Humor

Como que non?

Con Carlos Tresandí
Como que non?

Listaxe de episodios

78 episodios
Imaxe do podcast  Xentre triste

78# Xentre triste

No programa 243 do COMO QUE NON?! remata o paso dos Negro López, Iván Davila e Brais Iriarte, polo programa. Alejandro Martínez "Pini" volve con outra Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez, a piques de volver ao estudio a vindeira semana, volve contactar connosco desde as Illas Canarias. Dani Lorenzo responde á petición de Fran dedicando o seu Mundo Paquitoff a esa xente que, a pesar de non parecelo, transmite certa sensaciónd e tristeza. J. Pablo Sangiao analiza os tipos de condutores nunha nova eidción de O Criticador e a música en directo volve estar a cargo de Fran Brea que nos interpreta o tema "Dementor". Coma sempre, dirixido e presentado por Carlos Tresandí.

  • 21/07/2023
  • Duración 56:2
Imaxe do podcast Santiago Urrialde

77# Santiago Urrialde

No programa 242 do COMO QUE NON?! volven os Negro López, por Iván Davila e Brais Iriarte, que tentarán clasificarse para a gran final do Concurso CQN que vai disputarse no derradeiro programa da temporada. Contarán coa axuda de J. Pablo Sangiao, Dani Lorenzo e Alejandro Martínez "Pini" que tamén analizará unha nova Efeméride Aleatoria. A música en directo correrá a cargo de Fran Brea que vén presentarnos o seu último traballo. O tema que nos interpretará nesta ocasión será "El fantasma de Murf". Todo isto dirixido e presentado por Carlos Tresandí.

  • 18/07/2023
  • Duración 56:11
Imaxe do podcast Mimo pola radio

76# Mimo pola radio

No programa 241 do COMO QUE NON?! visítannos por primeira vez Negro López, o dúo composto por Iván Davila e Brais Iriarte que van enfrontarse a unha sección na que tentaremos que fagan mimo pola radio... ou algo así. Ademais Alejandro Martínez "Pini" volve analizar unha nova Efeméride Aleatoria, J. Pablo Sangiao e Dani Lorenzo acompáñannos no estudio e a música en directo volve estar a cargo de Raúl Ben que nos interpreta en directo "Chispas y Alambres". Como é habitual, dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 18/07/2023
  • Duración 56:42
Imaxe do podcast A da intuicion

75# A da intuicion

No programa 239 do COMO QUE NON?! volve Cristina Maró a participar nunha nova edición do Concurso CQN tentando clasificarse para a gran final. Estará axudada por Dani Lorenzo, J. Pablo Sangiao e Alejandro Martínez "pini" que tamén nos analizará unha nova Efeméride Aleatoria. Carla Mañas volve cunha nova edición de Carla Calzeta e a música en directo corre a cargo de Raúl Ben que nos presenta en rigoroso directo "La Chica de las Semillas". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 14/07/2023
  • Duración 57:40
Imaxe do podcast O club das cinco

74# O club das cinco

No programa 238 do COMO QUE NON?! visítanos a actriz e presentadora Cirstina Maró que nos vai contar dos seus proxectos profesionais. Ademais, Alejandro Martínez "Pini" analiza unha nova Efeméride Aleatoria, Dani Lorenzo fálanos das Xornadas de Teatro que acaba de dirixir e J. Pablo Sangiao acompaña á guitarra nunha improvisada versión do "Wish you Were Here" de Pink Floyd a Carlos Tresandí que, coma todas as semanas, encárgase de presentar e dirixir o programa.

  • 14/07/2023
  • Duración 56:36
Imaxe do podcast Noticias Do Mundo II

73# Noticias Do Mundo II

No programa 237 do COMO QUE NON?! contactamos por teléfono co showman Carlos Veleiro que acaba de presentar o seu espectáculo "Con Pocas Luces" con Eva Rico. Dani Lorenzo volve co seu Mundo Paquitof e unha segunda parte do que será a triloxía de "Noticias del Mundo". J. Pablo Sangiao enfróntase en O Criticador á proposta de Agustín Alejos de criticar aos que levan o móbil pola rúa coma se fose unha torrada. Fran Rodríguez está todo o programa connosco en directo desde Canarias. Alejandro Martínez "Pini" volve cunha nova Efeméride Aleatoria e na parte musical os amigos da Timba Mullallo! interpretarán en RIGOROSO DIRECTO o tema en galego "Millareira Guaguancó". Dirixe e presenta, como é habitual, Carlos Tresandí.

  • 13/07/2023
  • Duración 55:26
Imaxe do podcast Noticias Do Mundo III

72# Noticias Do Mundo III

No programa 237 do COMO QUE NON?! contactamos por teléfono co showman Carlos Veleiro que acaba de presentar o seu espectáculo "Con Pocas Luces" con Eva Rico. Dani Lorenzo volve co seu Mundo Paquitof e unha segunda parte do que será a triloxía de "Noticias del Mundo". J. Pablo Sangiao enfróntase en O Criticador á proposta de Agustín Alejos de criticar aos que levan o móbil pola rúa coma se fose unha torrada. Fran Rodríguez está todo o programa connosco en directo desde Canarias. Alejandro Martínez "Pini" volve cunha nova Efeméride Aleatoria e na parte musical os amigos da Timba Mullallo! interpretarán en RIGOROSO DIRECTO o tema en galego "Millareira Guaguancó". Dirixe e presenta, como é habitual, Carlos Tresandí.

