a banda pamplonica El Columpio Asesino que estarán presentes na edición deste ano do Festival Portamérica en Portas e Caldas de Reis. Tamén contaremos no Cazatesouros co vigués Dj Lagartija e no U-lo Indie da man de Marcos Vázquez estaremos nos concertos de Alice Wonder. E nas novedades musicais da semana estreamos o novo da Ukestra do Medio e de Clo Plas.
-
10/06/2022
- Duración 59:44
51# Ondas Indies de vacacións en Ornanda
O capítulo 110 de Ondas Indies terá como convidada a banda noiesa Momboi, que vén de estrear o seu longa duración titulado Vacacións en Ornanda. Tamén contaremos no Disco da Semana da man de Ari Magritte con Devalo. No Cazatesouros Eladio Santos estivo co xormalista musical Javier Becerra que nos vai descubrir un novo talento galego.
-
10/06/2022
- Duración 59:45
50# Ondas Indies coa Regueifa 2.0
O capítulo 111 de Ondas Indies terá como convidado a Noel Feáns, músico e creador de A Regueifa 2.0, un espazo que funciona como taboleiro cultural e que vén de recuperar despois dun tempo de desaparición. Tamén contaremos no Disco da Semana da man de Ari Magritte con Holgado e o seu disco O Fillo de Suso. Nas novidades musicais da semana un dos colaboradores do programa, Eladio Santos vén de estrear coa pontevedresa Cora Velasco, unha revisión do Grándola Vila Morena de José ´Zeca´ Afonso con motivo do 25 de abril, e ademáis o novo adianto do que será novo traballo de Néboa.
-
10/06/2022
- Duración 59:45
49# O Ondas Indies máis underground grazas a Audrä
O capítulo 114 de Ondas Indies terá como convidada a betanzeira Audrä, que vén de estrear o seu EP All the things I keep underground. Tamén contaremos no Disco da Semana da man de Ari Magritte con Momboi. No Cazatesouros Eladio Santos estivo co poeta e músico Marcos de la Fuente. E nas novedades musicais da semana estreamos o novo de Moito.
-
10/06/2022
- Duración 59:44
48# Ondas Indies aproba o plan de urbanismo de Anxo Araújo
O capítulo 112 de Ondas Indies terá como convidado ao músico pontevedrés Anxo Araújo, co que falaremos do seu disco Plan de Urbanismo para un novo Couto Mixto. Tamén contaremos no Disco da Semana da man de Ari Magritte con Berto. No Cazatesouros Eladio Santos estivo co artista vigués Cé Tomé, e nas novedades musicais destacamos ao pontevedrés Javier Waterproof.
-
10/06/2022
- Duración 59:45
47# Ondas Indies co Fillo do Suso
-
19/04/2022
- Duración 59:43
46# Ondas Indies entra no PM de Grampoder
O capítulo 107 de Ondas Indies terá como convidados aos composteláns Grampoder que veñen de estrear o seu disco PM. Tamén contaremos no Disco da Semana da man de Ari Magritte co Erosión das carballesas Chicharrón. Nas novidades musicais escoitaremos o novo de Devalo e Berto, e no Cazatesouros Eladio Santos estivo co escritor e xornalista Diego Giráldez.
-
01/04/2022
- Duración 59:45
45# Ondas Indies profunda na erosión de Chicharron
O capítulo 105 de Ondas Indies conta coa entrevsita á banda carballesa Chicharrón que veñen de estrear o seu novo traballo chamado Erosión. Así mesmo escoitaremos temas novos de Berto e remesturados de Baiuca. Polo U-lo Indie con Marcos Vázquez pasará Shinova, e no Caixón de Xastre Paco Lamilla trae desta volta a Moura e Bala.
-
19/03/2022
- Duración 59:44
44# Ondas Indies cheo de vida con Guadi Galego
O capítulo 104 de Ondas Indies contará coa entrevista á cedeiresa Guadi Galego que estará presente na apertura do Son do Camiño. Tamén estreamos cancións de Grampoder, Terbutalina e mariagrep. Ademais no Disco da Semana Ari Magritte analizou o novo de Denova, mentres que en U-lo Indie Marcos Vázquez foi aos concertos de Siloé na súa xira por Galicia.
