Música

Notas de Jazz

Programa da Radio Galega Música especializado na divulgación da música Jazz, que agora tamén podes escoitar en formato podcast. Dirixe Xabier Facal. ...

Listaxe de episodios

Temporadas do programa
21 episodios
Imaxe do podcast Jazz Galego acabado de muxir

21# Jazz Galego acabado de muxir

Na derradeira edicción desta temporada, centrámonos nos últimos lanzamentos dentro da escea galega do Jazz, músicos galegos dun alto nivel que se inspiran coa linguaxe da improvisación, e a súa vez, as súas creacións inspiran a novas xeracións de músicos galegos.

  • 27/06/2022
  • Duración 61:2
Imaxe do podcast Leo Caldas, exquisito gusto musical

20# Leo Caldas, exquisito gusto musical

60 minutos influenciados polo gusto musical do inspector Leo Caldas, o personaxe creado por Domingo Villar, autor de tres aclamadas e exitosas novelas que presentan ao seu protagonista.

  • 27/06/2022
  • Duración 62:56
Imaxe do podcast Jazz na banda sonora das películas de espionaxe

19# Jazz na banda sonora das películas de espionaxe

Exploramos as formas na que o jazz evocativo se utilizou en películas e televisión, xa que foi a xenialidade desta música a que axudou a impulsar as escenas de acción na pequena e gran pantalla.

  • 27/06/2022
  • Duración 59:54
Imaxe do podcast Beatles e Jazz, respeto mútuo

18# Beatles e Jazz, respeto mútuo

A popularidade e o poder das cancións dos Beatles extendeuse máis alá dos reinos da música Pop ata chegar ao terreo do Jazz. Ninguén pode escapar á influencia dos Beatles e todos dalgún xeito queren render a súa homenaxe.

  • 27/06/2022
  • Duración 61:12
Imaxe do podcast A férrea elegancia do organista Baby Face Willette

17# A férrea elegancia do organista Baby Face Willette

50 minutos adicados a un músico diminuto, ben vestido 4 cun sorriso cautivador, o organista de jazz "Baby Face" Willette.

  • 12/04/2022
  • Duración 63:58
Imaxe do podcast Hank Mobley: a honestidade dun artista

16# Hank Mobley: a honestidade dun artista

Neste Notas de Jazz recuperamos a un dos grandes saxofonistas estadounidenses do jazz moderno e inxustamente descoidado, Hank Mobley

  • 05/04/2022
  • Duración 65:32
Imaxe do podcast A narrativa: a improvisación que conta

15# A narrativa: a improvisación que conta

A narrativa musical en Jazz refírese a unha improvisación que proporciona ao ointe unha expresión coherente de frases melódicas. Seleccionamos nesta edición de 'Notas de Jazz' a mestres da narración musical.

  • 15/03/2022
  • Duración 59:39
Imaxe do podcast New Orleans como berce do funk

14# New Orleans como berce do funk

En xeral acéptase que o lugar de nacemento do jazz é Nova Orleans e que alí se interpretou por primeira vez a principios do século XX. Sen embargo, non é o único estilo musical que xurdiu na cidade crecente, a fináis da década de 1950 outro novo estilo de música, o "funk", xermolou en Nova Orleans e a mediados da década de 1960 estaba en todas as partes.

  • 14/02/2022
  • Duración 60:26
Imaxe do podcast Jazz en tempos de COVID-19 (I)

13# Jazz en tempos de COVID-19 (I)

O COVID-19 pechou a economía mundial en pouco tempo, cunha maior incidencia se cabe na industría musical, que viu como a maioría das datas en clubes e festivais foron canceladas. Os álbums seleccionados nesta edición son todos lanzamentos publicados durante o confinamento, período no que os músicos se viron particularmente afectados polo distanciamento social, especialmente á hora de rexistrar a súa música.

  • 31/01/2022
  • Duración 63:16
Imaxe do podcast Xosé Miguélez, emerxente e consolidado, no Ciclo Butaca de Jazz 2021

12# Xosé Miguélez, emerxente e consolidado, no Ciclo Butaca de Jazz 2021

Actuación rexistrada no Ciclo Jazz de Butaca, e que che ofrece en exclusividade a través deste espazo da Radio Galega, o concerto ofrecido polo quarteto do Saxofonista Xosé Miguélez e o pianista Jean-Michel Pilc. Unha formación que deixa suficiente espacio para a improvisación pero sen sofocar os seus propios impulsos creativos.

