Música

Consellería do Ritmo

Con Tito Lesende
Tito Lesende produce e conduce unha serie de capítulos monográficos ou temáticos arredor dunha charla repousada cun artista no ámbito rock ou pop gale ...

Listaxe de episodios

27 episodios
Imaxe do podcast Especial Nadal

27# Especial Nadal

A Consellería do Ritmo celebra o Nadal e despide a segunda temporada cun capítulo especial no que recupera algúns dos momentos máis significativos de 2021. O conselleiro Lesende marcha de vacacións lembrando confidencias e diversión con Sés, Xoel López, Iván Ferreiro, Pauliña ou Grande Amore, entre outros. Se che apetece coñecer o programa, esta sesión pode ser a porta perfecta. Pero, se xa es habitual na Consellería, convidámoste a despedir o ano rememorando estes “hits”.

  • 28/12/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast  Secho

26# Secho

Sergio Castiñeiras leva algo máis dunha década funcionando; primeiro como Secho & Los Invisibles e agora debutando como Secho, a secas. O seu disco “Recuperar” (2021) caracterízase por cadencias repousadas, temas que descansan sempre en guitarras acústicas e letras en galego, accesibles pero moi particulares. Un pop de autor tecido cunha instrumentación fina e coidada. A Consellería do Ritmo recibe a Secho para falar dun dos traballos máis aqueladiños xurdidos durante a pandemia.

  • 21/12/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast  Guadi Galego

25# Guadi Galego

A carreira de Guadi Galego é a historia dunha travesía atrevida. Gaiteira de inicio, tamén pianista, cantora polas circunstancias. Formouse na música tradicional con vocación de renovar o noso concepto galego do folk como integrante de Berrogüetto. Tamén deixou pouso con proxectos como Espido ou aCadaCanto. Finalmente emprendeu unha andaina propia, cara a música pop interpretada en galego e cun punto de sofisticación electrónica. Neste capítulo, Tito Lesende recibe a Guadi Galego para conversar con calma na Consellería do Ritmo.

  • 14/12/2021
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast   Los Eternos

24# Los Eternos

Dende Cedeira, Los Eternos son un expoñente galego do country rock, ese xénero de raíz estadounidense pero con tanta afección en Ferrolterra. Dende 2003, a evolución de Los Eternos é palpable e agora veñen de publicar “Sonora”, posiblemente o seu mellor álbum. A Consellería do Ritmo recibe a dous integrantes da banda, Chewis Eterno e Cudi Eterno, que falarán da carreira deste proxecto e doutras aventuras musicais.

  • 07/12/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast  Kin Martínez

23# Kin Martínez

Kin Martínez, cabeza de Esmerarte, é unha referencia para a industria da música en Galicia, en España e tamén no eido latinoamericano. Comezou organizando o festival Cultura Quente en Caldas de Reis e hoxe está detrás de macroeventos como Portamérica ou O Son do Camiño. Tamén é manager e home de confianza de Xoel López, Vetusta Morla, Eladio y los Seres Queridos, Carlos Sadness, Pablo Lesuit e varios chefs con estrela Michelín. Kin aprendeu moito cando era cativo na feira de Mosteiro e agora reclama que se invistan no sector musical tantos cartos como merece, porque a vaquiña polo que vale. Nesta sesión da Consellería do Ritmo, Tito Lesende conversa cun dos principais axentes desta industria en Galicia.

  • 30/11/2021
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast  Allova

22# Allova

A rusa Alla Mikhaylova comezou formándose como música clásica en Cheliábinsk, conectou co pop electrónico en San Petersburgo, especializouse en Madrid e, en 2018, xa establecida na Coruña, lanzou o seu proxecto Allova. “Hope and despair”, o seu primeiro disco, editouse este mesmo ano e bebe da influencia do trip-hop dos anos 90, cunha produción sofisticada e un ambiente ás veces escuro, outras veces non tanto, pero sempre hipnótico. A Consellería do Ritmo recibe a visita de Allova para falar da súa historia; unha ollada diferente á escena musical galega.

  • 23/11/2021
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast Herdeiros da crus

21# Herdeiros da crus

Dende principios dos anos 90, os Heredeiros da Crus son unha banda fundamental para o rock galego e tamén unha importante ferramenta de normalización para esta lingua. En 2022, estes golfos celebrarán 30 anos dende a súa formación, pero a Consellería do Ritmo anticípase ao aniversario para escolmar a andaina dos Heredeiros en 60 minutos de música e palique. Neste capítulo, Tito Lesende recibe a Fran Velo, baixista mítico do grupo, coa súa barba exipcia, ultra hidratada, e a súa elegancia de rock and roll, disposto a facer memoria e a contalo todo.