-
16/03/2022
- Duración 59:44
43# Ondas Indies coas estreas de Marzo
O capítulo 103 de Ondas Indies contará con diferentes estreas de música de bandas galegas como o novo disco de Chicharrón ou a colaboración de Triángulo de Amor Bizarro con Biznaga. Ademais no disco da semana Ari Magritte trae o Suelta/Muerde do ponteareán Santi Araújo. En U-lo Indie Marcos Vázquez foi ata Lugo para ver a Zahara, mentres que no Cazatesouros de Eladio Santos estará o ilustrador Federico Fernández.
-
03/03/2022
- Duración 59:59
42# Ondas Indies recolle a `Pava´ de Lucía Aldao
O capítulo 102 de Ondas Indies contará coa entrevista a poetisa, actriz e cantante coruñesa Lucía Aldao que presentan o seu primeiro disco chamado Pava. Ademais no disco da semana Ari Magritte trae o Intimidade de Blanco Palamera e e coñeceremos o novo da galega Audrä.
-
26/02/2022
- Duración 59:43
41# Ondas Indies entra na Intimidade de Blanco Palamera
O capítulo 101 de Ondas Indies contará coa entrevista ao dúo compostelá Blanco Palamera que presentan o seu segundo traballo de longa duración chamado Intimidade. Ademais no disco da semana Ari Magritte trae o ERA de León Benavente e coñeceremos o novo de Ronroneo xunto a Tiraya.
-
26/02/2022
- Duración 59:45
40# Ondas Indies non ten medo con Santi Araújo
O capítulo 99 de Ondas Indies contará coa entrevista ao artista pontareán Santi Araújo que vai sacar disco este mes de febreiro e do que xa coñecimos varios adiantos como o Miña rula/ Non teñas medo no que canta xunto a Leonor Watling. Ademais escoitaremos o tema feito por León Benavente xunto a Triángulo de Amor Bizarro. Na sección Cazatesouros de Eladio Santos estará Cristina García da axencia Esmerarte.
39# Ondas Indies ao rescate de Kings of the Beach
O capítulo 98 de Ondas Indies terá como convidados aos vigueses Kings of the Beach que están a 48 horas de rematar o seu crowfunding para recadar cartos e recuperala gravación do seu segundo disco. Ademais no disco da semana Ari Magritte afondará no novo traballo de Nicolás Pastoriza e Paco Lamilla abrirá un novo Caixón de Xastre no que esta semana estará a banda santiaguesa Battosai e con Bala.
-
01/02/2022
- Duración 59:59
38# Ondas Indies cae na Nunomanía de `Mundo Prestigio´
O capítulo 97 de Ondas Indies contará coa entrevista a banda Mundo Prestigio que vén de estrear nos finais do pasado ano un disco con Nuno Pico coñecido como Nunomanía. Ademais escoitaremos a revisión de Ataque Escampe dun clásico de Ana Kiro. Na sección Cazatesouros de Eladio Santos estará Joaquín da banda compostelá Samesugas.
-
20/01/2022
- Duración 59:59
37# Ondas Indies atento a Sr. Anido
O capítulo 96 de Ondas Indies contará coa entrevista a Rafa Anido que musicalmente é coñecido como o Sr. Anido e que vén de estrear o adianto do que será o seu novo disco o Sr. Anido 19. Ademais no disco da semana Ari Magritte afondará no novo traballo de Carlos Ordóñez e Paco Lamilla abrirá un novo Caixón de Xastre no que esta semana estará a banda carballesa Apart e co proxecto Ass Music.
-
13/01/2022
- Duración 59:59
36# Ondas Indies despide o 2021
O capítulo 94 de Ondas Indies vai servir de resumo dos mellores temas do 2021 segundo equipo do programa destacando a bandas galegas como Chicharrón, The Rapants, Peña ou Astrogirl. Tamén seguirán as peticións de bandas que pasaron polas entrevistas indianas como as de Ataque Escampe e Triángulo de Amor Bizarro. Paco Lamilla fará o seu último Caixón de Xastre do ano no que estarán os Cró! e Mentah. E por último revivirán con Elio dos Santos as vodas de prata do disco Parella de feito, que fixo con Tony Lomba.
