Ciencia

Efervesciencia

Manuel Vicente fai máis accesible a ciencia neste programa de divulgación para todos os públicos

Listaxe de episodios

Temporadas do programa
7 episodios
Imaxe do podcast Co oído posto no 24º Congreso Estatal de Astronomía

7# Co oído posto no 24º Congreso Estatal de Astronomía

O Congreso Estatal de Astronomía celebrouse por primeira vez en Galicia nesta 24ª edición. O CEA é un congreso no que as agrupacións astronómicas de España comparten coñecemento entre elas

  • 27/10/2021
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast A relación do premio Nobel de Medicina 2021 cos pementos de Padrón

6# A relación do premio Nobel de Medicina 2021 cos pementos de Padrón

Coñecemos con Manuel Vicente en que consistiu a investigación merecedora do Premio Nobel de Medicina 2021. David Julius e Ardem Patapoutian obtiveron o galardón por estudar como as células da pel perciben a calor e a presión. O curioso foi que a chave da investigación chegou coa pescuda de que pasa coas células da lingua cando entran en contacto coa capsaicina, a responsable de que sintamos o proído dos pementos de PAdrón

  • 06/10/2021
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast A luz fluorescente das medusas e mais do mar de ardora

5# A luz fluorescente das medusas e mais do mar de ardora

Martin Chalfie non tería gañado o premio Nobel de Química sen os estudos que fixo Osamu Shimomura nos anos 60, cando recolectou máis de 10.000 exemplares dunha medusa que emitía luz verde. Conseguiu illar unha proteína desta medusa que emitía luz, pero o resultado foi totalmente inesperado: era luz azul! Decatouse de que debía haber outra proteína nesa medusa para existir esoutra luz fluorescente verde.

  • 29/09/2021
  • Duración 59:35
Imaxe do podcast Especial Eferversciencia na GNIGHT: A Noite Europea das Persoas Investigadoras

4# Especial Eferversciencia na GNIGHT: A Noite Europea das Persoas Investigadoras

Galicia súmase por segunda vez á iniciativa da Noite Europea das Persoas Investigadoras. Estes profesionais saen ás rúas, prazas e bares para promover actividades científicas de todo tipo. O programa Eferversciencia estivo en directo na GNIGHT.

  • 24/09/2021
  • Duración 54:41
Imaxe do podcast Os Premios de Transferencia Tecnolóxica en Galicia

3# Os Premios de Transferencia Tecnolóxica en Galicia

Neste monográfico de Eferversciencia, coñemos os gañadores das tres modalidades dos Premios de Transferencia Tecnolóxica en Galicia: investigacións aplicadas a cargo de grupos de investigación galegos con alto potencial de transferencia, os casos de éxito que levaron ao mercado o seu coñecemento e, finalmente, o éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida.

  • 22/09/2021
  • Duración 58:30
Imaxe do podcast Galicia, unha potencia no sector da biotecnoloxía

2# Galicia, unha potencia no sector da biotecnoloxía

O sector biotecnolóxico galego é moi potente. Chegará a ser Galicia unha das rexións máis importantes de España e Europa neste eido?

  • 15/09/2021
  • Duración 57:23
Imaxe do podcast O home vén do mono? Mitos e realidades sobre a teoría da evolución

1# O home vén do mono? Mitos e realidades sobre a teoría da evolución

No arrinque de tempada, Eferversciencia arrímase a Charles Darwin e á teoría da evolución para analizar que é mito e que é realidade.

  • 08/09/2021
  • Duración 57:31
14 episodios
Imaxe do podcast A ciencia do órgano Hammond e o Organsound. Especial “De Lugares e órganos”

14# A ciencia do órgano Hammond e o Organsound. Especial “De Lugares e órganos”

Efervesciencia inaugura a 7ª edición de “Lugares e órganos. Música e outras paisaxes de Compostela” cun programa monográfico con público sobre ciencia e tecnoloxía dos órganos. No Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago acompañaranos o músico Álex Salgueiro que interpretará o órgano Hammond, o físico, músico e investigador en historia da ciencia e da música Andrés Díaz, Yago Portela fillo do creador do OrganSound, e Belén Bermejo, directora do ciclo “De lugares e órganos”.