  • 24/01/2022
  • Duración 62:13
Imaxe do podcast A Charlie Brown Chistmas

11# A Charlie Brown Chistmas

A banda sonora que introduciu o jazz a unha xeración completamente nova.

  • 22/12/2021
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast O instrumento é a voz

10# O instrumento é a voz

Billie Holiday, Frank Sinatra, Betty Carter, Jon Hendricks ou Dinah Washington: neste Notas de Jazz escoitamos con Xabier Facal ás mellore voces do xénero.

  • 15/12/2021
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast Bandas en teatros de Harlem

9# Bandas en teatros de Harlem

  • 30/11/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Mulleres do século XXI

8# Mulleres do século XXI

  • 30/11/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Diante do mostrador das novidades discográficas

7# Diante do mostrador das novidades discográficas

Facemos un repaso polas novas obras do xénero. Talentos emerxentes e as voces de sempre nas últimas estreas.

  • 17/11/2021
  • Duración 62:43
Imaxe do podcast Sempre é unha delicia reencontrarse con Grant Green

6# Sempre é unha delicia reencontrarse con Grant Green

Afondamos nas primeiras gravacións para o selo Blue Note, dun músico que se distingue dos demáis polo seu carácter, o guitarrista Grant Green. Gravou 7 álbums entre os anos 1961 e 1962, e 4 foron arquivados, co que Grant Green nunca os viu editados.

  • 08/11/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast As xemas ocultas de Black Jazz Records

5# As xemas ocultas de Black Jazz Records

Cando o pianista Gene Russell e o percusionista Dick Schory fundaron Black Jazz Records en, California, 1969; a razón de ser do selo era promover o talento dos xóvenes músicos e cantantes de jazz afroamericanos, ainda que isto era só unha parte da súa visión para o selo.

  • 03/11/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast O primeiro quinteto clásico de Miles Davis

4# O primeiro quinteto clásico de Miles Davis

As gravacións que realizou entre 1955 e 1956 o primeiro quinteto clásico de Miles Davis. Na primeira metade de 1955, Miles Davis estaba nun estado de forma excepcional, só lle faltaba un selo discográfico máis potente e unha banda estable de excelentes músicos

  • 02/11/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Celebramos o legado de Dr. Lonnie Smith

3# Celebramos o legado de Dr. Lonnie Smith

O organista e mestre do Jazz que estivo empurrando os límites do órgano Hammond dende a década de 1960, o seu implacable groove quedou rexistrado en máis de setenta álbums.

  • 27/10/2021
  • Duración 59:54
Imaxe do podcast O Dek-Tette de Marty Paich e Mel Tormé desperta os teus sentidos

2# O Dek-Tette de Marty Paich e Mel Tormé desperta os teus sentidos

Exploramos a música do arranxista Marty Paich, a que produciu xunto ao vocalista Mel Tormé na súa serie de álbums co dek-tette. Inspirado no estilo do tenteto de Gerry Mulligan.

  • 27/10/2021
  • Duración 63:56
Imaxe do podcast Pete La Roca, un músico conectado coa creatividade dos anos 60

1# Pete La Roca, un músico conectado coa creatividade dos anos 60

Na década dos 60, Blue Note encontrou unha nova xeración de músicos que combinaron o Bebop e o Hardbop cunha nova liberdade. Entre eles estaba o baterista Pete La Roca.

  • 27/10/2021
  • Duración 64:52
16 episodios
Imaxe do podcast Na memoria: Telmo Fernández

16# Na memoria: Telmo Fernández

O guitarrista lucense Telmo Fernández deixounos o 13 de Xuño de 2023, coa formación de trío de órgano tocou e grabou con algúns dos mellores órganistas da escena como Brian Charette. Un guitarrista técnicamente impresionante que claramente absourveu influencias de todos los mestres clásicos, pero o seu marco de referencia foi moito máis alá do jazz.

  • 09/10/2023
  • Duración 59:49
Imaxe do podcast De Luther Alisson a Robben Ford

15# De Luther Alisson a Robben Ford

Luther Alisson autodidacta coa guitarra, comezou a escoitar blues a fondo en 1951. Tres anos despois empezou a frecuentar locais nocturnos de blues en Chicago coa esperanza de que alguen o invitara a tocar. Fiixoo con Howlin' Wolf Robben Ford, comenzou a tomar clases de guitarra aos 13 anos. A fama mundial como guitarrista chegoulle en 1986, ano no que figurou como guitarrista no staff da xira de Miles Davis.