  • 16/11/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Pablo Novoa

20# Pablo Novoa

A Consellería do Ritmo recibe a visita de Pablo Novoa, referente da música pop en Galicia nas últimas catro décadas. Este vigués foi membro fundador daquela banda chamada Golpes Bajos. E logo formou La Marabunta, foi director musical dos espectáculos do Xabarín Club e tocou ao longo dos anos como integrante ou colaborador de Los Ronaldos, Los Enemigos (ou Josele Santiago), Julieta Venegas, Bebe ou Iván Ferreiro, entre outros. Tamén ten os seus propios proxectos, como Pablo Novoa, Radio Pesquera (con Nono García) ou Diario de Navegantes (con Budiño). O reto do conselleiro Lesende é falar de todo iso en 60 minutos.

  • 09/11/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Eladio y los Seres Queridos

19# Eladio y los Seres Queridos

A Consellería do Ritmo recibe a visita de Eladio Santos, home de música. Autor, artista e técnico de son nesa sala de referencia que é La Fábrica de Chocolate, Eladio pertenceu a formacións como Foggy Mental Breakdown, Brandell Mosca ou Medusa, e tamén leva moitos anos facéndolle de Sancho Panza ao impagable Tony Lomba. Pero, sobre todo, Eladio é a alma de Eladio y los seres queridos, un clásico da escena galega do pop de autor nos anos recentes. “Academia”, o seu último disco, é un álbum de grandes cancións.

  • 02/11/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Pauliña

18# Pauliña

Desta volta, a Consellería do Ritmo recibe a Pauliña, un furacán, unha excelente conversadora e, sobre todo, unha desas artistas tan necesarias nunha escena musical demasiado dominada polos homes. Pauliña é unha moza de vinte e cinco anos, chega dende Cambados, fai vida en Santiago de Compostela pero tamén deixou pouso en Ourense ou mesmo en terras británicas. Ten un terceiro disco publicado por Xonix Records, “Testemuñas”, co que Pauliña enfoca a súa visión artística e ese tamén é un argumento para recibila con gusto na Consellería. Pero durante esta conversa haberá tempo para falar de música e doutras cousas non menos importantes.

  • 02/11/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast The Soul Jacket

17# The Soul Jacket

A Consellería do Ritmo recibe a The Soul Jacket, esa banda formada entre Vigo e o Val Miñor pero que mesmo parece orixinaria de Mississippi ou de Alabama. Este sexteto viste o seu rock con chaqueta de soul e gran parte dese carácter débese a Toño López, cantante magnífico e ademais boa xente. Toño representa a The Soul Jacket e visita a Consellería para conversar con Tito Lesende sobre as súas influencias, as primeiras actuacións no colexio ou a súa teima por mirar os compoñentes dos alimentos procesados, pero tamén sobre o seu quinto disco, “Let me stand”, publicado este 2021.

  • 02/11/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Iván Ferreiro

16# Iván Ferreiro

A Consellería do Ritmo recibe a visita de Pablo Novoa, referente da música pop en Galicia nas últimas catro décadas. Este vigués foi membro fundador daquela banda chamada Golpes Bajos. E logo formou La Marabunta, foi director musical dos espectáculos do Xabarín Club e tocou ao longo dos anos como integrante ou colaborador de Los Ronaldos, Los Enemigos (ou Josele Santiago), Julieta Venegas, Bebe ou Iván Ferreiro, entre outros. Tamén ten os seus propios proxectos, como Pablo Novoa, Radio Pesquera (con Nono García) ou Diario de Navegantes (con Budiño). O reto do conselleiro Lesende é falar de todo iso en 60 minutos.

  • 19/10/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Adrián Costa

15# Adrián Costa

Adrián Costa foi un neno prodixio a quen se podía ver tocando a guitarra e cantando polos bares de Compostela cando tiña 13 anos. Daquela formou a Red Blues Band co seu colega Marcos Coll, mestre da harmónica, con quen máis tarde montaría Los Reyes del KO. Co paso do tempo, Adrián fixo xiras tocando con músicos tan importantes como Mick Taylor (Rolling Stones) ou Buddy Miles (Jimi Hendrix). A través das súas aventuras profesionais, viviu e traballou durante moitos anos en Madrid, Berlín e California, pero agora regresou a Santiago de Compostela e dende aquí defende algúns proxectos gozosísimos: The Criers, Los Saxos del Averno ou o supergrupo Combo Paradiso, entre outros. É un gusto para a Consellería do Ritmo recibir a Adrián Costa, instrumentista con clase, home de mundo e xefe das músicas modernas de raíz negra.