  • 13/07/2023
  • Duración 55:26
Imaxe do podcast Veleiro Concursa

71# Veleiro Concursa

No programa 236 do COMO QUE NON?! o showman Carlos Veleiro que segue a presentarnos o seu último podcast-chou "Con Pocas Luces", participa no Concurso CQN para poder facerse cun oco na gran final de Fin de Temporada. Dani Lorenzo e J. Pablo Sangiao tentarán botarlle unha man. Carla Mañas envíanos unha nova Carla CalZeta onde fará unha radiografía da xeración dos 80. Alejandro Martínez "Pîni" volve analizar unha nova Efeméride Aleatoria. Na parte musical volven os amigos da Timba Mullallo! que interpretarán en RIGOROSO DIRECTO o tema "Camaleón". Dirixe e presenta, como é habitual, Carlos Tresandí.

  • 31/05/2023
  • Duración 56:2
Imaxe do podcast Con Poucas Luces

70# Con Poucas Luces

No programa 235 do COMO QUE NON?! recibimos ao showman Carlos Veleiro que vén presentarnos o seu último podcast-chou "Con Pocas Luces". Ademais temos conexión en directo con Pepe Capelán. Alejandro Martínez "Pîni" volverá iluminarnos coa análise dunha nova Efeméride Aleatoria. J. Pablo Sangiao e Dani Lorenzo estarán aportando a súa sabidoría habitual e na parte musical temos aos compoñenetes de Timba Mullallo que interpretarán en RIGOROSO DIRECTO "El Cuarto de Tula". Todo isto e moito máis dirixido por Carlos Tresandí.

  • 24/05/2023
  • Duración 56:11
Imaxe do podcast Himnos

69# Himnos

No programa 234 do COMO QUE NON?! Agustín Alejos, xogador da Selección Española de Baloncesto en Cadeira de Rodas e do Iberconsa Amfiv, vai facer historia no CONCURSO CQN. Teremos Efemérides Aleatorias de Alejandro Martínez "Pini". Dani Lorenzo e J. Pablo Sangiao vaqn tentar axudar o que poidan no Concurso de Agustín e falaremso en directo con Fran ROdríguez que se atopa nunha festa en Canarias! A música en directo volve estar nas voces e instrumentos do grupo Naitinain que nos interpretan en rigoroso directo "Zona Vella ". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 16/05/2023
  • Duración 56:37
Imaxe do podcast Noticias do Mundo

68# Noticias do Mundo

No programa 233 do COMO QUE NON?! volve estar connosco Agustín Alejos, xogador da Selección Española de Baloncesto en Cadeira de Rodas e do Iberconsa Amfiv. Volven as Efemérides Aleatorias de Alejandro Martínez "Pini". Dani Lorenzo trae unha nova edición do seu Mundo Paquitof dedicado ao xornal Noticias del Mundo. J. Pablo Sangiao analiza aos Colonizadores de Praia na súa sección O criticador e a música en directo volve estar nas voces e instrumentos do grupo Naitinain que nos interpretan en rigoroso directo "Paseo Nocturno". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 16/05/2023
  • Duración 56:27
Imaxe do podcast Para Olímpicos

67# Para Olímpicos

No programa 232 do COMO QUE NON?! recibimos despois de tres temporadas ao medallista paralímpico Agustín Alejos, xogador da Selección Española de Baloncesto en Cadeira de Rodas e do Iberconsa Amfiv. Teremos novas Efemérides Aleatorias de Alejandro Martínez "Pini". Pepe Capelán vai falar connosco de novas propostas olímpicas. J. Pablo Sangiao e Dani Lorenzo continúan connosco quecendo, por se teñen que saír e Carla Mañas envíanos unha nova edición de Carla CalZeta desde a súa casa. A música en directo corre a cargo do grupo Naitinain interpretándonos en rigoroso directo "Agua". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 02/05/2023
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast Croquetas

66# Croquetas

No programa 231 do COMO QUE NON?! Érika Vera volve acompañarnos no programa. Temos Efemérides Aleatorias de Alejandro Martínez "Pini". Dani Lorenzo volve cunha nova edición de "Mundo Paquitof", J. Pablo Sangiao ten que criticar na súa sección a Roberto Vilar e as croquetas, por mandato de Arantxa Treus e Jazmín Abuín, e a música en directo correrá a cargo de Niño Lobo que hoxe nos interpreta "Resucitándonos". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 24/04/2023
  • Duración 56:59
Imaxe do podcast Marabilloso Mutante

65# Marabilloso Mutante

No programa 231 do COMO QUE NON?! Érika Vera volve acompañarnos no programa. Temos Efemérides Aleatorias de Alejandro Martínez "Pini". Dani Lorenzo volve cunha nova edición de "Mundo Paquitof", J. Pablo Sangiao ten que criticar na súa sección a Roberto Vilar e as croquetas, por mandato de Arantxa Treus e Jazmín Abuín, e a música en directo correrá a cargo de Niño Lobo que hoxe nos interpreta "Resucitándonos". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 24/04/2023
  • Duración 56:59
Imaxe do podcast A Barbeira dos teus soños

64# A Barbeira dos teus soños

No programa 229 do COMO QUE NON?! Érika Vera volve ao programa para presentar o seu último podcast "La Barbería de mis sueños". Ademais, contactamos con Pepe Capelán que foi a Viveiro a algo, temos Carla CalZeta enlatado con Carla Mañas, Dani Lorenzo e J. Pablo Sangiao estarán á que salta e a ver se non se nos esquecen as Efemérides Aleatorias de Alejandro Martínez "Pini". Ademais, a música en directo correrá a cargo de Niño Lobo. Todo isto e máis presentado por Carlos Tresandí.

