

27# Paracetamol ou Ibuprofeno?
Cando debemos tomar ibuprofeno e cando paracetamol? Responde Enfermeira Saturada
- 16/06/2022
- Duración 0:0
Cando debemos tomar ibuprofeno e cando paracetamol? Responde Enfermeira Saturada
Moitas veces vemos lentes de sol que nos venden na rua por uns poucos euros, ou que veñen de agasallo cunha revista, e logo outras que venden nas tendas por 40 ou 50 euros. Podemos fiarnos das gafas de sol baratas? Como é o funcionamento dunha lente de sol? Como nos protexe? Cales serían os danos para a nosa saúde por usar lentes de sol sen homologar? É perigoso realmente? E cos nenos... debemos poñerlles lentes de sol?
Un tema que preocupa é canto tempo pode estar unha persoa sen ir ó baño. Porque ademais aquí cada un ten os seus ritmos. No estrinximento non todo é tampouco as veces que imos ó baño. O 20% dos galegos o sofren. ¿Cal sería o perfil da persoa que o sofre?¿Que inflúe? ¿Por qué aparece? E cando habería que ir ó medico?¿Que podemos facer se temos estrinximento?¿E laxantes? ¿É bo tomalos?
A varíola do mono. Que é? Como afecta? Por que agora? As respostas da man de Enfermeira Saturada.
En alimentación hai moitos mitos e moitas cousas que pensamos que son pero non son. Imos facer un repaso ós máis habituais: "O pan engorda": verdadeiro ou falso? "A froita engorda se a tomas de postre": mito ou realidade?"O líquido do iogur é mellor tiralo": verdadeiro ou falso? "Beber auga durante as comidas engorda": si ou non? "Saltarse a cea adelgaza": verdadeiro ou falso? "Mesturar hidratos de carbono e proteínas é malo": realidade ou ficción?
Nos últimos días moitos pais e nais están preocupados pola aparición de casos do que parece unha estrana hepatite entre os nenos, e temos moitas dúbidas que seguro que hoxe nos resposta a nosa Enfermeira Saturada, Héctor Castiñeira.
Por que semella que os nenos sempre se marean máis no coche? E isto por que se produce? Que explicación ten? Podemos facer algo para evitalo sen ter que recurrir ós medicamentos? Todo isto e moito máis, na consulta de Enfermeira Saturada.
Enfermeira Saturada explícanos como van tratarse os positivos co novo protocolo covid, que non esixe corentenas para casos leves.
Enfermeira Saturada pasa consulta para explica-las causas da infección de ouriños.
"O 40% da poboación galega ten a tensión alta e 8 de cada 10 persoas non saben que a sofren"
Todos sabemos que a sarna é algo que pica moito, pero que é exactamente?
¿Que probas existen para saber se temos esa bacteria? ¿Como son esas probas? ¿Se che fan una gastroscopia, aínda que sexa por outro motivo, xa te miran o da bacteria? E se temos dentro a Helicobacter, ¿como nos desfacemos dela? ¿Como é o tratamento? Todo isto e máis, con Enfermeira Saturada.
Para entender un pouco mellor cómo é o proceso da hipotermia, temos hoxe con nós á nosa Enfermeira Saturada, Héctor Castiñeira.
Con isto da pandemia, visitamos menos ó dentista? Aumentaron por exemplo os casos de caries? ¿A máscara influe en que teñamos peor saúde bucodental? ¿Cales son os principais erros que cometemos ó lavar os dentes? Son hábitos e costumes que moitas veces un aprende de pequeno na casa e pensa que están ben feitas, pero non sempre é así...
Puxeches a terceira dose catro semanas despois de pasar a covid e estás preocupado co cambio dos prazos? Enfermeira Saturada responde..
Enfermeira Saturada para o 'Galicia por Diante'.
Colaboración de Enfermeira Saturada para o Galicia por Diante
Colaboración de Enfermeira Saturada para o Galicia por Diante.
Colaboración de Enfermeira Saturada para o Galicia por Diante
A nosa Enfermeira Saturada explica no Galicia por Diante as características da nova variante tan sonada, a ómicron.
¿Qué supón isto? ¿Iso quere decir que estamos ben? ¿Que os datos son bos? ¿As restriccións serán as mesmas? ¿Sabemos cando nos esqueceremos das máscaras? Estes temas e moitos máis, explicados por Enfermeira Saturada
As principais cidades galegas suspenden en calidade do aire. Falamos do aire e das máscaras con Enfermera Saturada.
“Non sempre é necesaria a presencialidade: por exemplo, para renovar receitas"
Estamos saudando xa como quen di o mes de outubro, un mes que ademais de frío e choiva nos trae a campaña de vacinación contra a gripe. Sabemos cando empeza en Galicia?Como foi a campaña o outono pasado? Parece que foi todo un éxito.Pode haber desabastecemento de vacinas contra a gripe? De momento nada de ir pedir cita ao centro de saúde, non? Responde a isto e moito máis a nosa Enfermeira Saturada.
"En Galicia somos das comunidades onde máis respectamos a norma da máscara"
Co arqueólogo arxentino Gustavo Politis coñecemos como 16000 anos antes de Colón o Homo sapiens conquista rapidamente todo o continente americano de norte a sur.
A semana pasada inaugurouse o ordenador cuántico do CESGA Qmio, o segundo de España e o máis potente do sur de Europa. Coñecemos aos investigadores, técnicos e empresas que están atrás da comunidade cuántica galega. Desde o CESGA, ao Vigo Quantum Communication Center, pasando polo Fujitsu International Quantum Center. Galicia ten moito que dicir en computación e comunicación cuántica.
Como ben sabe Superman os raios X non traspasan o chumbo, pero si o fan os neutróns. Unha spin-off da USC está desenvolver unha técnica de visión por neutróns para industria 4.0 que ven o que non ven os raios X.
A vida esta chea de sorpresas... e de virus emerxentes. Ven o soubemos na epidemia do Sars-Cov-2. Pero hai outros moitos que empezan a asomar a patiña por debaixo da porta. Falamos con científicos sentinelas que monitorizan estes virus cos que non nos queda outra que convivir.
Programa monográfico con público no que nos unimos á xornada de portas abertas do CINBIO da Universidade de Vigo. Este centro de investigación biomédica ten dúas almas, a Nano e a Bio. Pola parte Nano conversamos con Miguel Ángel Correa (grupo TeamNanoTech e director do CINBIO), Verónica Salgueiriños (grupo de Materiais Magnéticos) e Isabel Pastoriza (grupo FunNanoBio). Polo lado Bio falamos con Diana Valverde (grupo de Enfermidades Raras) e Marina Peña (Servizo de Bioexperimentación).
Conversamos con Alumudena Martín Castro, autora do libro “La lira desafinada de Pitágoras”, sobre como a música inspirou moitos descubrimentos científicos. Por outro, lado contamos como o músico Abraham Cupeiro inspirouse nas investigacións do Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC para montar un concerto en Vigo.
Programa monográfico dedicado aos premios de transferencia da Real Academia Galega de Ciencia onde coñecemos, por exemplo, como a Intelixencia Artificial mellora a diagnose en tempo real do cancro colorectal.
Percorremos a Península coñecendo diferentes proxectos de ciencia cidadá ao fío do proxecto Newsera: Desde a Cambre a Sevilla, pasando por Porto ou Lisboa.