30# Pauliña, de malfalada a testemuña
Con 'A malfalada' concentrou toda a súa rabia nun disco, e en Testemuñas reivindícase musicalmente como unha figura rompedora no panorama do rock galego. Pauliña non podía faltar nesta panorámica que é o Galicia Emerxe.
-
20/04/2022
- Duración 59:43
29# O rap que provoca a Rebeliom do Inframundo
Desde Ponteareas podes chegar directamente ao inferno (no bo sentido, que é posible) a ritmo de rap. Rebeliom do Inframundo son Nervo, Malvares de Moscoso, Frank, Movementss e Pol, voces que nacen da rabia.
-
10/02/2022
- Duración 59:43
28# Silvia Penide e a conexión co público
Os do Galicia Emerxe son concertos en directo pero sen público. Cousas da pandemia. Pero a cantautora coruñesa Silvia Penide reivindica na súa música o papel imprescindible do público nos concertos. 'Los días de plomo', o seu último traballo, é unha chamada a recuperar a vella normalidade e a volver a desfrutar da música en directo.
-
27/01/2022
- Duración 59:42
27# Fernando Barroso dálle ás cordas
Músico, compositor e produtor, o ferrolán Fernando Barroso forma parte de numerosos proxectos musicais en Galicia, de diversos estilos, pero coa mandolina e os instrumentos de corda en común. Desfrutamos da súa música no Galicia Emerxe.
-
21/01/2022
- Duración 59:11
26# A tribalidade galega de Mounqup
Mounqup, o proxecto musical co que Camille Hédouin leva os ritmos tribais ao folklore galego. Escoitámola en directo no Galicia Emerxe.
-
11/01/2022
- Duración 59:42
25# Marcos Teira, raíces flamencas
O guitarrista Marcos Teira é o noso mellor exemplo da boa fusión do jazz e o flamenco, pero tampouco lle di que non ao folk ou o rock. Ademais de solista, ten tocado con Narf ou Rodrigo Romaní. Coñecemos a súa música neste escenario do Galicia Emerxe.
-
10/12/2021
- Duración 59:40
24# Tanxugueiras, ou o poder dunha pandeireta
Mulleres fortes, valentes e empoderadas. Cantareiras dunha nova década. As voces de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, ateigadas de virtuosismo e contundencia, son as máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega. Escoitámolas en directo nesta nova edición do Galicia Emerxe.
-
29/11/2021
- Duración 59:39
23# Xoana, a voz que emerxe
A artista Xoana canta para derrubar muros. Canta contra a violencia, contra o medo, contra a ignorancia. Cada canción é un "dardo" que a está a poñer nos mellores escenarios.
-
12/11/2021
- Duración 59:42
22# Novedades Carminha, a túa lenzaría de confianza
Carlangas, Jarri e Xavi, música íntima e quentiña, aínda que de cando e vez lles saia a vea punk. Despregan todos os seus encantos neste concerto en directo no Galicia Emerxe.
-
05/11/2021
- Duración 59:59
21# Rodrigo Romaní e a súa arpa
O músico multiinstrumentalista Rodrigo Romaní presenta no Galicia Emerxe aos seus traballos en formato trío, xunto con Anxo Pintos e Xosé Liz.
-
25/10/2021
- Duración 59:36
19# Sés contra a extinción
María Xosé Silvar, Sés, é a voz da rebeldía. Neste concerto, xunto á súa banda habitual, fai un percorrido polos seus 10 anos de traxectoria.
Desde o seu salto á fama con Deluxe, o coruñés Xoel López consolidouse como un dos maiores referentes do pop alternativo galego. No Galicia Emerxe ofrece os mellores sons da súa carreira.
-
14/10/2021
- Duración 60:10
17# Wöyza, a alma da ría de Vigo
A viguesa Wöyza é a voz que abriu camiño no soul e hip hop galego feito por mulleres.
16# Terbutalina, puro garaxe
Migui, Mon, Samu, Brais e Diego son Terbutalina, o grupo máis asmático do panorama rock galego.
-
14/10/2021
- Duración 59:59
15# Sumrrá a voltas co jazz
Manuel Gutiérrez ao piano, Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo, e LAR Legido á batería son Sumrrá: jazz para deixarse engaiolar. Neste Galicia Emerxe presentan '6mulleres', un disco dedicado a grandes figuras femeninas da historia.
-
14/10/2021
- Duración 60:21
14# Son Trio, a poesía feita música
Su Garrido Pombo, Susanna Blanco e Katerina Linke forman Son Trío. Voz, cello e piano que se mesturan cos poemas de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro ou Xohana Torres.
13# Pablo Lesuit, corazón iberoamericano
O cantautor Pablo Lesuit promete ritmos caribeños cos que facernos bailar e letras que son poesía.
12# A trobadora Laura Lamontagne
A partir das Cantigas de Amigo, Laura Lamontagne e Pico Amperio achégannos as orixes da lírica galega co mellor son electrónico e contemporáneo.
11# A peregrinaxe de Luar na Lubre
Coas súas "vieiras e vieros", Luar na Lubre recollen a tradición xacobea. Do Códice Calixtino ás cantigas do Camiño, peregrinamos coa agrupación de folk máis importante do país.
10# High Paw ten uns elefantes no patio
Paula Herrero é High Paw; e cos seus Elephants Yard achégannos a mellor música de raíz xamaicana desde a Ría de Vigo.
9# A unión de Faia Díaz e Benxamín Otero
As voces de Faia Díaz e Benxamín Otero encóntranse neste traballo experimental que recupera vellas coplas tradicionais transmitidas entre mulleres de diferentes xeracións.
8# Dakidarría, filosofía incendiaria
7# Ataque Escampe, rock picheleiro
Se es de Compostela, a música de Ataque Escampe levarate por cada recuncho da cidade. Se non o es, tamén.
6# A metamorfosis de Budiño
O gaiteiro Xosé Manuel Budiño ofrece nos seus últimos traballos novos sons e texturas, animándose a cantar, pero sen abandonar nunca a gaita.
5# Boyanka Kostova, os dous de sempre
Chicho e Cibrán son os dous de sempre. Reguetón ou muiñeira, non hai ritmo que se lles resista.
4# O que prometen Blanco Palamera
Blanco Palamera con Manuel Blanco e Xoán Domínguez. Presentan no Galicia Emerxe o seu traballo 'Promesas', un proxecto electrónico moi intimista no que te fundirás desde o primeiro segundo.
3# Ouveando con A Banda da Loba
Andrea, Estela, Inés, Marcela e Xiana forman A Banda da Loba, que debe o seu nome a Pepa a Loba, lendaria bandoleira galega do século XIX.
2# Bala, a música axitadora
Anxela Baltar e Violeta Mosquera son Bala, o dúo máis punk da música galega. Non collas asento, que non che vai facer falta.
1# Mercedes Peón busca novos sons
Neste Galicia Emerxe, Mercedes Peón rodéase de mulleres músicas para presentar o seu traballo 'Deixaas', no que segue procurando a mestura da electrónica coas músicas do mundo.
-
13/10/2021
- Duración 60:47