

61# Escolma de música galega
Neste programa ofrecemos unha variada escolma de propostas musicais galegas de raíz.
- 19/12/2023
- Duración 63:26
Neste programa ofrecemos unha variada escolma de propostas musicais galegas de raíz.
Novidades – O Recuncho Da Palleta (xunto a Gustavo Couto falamos coa organización do Festival Internacion Rebulir e ofrecemos a segunda entrega de músicas do ciclo do nadal) - Entrevista a Ailá (presentación dos seus discos "Sansolimón" e Ailá De Nadal)
Novidades – O Recuncho Da Palleta (con Gustavo Couto e a súa primeira entrega de músicas do ciclo do nadal) - Entrevista a Barahúnda (presentación do seu novo traballo "Fremosas")
Novidades – O Recuncho Da Palleta (con Guillerme Inácio falándonos do "Serán Desta Aldea 2023: Aboal") - Entrevista a Xistra De Coruxo (presentación do seu novo disco "Choven Flores No Rosal")
Novidades – O Recuncho Da Palleta (con Vítor Otero e a visita de Bruno Villamor falaremos dos actos organizados para a celebración do 75 aniversario de Cántigas E Frores de Lugo) – Entrevista de presentación do libro-disco colectivo “Oceanoe. Travesía Polo Mar Das Antelas”
Novidades – O Recuncho Da Palleta (con Xaime Estévez e o terceiro dos especiais "Nomes Propios". Nesta ocasión recibindo a visita de Luís Correa “O Caruncho”) - Entrevista a Ker Cuez (presentación do seu disco "Noctámbulos")
Novidades – O Recuncho Da Palleta (con Ramón Dopico e a visita de Airiños de Fene para falarnos da súa XXXV Xuntanza de Gaiteiros – Homenaxe a Pancho Álvarez) - Entrevista a Fernando Barroso (presentación do seu novo disco "Man")
Moitas novidades - Entrevista ao grupo Airiños Da Peneda (presentación do seu novo disco "Sorrisos No Ceo")
Novidades – O Recuncho Da Palleta (con Xaime Estévez e a visita de Carlos Rey e Cristian Silva para falarnos do seu libro sobre “A Farsa Do Carril”) – Entrevista ao grupo Mediarea (presentación do seu primeiro disco “Sebo De Ghrilo”)
Novidades - O Recuncho Da Palleta (con Vítor Otero e os sons en directo do Domingo das Mozas, no San Froilán de Lugo) - Entrevista a Volta E Dálle (presentación do seu novo disco "Tempo Detido")
Novidades - O Recuncho Da Palleta (con Gustavo Couto e unha conversa coa organización do "Pasabodeghas") - Entrevista a María Do Ceo (presentación do seu novo traballo "Galicia Nai")
Novidades - O Recuncho Da Palleta (con Ramón Dopico, acompañado por Xabier Carro Garrote, nun especial sobre "Músicas de Cedeira") - Entrevista a Leni Pérez e Roberto Comesaña (presentación do seu disco "De Ramo En Ramo")
Novidades - O Recuncho Da Palleta (con Gustavo Couto homenaxeamos á gran e querida Dorothé Schubart, recentemente falecida) - Entrevista a Xascariz (presentación do seu disco "Regalía")
Novidades - O Recuncho Da Palleta (con Xaime Estévez e unha conversa con Xosé Manuel Fernández “Muxicas” para presentarnos o quinto dos seus libros de “Pezas guapas para gaita, zanfona e acordeón”) – Entrevista ao grupo Chavellos (Presentación do seu disco “Segunda-Feira”)
Novidades - O Recuncho Da Palleta (con Gustavo Couto e a visita da Asociación A Regionalista presentándonos o seu novo libro-disco "A Gaita De Fol No Brasil")
No primeiro programa de 2023 ofrecemos unha escolma de variadas propostas galegas de música de raíz.