  • 14/04/2022
  • Duración 55:25
Imaxe do podcast Fernando Fraga: o océano na cabeza

13# Fernando Fraga: o océano na cabeza

Imos sacar do anonimato un dos nosos maiores investigadores do século XX, o oceanógrafo químico Fernando Fraga. Fraga escapaba da prensa. Por iso non hai entrevistas del. Pero nós temos a súa voz...

  • 18/03/2022
  • Duración 5:26
Imaxe do podcast Mira para arriba!

12# Mira para arriba!

Nunha nova postal planetaria, Borja Tosar analiza desde o punto de vista da ciencia a película de Netflix "Non mires arriba!". Unha boa escusa para falar de asteroides, defensa planetaria, as iniciativas que temos en Galicia de detección de meteoros, minería espacial...

  • 10/03/2022
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Pioneiras da ciencia en Galicia

11# Pioneiras da ciencia en Galicia

Efervesciencia pon o foco na muller e na ciencia da man de dúas publicacións: 'Pioneiras da ciencia en Galicia' (Manuel Rey e Eduardo Rolland) e 'Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago' (Xoana Pintos). Ademais, falamos con Joana Magalhaes dun estudo que asinou sobre a presenza feminina na Real Academia Galega da Ciencia.

  • 10/02/2022
  • Duración 55:24
Imaxe do podcast O universo é un panettone

10# O universo é un panettone

Efervesciencia conversa sobre cosmoloxía con Antón Baleato e Martin Pawley. Coñecemos así a importancia do Fondo Cósmico de Microondas para estudar a orixe do noso universo. Ademais, Xabier Pérez Couto estréase como 'Guía do ceo' cun itinerario para observar os estreleiros de inverno

  • 03/02/2022
  • Duración 55:30
Imaxe do podcast A estricnina, o cubo de Rubik dos químicos, amosa a revolución da organocatálise

9# A estricnina, o cubo de Rubik dos químicos, amosa a revolución da organocatálise

O premio Nobel de quimica 2021 gañárono Benjamin List e David MacMillan polo desenvolvemento da organocatálise asimétrica. Efervesciencia entrevista o investigador do CIQUS-USC Fernando López para coñecer como se amosa a potencia da catálise asimétrica na síntese da estricnina, o cubo de Rubik dos químicos orgánicos. Ademais, preguntámonos con Laura Veiga (@pingandoG) se o feito de ter a regra nos dá gana de comer trapalladas. Mito ou realidade? Por último, falamos da medida do momento magnético do muón. Poderían existir unha nova física ou novas partículas alén do Modelo Estándar? En que rematará todo isto? Analizámolo con Carlos Salgado, director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxias (IGFAE).

  • 13/01/2022
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Os sons do universo e o faro de Jocelyn Bell

8# Os sons do universo e o faro de Jocelyn Bell

Os sons tamén poden ser utilizados para divulgar o espazo, non todo van ser imaxes. O investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía (IAA-CSIC) Enrique Pérez Montero é cego. Para facer divulgación astronómica válese de son reais, sonificacións e musificacións. Este recurso é moi potente e inclusivo. Aínda que podas ver ai detalles que te perdes se non o escoitas. A astrofísica Jocelyn Bell é a descubridora dos púlsares, unha sorte de estrelas faro que emiten ondas de radio. A historia da súa vida é fascinante. Coa colaboración de Martin Pawley entrevistamos na Coruña a Jocelyn Bell, un faro tamén para os astrónomos afeccionados que a convidaron a participar no seu XIV Congreso Estatal de Astronomía.

  • 26/12/2021
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Unha noite no laboratorio de Tubío: “Descubrimos que o virus da hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado moito antes do que se pensaba”

7# Unha noite no laboratorio de Tubío: “Descubrimos que o virus da hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado moito antes do que se pensaba”

Levamos os nosos micrófonos ao CIMUS na Universidade de Santiago para visitar o grupo de “Enfermidades e Xenoma” que lidera José Tubio. Conversamos coas investigadoras Paula Otero, Eva García Álvarez e co propio Jose Tubío, que vén de gañar o premio nacional de investigación en cancro Doutores Diz-Pintado. Acaban de publicar en Nature Communications un traballo que demostra que o virus da hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado ata 20 anos, ou máis, de que se detecte o tumor. Explícannos como funcionan os reloxos moleculares, e mesmo os atrancos que tiveron que superar á hora de publicar esta investigación. Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos o programa de impulso a innovación nas Pemes 21-22. Unha das empresas participantes no “Camiño da Innovación” de GAIN é Ecoplas Barbanza. O seu responsable de negocio, Anxo Vidal, fálanos dos proxectos de innovación que ten enfrontado esta PEME que comezou fabricando redes de enmallado para mexilón.