  • 19/10/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Eladio Santos

14# Eladio Santos

A Consellería do Ritmo recibe a visita de Eladio Santos, home de música. Autor, artista e técnico de son nesa sala de referencia que é La Fábrica de Chocolate, Eladio pertenceu a formacións como Foggy Mental Breakdown, Brandell Mosca ou Medusa, e tamén leva moitos anos facéndolle de Sancho Panza ao impagable Tony Lomba. Pero, sobre todo, Eladio é a alma de Eladio y los seres queridos, un clásico da escena galega do pop de autor nos anos recentes. “Academia”, o seu último disco, é un álbum de grandes cancións.

  • 19/10/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Vituco Neira

13# Vituco Neira

Vituco Neira, líder de Ruxe Ruxe e divulgador musical na Radio Galega, é un dos grandes axitadores do rock galego. Aproveitando os 25 anos do seu grupo, visita a Consellería do Ritmo para conversar con Tito Lesende sobre a adrenalina do escenario, a importancia do punk, a súa experiencia radiofónica ou a preservación da aldea de Aríns sen semáforos.

  • 17/09/2021
  • Duración 60:3
Imaxe do podcast Juan de Dios Martín

12# Juan de Dios Martín

Juan de Dios Martín naceu en Madrid por cousas da vida, pero medrou dende cativo na Coruña. Converteuse en referencia como músico e produtor, dende os seus primeiros tempos con Colorado ou cos Limones (e tamén con Cañita Brava) ata ser candidato a dous premios Grammy nos EE UU como autor e produtor con artistas americanos. E polo medio quedan traballos con Xoel López, Amaral, Barón Rojo ou Heredeiros da Crus. Todo o mundo quere a Juande, que visita a Consellería do Ritmo cunha morea de lembranzas e anécdotas.

  • 17/09/2021
  • Duración 61:16
Imaxe do podcast Verto

11# Verto

O dúo Verto é un dos proxectos máis interesantes da última fornada do pop galego. Trátase da proposta de dous estudantes de Medicina: un santiagués, Fer Peleteiro; e un pontevedrés, Berto Mira. Ao pouco de debutar como galegofalantes, estes millennials xuntáronse para trasladar ao noso código a escola do pop internacional. Agora, Verto visita a Consellería do Ritmo cando o seu repertorio anda xa polo millón e medio de escoitas dixitais.

  • 17/09/2021
  • Duración 60:47
Imaxe do podcast Ses

10# Ses

A escena musical galega necesita a Sés. A coruñesa é unha autora con mensaxe, con conciencia galega pero influencia transversal. E tamén un referente para outras mulleres no noso ámbito pop, que segue a ser un espazo aínda moi masculino. En definitiva, Sés é unha escritora de cancións e ademais un exemplo. Na súa visita á Consellería do Ritmo cantará con valentía, fará amigos e deixará titulares, coma sempre, inspirada e sen pelos na lingua.

  • 17/09/2021
  • Duración 62:38
Imaxe do podcast Miguel de la Cierva

9# Miguel de la Cierva

Miguel de la Cierva defínese como músico frustrado, hostaleiro chapuceiro e bicho raro, pero especializado en propiciar situacións desexables. Ovella negra da súa familia (á que pertencen o inventor do autoxiro, un ministro e un tío que gañou un Oscar de Hollywood), hai case tres décadas colleu un local en estado ruinoso, o Náutico de San Vicente, e aos poucos foino convertendo na meca do turismo musical galego. No último capítulo da temporada da Consellería do Ritmo, Tito Lesende trasládase ao Náutico para falar con Miguel de la Cierva da historia deste proxecto, do seu anecdotario e da nova residencia de artistas.

  • 17/09/2021
  • Duración 60:39
Imaxe do podcast Agoraphobia

8# Agoraphobia

Coa visita de Agoraphobia, a Consellería do Ritmo concentra a súa atención nun universo de guitarras distorsionadas e baterías contundentes como mazas. Este cuarteto chega do Barbanza, pero xa sabe o que é tocar nos Estados Unidos, Reino Unido ou Alemaña. Por esas terras pasearon os seus dous álbums longos: “Incoming noise” (2017) e “Unaligned” (2019), exercicios incontestables de rock duro que exhiben os froitos da súa formación instrumental. Nesta ocasión, Tito Lesende conversa con Paula Rego e Lucía Fernández, base rítmica de Agoraphobia.