  • 10/04/2023
  • Duración 56:16
Imaxe do podcast Familia Aragón

63# Familia Aragón

No programa 228 do COMO QUE NON?! Arantxa Treus e Jazmín Abuín rematan o seu periplo polo programa disfrutando dun Mundo Paquitof con Dani Lorenzo no que exploraremos o lado máis escuro da familia Aragón. Ademais, J. Pablo Sangiao ten que analizar na súa sección O Criticador un postre crudivegano. Alejandro Martínez "Pini" volve coas súas Efemérides Aleatorias, Fran Rodríguez na dirección de contidos e a música en directo está protagonizada por Mon Cancelas que nos presenta en acústico "Creo que me voy a caer". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 03/04/2023
  • Duración 55:54
Imaxe do podcast Santos Mutantes!

62# Santos Mutantes!

No programa 227 do COMO QUE NON?! Arantxa Treus e Jazmín Abuín enfróntanse ao Concurso CQN e tentarán acadar a cima da clasificación encabezada nestes momentos por Lucía Rodríguez. Volvemos abrir o Museo Mutante de Fran Rodríguez que nos trae os viláns máis carismáticos da serie Batman dos 60. OAlejandro Martínez "Pini" volve coas súas Efemérides Aleatorias, J. Pablo sangiao e Dani Lorenzo estarán atentos para dar as axudas necesarias no concurso e a música en directo vén da man de Mon Band, encabezada por Mon Cancelas que nos presenta en acústico outro tema recente titulado "Química Brutal". Coma sempre, presentado e dirixido por Carlos Tresandí

  • 27/03/2023
  • Duración 56:49
Imaxe do podcast Puro Teatro

61# Puro Teatro

No programa 226 do COMO QUE NON?! temos visita dobre porque as convidadas son Arantxa Treus e Jazmín Abuín que veñen ao programa a vivir unha clase de teatro improvisada dirixida por Dani Lorenzo. Ademais, agardamos da visita de Fran Rodríguez que, polo que sexa se retrasa. Ocupa o seu lugar interinamente J. Pablo Sangiao. Pepep Capelán cóntanos en directo desde o seu refuxio secreto unha conspiración. A música en directo vén da man de Mon Band, encabezada por Mon Cancelas que nos presenta en acústico o seu último traballo e o tema que dá título xenérico ao mesmo: "Figuras de Papel". Coma sempre, presentado e dirixido por Carlos Tresandí

  • 20/03/2023
  • Duración 56:5
Imaxe do podcast Twin Peaks

60# Twin Peaks

No programa 225 do COMO QUE NON?! volvemos recibir a Lucía Rodríguez e soa EN PRIMICIA o novo tema de Queco Lago "El pacto que hicimos ayer". Dani Lorenzo volve co seu Mundo Paquitof e vén falarnos de xuízos absurdos. J. Pablo Sangiao ten que enfrontarse en O Criticador ao capítulo 8 da terceira temporada de Twin Peaks por petición expresa da nosa anterior convidada Noa García. Alejandro Martínez "Pini" analizará unha nova Efeméride Aleatoria e Fran Rodríguez estará atento ao que ocorra no programa, intervindo cando sexa necesario. Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 13/03/2023
  • Duración 56:2
Imaxe do podcast Criaturas raras

59# Criaturas raras

No programa 224 do COMO QUE NON?! recunca Lucía Rodríguez no programa participando nunha nova edición do noso Concurso CQN. Tamén volve tocar en rigoroso directo Queco Lago, acompañado á percusión por Rodrigo Valiente que nos interpreta desta volta "Mírame". Fran Rodríguez abre unha vez máis as portas do Museo Mutante para falarnos dunha rareza audiovisual da que trae unhas figuras moi curiosas. Alejandro Martínez "Pini" non nos vai deixar sen unha das súas Efemérides Aleatorias e J. Pablo Sangiao e Dani Lorenzo farán o seguemento do programa por se hai que puntualizar algo. Dirixe e prsenta Carlos Tresandí.

  • 06/03/2023
  • Duración 57:30
Imaxe do podcast Unha noite contigo

58# Unha noite contigo

No programa 223 do COMO QUE NON?! temos á marabillosa Lucía Rodríguez de convidada que vai ter que enfrontarse á presentación dun magazine moi especial do que non ten nin idea, claro... Ademais temos a música en directo de Queco Lago, acompañado á percusión por Rodrigo Valiente que nos vai interpretar o seu single "Clímax". Dani Lorenzopresenta unha nova Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez e J. Pablo Sangiao estarán quecendo por se hai que comentar algo e falaremos por teléfono con Pepe Capelán que recunca coa súa sección Capelán Conta. Todo isto e máis presentado por Carlos Tresandí ."

