Neste episodio do MOITO OLLO falamos da masculinidade tóxica e da masculinidade fráxil. Existen novas masculinidades? Cales son os estereotipos sobre os homes? Afecta o machismo ó xeito de vivir dos homes? De todo isto e de moito máis falamos hoxe, no último capítulo da primeira tempada.
-
31/03/2022
- Duración 26:39
A masturbación feminina segue a ser un tabú porque non falamos dela coa naturalidade precisa. O orgasmo está cheo de estereótipos e mitos. No Moito Ollo ponemos o foco no pracer das mulleres, no xeito de vivir en liberdade os nosos corpos. De unha morea de tabús falamos hoxe, no MOITO OLLO.
-
24/03/2022
- Duración 23:57
18# Corpos opinables: Dismorfia, operacións e críticas
Nun anaco chega a tempada onde acostumamos a deixar os abrigos e ensinamos carne. A sociedade opina sobre os corpos, en especial sobre os das mulleres. Durante os últimos anos os TCA cuadriplicáronse, cada vez son máis os casos de dismorfia corporal e a obsesión por acabar un ideal de beleza. As operacións e retoques estéticos aumentan aínda que por outra banda criticamos a todas as mulleres operadas. De todo isto e de moito mais falamos hoxe no MOITO OLLO.
-
17/03/2022
- Duración 26:52
17# As mulleres e os coidados
As mulleres son as principais coidadoras. Recae na muller o papel de coidadora dos fillos, pais e persoas dependentes. Dende pequenas ensinamos ás rapazas a estar no rol de ser protagonista da vida doméstica. Mudou a sociedade? Existe o reparto equitativo nas tarefas? De todo isto falamos hoxe, no Moito Ollo da Radio Galega.
-
10/03/2022
- Duración 24:50
A solidaridade entre mulleres recibe o nome de SORORIDADE. Mulleres que loitamos polo mesmo motivo, a igualdade. Un termo que empregamos hoxe pero que ven de lonxe e que é un dos motivos polos que se celebrar o 8M. De mulleres apoiando a mulleres, de Kate Millet, das películas Chicas Malas ou Thelma e Louise falamos hoxe, no Moito Ollo.
-
03/03/2022
- Duración 29:14
15# Falamos da Violencia de Xénero
No episodio de hoxe falamos da violencia que afecta ás mulleres polo feito de ser mulleres. A Violencia de Xénero , do tipo que sexa (físico, psicológica, sexual, vicaria...) busca erosionar a autoestima da vítima. Se ben e certo que dende a última década as políticas e campañas baseadas na concienciación social están aí, traballando, todo isto parece non ser suficiente para erradicar esta lacra social dun xeito definitivo. No 2021 morreron 44 mulleres, no 2020 47 e no que levamos deste 2022 xa son 3 as vitimas mortais por Violencia de Xénero.
-
24/02/2022
- Duración 28:54
14# A moda como revolución
Na socioloxía a moda é concebida como o proceso de transformación que non se detén e de tendenza gradual das preferenzas dos membros dunha sociedade determinada en todo tipo de ámbitos. A real academia da lingua define moda como o uso ou estilo que manifesta aceptación dunha determinada maneira de vivir, expresarse, vestir… por parte dun grupo mais o menos números en un momento determinado ou época determinada. Se xuntamos a moda como un xeito de expresarnos e de estar no mundo….pode que sexa un bo momento para poñer os ollos en diferentes épocas, en diferentes momentos nos que as mulleres, empregando a moda, foron quen de dicir como querían estar na sociedade…
-
17/02/2022
- Duración 26:52
13# O pracer das mulleres
Existe algo antigo, moi antigo…Algo máis antigo que a mesma relixión . Algo que é universal e que todos podemos e debemos empregar dun xeito libre. Hoxe queremos falar no moito ollo do pracer nas mulleres, do pracer das mulleres. Dese pracer que ten ainda moitos mitos contra os que loitar. E polos que temos que procurar unha sociedade que dialogue, que fale sen medo e que aposte pola igualdade.
-
10/02/2022
- Duración 27:53
12# Os medos das mulleres
O medo é unha emoción do ser humano. Pero... sabedles que existen medos femininos? Sabedles que as mulleres tememos a cousas polo feito de ser muller? Medramos co medo a quedar embarazadas, o medo a ir soas pola rua. Tememos que xulguen os nosos corpos ou que abusen deles... De isto e de moito máis falamos hoxe, no MOITO OLLO.