Programa especial dedicado ás músicas do ciclo do nadal
Neste programa ofrecemos unha nova escolma de propostas musicais galegas de raíz
Neste programa ofrecemos unha variada escolma de propostas musicais galegas de raíz
Novidades - O Recuncho Da Palleta (con Ramón Dopico e a visita de Xabier Garrote lembramos o disco publicado en 1980 pola Escola de Gaitas de Ortigueira) - Entrevista a Encrucillada (presentación do seu novo traballo "No Camiño De Santiago")
Novidades - O Recuncho Da Palleta (con Xaime Estévez e o segundo dos especiais "Nomes Propios". Nesta ocasión recibindo a visita de Charo Guerrero). Entrevista ao grupo 'Onte e Hoxe' (presentación do seu primeiro disco "A Música De Onte E De Hoxe")
No Recuncho Da Palleta, con Vítor Otero, repasamos os Premios Mestre e Mestras da Memoria, concedidos pola AELG. Ademais, entrevistamos o mestre gaiteiro Xoán Carlos Rilo, que presenta o seu novo disco "O Ronsel Do Meu Sentir Vol. 2")
No Recuncho Da Palleta, con Ramón Dopico, imos de visita á asociación Brincadeira, organizadora dos "Faladoiros Arredor Do Vestir Tradicional"). Ademais, temos moita música portuguesa con entrevista incluida a Daniel Pereira presentándonos o seu novo disco "De Pernas Para O Ar"
Ofrecemos neste programa unhas amplas escolmas de propostas musicais de dentro e de fóra de Galiza.
No Recuncho Da Palleta, recibimos a Ramón Dopico e diversos convidados relacionados coa XXXIV Xuntanza de Gaiteir@s, que organiza Airiños de Fene e que este ano homenaxeará o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Por outra banda, tamén entrevistamos a Quico Comesaña, que presenta o seu primeiro traballo discográfico persoal ("Mâe")
Neste programa repasamos algúns dos gañadores dos IX Premios Martín Códax da Música. No Recuncho Da Palleta, Gustavo Couto e a organización do "Pasabodeghas". Ademais, conversamos con Óscar Ibáñez (III Xornadas O Son Da Gaita) e entrevistamos a A.C.F. O Fiadeiro, que celebran o seu XXV aniversario.
Acendemos o Lume na Palleira coas xa tradicionais recollas sonoras de Vítor Otero no Domingo das Mozas do San Froilán de Lugo. Iso será no Recuncho da Palleta, pero tamén recibimos a visita de Fuxan Os Ventos para festexar connosco os seus 50 anos de andaina musical e anunciar as case inmediatas actividades que teñen programadas para a celebración.
O Recuncho Da Palleta sérvenos para coñecer 'Ideas para o comezo do curso' con Gustavo Couto. Ademais, conversamos con Jesús Del Castillo e escoitamos o seu traballo "Nexo" . O broche de ouro poñémolo coa entrevista ás Tanxugueiras, que presentan o seu novo disco "Diluvio"
Recibimos a Milladoiro para presentar o seu novo traballo discográfico, 'Cantigas de Amigos'. Ademais, no Recuncho Da Palleta, repasamos con Gustavo Couto algúns dos festivais que volveron este verán.
Comezamos nova tempada con novidades, co noso habitual Recuncho da Palleta (con Xaime Estévez e unha conversa con Xosé Manuel Fernández "Muxicas" presentando a cuarta entrega das súas Pezas guapas para gaita, para zanfona e acordeón, nesta ocasión dedicada ao Tempo de pasodobres - Tempo de furanchos) e, ademais, recibindo a visita do grupo Sangre De Muérdago.
Pechamos a nosa 30ª tempada radiofónica con diversas novidades, cun Recuncho Da Palleta (con Guillerme Inácio e a visita de Rubén Troitiño para falarnos sobre o portal web "Arquivo virtual das músicas da Terra de Montes") e cunha entrevista a Coribantes de Buchabade (presentando o seu novo disco "A Ponte Das Músicas")
No Recuncho da Palleta, Carme López lémbranos a Rosa de Moscoso, moi importante e querida transmisora falecida recentemente. Contamos ademais, para esa sentida homenaxe, coa participación do compañeiro Rodrigo Cuevas. - Na segunda hora o principal protagonista foi o grupo Atairaos, de Salamanca, que nos presentou o seu primeiro traballo discográfico.