-
31/12/2021
- Duración 59:59
35# Especial Nadal 2021 de Ondas Indies
Por terceira temporada, Ondas Indies preparou un capítulo de Nadal con moitas sopresas. Desde a súa particular versión dun clásico como Volve o meu fogar polo Nadal, ata cancións navideñas do mundo indie. Ademais varias das bandas galegas que pasaron polo programa no ano 2021 realizarán a súa petición dun tema que lles apetecería escoitar nestas datas sinaladas. Paco Lamilla abrirá o seu particular Caixón de Xastre tamén con temas de corte navideño.
-
24/12/2021
- Duración 59:59
34# Ondas Indies avanza ata Gales por Devalo
O capítulo 92 de Ondas Indies contará como convidado con David Mirando coñecido musicalmente como Devalo e que vén de presentar o seu primeiro avance do que será o seu segundo disco con esta formación na que canta en galego desde a súa residencia en Gales. Ademais Ari Magritte adica o seu disco da semana a Berto. No Caixón de Xastre Paco Lamilla destapou aos redondelás Chaleco Reflectante e os ferroláns Robot Humano.
33# Ondas Indies viaxa ao espazo interior de Berto
O capítulo 91 de Ondas Indies contará como convidado con Alberto Mira coñecido musicalmente como Berto e que vén de presentar o seu primeiro traballo en solitario tras deixar Os Verto. Ademais Ari Magritte adica o seu disco da semana a Leticia Rey. Coñeceremos os novos temas de Devalo e de Sr. Anido.
32# Ondas Indies recupera o seu Proxecto Mourente
O capítulo 90 de Ondas Indies serve para abrir o mes de decembro e nel aparecerá como convidado Carlos Valcárcel cos seus novos traballos de pop electrónico en galego como Proxecto Mourente. Coñeceremos novos temas de Berto o dos Verto agora en solitario, e o último dos Boyanka Kostova. Paco Lamilla abrirá un novo Caixón de Xastre no que nos ensina a dúas bandas viguesas Norde e PurpleFly.
31# Ondas Indies descubre a Ángela Pardal
O capítulo 89 de Ondas Indies serve para pechar o mes de novembro e nel aparecerá como convidado o vigués Nicolás Pastoriza que fará unha nova entrega da súa sección chamada Amor polo Paranormal. No disco da semana con Ari Magritte estará a galega Ángela Pardal. Eladio Santos tamén chega co seu Cazatesouros no que desta volta será protagonista Paul Chícharo, e Paco Lamilla abrirá un novo Caixón de Xastre.
30# Ondas Indies ronronea
O capítulo 88 de Ondas Indies contará como convidados co compostelán Jacobo Varela coñecido artísticamente como Ronroneo e que vén de presentar o seu primeiro disco "Autoerótica". Ademais Eladio Santos da man do xornalista Carlos Crespo trae a súa sección do Cazatesouros. Coñeceremos o novo de León Benavente e o seu líder o vigués Abraham Boba e tamén dos santiagueses Blanco Palamera. E na despedida teremos un oco para U2 xa que o seu disco Achtung Baby cumpre 30 anos.
-
18/11/2021
- Duración 59:59
29# Ondas Indies entra no mundo pop de Columna Vegana
O capítulo 87 de Ondas Indies contará como convidados cos pontevedreses de Mollavao Columna Vegana que están a preparar a saída do seu primeiro disco no 2022 tras sacar hits neste ano tipo "Canción pop". Ademais Eladio Santos da man do xornalista Pablo Vázquez trae a súa sección do Cazatesouros. Coñeceremos a reinterpretación dun tema de Néboa por dúas artistas, a galega Antía Muíño e a portuguesa Femme Falafel. E na despedida teremos temos de falar da produción musical de Juan Pardo para o mundo do pop galego e español no día do seu 79 aniversario.