  • 09/10/2023
  • Duración 60:50
Imaxe do podcast Resonance Records, Arqueoloxía musical (I)

14# Resonance Records, Arqueoloxía musical (I)

Gravacións rescatadas por Resonance Records, un selo sen fins de lucro dirixido por George Klabin e Zev Feldman, que en pouco tempo converteuse nunha presenza dominante nos lanzamentos históricos de jazz.

  • 09/10/2023
  • Duración 60:50
Imaxe do podcast Ahmad Jamal, o pianista cristalino

13# Ahmad Jamal, o pianista cristalino

Ahmad Jamal, o pianista cristalino. Un dos intérpretes máis atractivos da historia do jazz, e que influíu en case tódolos pianistas que tocaron na súa época. A combinación do soberbio contrabaixo de Israel Crosby e o traballo coas vasoiriñas de Vernel Fournier deulle ao trío de Ahmad un swing contundente que outros tríos rara vez lograron.

  • 24/04/2023
  • Duración 60:14
Imaxe do podcast O memorable cuarteto de Art Farmer con Jim Hall

12# O memorable cuarteto de Art Farmer con Jim Hall

Art Farmer e Jim Hall uniron as súas forzas a finais de 1962, formando un cuarteto de curta duración pero moi creativo, que nos deixou un puñado de grabacións cheas de música memorable.

  • 07/04/2023
  • Duración 60:30
Imaxe do podcast Billy Harper. O último dos tenores de texas

11# Billy Harper. O último dos tenores de texas

'Texas tenor', etiqueta que xa non se utiliza moito, simplemente porque xa non quedan moitos. O estilo comezou na década dos 40 con saxofonistas como Illinois Jacquett, Arnett Cobb, Buddy Tate, King Curtis e David 'Fathead' Newman. O son que conseguían era grande e audaz con un swing impoñente dende a primeira nota.

  • 03/04/2023
  • Duración 60:20
Imaxe do podcast Colleita do 2022

10# Colleita do 2022

No derradeiro programa do ano repasamos algúns dos mellores discos galegos publicados no 2022.

  • 31/12/2022
  • Duración 63:50
Imaxe do podcast O Universo de Lucía Fumero. Ciclo Butaca de Jazz 2022

9# O Universo de Lucía Fumero. Ciclo Butaca de Jazz 2022

Abría o segundo concerto do terceiro ciclo butaca de Jazz o piano e a voz de Lucía Fumero, escoltada polo contrabaixo de Martín Leiton e a batería e as percusións de David Xirgu. Un trío excepcional que ​aproveita ao máximo a dinámica e a interacción entre os seus integrantes, a compositora catalana presentaba o seu último álbum Universo Normal.

  • 23/12/2022
  • Duración 67:38
Imaxe do podcast Paco Charlín, a arte maiúscula. Ciclo Butaca de Jazz 2022

8# Paco Charlín, a arte maiúscula. Ciclo Butaca de Jazz 2022

Culmina con éxito o ciclo de concertos ​Butaca de Jazz onde os asistentes ao evento puideron desfrutar de excelentes músicos. Actuacións como a do trío do contrabaixista vilanovés Paco Charlín, acompañado polos eficaces Xan Campos no Piano e Naima Acuña na bateria e cun invitado para a ocasión, o saxofonista Fernando Sánchez.

  • 15/12/2022
  • Duración 66:12
Imaxe do podcast A batería contemporánea ten pai, Roy Haynes

7# A batería contemporánea ten pai, Roy Haynes

Edición na que centramos a atención no traballo do baerista Roy Haynes. Aprendeu, coñeceu e tocou con moita xente, dende Charlie Parker ata John Coltrane, precisamente con Coltrane sentiu unha liberdade especial, podía tocar todas as cousas que soñaba tocar.

  • 13/12/2022
  • Duración 60:36
Imaxe do podcast Michael Petrucciani, entusiasmo inesgotable

6# Michael Petrucciani, entusiasmo inesgotable

Música do pianista Michael Petrucciani, un dos grandes románticos do jazz pianístico, floreceu a pesar dunha grave discapacidade física. O pianista naceu cunha osteoxénese imperfecta, tamén coñecida como "osos de cristal", una enfermidade que atrofiou o seu crecemento pero non impediu que o seu talento brillase.