No Recuncho Da Palleta Xaime Estévez ofrécenos a segunda entrega de "Santa Gaita", nesta ocasión centrada nos "Santos de Verán". Ademais, entrevistamos o grupo Obal co gallo da presentación do seu novo disco ('Posotopía')
Carme López vén ao Recuncho Da Palleta para falarnos do 2º Encontro Celme de Zanfona. Ademais, entrevistamos as Malvela, que presentan o seu novo disco "O Benquerer"
Entre as novas confirmacións do festival de Ortigueira e mais os Xigantes e Cabezudos dos que nos fala Gustavo Couto, tamén temos tempo para unha entrevista aos Tiruleque. Presentan o seu traballo de aniversario '20 anos no Camiño'.
Carme López trae no Recuncho da Palleta unha nova entrega de ReferentAs, desta volta con María Castro Romero como protagonista. Ademais, Treixadura presenta o seu libro-disco de 30 aniversario "Camiño Longo".
'Levantarse e caer' é o novo traballo de Xabier Díaz, a quen entrevistamos neste Lume na Palleira. Ademais, Ramón Dopico vén ao Recuncho da Palleta para recuperar gravacións históricas do cuarteto 'Os Mariñáns' de Guísamo).
Ao pé deste Lume na Palleira atópanse Lorca e Rosalía. Fano da man de Uxía e Javier Ruibal, que presentan o seu disco 'De tu casa a la mía'. Ademais, Xaimé Estévez preséntanos no Recuncho Da Palleta o encontro "Tradición en Camiño" de Mos.
Recibimos a Gustavo Couto no Recuncho da Palleta para celebrar por adiantado o Día Internacional da Danza. Entrevistamos o portugués José Barros co gallo da presentación do dobre disco de aniversario 'Navegante 25 Anos'
No Recuncho da Palleta, Xaime Estévez presenta a VIII edición do Memorial Henrique Otero, 'o Gaiteiro do Fragoso'. Neste Lume na palleira tamén hai tempo para unha conversa con Alfonso Franco e María Pérez para coñecer o disco 'Acanteira', publicado pola asociación Galicia Fiddle
No Recuncho da Palleta, con Ramón Dopico, acompáñannos Ché Vazquez e Francis Olivier. Con eles lembramos e homenaxeamos a querida Arina Stam, coa presentación do disco "A Nosa Arina".
"... e millore!" é o novo disco da Requinta da Laxeira, que presentan neste Lume na Palleira no que tamén hai oco para un Recuncho da Palleta con Carme López e unha nova entrega de ReferentAs. Desta volta, a protagonista ´é Elena de Toutón.
'Sem olhar ao tempo' ´é o novo disco do portugués Manuel Maio, que presenta neste episodio do Lume na Palleira. No Recuncho da Palleta, Xaime Estévez ofrécenos distintas versións da Danza de Espadas de Redondela, dende a tradición ata a música sinfónica.
O gaiteiro madrileño Miguel Ramalleira conversa a carón do Lume na palleira para presentar o seu primeiro traballo discográfico. No Recuncho Da Palleta, Gustavo Couto fala sobre o pateado como peche dos seus especiais sobre as variantes da xota
Co Lume na Palleira metémonos no Recuncho Da Palleta e Ramón Dopico ofrécenos as músicas galegas incluídas no disco "La Voz Antigua", publicado en 1979 polo histórico selo discográfico: Guimbarda). Amais diso, acompañamos o convite cunha entrevista a Paulo Naseiro, Xosé Ramón Vázquez e Sofía Naseiro, que presentan o libro "Conversas Arredor De Xorima".
As veciñas de Liñares son as protagonistas do Recuncho da Palleta no capítulo de 'ReferentAs' de Carme López. Ademais, o Lume na Palleira ofrece novidades da música galega e portuguesa.