  • 27/02/2023
  • Duración 59:7
Imaxe do podcast  Galicia Directo

57# Galicia Directo

No programa 222 do COMO QUE NON?! temos unha ESTREA MUNDIAL. Por primeira vez vai soar o novo single de Carla Lourdes titulado "Papel para Almodóvar". Escoitaremos a versión acústica co acompañamento de Raúl Ben á guitarra. Por outra banda, Noa García acompáñanos por última semana e vai enfrontarse a un reto: facer de reporteira no noso novo espazo Galicia Directo contará coa axuda de Fran Rodríguez. O Criticador J. Pablo Sangiao ten que analizar esta semana un tema de Quevedo. Alejandro Martínez "Pini" volve comentar unha nova Efeméirde Aleatoria. Carla Mañas estará tamén no programa e Dani Lorenzo prometeunos que, a semana que vén, volve á acción así como Pepe Capelán. Todo isto e moito máis dirixido por Carlos Tresandí

  • 20/02/2023
  • Duración 56:19
Imaxe do podcast Tiburón

56# Tiburón

No programa 221 do COMO QUE NON?! Noa García vai participar no Concurso CQN buscando facerse un oco na gran final de temporada. Volve o Museo Mutante con Fran Rodríguez que hoxe vai sobre unha das grandes películas da historia do cinema. Alejandro Martínez "Pini" analizará unha nova data nas nosas Efemérides Aleatorias. J. Pablo Sangiao e Carla Mañas estarán atentos para apuntar o que faga falta e a música en directo correrá a cargop de Carla Lourdes e Raúl Ben que nos interpretan a dúo a ranchera "Ámbar". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 14/02/2023
  • Duración 56:34
Imaxe do podcast Congreso Veterinario

55# Congreso Veterinario

No programa 220 do COMO QUE NON?! recibimos a Noa García que nos vai contar a súas experiencias como reporteira no Malicia Noticias, no Fun polo Aire ou no programa Aquí la Tierra. Ademais está de volta no estudio Fran Rodríguez tralo seu periplo andaluz e vén disposto a recuperar o tempo perdido. Carla Mañas volve cunha nova sección de Carla CalZeta. Alejandro Martínez "Pini" non nos vai deixar sen a nosa ración de Efemérides Aleatorias. Falamos con Pepe Capelán dun Congreso Veterinario... e non é broma. Acompáñanos como cada semana J. Pablo Sangiao e a música en directo está protagonizada este episodio por Carla Lourdes, acompañada á guitarra por Raúl Ben, que nos interpreta o seu tema "Platónico". Dirixe e presenta Carlos Tresandí!

  • 14/02/2023
  • Duración 57:11
Imaxe do podcast AAAAAA Performance

54# AAAAAA Performance

Último programa no que nos vai acompañar Rafa Durán nesta sexta temporada no que vai descubrir se é un delincuente ou non grazas ao Mundo Paquitof de Dani Lorenzo. J. Pablo Sangiao ten que analizar a performance AAA-AAA de Marina Abramovic como lle soliciotu hai tres episodios Miriam Rodríguez. Alejandro Martínez "Pini" volve analizar unha Efeméride Aleatoria. E Carla Mañas estará atenta a todo o que se desenvolva no programa. A música en directo volve poñela Valentín Dacova que nesta ocasión nos vai interpretar en rigoroso directo o tema "Malabares". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 14/02/2023
  • Duración 54:2
Imaxe do podcast Ligando en Zeta

53# Ligando en Zeta

Rafa Durán volve recuncar no programa neste episodio 218 participando no Concurso CQN e tentando clasificarse para a gran final ao remate da temporada. Contará coa axuda de membros do equipo como J. Pablo Sangiao ou Dani Lorenzo. Carla Mañas volve cunha nova edición de Carla Calzeta na que nos vai explicar como se liga na Xeración Zeta. Alejandro Martínez "Pini" volve analizar unha nova Efeméride Aleatoria e Valentín Dacova pon a música en directo no programa interpretando un novo tema titulado "Azulejos". Dirixe e presenta Carlos Tresandí

  • 14/02/2023
  • Duración 56:51
Imaxe do podcast Moito ánimo, Rafa

52# Moito ánimo, Rafa

No episodio 217 do COMO QUE NON?! recibimos a Rafa Durán despois de tres temporadas sen pasar polo programa. Imos aproveitar as súas dotes como animador de público e convencións para propoñerlle a sección Moito Ánimo, Rafa. Imos xogar con Pepe Capelán, co que conectaremos por vía telefónica para ver se adiviña quen é o noso convidado de hoxe. Alejandro Martínez"Pini" non defrauda e continua coas súas Efemérides Aleatorias. Dani Lorenzo, Carla Mañas e J. Pablo Sangiao darán o mellor que teñen durante o percorrido do programa e a música en directo ven da man de Valentín Dacova que nos presenta o seu máis recente sinxelo: "El juicio de los grajos". Dirixe e presenta Carlos Tresandí