  • 28/11/2022
  • Duración 66:2
Imaxe do podcast Steely Dan e Joni Mitchell, agradecidos á guitarra de Larry Carlton

5# Steely Dan e Joni Mitchell, agradecidos á guitarra de Larry Carlton

Moitos álbums omitiron os créditos na década de 1970, especialmente cando contrataron a profesionais de estudio. Algunas excepciones a isto foron Steely Dan e Joni Mitchell, quenes foron os únicos en proporcionar listas detalladas de todos os músicos que tocaron. Larry Carlton estaba entre eles. Escoitámolos neste Notas de Jazz

  • 03/11/2022
  • Duración 63:4
Imaxe do podcast Brasileiros nos Estados Unidos, eclecticidade pura

4# Brasileiros nos Estados Unidos, eclecticidade pura

Unha edición de Notas de Jazz na que intentaremos reunir os mellores traballos que foron creados por artistas brasileiros que vivían e traballaban nos EE.UU. na década de 1970.

  • 27/10/2022
  • Duración 64:22
Imaxe do podcast Viaxe ao mundo do jazz de finais dos anos 50

3# Viaxe ao mundo do jazz de finais dos anos 50

Xabier Facal recoméndanos desde Notas de Jazz o mellor desta música que, ao longo de máis dun século de historia, construíuse a si mesma como un xénero musical con discurso propio.

  • 10/10/2022
  • Duración 65:35
Imaxe do podcast De cando o Boogaloo tomou as rúas de Harlem

2# De cando o Boogaloo tomou as rúas de Harlem

O Harlem español foi un lugar turbulento a finais dos sesenta. No verán de 1967, este colectivo expresou a súa frustración polos costumes culturais e raciais da época a través do Latin Soul e especialmente co efervescente son do Boogaloo.

  • 03/10/2022
  • Duración 71:9
Imaxe do podcast Joey DeFrancesco, responsable do rexurdimento do órgano Hammond

1# Joey DeFrancesco, responsable do rexurdimento do órgano Hammond

Nova temporada de Notas de Jazz. Edición que adicamos a un talento xeracional que traballou xunto a Ray Charles, Miles Davis ou Van Morrison… o organista de jazz, compositor e director de orquesta Joey DeFrancesco, falecido o 25 de Agosto de 2022 á idade de 51 anos.

  • 22/09/2022
  • Duración 65:5
6 episodios
Imaxe do podcast Serge Chaloff, inspiración suficiente para voar

6# Serge Chaloff, inspiración suficiente para voar

  • 01/12/2023
  • Duración 64:10
Imaxe do podcast Hugh Lawson, a perfección ben planificada

5# Hugh Lawson, a perfección ben planificada

Se hai algún saxofonista tenor dos anos cincuenta que foi infravalorado ese é Yusef Lateef, pero a arte de Lateef non se desenvolveu por sí soa, senón que tamén dependeu de músicos altamente competentes. Un de eles é Hugh Lawson, un brillante pianista que por alguna razón descoñecida nunca chegou a ser un gran "nome".

  • 01/12/2023
  • Duración 64:49
Imaxe do podcast Mulleres que necesitas coñecer

4# Mulleres que necesitas coñecer

Centramos a atención nunha nova escola de artistas de Jazz moderno que reimaxinan e reinventan o jazz contemporáneo actual. Estas artistas mantéñense fieis á esencia do jazz ao tempo que modifican o seu son con influencias modernas.

  • 01/12/2023
  • Duración 63:16
Imaxe do podcast Os "Young Lions" e a preservación das tradicións do Jazz

3# Os "Young Lions" e a preservación das tradicións do Jazz

Cando a década de 1970 tocaba o seu fin, a o cuestión sobre o futuro do jazz era polémica. Miles Davis electrificara o seu son; Herbie Hancock estaba abrazando o hip-hop, e o Jazz fusionábase co Rock alonxándose da tradición. Neste contexto, un grupo de músicos mozos e talentosos marcaron un regreso aos fundamentos do jazz, chamáronos os Young Lions

  • 17/10/2023
  • Duración 64:30
Imaxe do podcast Jazz do S.XXI, un crisol de culturas.

2# Jazz do S.XXI, un crisol de culturas.

O jazz moderno reflexa a diversidade musical actual. Os innumerables estilos que influen no jazz actualmente revelan un arco da vella de culturas globais, abertas ás posibilidades da improvisación.

  • 09/10/2023
  • Duración 60:51
Imaxe do podcast Mellor en familia e con amigos

1# Mellor en familia e con amigos

Celebramos a 7 tempada de Notas de Jazz cunha edición moi familiar, con rexistros que comparten un sentido de familia e comunidade, cualidade que é especialmente evidente nos convidados que seleccionamos para ti.