  • 23/12/2021
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Anticiparse ás adicións en adolescentes aos videxogos, xogo on line e consumo problemático en internet

6# Anticiparse ás adicións en adolescentes aos videxogos, xogo on line e consumo problemático en internet

Por primeira vez na historia tivemos este ano máis turistas no espazo ca astronautas, e a perspectiva da posta en marcha de estacións espaciais privadas deixa de ser unha quimera. Javier Pedreira “Wicho” analiza en Efervesciencia as novas tendencias da exploración espacial. Ademais, o profesor de psicoloxía da USC Antonio Rial Boubeta preséntanos as evidencias científicas que amosan a efectividade de facer un peneirado precoz das adicións. Nesta liña o seu grupo de investigación traballou nun proxecto de implantación do modelo SBIRT en Galicia. Este cribado nos centros de saúde está pensado para detectar precozmente e tratar adicións en adolescentes, tanto adicións con substancia como adicións sen substancia (xogo on-line, videoxogos e consumo problemático de internet). Ao fío das adicións nos adolescentes facemos un faladoiro con Belén Montesa (psicóloga experta en adicións), Fernando Lacaci (presidente da Confederación de ANPAS galegas) e Sabela Rodríguez García (Orientadora do IES A Cachada de Boiro)

  • 16/12/2021
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast O que nos ensinan as células zombies do envellecemento

5# O que nos ensinan as células zombies do envellecemento

Celebrouse en Santiago a reunión anual da Rede Nacional de Senescencia Celular. E alí levamos os micrófonos de Efervesciencia para coñecer os máis novidosos avances sobre o envellecemento. Foi o noso anfitrión Manuel Collado, do grupo de "Senescencia Celular en Cancro e Envellecemento" do IDIS. Conversamos co investigador Manuel Serrano (IRB Barcelona), que vén de ser fichado por Jeff Bezos e Yuri Milner para Altos Lab. Este laborarorio privado pretende ser a vangarda mundial en investigación sobre envellecemento. Tamén falamos con María Abad (VHIO), Joaquin Aribas (VHIO), Ramón Martínez (UV) e Ignacio Palmero (UAM). Dramatizamos o relato "Os océanos teñen voz" de Diego Parada, gañador do concurso Inspiraciencia na categoría de mocidade en galego.

  • 09/12/2021
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Un planetario táctil para persoas cegas

4# Un planetario táctil para persoas cegas

O astronógrafo de Navalón: unha invención ou unha pequena marabilla en forma de planetario táctil? Manuel Vicente fálanos deste instrumento didáctico para que as persoas invidentes puideran resolver diferentes problemas de xeografía astronómica.

  • 02/12/2021
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast O olfacto, o sentido esquecido

3# O olfacto, o sentido esquecido

A Antártida cheira a mexos de pingüín! Ou iso é o que din algúns científicos, a pesar de que en xeral esquecemos os olores cando tentamos de describir unha paisaxe. Neste episodio de Eferversciencia, coñecemos como funciona o sentido do olfacto.

  • 24/11/2021
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Alberte Magno, o patrón da Química

2# Alberte Magno, o patrón da Química

Eferversciencia trasládase á Universidade de Vigo para celebrar o día de San Alberte Magno, patrón das facultades de Química, Física, Bioloxía e Matemáticas.