  • 14/02/2023
  • Duración 56:3
Imaxe do podcast Imitacións Animais

51# Imitacións Animais

O programa 216 do COMO QUE NON?! despide a Miriam Rodríguez tralo seu paso polo programa como convidada non se antes deixar unha petición moi especial para J. Pablo Sangiao que hoxe vai analizar a serie OS NOVOS na súa sección de O Criticador. Dani Lorenzo convértese no mellor imitador de animais internacionais do universo no seu Mundo Paquitof. Alejandro Martínez "Pini" continua desenvolvendo Efemárides Aleatorias un programa máis. Falaremos en directo con Fran Rodríguez que volve marchar ao sul de España e conectaremos por teléfono con Pepe Capelán. Acompañaranos Carla Mañas como ven sendo habitual e a música en directo do programa volve poñela La Banda del Cuarto que estrean o seu tema "Cenizas". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 13/02/2023
  • Duración 55:43
Imaxe do podcast Feliz 2023. Especial fin de Ano

50# Feliz 2023. Especial fin de Ano

Por sexto ano consecutivo, o Como Que Non?! volve co seu Especial de Fin de Ano con todo o equipo do programa en La Luthería de Le BarLuthier presentando as súas seccións habituais diante de público en directo tres anos despois. As Izquierdo Sisters (Lucía Veiga & Marita Martínez) regresan tras 365 días para ofrecernos un novo exercicio de Impro Radiofónica. A música do programa vai correr a cargo de Miriam Rodríguez, Chucho González e David Sangiao, ou o que é o mesmo La Banda del Cuarto. E , por se fose pouco, Pepe Capelán volve co CCC, Fran Rodríguez ten un Museo Mutante moi especial, Dani Lorenzo e o seu Mundo Paquitof, Carla Mañas presenta Carla CalZeta, J. Pablo Sangiao analiza unha nova peza audiovisual no Criticador e Alejandro Martínez "Pini" explicará unha nova Efeméride Aleatoria. E para rematar, uns Todólog@s moi especial onde os membros do equipo rememorarán algún momento audivisual que lles quedase na cabeza. Todo isto, presentado e dirixido por Carlos Tresandí. Despedimos 2022 no Como Que Non?!

  • 10/02/2023
  • Duración 176:3
Imaxe do podcast JONAS BROTHERS

49# JONAS BROTHERS

Neste episodio do COMO QUE NON?! Miriam Rodríguez recunca para participar no Concurso CQN e vai formar parte de La Banda del Cuarto xunto a J. Pablo Sangiao, David Sangiao e Chucho González que poñen a música en directo do programa interpretando unha versión do " A mil kilómetros de ti". Carla Mañas volve coa súa sección Carla Calzeta onde vai propoñernos un test para ver cal dos Jonas Brothers somos os membros do equipo. Efemérides Aleatorias con Alejandro Martínez" Pini", Pepe Capelán que segue a buscar a entrada do estudio e Dani Lorenzo que vai aportar os seus coñecementos ao programa. Todo isto dirixido por Carlos Tresandí.

  • 09/02/2023
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast TÉCNICA VOCAL

48# TÉCNICA VOCAL

No programa de hoxe recibimos a unha vella amiga do programa, Miriam Rodríguez, cantante e líder de Le BarLuthier que non soamente ven contarnos os seus proxectos senón que nos vai ofrecer unhas clases de técnica vocal, como profesora de canto que é. Pepe Capelán está tentando chegar ao estudio... Veremos se o consegue. Alejandro Martínez "Pini" analiza unah nova Efeméride Aleatoria, Carla Mañas, J. Pablo Sangiao e Dani Lorenzo estarán atentos a todo o que aconteza no programa e a música en directo vai poñela La Banda del Cuarto que nos interpreta unha versión moi persoal do clásico de Ray Charles "Hit the road, Jack". Coma sempre, dirixe e presenta Carlos Tresandí

  • 09/02/2023
  • Duración 57:31
Imaxe do podcast MOULIN ROUGE

47# MOULIN ROUGE

Conclúe o periplo do Dr. Frusna, compoñente de El Cinemanicomio, no Como Que Non?! e hoxe vai participar nun programa no que Dani Lorenzo presenta unha nova edición do Mundo Paquitof na que nos vai falar de productos que non tiveron sorte no mercado. J. Pablo Sangiao ofrece a segunda sección de O Criticador analizando a película Moulin Rouge. Ademais Pepe Capelán entra coa súa sección Capelán Conta, Alejandro Martínez "Pini" e as súas Efemérides Aleatorias, Carla Mañas, Fran Rodríguez e a música en directo de Sabela Cereijo e Andrés cunha que hoxe nos presentan unha versión moi especial do "Bésame Mucho". Todo isto e máis dirixido e presentado por Carlos Tresandí.

