Cultura

Florencio, o poeta de Valdeorras

Silvia López e Lucía Junquera
As Letras Galegas 2022 están dedicadas ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Neste podcast facemos un percorrido pola súa traxectoria vital ...

Listaxe de episodios

5 episodios
Imaxe do podcast Volver

5# Volver

A partir de 1968, Florencio comeza a pensar seriamente en volver a Galicia. Nese ano fará a súa primeira viaxe de volta en 30 anos. Regresará en dúas ocasións máis: en 1976 coa súa muller Celia, e en 1981, para ser nomeado académico. Pero a súa vida, e a da súa familia, está en México. Visitando a unha filla en Fair Oaks, California, sofre un infarto e morre en 1987. As súas cinzas repousan no panteón familiar en Córgomo. E así remata a historia deste poeta mexicano de Valdeorras. Neste capítulo escoitamos a Ricardo Gurriarán e a Víctor Freixanes.

  • 16/05/2022
  • Duración 11:56
Imaxe do podcast Da poética e a política

4# Da poética e a política

Este cuarto episodio dedicámolo en exclusiva a coñecer a produción poética de Florencio, desde as súas primeiras 'Trangalladas de meniño... parvadas'. A comarca de Valdeorras, a súa xente e a súa paisaxe inflúen enormemente a súa poesía, como logo o faría a xente e a paisaxe de México. Ademais da poesía, miramos tamén o seu compromiso político e cultural, que se materializou esencialmente en dúas revistas, 'Saudade' e 'Vieiros'. En 'Da poética e a política' escoitamos a Ricardo Gurriarán, Concepción Álvarez Pousa, Miro Villar e Margarita Ledo.

  • 16/05/2022
  • Duración 20:20
Imaxe do podcast Os vieiros mexicanos

3# Os vieiros mexicanos

Unha vez instalado en México, Florencio adáptase rapidamente ao novo país. Alí escribe nova poesía, participa da vida política e cultural do exilio, ten diversos traballos... e coñece a Celia, a súa muller, coa que terá cinco fillos. Nese momento, decátase de que a súa vida de exiliado vai para longo, e que a volta a Galicia non será tan doada como imaxinaba. Neste capítulo, 'Os vieiros mexicanos', escoitamos a V´íctor Freixanes, Miro Villar, Xesús Alonso Montero, Chus Lama e Margarita Ledo.

  • 16/05/2022
  • Duración 18:4
Imaxe do podcast Camiño do exilio

2# Camiño do exilio

En xullo de 1936 estala a Guerra Civil e Florencio, destacado republicano e galeguista, debe fuxir de Valdeorras, unha comarca na que a represión falanxista foi moi forte. O seu exilio pasa por Portugal, Cataluña, Francia e finalmente América, onde chega en 1939 no barco Ipanema. Neste capítulo escoitaremos a odisea que supuxo a súa fuxida e como foron os seus primeiros anos en México, nas voces de Ricardo Gurriarán, Alonso Montero, Chus Lama e Víctor Freixanes.

  • 16/05/2022
  • Duración 16:17
Imaxe do podcast Nun lugar chamado Córgomo

1# Nun lugar chamado Córgomo

Estas Letras Galegas 2022 desprázanse ata a comarca de Valdeorras. Alí, no lugar de Córgomo, naceu Florencio Delgado Gurriarán en 1903. Valdeorras e a súa paisaxe marcaron a Florencio desde neno, e teñen un papel destacado na súa poesía. Neste primeiro capítulo coñecemos as orixes do poeta e entendemos a súa paixón pola terra e polo galeguismo, que descubriu estudando en Valladolid. Coas voces de Antonio Gutiérrez, Lucía Junquera e Silvia López; e a colaboración experta de Víctor Freixanes, Xesús Alonso Montero, Miro Villar, Chus Lama e Ricardo Gurriarán.

  • 16/05/2022
  • Duración 17:14

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast Lendas, investigación no audiovisual e unha “voráxine” musical

8# Lendas, investigación no audiovisual e unha “voráxine” musical

Hai que animarse un pouco. Imos xogar, veña. Rober trouxo varias lendas galegas non moi coñecidas e Paula, Germán e mais Ángel teñen que adiviñar de que localidade proceden. Non é nada fácil, eh. Pero non todo é xogar, tamén hai tempo para que os protagonistas sexan persoas moito máis interesantes ca nós. Por exemplo Ariadna Cordal, a convidada que trouxo ao Zeta Jesús Silva para falar dun ámbito moi pouco abordado e recoñecido: a investigación no eido audiovisual. O toque musical vén da man da nosa Celia Eiras. Bueno máis coincretamente do artistazo que convidou a pasarse polo programa: Maiko Leinad. Con el descubrimos a orixe do seu nome artístico e unha chea de cousas sobre o seu proceso creativo.

  • 16/01/2024
  • Duración 55:34
Imaxe do podcast Xoias artesanais con Sofía Rivas, investigación académica-arte e flamenco

7# Xoias artesanais con Sofía Rivas, investigación académica-arte e flamenco

Comezamos forte o ano. Nestes tempos de agasallos, que hai máis bonito que unha boa xoia artesanal? Váinolo explicar Sofía Rivas, que coas súas mans crea verdadeiras marabillas. Sabemos de verdade todo o choio que leva facelas? Non é tan doado eh. Tampouco o é impulsar proxectos que se movan entre a investigación académica e a produción artística como o fai Nerea Cordeiro, a artista que nos trae nesta ocasión a nosa colaboradora Sara Donoso. E con Ana Abad bailamos. Bueno, bailar, bailar non. Pero falamos cunha bailarina e pedagoga de flamenco afincada en terras galegas: Ainhoa Linaza.