  • 17/11/2021
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast O quecemento global ou como se predí a evolución do clima para os vindeiros anos

1# O quecemento global ou como se predí a evolución do clima para os vindeiros anos

Manuel Vicente fala do premio Nobel de Física 2021, que foi para os científicos que crearon modelos que reproducen de xeito moi fiable a futura evolución do clima

  • 17/11/2021
  • Duración 0:0
8 episodios
Imaxe do podcast Cos sentinelas dos novos virus que nos agardan

8# Cos sentinelas dos novos virus que nos agardan

A vida esta chea de sorpresas... e de virus emerxentes. Ven o soubemos na epidemia do Sars-Cov-2. Pero hai outros moitos que empezan a asomar a patiña por debaixo da porta. Falamos con científicos sentinelas que monitorizan estes virus cos que non nos queda outra que convivir.

  • 14/11/2022
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Unha noite magnética no CINBIO

7# Unha noite magnética no CINBIO

Programa monográfico con público no que nos unimos á xornada de portas abertas do CINBIO da Universidade de Vigo. Este centro de investigación biomédica ten dúas almas, a Nano e a Bio. Pola parte Nano conversamos con Miguel Ángel Correa (grupo TeamNanoTech e director do CINBIO), Verónica Salgueiriños (grupo de Materiais Magnéticos) e Isabel Pastoriza (grupo FunNanoBio). Polo lado Bio falamos con Diana Valverde (grupo de Enfermidades Raras) e Marina Peña (Servizo de Bioexperimentación).

  • 31/10/2022
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Científicos inspirados pola música, e viceversa

6# Científicos inspirados pola música, e viceversa

Conversamos con Alumudena Martín Castro, autora do libro “La lira desafinada de Pitágoras”, sobre como a música inspirou moitos descubrimentos científicos. Por outro, lado contamos como o músico Abraham Cupeiro inspirouse nas investigacións do Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC para montar un concerto en Vigo.

  • 11/10/2022
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast 772,55 no epitafio de Joule

5# 772,55 no epitafio de Joule

Unha vez ao ano facemos un obradoiro para ensinarlles como funciona a radio aos investigadores, e aproveitamos para artellar un pequeno faladoiro. Deste volta contamos con Ángela González Ferro, Eduardo Domínguez Medina, Araceli Tobío, Fernando Castro, Sara Calvete e Pedro Piñeiro.

  • 03/10/2022
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast De paseo xeolóxico por Burela con Fran Canosa

4# De paseo xeolóxico por Burela con Fran Canosa

Collemos a mochila e os nosos micrófonos para facer a ruta xeolóxica do Perdouro que organiza o xeólogo Fran Canosa en Burela. As saídas ao campo con Fran Canosa son toda unha delicia apta para todos os públicos, non deixedes de visitar Rutas xeolóxicas de Galicia

  • 03/10/2022
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Poesía, herbiñas, estrelas e inclusión na Noite Efervescente desde a Casa Rosalía

3# Poesía, herbiñas, estrelas e inclusión na Noite Efervescente desde a Casa Rosalía

Celebramos a nosa VIII Noite Efervescente na Casa de Rosalía en Padrón. A Noite Efervescente é una actividade familiar de astronomía para todos na que contamos como anfitrións cos amigos da asociación Amipa.

  • 03/10/2022
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Atlas sonoro da ciencia cidadá na Península Ibérica

2# Atlas sonoro da ciencia cidadá na Península Ibérica

Percorremos a Península coñecendo diferentes proxectos de ciencia cidadá ao fío do proxecto Newsera: Desde a Cambre a Sevilla, pasando por Porto ou Lisboa.

  • 03/10/2022
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Premios de transferencia da RAGC

1# Premios de transferencia da RAGC

Programa monográfico dedicado aos premios de transferencia da Real Academia Galega de Ciencia onde coñecemos, por exemplo, como a Intelixencia Artificial mellora a diagnose en tempo real do cancro colorectal.

  • 03/10/2022
  • Duración 55:59
3 episodios
Imaxe do podcast Os primeiros poboadores de América

3# Os primeiros poboadores de América

Co arqueólogo arxentino Gustavo Politis coñecemos como 16000 anos antes de Colón o Homo sapiens conquista rapidamente todo o continente americano de norte a sur.