-
03/02/2022
- Duración 21:57
11# A menopausa silenciada
A menopausa segue a ser unha das cousas das que non falamos o suficiente. Moitas mulleres padecen en silencio os efectos do proceso natural polo cal deixamos de menstruar. Pero… A menopausa non é sinónimo de deixar de existir ou de ter unha vida plena como mulleres. De isto e de moitas outras cousas, falamos no episodio de hoxe.
-
27/01/2022
- Duración 27:34
10# As profesións non teñen xénero
Ata mediados do século pasado as profesións femininas estaban relacionadas cos coidados. Moitas pioneiras no mundo do deporte foron mulleres galegas e unha das primeiras mulleres en ter licencia de taxi era de Pontevedra. Os estereotipos de xénero tamén afectan ós homes que montas veces sinten que non poden ser bailaríns, perruqueiros ou enfermeiros. De todo isto e de moito máis, falamos neste novo episodio.
-
19/01/2022
- Duración 26:47
A depilación é en moitas ocasións unha imposición para as mulleres. Cando comezou o costume de quitar o pelo corporal? Padecen esa presión os homes? Sabedes que é o pico de viúva? De todo isto e moito máis, falamos neste episodio de Moito Ollo.
-
13/01/2022
- Duración 25:33
Calcúlase que as mulleres españolas cobran un 11,1% menos que os homes. Esta desigualdade é coñecida como brecha salarial. Rachar coas diferencias dando recursos as mulleres e dar poder á igualdade, Hoxe falamos do empoderamento individual e colectivo.
-
05/01/2022
- Duración 26:46
7# Algúns estereotipos de xénero
A cor rosa é para as nenas e o azul é para os nenos. As nenas xogan a ser princesas e os nenos pelexan e xogan ó fútbol. Os homes son fortes e as mulleres delicadas e sensibles. Hoxe falamos de estereotipos de xénero facendo un breve repaso por algúns dos que atopamos incluso antes de chegar ó mundo.
-
23/12/2021
- Duración 26:53
6# A toxicidade no amor romántico
Neste novo episodio analizamos os aspectos tóxicos do amor romántico. Algunhas películas e cancións perpetúan a idea da media laranxa e do príncipe azul pero xa está ben de fomentar isto. O verdadeiro amor nin fai dano nin supón sufrimento. Poñemos sobre a mesa o mito do amor romántico e os seus perigos.
-
21/12/2021
- Duración 28:12
5# Cando a maternidade é unha obriga
É a maternidade unha obriga? Asociamos a maternidade como sinónimo de felicidade? Están incompletas as mulleres que non son nais? Neste episodio reparamos en como a sociedade impón a decisión de ser nai ás mulleres, coñecemos que é a xeración NOMO (no mother) e analizamos comportamentos machistas coas mulleres que deciden non ser nais.
-
16/12/2021
- Duración 27:31
4# Os piropos: cando a gabanza é acoso
Por definición un piropo ou gavanza é algo positivo. Pero hai xeitos de falar e de comportarse que acaban xerando violencia. Da orixe dos piropos, do acoso a pé de rúa e da cosificación das mulleres falamos hoxe en Moito ollo!
-
09/12/2021
- Duración 24:17
Os corpos non normativas semellan ser motivo de mofa. As mulleres que teñen sobrepeso soportan a diario comentarios sobre os seus kilos baixo a excusa da saúde. A obsesión polo peso, o mundo da imaxe e como a sociedade rexeita as diferenzas, hoxe en Moito Ollo.
-
02/12/2021
- Duración 18:58
2# A menstruación, cousa de rapazas
A menstruación foi considerada durante moitos anos coma unha cousa do demo. Aínda perviven moitos mitos e lendas que fan que a vida das mulleres se vexa trastocada os días da regra. De como a sociedade trata a menstruación e de moitos temas máis fala Ana Gayoso neste Moito Ollo.
-
25/11/2021
- Duración 24:36
1# Vas quedar para vestir santos
Existe toda unha serie de mitos e lendas sobre as mulleres solteiras. Tamén sobre o feito de ter ou non ter parella e ver na soltería un sinónimo de soidade. Sobre estas cuestión e outras tantas, reflexionamos hoxe en Moito Ollo.
-
18/11/2021
- Duración 24:37