Nun novo programa de Lume na Palleira, o antroido será o protagonista do Recuncho da Palleta con Gustavo Couto. Pola súa parte, o tempo de entrevista centrarao Óscar Ibáñez para presentar o disco colectivo "Piperegrinos - As Gaitas Do Camiño". Non faltan tampouco as novidades e unha ollada á axenda musical.
Achegámonos ao Recuncho da Palleta para escoitar unha entrevista a Xosé Manuel Fernández na que nos presenta o terceiro volume da súa colección "Pezas Guapas Para Gaita, Para Zanfona E Acordeón". Nesta ocasión ofrécenos rumbas, polkas, mazurkas, foxtrots, habaneras, milonga e tango) . Ademais, Emilio Españadero fai o seu repaso habitual ás novidades e á axenda de concertos
Quecen as novidades no Lume na palleira; no Recuncho da Palleta falamos do vira con Gustavo Couto; e entrevistamos o Cuarteto Caramuxo para coñecer o seu novo disco 'Reviravoltas'
Nun novo episodio do Lume na Palleira, sentamos no Recuncho da Palleta para falar con Gustavo Couto sobre o maneo. Ademais, Bell´ónMaceiras presenta o seu libro-USB 'A música das buguinas'. E, coma sempre, non faltan as novidades musicais e a axenda de concertos.
Este Lume na Palleira vén cargado de novidades musicais e conta cun Recuncho da Palleta con Guillerme Inácio Costa e unha entrevista a Xulia Feixoo na que nos presenta o seu novo libro-disco ("Concha Do Canizo - Este Pandeiro Que Toco...")
As Tanxugueiras pasan por este Lume na Palleira a poucos días do Festival de Benidorm. Ademais, Xaime Estévez abre no Recuncho da Palleta unha serie de recunchos titulados 'Santa Gaita'. Esta primeira entrega está dedicada aos 'Santos de inverno'. Por último, entrevistamos o grupo Os d'Abaixo polo seu novo disco 'Somos a pedra'.
Alberto Lago presenta no Lume na palleira o seu libro-disco 'Do Teu Laranxal (Coplas, Melodías E Outros Cantares De Tradición Oral Da Vila De Marín)'. Ademais, Gustavo Couto trae diversas danzas infantís no Recuncho da Palleta
Entrevistamos ao histórico grupo Brañas Folk para saber máis do seu novo disco, 'Godaxe'. No Recuncho Da Palleta, recibimos a Gustavo Couto para falarnos do Ciclo do Nadal e, coma sempre, temos tempo para debullar as novidades musicais.
No primeiro programa do novo ano pechamos o noso resumo de entrevistas e presentacións de traballos discográficos, realizadas ao longo de 2021, e adiantamos cales serán as próximas. Por último, lembramos aos grupos finalistas do Certame Runas nas edicións 2020 e 2021, que participarán na edición deste ano do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
No último programa de 2021 ofrecemos a primeira parte do noso resumo das entrevistas e presentacións de traballos discográficos realizadas en Lume Na palleira ao longo do ano 2021.
Emilio Españadero recibe a Xaime Estévez e diversos convidados no Recuncho Da Palleta para presentar a "I Homenaxe Á Tradición Do Val Miñor". Non queda a cousa aí, porque este Lume na Palleira tamén ofrece unha entrevista ao grupo Os Minhotos para coñecer o seu segundo disco ('Máis unha pinga') e, coma sempre, non falta un repaso polas novidades da semana.
Emilio Españadero fai unha escolma de músicas de raíz chegadas de fóra de Galicia. A trompa galega será a protagonista deste novo Recuncho da Palleta, a través das gravacións editadas que seleccionou Ramón Dopico. E, por suposto, non falta o repaso ás novidades musicais.