-
09/11/2021
- Duración 59:59
28# Ondas Indies mergúllase no cambio de Dorian
O novo de Ondas Indies contará como convidado co vocalista da banda catalana Dorian que non é outro que Marc Gilli que nos falará da súa relacion co público galego. Ademais Ari Magritte adica o seu disco da semana ao compostelán Ronroneo. Coñeceremos os novos temas de Grande Amore e o de Camposancos Javier Waterproof.
-
05/11/2021
- Duración 59:59
27# Ondas Indies no Portamerica
-
29/10/2021
- Duración 59:59
26# Ondas Indies despide un verán sen chimpos
25# Ondas Indies nas Festas de Lugo
-
29/10/2021
- Duración 59:59
24# Ondas Indies e os globos de Sen Senra
-
29/10/2021
- Duración 59:59
23# Ondas Indies e as Animacións de Ángel Stanich
-
29/10/2021
- Duración 59:59
22# Ondas Indies con Blanco Palamera
-
29/10/2021
- Duración 59:59
21# Ondas Indies con Nada Surf
-
29/10/2021
- Duración 59:59
20# Ondas Indies con Sr. Chinarro
O capítulo 78 de Ondas Indies serve para despedir a segunda temporada do programa. Nel estará como convidado o andaluz Antonio Luque coñecido musicalmente como Sr. Chinarro. No disco da semana con Ari Magritte estarán os composteláns de Atrás Tigre. Baixo a dirección e presentación de Víctor López e coa produción de Marcos Vázquez e con Eladio Santos e Paco Lamilla.
-
16/06/2021
- Duración 59:59
19# Ondas Indies descubrindo a mariagrep
O capítulo 77 de Ondas Indies ten como convidada a compostelá María Gallego coñecida musicalmente como mariagrep que vén de publicar o seu primeiro disco na primavera deste ano. As estreas chegan da man de Ronroneo e Dani. No disco da semana con Ari Magritte estará Nuno Pico co seu proxecto de Grande Amore. Baixo a dirección e presentación de Víctor López e coa produción de Marcos Vázquez e con Eladio Santos e Paco Lamilla.
-
09/06/2021
- Duración 59:59
18# Ondas Indies atrapados por The Soul Jacket
O capítulo 76 de Ondas Indies ten como convidado ao líder da banda viguesa The Soul Jacket que veñen de publicar o seu novo disco Let me stand. As estreas chegan da man de Grande Amore e Carolina Durante. No disco da semana con Ari Magritte estarán os chantadinos Fábrica de Espejos. Baixo a dirección e presentación de Víctor López e coa produción de Marcos Vázquez e con Eladio Santos e Paco Lamilla.
-
02/06/2021
- Duración 59:59
17# Ondas Indies conta Vinte Corenta con Atrás Tigre
O capítulo 75 de Ondas Indies ten como convidados aos compostelás Atrás Tigre que están a piques de publicar o seu novo disco Vinte Corenta. As estreas chegan da man dos noieses Momboi e da compostelá mariagrep. No disco da semana con Ari Magritte estará Peña e coñeceremos da man de Eladio Santos o ídolo de Uka dos Seres Queridos e Kannon. Paco Lamila no seu Caixón de Xastre terá a Rabela e ELBA. Baixo a dirección e presentación de Víctor López e coa produción de Marcos Vázquez.
-
26/05/2021
- Duración 59:59
16# Ondas Indies vai polo Carreiro de Peña
O capítulo 73 de Ondas Indies ten como convidados a Peña que veñen de publicar o seu disco Carreiro. As estreas chegan da man de Ortiga e Budiño con Pablo Novoa. No disco da semana con Ari Magritte estarán The Soul Jacket e coñeceremos da man de Eladio Santos o ídolo de André de Momboi. Paco Lamila no seu Caixón de Xastre terá a Moito! Baixo a dirección e presentación de Víctor López e coa produción de Marcos Vázquez.
