Música

Estudio 3 Desclasificados

Vintecinco anos de concertos exclusivos que non foron editados nin publicados, e que tan só podes escoitar en Radio Galega Podcast grazas a estes Docu ...

Listaxe de episodios

Temporadas do programa
12 episodios
Imaxe do podcast Dende Vigo con amor, Eladio y Los Seres Queridos

12# Dende Vigo con amor, Eladio y Los Seres Queridos

Estudio 3 rebusca nos seus documentos e desclasfica un concerto de Eladio y Los Seres queridos, unha banda viguesa que xa ten 16 anos de vida. Escoita en exclusiva esta gravación realizada no Estudio 5 da Radio Galega en produción propia.

  • 02/03/2022
  • Duración 35:25
Imaxe do podcast Los Suaves: vai por Gelo

11# Los Suaves: vai por Gelo

O falecemento de Gelo, baterista de Los Suaves durante anos, colleu por sorpresa o mundo da música. Estudio 3 Desclasificados quixo facerlle unha homenaxe e publica en aberto a parte final dun concerto da súa xira '¿Hay alguien ahí?' (1994-1995).

  • 23/02/2022
  • Duración 50:1
Imaxe do podcast Siniestro Total, catro décadas sen pisar a Audiencia Nacional

10# Siniestro Total, catro décadas sen pisar a Audiencia Nacional

Tras a disolución da mítica banda Siniestro Total, Estudio 3 remexeu nos seus arquivos e desclasificou a gravación dun concerto no ano 2000. Escoita en exclusiva como soaba este grupo galego que fixo historia no rock.

  • 16/02/2022
  • Duración 36:33
Imaxe do podcast O son de Morgan no Camiño

9# O son de Morgan no Camiño

Escoita en exclusiva o concerto de Morgan no Son do Camiño do 2018 grazas aos arquivos desclasificados de Estudio 3. A banda, coa espectacular voz de Nina á fronte, non fai máis ca medrar.

  • 09/02/2022
  • Duración 45:43
Imaxe do podcast A última dose de Jarabe de Palo en Galicia

8# A última dose de Jarabe de Palo en Galicia

Estudio 3 gravou o derradeiro concerto de Pau Donés en Galicia e agora comparte ese material exclusivo. A Sala Capitol (Santiago) foi o lugar no que o público gozou de Jarabe de Palo, a banda dun artista que marchou demasiado cedo.

  • 02/02/2022
  • Duración 31:5
Imaxe do podcast Meat Loaf, o morcego que saíu do inferno

7# Meat Loaf, o morcego que saíu do inferno

Estudio 3 desclasifica o concerto de Meat Loaf co gallo do recente falecemento deste rockeiro estadounidense. Escoita en exclusiva un anaco do seu directo na xira 3 Bats.

  • 26/01/2022
  • Duración 36:37
Imaxe do podcast Dende Escocia, un bo whisky e mellor música con Franz Ferdinand

6# Dende Escocia, un bo whisky e mellor música con Franz Ferdinand

Poñemos o oído no directo dunha banda orixinaria de Glasgow, un dos grupos máis poderosos do panorama indierock. Desta volta, en Estudio 3 Desclasificados, escoitamos en exclusiva parte dun concerto de Franz Ferdinand en Santiago.

  • 19/01/2022
  • Duración 46:1
Imaxe do podcast De Arxentina a España, chupitos de Tequila

5# De Arxentina a España, chupitos de Tequila

O derradeiro concerto de Tequila, unha das mellores bandas de rock en castelán, foi en Galicia. Ariel Rot, Alejo Stivel e compañía tocaron na Festa do Queixo de Arzúa no 2020, unha actuación que contaba ser a penúltima se non fose pola pandemia que botou abaixo os plans. Así, neste capítulo dos Documentos Sonoros Desclasificados de Estudio 3, desfrutamos da despedida de Tequila.

  • 12/01/2022
  • Duración 53:26
Imaxe do podcast Depedro, de Calexico a Jairo Zavala

4# Depedro, de Calexico a Jairo Zavala

Desclasificamos o arquivo sonoro do concerto que deu Jairo Zavala na Sala Capitol de Compostela no ano 2019. Así soaba este músico, máis coñecido (e ben coñecido) como Depedro.