  • 09/02/2023
  • Duración 57:54
Imaxe do podcast TACITA DE PRATA

46# TACITA DE PRATA

Esta semana o COMO QUE NON?! volve recibir a un dos piares principais da canle El Cinemanicomio como é o galego afincado en Madrid e experti en cine o Dr. Frusna. Hoxe participará no Concurso CQN e tentará acadar unha boa puntuación para clasificarse na gran final ao remate da temporada. Ademais contactaremos en directo con Fran Rodríguez que nos ofrece un Museo Mutante moi especial desde Cádiz, onde se atopa esta semana. Ademais Alejandro Martínez "Pini" volve analizar unha Efeméride Aleatoria e Dani Lorenzo, J. Pablo Sangiao, Carla Mañas e Pepe Capelán completarán o equipo cómico habitual. A nota musical deste programa volven poñela Sabela Cereijo e Andrés Cunha que hoxe nos interpretan unha versión moi especial do "Umbrella". Dirixe Carlos Tresandí.

  • 08/02/2023
  • Duración 56:12
Imaxe do podcast QUE ME PASA, DR?

45# QUE ME PASA, DR?

Aquí está o episodio 210 (ou cuarto da sexta temporada) do COMO QUE NON?! co Dr. Frusna de El Cinemanicomio de convidado e a música en directo de Sabela Cereijo & Andrés Cunha que interpretan "Piece of my heart". Ademais, Carla Mañas le as cartas astrais do equipo nunha nova edición de Carla CalZ. Alejandro Martínez "Pini" analiza unha nova Efeméride Aleatoria e enfrontamos ao Dr. Frusna ao seu propio cuestionario nunha sección especial denominada "Que che pasa, Dr?" E Dani Lorenzo, J. Pablo Santiago e Carlos Tresandí.

  • 08/02/2023
  • Duración 56:40
Imaxe do podcast PREMIOS IG NOBEL

44# PREMIOS IG NOBEL

No terceiro episodio da Sexta Temporada do COMO QUE NON?! ocorre algo inesperado, o convidado convértese en colaborador oficial e J. Pablo Sangiao estrea sección no programa facendo o que mellor se lle dá: criticar. Ademais volve o Mundo Paquitof coa sección prometida por Dani Lorenzo no último programa da 5G, os Premios IG Nobel. Alejandro Martínez "Pini" volve analizar unha Efeméride Aleatoria, tentaremos falar por teléfono con Pepe Capelán e Fran Rodríguez e Carla Mañas estarán atentos polo que poida suceder. A música en directo neste programa vai poñela Adrian Timms que nos interpreta un dos seus últimos temas: "Lullaby".

  • 08/02/2023
  • Duración 57:0
Imaxe do podcast NOITE NO MUSEO

43# NOITE NO MUSEO

O Como Que Non?! comeza o seu segundo programa da sexta temporada recibindo a J. Pablo Sangiao do podcast El Cuarto de los Ratones que se enfronta a un renovado Concurso perpetrado por Carlos Tresandí que, si amigos e amigas, vai ter que explicalo. Axudarán a Pablo o equipo completo do programa entre o que se atopan Dani Lorenzo e Carla Mañas. Ademais, volvemos abrir as portas do Museo Mutante de Fran Rodríguez que hoxe nos ven presentar unhas pezas da súa colección que están relacionadas co concepto dos Horror Host. Teremos Efemérides Aleatorias con Alejandro Martínez "Pini", Pepe Capelán aínda está de voda e a música en directo volve poñela Adrián Timms que esta semana nos interpreta o tema "Tell Me".

  • 08/02/2023
  • Duración 55:50
Imaxe do podcast EQUIPO ZETA

42# EQUIPO ZETA

O Como Que Non?! comeza a súa sexta temporada con novidades e cun convidado de excepción: J. Pablo Sangiao do podcast El Cuarto de los Ratones!Carla Mañas incorpórase ao equipo coa súa sección Carla CalZeta, onde tentará modernizar o programa. Continúan Fran Rodríguez e Dani Lorenzo. Teremos Efemérides Aleatorias con Alejandro Martínez "Pini". Pepe Capelán conecta con nós desde a voda do ano. Carlos Tresandí entrevista a un home que perdeu máis de 300 puntos do carnet de conducir e na nosa sección musical, Adrián Timms interprétanos EN RIGOROSO DIRECTO o seu tema "Robot Arms"

  • 08/02/2023
  • Duración 56:18
Imaxe do podcast FIN DA 5G

41# FIN DA 5G

Carlos Tresandí e todo o seu equipo levan o último COMO QUE NON?! da tempada 5G ata o lugar que os viu nacer: The City Vigo coa volta do PÜBLICO EN DIRECTO. Alí recibirán a monologuista Carla Mañas como convidada, Iago Gordillo e Belén Vara concursarán por alzarse coa vitoria da GRAN FINAL do CONCURSO 5G. A música en directo correrá a cargo de OS TAPACONAS que nos presentan varias cancións do seu repertorio blueseiro en galego coa participación de Miriam Rodríguez como cantante convidada. Ademais estará Pepe Capelán velando porque o programa siga o seu ritmo canónico. Fran Rodríguez ofrécenos o último Museo Mutante da temporada, Dani Lorenzo fai un adíanto do que será o Mundo Paquitof na sexta temporada do programa, Fernando RqR terá unha nova edición de O Camaleón e Alejandro Martínez "Pini" ofrecerá unha nova análise de Efemérides Aleatorias. Todo isto e moito máis en dúas horas e media de programa especial. E que ninguén se preocupe! Voltamos en setembro coa nova temporada do CQN en Radio Galega Podcast!"