  • 17/09/2021
  • Duración 61:11
Imaxe do podcast Grande Amore

7# Grande Amore

Seguímoslle a pista a Nuno Pico dende Oh! Ayatollah e máis recentemente cos Rastreadores, o seu proxecto a dúo con Ortiga. Pero Nuno visita a Consellería do Ritmo representando o seu proxecto máis persoal: Grande Amore. Con esta marca publicou en 2021 un disco autotitulado do que nos interesan especialmente dous conceptos: actitude punk e unha mensaxe sincera. Nesta sesión, Tito Lesende conversa con Grande Amore, un millennial de Frexulfe que vén revolucionar a escena galega con cancións viscerais, ataque electrónico e bo humor.

  • 17/09/2021
  • Duración 61:7
Imaxe do podcast dANI

6# DANI

A viguesa Daniela Costas é dANI, con inicial minúscula. Aos seus 23 anos, esta artista representa a nova fornada de talentos galegos da música pop. Neste capítulo fala con Tito Lesende sobre a súa familia (na que hai compoñentes de Aerolíneas Federales, Siniestro Total ou Def Con Dos), o seu debut aos 14 anos e tódolos detalles do seu primeiro disco, “Veinte”, que recolle aplausos tamén en América.

  • 17/09/2021
  • Duración 60:29
Imaxe do podcast Bala

5# Bala

Bala é a asociación de dúas galegas con talento e nervio: Anxela Baltar “Anx” (guitarra) e Violeta Mosquera “V” (batería), que comparten a responsabilidade nas voces. Son dúas instrumentistas inapelables que fabrican pezas para tombar un boi. Bala vén de publicar o seu terceiro disco, “Maleza”, un repertorio duro coma un berro seco que entrou nos primeiros postos das listas de vendas en España na primavera de 2021. Pero, ademais, a súa proxección internacional é tremenda: traballan cun selo alemán e están afeitas a tocar nos EE UU, Australia, Colombia ou Xapón.

  • 17/09/2021
  • Duración 61:9
Imaxe do podcast Baiuca

4# Baiuca

Os vikingos son teimudos, desembarcan en Catoira cada verán, pero tiñamos preparada a vinganza. Dende o Ulla, Baiuca ten a fórmula musical para conquistar o mundo: folclore, enxebrismo e electrónica. Álex Guillán (Baiuca) visita a Consellería do Ritmo para falar da súa carreira, dende os inicios ata os seus traballos fundamentais entre 2018 e 2021: “Solpor”, “Misturas” e “Embruxo”. Tito Lesende conversa neste capítulo cun dos embaixadores da música moderna galega, cunha incidencia millonaria en plataformas dixitais e experiencia en Europa, Marrocos ou México.

  • 17/09/2021
  • Duración 60:57
Imaxe do podcast Budiño

3# Budiño

Xosé Manuel Budiño é un referente da música galega no senso máis amplo. Na súa visita á Consellería do Ritmo, conversa con Tito Lesende sobre os seus inicios coa gaita en Moaña e unhas influencias musicais que propician o diálogo do folk galego co pop internacional. Budiño lembra a Narf e rememora a súa experiencia de xira por diferentes países. Este capítulo ilustra a carreira artística do gaiteiro ata chegar a “Fulgor”, o seu disco máis recente.

  • 04/04/2021
  • Duración 60:5
Imaxe do podcast Xoel López

2# Xoel López

A Consellería do Ritmo debuta coa participación de Xoel López. O músico coruñés, embaixador do pop galego nun ámbito internacional, falará con Tito Lesende sobre as súas raíces familiares na Fonsagrada, a súa experiencia vivindo en América, a maneira en que o seu fillo desmitifica a súa música ou as súas xuntanzas con outros galegos en Madrid, ademais de facer un percorrido pola súa evolución artística.

  • 21/03/2021
  • Duración 61:24
Imaxe do podcast Ortiga

1# Ortiga

Ortiga é a marca artística do compostelán Chicho do Funk, que visita a Consellería do Ritmo como estandarte da neopachanga urbana e latina e embaixador do autotune. O artista fala con Tito Lesende da súa paixón polo heavy metal e o merengue, a vida sen WhatsApp, o seu triunfo co proxecto Esteban & Manuel, a súa colaboración con Rodrigo Cuevas ou o Ortinder, ese invento que conecta parellas a través do propio Chicho.