  • 16/01/2024
  • Duración 57:58
Imaxe do podcast Galardóns do Xuventude Crea e talento dos Novos Cinemas

6# Galardóns do Xuventude Crea e talento dos Novos Cinemas

Como veñen de ser premiados e premiadas as gañadoras dos Xuventude Crea do 2023, quixemos traer a María Alborés, galardoada na especialidade de moda; e Pedro Rodríguez no eido literario coa novela curta ‘Alén da Néboa’. Mentres, Jesús Silva tráenos a experiencia de tres participantes no Novos Cinemas de Pontevedra; e Celia Eiras fainos un repaso por diversas panxoliñas galegas.

  • 16/01/2024
  • Duración 91:35
Imaxe do podcast O que hai máis alá da música ademais do instrumento e o cantante

5# O que hai máis alá da música ademais do instrumento e o cantante

Escoitamos moita música, si. Pero de seguro que reparades menos do preciso en quen a mistura, nos produtores. Ademais, a música é especialmente relevante nas pezas audiovisuais para ambientar e transmitir. Así que hoxe no Diario Cultural Zeta falamos con Sebastian Black, produtor e Luis Álvarez, compositor de bandas sonoras. Sara Donoso, ademais, traeranos a Olaia Sendón e o seu proxecto fotográfico ‘Perpetuando’; e Sica Romero ao escritor Pablo Rañales, que vén de publicar ‘Os afogados’.

  • 12/01/2024
  • Duración 93:1
Imaxe do podcast Paseando entre os carretes de Dan Drigore para entender mellor a arte

4# Paseando entre os carretes de Dan Drigore para entender mellor a arte

Se algo nos gusta neste programa é que nos expliquen e nos fagan entender mellor todo o que envolve ás diferentes disciplinas artísticas. Por iso a visita que nos fixo a fotógrafa e artista audiovisual Dan Grigore deixounos extasiados. Conectamos co proceso de creación dunhas imaxes impactantes e coñecemos de preto aspectos tan abstractos como “espir a alma”. Nesta “éxtase cultural” continuamos coas nosas colaboradoras Celia Eiras e Ana Abad de Larriva. A primeira dálle a volta á tortilla para afondar na crítica musical a través de voz de varios artistas que xa pasaron polo Zeta. Pola súa parte, Ana falou coa artista Constance Hurlé sobre a situación das artes escénicas en Galicia de cara á creación.

  • 10/01/2024
  • Duración 49:19
Imaxe do podcast De Ninghures e unha chea de paixón pola foto e a tradución audiovisual

3# De Ninghures e unha chea de paixón pola foto e a tradución audiovisual

Cremos que por todas as veces que puxemos os temazos de De Ninghures podedes supoñer que nos fascinan. Efectiviwonder. Así que non sabedes a ilusión que nos fai que tres dos seus compoñentes estean no plató do Zeta para contarnos das súas orixes e sobre as curiosidades do videoclip que sacaron de Morena. O programa non baixa o nivel en ningún momento porque tamén está con nós María Suárez para reivindicar o seu labor como tradutora audiovisual a galego (non lle pidades avances de series ou pelis, é top secret). Ademais, deixamos espazo tamén para falar de natureza e paisaxe a través da fotografía, da man de David Torrado, cunha historia ben curiosa.

  • 03/01/2024
  • Duración 49:29
Imaxe do podcast Un mix de Zeta con de Peppa Pig, Eurovisión… e vos traemos á marabillosa Antía Yáñez

2# Un mix de Zeta con de Peppa Pig, Eurovisión… e vos traemos á marabillosa Antía Yáñez

Tiveron que pasar máis dunha ducia de programas para que descubriramos a eurofán que Paula leva dentro. Nesta fantasía de episodio Rober, Amara e Germán teñen que adiviñar a lingua minoritaria (ou minorizada) na que están escritas as cancións eurovisivas que Paula vai soltando. Hai un claro campión. Noutra orde de cousas temos unha visita de luxo: a autora Antía Yáñez vén con Sica para falar, entre outras moitas cousas, de como é a vida dunha escritora millenial como ela. Poñemos o colofón con Iván Márquez, que nos conta como é traballar nun espectáculo de teatro musical como o de Peppa Pig.

  • 02/01/2024
  • Duración 48:31
Imaxe do podcast Entre a Carolina e o gato que se mete nun saco e o FacomFest!

1# Entre a Carolina e o gato que se mete nun saco e o FacomFest!

Paula e Rober han de seguir pensando que a súa infancia lle importa a alguén. Traen neste programa unha canción cada un que lles transporta a eses momentos felices, sen responsabilidades, sen preocupacións… O conto cambiou e este tipo de cancións tamén. Que pasa se as comparamos coas de agora? Este é un programa moi chulo porque visitan o plató compañeiros da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC para contarnos todos os detalles, os preparativos e o estrés previo ao FacomFest, o festival audiovisual que realizan os alumnos do centro. Todo coa presenza do noso queridísimo colaborador Jesús Silva. Como tamén queremos á nosa Sara Donoso, e máis se nos trae a xente tan fascinante como Lois Búa, que nos mete de cheo na arte da creación co propio corpo.

  • 21/12/2023
  • Duración 45:27

Playlists