  • 22/08/2022
  • Duración 154:23
Imaxe do podcast A PENÚLTIMA

40# A PENÚLTIMA

No Episodio 39 da 5G do COMO QUE NON?! volve Adela Bértolo ao programa para concluír a súa participación de hai meses xogando no Concurso 5G. Ademais ofrecemos un Museo Mutante moi especial ao noso compañeiro Fran Rodríguez, que se atopa en Honduras. Cada membro do equipo trouxo unha xoia da súa colección para poñela en común con Fran e a nosa audiencia. Alejandro Martínez "Pini" volve coa penúltima Efeméride Aleatoria da tempada e a nota musical corre a cargo da cantante Anahí que nos interpreta EN RIGOROSO DIRECTO "Mientes". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 15/08/2022
  • Duración 63:43
Imaxe do podcast PREMIOS DARWIN

39# PREMIOS DARWIN

No Episodio 38 da 5G do COMO QUE NON?! remata a participación de Álex Fidalgo (do podcast Lo Que Tú Digas) nesta 5G. Intervirá xunto ao resto do equipo nun Mundo Paquitof de Dani Lorenzo, no que se falará dos Premios Darwin. Fernando RqR realizará a penúltima sección do Camaleón da tempada. Teremos unha nova efeméride aleatoria de Alejandro Martínez "Pini" e Pepe Capelán e Fran Rodríguez seguirán atentos á evolución do programa para apuntar o que sexa mester. A nota musical corre a cargo da cantante Anahí que nos interpreta EN RIGOROSO DIRECTO "Someone like you". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 08/08/2022
  • Duración 65:1
Imaxe do podcast UN CAOS

38# UN CAOS

No Episodio 37 da 5G do COMO QUE NON?! volve Álex Fidalgo do podcast Lo Que Tú Digas para enfrontarse ás preguntas do Concurso 5G. Teremos unha nova edición do Museo Mutante con Fran Rodríguez amosándonos unha peza baseada na mítica película "They Live!". Unha nova efeméride aleatoria da man de Alejandro Martínez "Pini" e Fernando RqR, Dani Lorenzo e Pepe Capelán. A nota musical tráea hoxe a cantante Anahí que interpreta EN DIRECTO unha versión do tema "Corre". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 01/08/2022
  • Duración 63:17
Imaxe do podcast FIDALGO RULES!

37# FIDALGO RULES!

No Episodio 36 da 5G do COMO QUE NON?! o gran Álex Fidalgo do famoso podcast Lo Que Tú Digas acompáñanos e vai enfrontarse ao reto proposto por Carlos Tresandí. Teremos unha edición moi especial do CCC de Pepe Capelán que, excepcionalmente, se vai denominar CFC. Fran Rodríguez, Fernando RqR, Dani Lorenzo e Alejandro Martínez "Pini" achegarán todos os comentarios que se lles ocorran durante o programa e teremos un cameo de Popó Capelín! A música do programa correrá a cargo de It´s Soul & Wannadee, que nos interpretan en directo o tema "Casi". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 26/07/2022
  • Duración 57:0
Imaxe do podcast AMISTADES BAILA SOA

36# AMISTADES BAILA SOA

No Episodio 35 da 5G do COMO QUE NON?! estamos coa resaca do programa 200 coa visita de Iago Gordillo de Recuncho Gamer. Conseguirá facer historia no programa 200? Alejandro Martínez "Pini" continua coas súas Efemérides Aleatorias. En Mundo Paquitof, Dani Lorenzo analiza as rupturas de Amistades Peligrosas e Ella Baila Sola. Fernando RqR volve cun novo Camaleón proposto hai tres episodios por Sabela Hermida. Na sección dos Todólog@s, a audiencia pídenos que decidamos entre pelis de superheroes ou westerns e no espazo musical, It´s Soul & Wanadee interprétannos en DIRECTO "La Llorona". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 18/07/2022
  • Duración 58:14
Imaxe do podcast PROGRAMA 200

35# PROGRAMA 200

No Episodio 34 da 5G do COMO QUE NON?! celebramos os 200 programas do COMO QUE NON?! coa visita de Iago Gordillo de Recuncho Gamer que vai tentar clasificarse para a gran final do noso Concurso 5G. Conseguirá facer historia no programa 200? Alejandro Martínez "Pini" analizará unha nova efeméride e Fran Rodríguez abre un novo Museo Mutante amosándonos unha minitura a escala dunha icona para moitos dos rapaces dunha xeración: o Batman de Adam West. Pepe Capelán, Fernando RqR e Dani Lorenzo vannos acompañar na celebración do ducentésimo programa e It's Soul & Wanadee van poñer a nota musical interpretándonos o seu tema "Honey". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 11/07/2022
  • Duración 57:18
Imaxe do podcast RECUNCHO GORDILLO

34# RECUNCHO GORDILLO

No Episodio 33 da 5G do COMO QUE NON?! visítanos Iago Gordillo de Recuncho Gamer como antesala do programa 200 do COMO QUE NON?! Trae o seu trebello e faremos unha sección moi especial coas achegas de todo o equipo. Alejandro Martínez "Pini" ten Efeméride Aleatoria, Carlos Tresandí falará cun espírito oriental saído dunha rocha, Dani Lorenzo contará unha anécdota relacionada cunha teima de Fran Rodríguez. Pepe Capelán estará atento á colocación dos pronomes por parte de Fernando RqR e a música en directo volve correr a cargo dos enormes Le BarLuthier que, nesta ocasión, contan coa inestimable colaboración do noso director Carlos Tresandí que lles vai botar unha man facendo a voz do clásico "Under my Skin". Todo isto na antesala do programa 200!