  • 15/12/2021
  • Duración 44:42
Imaxe do podcast Los Ilegales e a calva máis famosa do punk español

3# Los Ilegales e a calva máis famosa do punk español

Escoitamos o directo da mítica banda española Los Ilegales nunha nova entrega dos concertos exclusivos e desclasificados de Estudio 3. Xusto un mes antes do confinamento do 2020, este grupo agasallábanos esta grande actuación en Arzúa.

  • 08/12/2021
  • Duración 52:47
Imaxe do podcast Novedades Carminha, dunha tenda de lencería lexendaria a un grupo de rock

2# Novedades Carminha, dunha tenda de lencería lexendaria a un grupo de rock

Escoitamos en exclusiva o potente directo de Novedades Carminha nun concerto en Arzúa no ano 2020. Aí vai unha proba musical deste cuarteto con historia: dunha tenda de lencería lexendaria en Santiago a un grupo de rock fundamental e divertido.

  • 01/12/2021
  • Duración 42:47
Imaxe do podcast Lenny, de Manhattan a Galicia

1# Lenny, de Manhattan a Galicia

Neste primeiro concerto exclusivo, escoitamos o neoyorquino Lenny Kravitz en Santiago de Compostela no 2018. Velaquí o primeiro bocado da súa actuación.

  • 24/11/2021
  • Duración 49:11
6 episodios
Imaxe do podcast Los Piratas: Os donos do Pop-Rock nacional nos anos 90 eran galegos

6# Los Piratas: Os donos do Pop-Rock nacional nos anos 90 eran galegos

Estudio 3 rebusca nos seus documentos e desclasfica un concerto de Los Piratas. Escoita en exclusiva esta gravación da Radio Galega en produción propia.

  • 11/05/2022
  • Duración 43:13
Imaxe do podcast The Cynics: o son de garaxe estadounidense nace aquí

5# The Cynics: o son de garaxe estadounidense nace aquí

Estudio 3 Desclasificados saca á luz a gravación inédita dun dos concertos en Galicia da banda estadounidense The Cynics. Escoita en exclusiva como soaban neste directo!

  • 04/05/2022
  • Duración 47:57
Imaxe do podcast The Gift, música e bacallau

4# The Gift, música e bacallau

The Gift é unha banda de rock portuguesa que nos sorprendeu a todos, unha banda que hai que ver en vivo. Aquí podes escoitar un dos seus concertos en directo, sen edición. Así soaron en Santiago de Compostela no 2018

  • 13/04/2022
  • Duración 45:35
Imaxe do podcast Ruta León Benavente

3# Ruta León Benavente

O camiño entre León e Benavente dálle nome a este grupo por ser unha estrada que percorrían frecuentemente os catro músicos desta banda de indie-rock española. Estudio 3 desclasificou o arquivo dun dos concertos de León Benavente na primeira edición do Son do Camiño.

  • 06/04/2022
  • Duración 37:44
Imaxe do podcast The Killers: conexión Las Vegas - Galicia

2# The Killers: conexión Las Vegas - Galicia

Desclasificamos a gravación dun concerto da banda de rock estadounidense The Killers. Escoita como soaron no escenario do Son do Camiño 2018 neste arquivo bruto, sen editar nin un pouquiño.

  • 30/03/2022
  • Duración 39:56
Imaxe do podcast As plumas británicas de Jamiroquai

1# As plumas británicas de Jamiroquai

Estudio 3 Desclasificados enceta a segunda tempada de concertos cun directo do grupo británico Jamiroquai. Esta banda, nacida no 1992, actuou na primeira edición do Son do Camiño en Santiago de Compostela. Escoita en exclusiva o show de Jason Kay e compañía (chapeus de plumas incluídos).

  • 23/03/2022
  • Duración 41:11

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast Reverend Gary Davis (17/12/2023)

8# Reverend Gary Davis (17/12/2023)

Gary D. Davis pasou á historia co alcume do Reverendo. Non en van, está considerado un dos puntais do gospel blues e un dos artistas que mellor aproveitaron o revival tradicionalista de comezos dos anos 60. Davis tiña todo o necesario: boa voz, boa técnica coa guitarra e unha soberbia actitude interpretativa. No episodio de hoxe a dose galega de blues corre a cargo do ourensán MCarballo, nome artístico do músico e debuxante Manuel Carballo.