  • 23/10/2023
  • Duración 55:58
Imaxe do podcast A comunidade cuántica galega

2# A comunidade cuántica galega

A semana pasada inaugurouse o ordenador cuántico do CESGA Qmio, o segundo de España e o máis potente do sur de Europa. Coñecemos aos investigadores, técnicos e empresas que están atrás da comunidade cuántica galega. Desde o CESGA, ao Vigo Quantum Communication Center, pasando polo Fujitsu International Quantum Center. Galicia ten moito que dicir en computación e comunicación cuántica.

  • 16/10/2023
  • Duración 57:27
Imaxe do podcast O que non ven os raios X

1# O que non ven os raios X

Como ben sabe Superman os raios X non traspasan o chumbo, pero si o fan os neutróns. Unha spin-off da USC está desenvolver unha técnica de visión por neutróns para industria 4.0 que ven o que non ven os raios X.

  • 06/10/2023
  • Duración 55:57

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast Os primeiros poboadores de América

8# Os primeiros poboadores de América

Co arqueólogo arxentino Gustavo Politis coñecemos como 16000 anos antes de Colón o Homo sapiens conquista rapidamente todo o continente americano de norte a sur.

  • 23/10/2023
  • Duración 55:58
Imaxe do podcast A comunidade cuántica galega

7# A comunidade cuántica galega

A semana pasada inaugurouse o ordenador cuántico do CESGA Qmio, o segundo de España e o máis potente do sur de Europa. Coñecemos aos investigadores, técnicos e empresas que están atrás da comunidade cuántica galega. Desde o CESGA, ao Vigo Quantum Communication Center, pasando polo Fujitsu International Quantum Center. Galicia ten moito que dicir en computación e comunicación cuántica.

  • 16/10/2023
  • Duración 57:27
Imaxe do podcast O que non ven os raios X

6# O que non ven os raios X

Como ben sabe Superman os raios X non traspasan o chumbo, pero si o fan os neutróns. Unha spin-off da USC está desenvolver unha técnica de visión por neutróns para industria 4.0 que ven o que non ven os raios X.

  • 06/10/2023
  • Duración 55:57
Imaxe do podcast Cos sentinelas dos novos virus que nos agardan

5# Cos sentinelas dos novos virus que nos agardan

A vida esta chea de sorpresas... e de virus emerxentes. Ven o soubemos na epidemia do Sars-Cov-2. Pero hai outros moitos que empezan a asomar a patiña por debaixo da porta. Falamos con científicos sentinelas que monitorizan estes virus cos que non nos queda outra que convivir.

  • 14/11/2022
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Unha noite magnética no CINBIO

4# Unha noite magnética no CINBIO

Programa monográfico con público no que nos unimos á xornada de portas abertas do CINBIO da Universidade de Vigo. Este centro de investigación biomédica ten dúas almas, a Nano e a Bio. Pola parte Nano conversamos con Miguel Ángel Correa (grupo TeamNanoTech e director do CINBIO), Verónica Salgueiriños (grupo de Materiais Magnéticos) e Isabel Pastoriza (grupo FunNanoBio). Polo lado Bio falamos con Diana Valverde (grupo de Enfermidades Raras) e Marina Peña (Servizo de Bioexperimentación).

  • 31/10/2022
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Científicos inspirados pola música, e viceversa

3# Científicos inspirados pola música, e viceversa

Conversamos con Alumudena Martín Castro, autora do libro “La lira desafinada de Pitágoras”, sobre como a música inspirou moitos descubrimentos científicos. Por outro, lado contamos como o músico Abraham Cupeiro inspirouse nas investigacións do Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC para montar un concerto en Vigo.

  • 11/10/2022
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast Premios de transferencia da RAGC

2# Premios de transferencia da RAGC

Programa monográfico dedicado aos premios de transferencia da Real Academia Galega de Ciencia onde coñecemos, por exemplo, como a Intelixencia Artificial mellora a diagnose en tempo real do cancro colorectal.

  • 03/10/2022
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Atlas sonoro da ciencia cidadá na Península Ibérica

1# Atlas sonoro da ciencia cidadá na Península Ibérica

Percorremos a Península coñecendo diferentes proxectos de ciencia cidadá ao fío do proxecto Newsera: Desde a Cambre a Sevilla, pasando por Porto ou Lisboa.

  • 03/10/2022
  • Duración 55:59

Playlists