  • 09/10/2023
  • Duración 63:6

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast Reverend Gary Davis (17/12/2023)

8# Reverend Gary Davis (17/12/2023)

Gary D. Davis pasou á historia co alcume do Reverendo. Non en van, está considerado un dos puntais do gospel blues e un dos artistas que mellor aproveitaron o revival tradicionalista de comezos dos anos 60. Davis tiña todo o necesario: boa voz, boa técnica coa guitarra e unha soberbia actitude interpretativa. No episodio de hoxe a dose galega de blues corre a cargo do ourensán MCarballo, nome artístico do músico e debuxante Manuel Carballo.

  • 19/12/2023
  • Duración 62:23
Imaxe do podcast Tres peixes voando 17.12.2023

7# Tres peixes voando 17.12.2023

No programa de hoxe escoitamos varias duplas, a Rozalén e Tanxugueiras, Nastasia Zürcher e Guadi, Ortiga e Pili Pampín, Mark dos Santos e Andrés Boutureira... e viaxamos a Portugal da man de Luisa Sobral ou a Brazil da de Michele Leal. Atrevémonos ao vivo co Milho Verde do Zeca.

  • 19/12/2023
  • Duración 119:59
Imaxe do podcast Escolma de música galega

6# Escolma de música galega

Neste programa ofrecemos unha variada escolma de propostas musicais galegas de raíz.

  • 19/12/2023
  • Duración 63:26
Imaxe do podcast Eric Clapton (10/12/2023)

5# Eric Clapton (10/12/2023)

A historia do blues non sería a mesma sen Eric Patrick Clapton. Curtido en bandas como os Yardbirds ou os Bluesbreakers de John Mayall antes de formar os míticos Cream para despois triunfar tamén como solista, Clapton segue en activo aos seus case 80 anos. É un dos grandes nomes da historia do rock británico, pero a diferenza doutros compatriotas de renome, o seu sustrato artístico sempre foi o blues. Ademais de repasar a súa relación coi xénero que nos ocupa, escoitamos o coruñés Luis Moro.

  • 19/12/2023
  • Duración 60:35
Imaxe do podcast Blind Lemon Jefferson (03/12/2023)

4# Blind Lemon Jefferson (03/12/2023)

Blind Lemon Jefferson é unha das figuras máis relevantes da Historia do blues. Foi o primeiro intérprete masculino do xénero que acadou o éxito comercial masivo, nunha época, a década dos anos 20 do século pasado, en que as que máis discos vendían eran mulleres como Bessie Smith, Ma Rainey ou Ida Cox. A diferencia delas, Jefferson compuxo boa parte dos temas cos que triunfou. No programa de hoxe tamén escoitaremos un interesante cantante e acordeonista vigués de espírito errante, Joe Barnara.

  • 19/12/2023
  • Duración 61:11
Imaxe do podcast Slim Harpo (26/11/2023)

3# Slim Harpo (26/11/2023)

Slim Harpo é seguramente o maior expoñente do que deu chamarse swamp blues ou blues do pantano, o que agromou nalgunhas das zonas máis inhóspitas de Louisiana. Devoto de Jimmy Reed e da súa economía de medios en busca dunha maior efectividade, Harpo soubo incorporar elementos do zydeco ou do cajun entre outros estilos. A súa é unha proposta repousada, elegante e de escoita doada, que tivo un notable éxito comercial. Tamén teremos tempo de escoitar o blues en galego de Brais das Hortas...

  • 19/12/2023
  • Duración 60:20
Imaxe do podcast Lead Belly (19/11/2023)

2# Lead Belly (19/11/2023)

Lead Belly foi un tipo duro que pasou moitos anos no cárcere antes de ser descuberto como artista. Pero non é menos certo que era tamén un cantante e guitarrista talentoso, que sabía de memoria centos de cancións. Lead Belly pode considerarse un bluesman metido a folksinger ou á inversa. El é o protagonista nunha nova entrega da Lista Negra en que tamén soan os coruñeses Doctor Snob...

  • 19/12/2023
  • Duración 60:42
Imaxe do podcast Stevie Ray Vaughan (12/11/2023)

1# Stevie Ray Vaughan (12/11/2023)

A Lista Negra chega ao medio cento de programas. 50 horas, 3.000 minutos dedicados ao blues. E para celebralo repasamos a intensa traxectoria dun dos mellores guitarristas de todos os tempos, o irrepetible Stevie Ray Vaughan. Responsable do rexurdimento do Texas blues, Stevie viviu ao límite, morreu novo e deixou un oco que ninguén poderá encher xamais. Como sempre, escoitaremos tamén o achegamento á música máis honesta que existe dun grupo galego, desta volta os pontevedreses Gold & Colt.

  • 19/12/2023
  • Duración 63:42

Playlists