  • 21/03/2021
  • Duración 60:7

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast Reverend Gary Davis (17/12/2023)

8# Reverend Gary Davis (17/12/2023)

Gary D. Davis pasou á historia co alcume do Reverendo. Non en van, está considerado un dos puntais do gospel blues e un dos artistas que mellor aproveitaron o revival tradicionalista de comezos dos anos 60. Davis tiña todo o necesario: boa voz, boa técnica coa guitarra e unha soberbia actitude interpretativa. No episodio de hoxe a dose galega de blues corre a cargo do ourensán MCarballo, nome artístico do músico e debuxante Manuel Carballo.

  • 19/12/2023
  • Duración 62:23
Imaxe do podcast Tres peixes voando 17.12.2023

7# Tres peixes voando 17.12.2023

No programa de hoxe escoitamos varias duplas, a Rozalén e Tanxugueiras, Nastasia Zürcher e Guadi, Ortiga e Pili Pampín, Mark dos Santos e Andrés Boutureira... e viaxamos a Portugal da man de Luisa Sobral ou a Brazil da de Michele Leal. Atrevémonos ao vivo co Milho Verde do Zeca.

  • 19/12/2023
  • Duración 119:59
Imaxe do podcast Escolma de música galega

6# Escolma de música galega

Neste programa ofrecemos unha variada escolma de propostas musicais galegas de raíz.

  • 19/12/2023
  • Duración 63:26
Imaxe do podcast Eric Clapton (10/12/2023)

5# Eric Clapton (10/12/2023)

A historia do blues non sería a mesma sen Eric Patrick Clapton. Curtido en bandas como os Yardbirds ou os Bluesbreakers de John Mayall antes de formar os míticos Cream para despois triunfar tamén como solista, Clapton segue en activo aos seus case 80 anos. É un dos grandes nomes da historia do rock británico, pero a diferenza doutros compatriotas de renome, o seu sustrato artístico sempre foi o blues. Ademais de repasar a súa relación coi xénero que nos ocupa, escoitamos o coruñés Luis Moro.

  • 19/12/2023
  • Duración 60:35
Imaxe do podcast Blind Lemon Jefferson (03/12/2023)

4# Blind Lemon Jefferson (03/12/2023)

Blind Lemon Jefferson é unha das figuras máis relevantes da Historia do blues. Foi o primeiro intérprete masculino do xénero que acadou o éxito comercial masivo, nunha época, a década dos anos 20 do século pasado, en que as que máis discos vendían eran mulleres como Bessie Smith, Ma Rainey ou Ida Cox. A diferencia delas, Jefferson compuxo boa parte dos temas cos que triunfou. No programa de hoxe tamén escoitaremos un interesante cantante e acordeonista vigués de espírito errante, Joe Barnara.

  • 19/12/2023
  • Duración 61:11
Imaxe do podcast Slim Harpo (26/11/2023)

3# Slim Harpo (26/11/2023)

Slim Harpo é seguramente o maior expoñente do que deu chamarse swamp blues ou blues do pantano, o que agromou nalgunhas das zonas máis inhóspitas de Louisiana. Devoto de Jimmy Reed e da súa economía de medios en busca dunha maior efectividade, Harpo soubo incorporar elementos do zydeco ou do cajun entre outros estilos. A súa é unha proposta repousada, elegante e de escoita doada, que tivo un notable éxito comercial. Tamén teremos tempo de escoitar o blues en galego de Brais das Hortas...

  • 19/12/2023
  • Duración 60:20
Imaxe do podcast Lead Belly (19/11/2023)

2# Lead Belly (19/11/2023)

Lead Belly foi un tipo duro que pasou moitos anos no cárcere antes de ser descuberto como artista. Pero non é menos certo que era tamén un cantante e guitarrista talentoso, que sabía de memoria centos de cancións. Lead Belly pode considerarse un bluesman metido a folksinger ou á inversa. El é o protagonista nunha nova entrega da Lista Negra en que tamén soan os coruñeses Doctor Snob...

  • 19/12/2023
  • Duración 60:42
Imaxe do podcast Stevie Ray Vaughan (12/11/2023)

1# Stevie Ray Vaughan (12/11/2023)

A Lista Negra chega ao medio cento de programas. 50 horas, 3.000 minutos dedicados ao blues. E para celebralo repasamos a intensa traxectoria dun dos mellores guitarristas de todos os tempos, o irrepetible Stevie Ray Vaughan. Responsable do rexurdimento do Texas blues, Stevie viviu ao límite, morreu novo e deixou un oco que ninguén poderá encher xamais. Como sempre, escoitaremos tamén o achegamento á música máis honesta que existe dun grupo galego, desta volta os pontevedreses Gold & Colt.

  • 19/12/2023
  • Duración 63:42

Playlists