  • 19/12/2023
  • Duración 62:23
Imaxe do podcast Tres peixes voando 17.12.2023

7# Tres peixes voando 17.12.2023

No programa de hoxe escoitamos varias duplas, a Rozalén e Tanxugueiras, Nastasia Zürcher e Guadi, Ortiga e Pili Pampín, Mark dos Santos e Andrés Boutureira... e viaxamos a Portugal da man de Luisa Sobral ou a Brazil da de Michele Leal. Atrevémonos ao vivo co Milho Verde do Zeca.

  • 19/12/2023
  • Duración 119:59
Imaxe do podcast Escolma de música galega

6# Escolma de música galega

Neste programa ofrecemos unha variada escolma de propostas musicais galegas de raíz.

  • 19/12/2023
  • Duración 63:26
Imaxe do podcast Eric Clapton (10/12/2023)

5# Eric Clapton (10/12/2023)

A historia do blues non sería a mesma sen Eric Patrick Clapton. Curtido en bandas como os Yardbirds ou os Bluesbreakers de John Mayall antes de formar os míticos Cream para despois triunfar tamén como solista, Clapton segue en activo aos seus case 80 anos. É un dos grandes nomes da historia do rock británico, pero a diferenza doutros compatriotas de renome, o seu sustrato artístico sempre foi o blues. Ademais de repasar a súa relación coi xénero que nos ocupa, escoitamos o coruñés Luis Moro.

  • 19/12/2023
  • Duración 60:35
Imaxe do podcast Blind Lemon Jefferson (03/12/2023)

4# Blind Lemon Jefferson (03/12/2023)

Blind Lemon Jefferson é unha das figuras máis relevantes da Historia do blues. Foi o primeiro intérprete masculino do xénero que acadou o éxito comercial masivo, nunha época, a década dos anos 20 do século pasado, en que as que máis discos vendían eran mulleres como Bessie Smith, Ma Rainey ou Ida Cox. A diferencia delas, Jefferson compuxo boa parte dos temas cos que triunfou. No programa de hoxe tamén escoitaremos un interesante cantante e acordeonista vigués de espírito errante, Joe Barnara.

  • 19/12/2023
  • Duración 61:11
Imaxe do podcast Slim Harpo (26/11/2023)

3# Slim Harpo (26/11/2023)

Slim Harpo é seguramente o maior expoñente do que deu chamarse swamp blues ou blues do pantano, o que agromou nalgunhas das zonas máis inhóspitas de Louisiana. Devoto de Jimmy Reed e da súa economía de medios en busca dunha maior efectividade, Harpo soubo incorporar elementos do zydeco ou do cajun entre outros estilos. A súa é unha proposta repousada, elegante e de escoita doada, que tivo un notable éxito comercial. Tamén teremos tempo de escoitar o blues en galego de Brais das Hortas...

  • 19/12/2023
  • Duración 60:20
Imaxe do podcast Lead Belly (19/11/2023)

2# Lead Belly (19/11/2023)

Lead Belly foi un tipo duro que pasou moitos anos no cárcere antes de ser descuberto como artista. Pero non é menos certo que era tamén un cantante e guitarrista talentoso, que sabía de memoria centos de cancións. Lead Belly pode considerarse un bluesman metido a folksinger ou á inversa. El é o protagonista nunha nova entrega da Lista Negra en que tamén soan os coruñeses Doctor Snob...

  • 19/12/2023
  • Duración 60:42
Imaxe do podcast Stevie Ray Vaughan (12/11/2023)

1# Stevie Ray Vaughan (12/11/2023)

A Lista Negra chega ao medio cento de programas. 50 horas, 3.000 minutos dedicados ao blues. E para celebralo repasamos a intensa traxectoria dun dos mellores guitarristas de todos os tempos, o irrepetible Stevie Ray Vaughan. Responsable do rexurdimento do Texas blues, Stevie viviu ao límite, morreu novo e deixou un oco que ninguén poderá encher xamais. Como sempre, escoitaremos tamén o achegamento á música máis honesta que existe dun grupo galego, desta volta os pontevedreses Gold & Colt.

  • 19/12/2023
  • Duración 63:42

Playlists