-
12/05/2021
- Duración 59:59
15# Ondas Indies afonda na mestizaxe de Momboi
O capítulo 72 de Ondas Indies ten como convidados aos noieses Momboi que están a piques de publicar os primeiros adiantos do que será o seu novo traballo. As estreas chegan da man de Peña e Atrás Tigre. No disco da semana con Ari Magritte estará o coruñés Ale e coñeceremos da man de Eladio Santos o ídolo de Isaac de Fábrica de Espejos. Baixo a dirección e presentación de Víctor López e con Paco Lamilla e Marcos Vázquez.
-
05/05/2021
- Duración 59:59
14# Ondas Indies escintila coas estrelas no chan de Tulip ondas indies pgm 70
O capítulo 70 de Ondas Indies conta coa entrevista a banda viguesa Tulip, que vén de publicar o seu novo traballo 'Estrelas no chan'. As estreas chegan da man da viguesa BFlecha e dos chantadinos Fábrica de Espejos. No disco da semana, con Ari Magritte, estará Chicharrón, e coñeceremos da man de Eladio Santos o ídolo de Iván de Linda Guilala.
-
21/04/2021
- Duración 59:59
13# Ondas Indies regresa a Carrero Bianco
O capítulo 69 de Ondas Indies entra no terreo da arqueoloxía musical, falando de recuperar pezas antigas, e diso conversa tamén na entrevista con Carrero Bianco. As estreas da semana chegan da man de mariagrep e Tulip. No disco da semana con Ari Magritte estará o Embora de Verto. Marcos Vázquez, a falta de concertos, atopa unha exposición en Ferrol sobre Andrés do Barro. E Paco Lamilla abrirá o seu Caixón de Xastre mirando tamén esta vez ao pasado. Baixo a dirección e presentación de Víctor López e Eladio Santos.
-
14/04/2021
- Duración 59:59
12# Ondas Indies prende unha fogueira intacta con Chicharrón
No capítulo 68 de Ondas Indies entrevistamos a Chicharrón que presenta o seu cuarto disco "Unha fogueira intacta". As estreas da semana chegan da man de Sen Senra e Verto. No disco da semana con Ari Magritte estarán os coruñeses Escuchando Elefantes. Baixo a dirección e presentación de Víctor López e con Eladio Santos, Marcos Vázquez e Paco Lamilla.
-
07/04/2021
- Duración 59:59
11# Ondas Indies cruza fronteiras con Linda Guilala
O capítulo 67 de Ondas Indies conta coa entrevista a banda viguesa Linda Guilala que é unha das que conta con maior reputación das galegas a nivel internacional. As estreas chegan da man de Baiuca e Babykatze. No disco da semana con Ari Magritte estarán Axolotes Mexicanos. Baixo a dirección e presentación de Víctor López e con Eladio Santos, Marcos Vázquez e Paco Lamilla.
-
31/03/2021
- Duración 59:59
10# Ondas Indies atrapa Lashormigas
O capítulo 66 de Ondas Indies conta coa entrevista a artista vigués Pau que é o creador do proxecto musical Lashormigas. Varias estreas chegan da man de Grande Amore e Soleá Morente facendo unha versión dun tema de Triángulo de Amor Bizarro. Abriremos un novo Caixón de Xastre xunto a Paco Lamilla. Baixo a dirección e presentación de Víctor López e como sempre estarán Ari Margritte, Eladio Santos e Marcos Vázquez.
-
24/03/2021
- Duración 59:59
9# Ondas Indies pescuda a Sleepy Spice
O capítulo 65 de Ondas Indies conta coa entrevista a artista Sleepy Spice coa que afondaremos no seu anonimato creativo. Varias estreas galegas chegan da man de Verto, Ede e Xoel López ou Tulip. Descubriremos a unha nova referencia musical da man do sarriano Diego Castro. Baixo a dirección e presentación de Víctor López (@Victorsaians) e como sempre estarán Ari Margritte, Eladio Santos, Marcos Vázquez e Paco Lamilla.