No Recuncho Da Palleta, lembramos o son dos Estrobos de Ferrol canda Ramón Dopico. Repasamos novidades e axenda de concertos, e gozamos da entrevista ao grupo Manseliña, coa presentación do seu segundo disco: "Maria Pérez Se Maenfestou (Cantigas De Escarnio A María Balteira)"
Amais das novidades, Emilio Españadero presenta O Recuncho da Palleta (coa primeira das entregas de "ReferentAs", con Carme López). O prato forte é a entrevista a Pancho Álvarez polo seu novo disco, 'Cordas históricas'
O grupo salmantino Folk on Crest publica novo traballo discográfico, titulado 'soMos'. Coñecémolo da man de Emilio Españadero, quen tamén fala no seu 'Recuncho da palleta' da 33ª Xuntanza de Gaiteiros e Gaiteiras. Unha cita organizada, como cada ano, pola banda de música tradicional Airiños de Fene.
Gary D. Davis pasou á historia co alcume do Reverendo. Non en van, está considerado un dos puntais do gospel blues e un dos artistas que mellor aproveitaron o revival tradicionalista de comezos dos anos 60. Davis tiña todo o necesario: boa voz, boa técnica coa guitarra e unha soberbia actitude interpretativa. No episodio de hoxe a dose galega de blues corre a cargo do ourensán MCarballo, nome artístico do músico e debuxante Manuel Carballo.
No programa de hoxe escoitamos varias duplas, a Rozalén e Tanxugueiras, Nastasia Zürcher e Guadi, Ortiga e Pili Pampín, Mark dos Santos e Andrés Boutureira... e viaxamos a Portugal da man de Luisa Sobral ou a Brazil da de Michele Leal. Atrevémonos ao vivo co Milho Verde do Zeca.
Neste programa ofrecemos unha variada escolma de propostas musicais galegas de raíz.
A historia do blues non sería a mesma sen Eric Patrick Clapton. Curtido en bandas como os Yardbirds ou os Bluesbreakers de John Mayall antes de formar os míticos Cream para despois triunfar tamén como solista, Clapton segue en activo aos seus case 80 anos. É un dos grandes nomes da historia do rock británico, pero a diferenza doutros compatriotas de renome, o seu sustrato artístico sempre foi o blues. Ademais de repasar a súa relación coi xénero que nos ocupa, escoitamos o coruñés Luis Moro.
Blind Lemon Jefferson é unha das figuras máis relevantes da Historia do blues. Foi o primeiro intérprete masculino do xénero que acadou o éxito comercial masivo, nunha época, a década dos anos 20 do século pasado, en que as que máis discos vendían eran mulleres como Bessie Smith, Ma Rainey ou Ida Cox. A diferencia delas, Jefferson compuxo boa parte dos temas cos que triunfou. No programa de hoxe tamén escoitaremos un interesante cantante e acordeonista vigués de espírito errante, Joe Barnara.
Slim Harpo é seguramente o maior expoñente do que deu chamarse swamp blues ou blues do pantano, o que agromou nalgunhas das zonas máis inhóspitas de Louisiana. Devoto de Jimmy Reed e da súa economía de medios en busca dunha maior efectividade, Harpo soubo incorporar elementos do zydeco ou do cajun entre outros estilos. A súa é unha proposta repousada, elegante e de escoita doada, que tivo un notable éxito comercial. Tamén teremos tempo de escoitar o blues en galego de Brais das Hortas...
Lead Belly foi un tipo duro que pasou moitos anos no cárcere antes de ser descuberto como artista. Pero non é menos certo que era tamén un cantante e guitarrista talentoso, que sabía de memoria centos de cancións. Lead Belly pode considerarse un bluesman metido a folksinger ou á inversa. El é o protagonista nunha nova entrega da Lista Negra en que tamén soan os coruñeses Doctor Snob...
A Lista Negra chega ao medio cento de programas. 50 horas, 3.000 minutos dedicados ao blues. E para celebralo repasamos a intensa traxectoria dun dos mellores guitarristas de todos os tempos, o irrepetible Stevie Ray Vaughan. Responsable do rexurdimento do Texas blues, Stevie viviu ao límite, morreu novo e deixou un oco que ninguén poderá encher xamais. Como sempre, escoitaremos tamén o achegamento á música máis honesta que existe dun grupo galego, desta volta os pontevedreses Gold & Colt.