-
17/03/2021
- Duración 59:59
8# Ondas Indies con Castro
Este xoves o capítulo 64 de Ondas Indies contará coa entrevista ao sarriano Diego Castro, ex Disco Las Palmeras e Deluxe, que nos falará do seu novo proxecto chamado Castro. No disco da semana con @ARiMagritte afondaremos no novo de Los Hermanos Cubero, mentres que coñeceremos as estreas galegas da man de Chicharrón e Baiuca. Baixo a dirección e presentación de Víctor López (@Victorsaians) e como sempre estarán Eladio Santos (@EladioSoyYo), Marcos Vázquez (@MarcoSerQuerido) e Paco Lamilla. (@lesonajero).
-
10/03/2021
- Duración 59:59
7# Ondas Indies coa Ukestra do Medio
Capítulo 63 de Ondas Indies coa entrevista aos Ukestra do Medio. No disco da semana de Ari Magritte afondamos no novo de Lashormigas. Coñecemos tamén as estreas de Verto, Sleepy Spice e Grande Amore.
-
03/03/2021
- Duración 59:59
6# Un día espectacular dos Familia Caamagno en Ondas Indies
Este xoves o capítulo 62 de Ondas Indies contará coa entrevista a Familia Caamagno que nos presenta o seu docu concerto: "Un día espectacular". No disco da semana con @ARiMagritte afondaremos no novo de Silvia Penide, mentres que coñeceremos o ídolo de Rafa de Triángulo de Amor Bizarro. Baixo a dirección e presentación de Víctor López (@Victorsaians) e como sempre estarán Eladio Santos (@EladioSoyYo), Marcos Vázquez (@MarcoSerQuerido) e Paco Lamilla. (@lesonajero).
-
24/02/2021
- Duración 59:59
5# Ondas Indies estrea o novo de Triángulo
Este xoves o capítulo 61 de Ondas Indies contará coa entrevista a Triángulo de Amor Bizarro que nos presenta o seu novo disco, e estrea en exclusiva do primeiro single. No disco da semana con @ARiMagritte afondaremos no novo de Ortiga e Grande Amore, mentres que coñeceremos o ídolo da coruñesa Silvia Penide. Baixo a dirección e presentación de Víctor López (@Victorsaians) e como sempre estarán Eladio Santos (@EladioSoyYo), Marcos Vázquez (@MarcoSerQuerido) e Paco Lamilla. (@lesonajero)..
-
17/02/2021
- Duración 59:59
4# Ondas Indies cos dous de sempre, Boyanka Kostova
Este xoves o capítulo 60 de Ondas Indies contará coa entrevista aos santiagueses Boyanka Kostova que o próximo sábado tamén estarán no Galicia Emerxe da Televisión de Galicia, e descubriremos o ídolo musical de Rubén de Maryland. Escoitaremos o novo de Ortiga e Grande Amore e como disco da semana estarán Los Lagos de Hinault no espazo de @ARiMagritte. Baixo a dirección e presentación de Víctor López (@Victorsaians) e como sempre estarán Eladio Santos (@EladioSoyYo), Marcos Vázquez (@MarcoSerQuerido) e Paco Lamilla. (@lesonajero)..
-
10/02/2021
- Duración 59:59
3# Ondas Indies con Silvia Penide
O capítulo 59 de Ondas Indies ten como entrevistada á coruñesa Silvia Penide, que presenta o seu novo disco. Descubrimos o ídolo musical de Samuel de Ataque Escampe. No disco da semana: ARi Magritte afonda no novo de Malandrómena.
-
03/02/2021
- Duración 59:59
2# Ondas Indies fai o seu Ataque Escampe
Este xoves o capítulo 57 de Ondas Indies contará coa entrevista a banda compostelá Ataque Escampe, ademais coñeceremos o novo de Os Amigos dos Músicos e descubriremos o ídolo musical do coruñés Ale. Como cada semana abriremos o Caixón de Xastre de Paco Lamilla (@lesonajero) que esta semana nos trae o novo dos pontevedreses Desamortización (de Mendizábal). E como sempre estarán Eladio Santos (@EladioSoyYo), Arancha Vilas (ARiMagritte) Marcos Vázquez (@MarcoSerQuerido) e baixo a dirección e presentación de Víctor López (@Victorsaians).
-
20/01/2021
- Duración 59:59
OI CUCO CUQUEIRO!