  • 06/07/2022
  • Duración 58:14
Imaxe do podcast Os Razzies

33# Os Razzies

" No Episodio 32 da 5G do COMO QUE NON?! remata a visita de Sabela Hermida ao programa participando nuns Todólog@s nos que nos preguntan por que nonguén sae ben nas fotos de carnet . Dani Lorenzo ofrécenos no seu Mundo Paquitof unha análise sobre os Premios Razzie! Alejandro Martínez "Pini" analiza outra Efeméride Aleatoria. Fernando RqR vai facer o seu Camaleón... POR TELÉFONO! Fran Rodríguez e Pepe Capelán continuan dando apoio loxístico nos momentos que sexan necesarios. A música en directo volve correr a cargo dos enormes Le BarLuthier que hoxe nos presentan o tema "Oh Marie!". Dirixe e presenta Carlos Tresandí"

  • 27/06/2022
  • Duración 56:1
Imaxe do podcast TUTMOSIS III

32# TUTMOSIS III

No Episodio 31 da 5G do COMO QUE NON?! volve Sabela Hermida ao programa para xogar ao Concurso 5G. Fran Rodríguez abre as portas do Museo Mutante para presentarnos unha obra de arte moi especial. E esta vez falamos dun libro espectacular! Alejandro Martínez "Pini" analiza unha nova Efeméride Aleatoria. Dani Lorenzo en Pepe Capelán estarán atentos ás evolucións do programa para aportar o que sexa preciso en calquera momento. Fernando RqR segue sen aparecer; volverá dar explicacións? A música en directo corre a cargo dos nosos amigos de Le Bar Luthier interpretando en directo "Me has enamorado". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 20/06/2022
  • Duración 55:59
Imaxe do podcast MOI MONA

31# MOI MONA

No Episodio 30 da 5G do COMO QUE NON?! recibimos a Sabela Hermida como convidada, que nos vai ofrecer un momentazo protagonizando unha sección completamente improvisada na que intervirán tódolos membros do programa. Agardaremos a presenza no programa de Fernando RqR que, polo que sexa, seica chega tarde. Nova edición do Consultorio Capelán Contesta na que lle propoñen a Pepe Capelán unha nova sección! Alejandro Martínez Pini volve analizar unha Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez e Dani Lorenzo estarán preparados para intervir no momento que se lles precise e os Super Glú fan unha última parada no programa interpretando en DIRECTO o seu tema "Xa Chegou!. Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 13/06/2022
  • Duración 55:50
Imaxe do podcast ANTES DE MORRER

30# ANTES DE MORRER

No Episodio 29 da 5G do COMO QUE NON?! remata a comparecencia de Xosé Manuel Montes "Hermanager" como convidado do programa participando na nosa sección dos TODÓLOG@S proposta polo noso oínte Dani Patas. Hoxe discutiremos de viaxes no tempo. Volve o Mundo Paquitof onde Dani Lorenzo falará de últimas frases de antes de morrer. Alejandro Martínez "Pini" analiza co seu inimitable estilo outra Efeméride Aleatoria. Fernando RqR volve coa sección O Camaleón na que fará algo dedicado ao noso convidado. Fran Rodríguez e Pepe Capelán estarán atentos ás evolucións do programa e os Superglú interprétannos en rigoroso directo o tema "Gigantes de Cristal". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 06/06/2022
  • Duración 57:59
Imaxe do podcast GOTHAM

29# GOTHAM

No Episodio 28 da 5G do COMO QUE NON?! continúa Xosé Manuel Montes "Hermanager" como convidado que vai participar no noso Concurso 5G. Ademais, Fran Rodríguez volve abrir o Museo Mutante cunha marabilla de peza sobre Gotham coa que ides gozar moito. Alejandro Martínez "Pini" volverá analizar unha Efeméride Aleatoria. Dani Lorenzo, Fernando RqR e Pepe Capelán axudarán no que sexa preciso ao convidado e a música en directo corre a cargo dos Superglú, que nos interpretan o tema 'Sorpresas'. Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 30/05/2022
  • Duración 56:53
Imaxe do podcast AVOGADO!

28# AVOGADO!

No Episodio 27 da 5G do COMO QUE NON?! recibimos a Xosé Manuel Montes "Hermanager", humorista gráfico, representante e avogado! Participará connosco nunha sección na que o equipo e o propio Xosé Manuel terán que enfrontarse a casos xudiciais na sección VIRIDICTO! Ademais, Carlos Tresandí vai contactar vía telefónica cun Neanderthal que se acaba de descubrir que deixou unha cova en Francia tan só uns meses antes de que chegasen os Homo Sapiens. Alejandro Martínez "Pini" regresa cunha nova Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez, Pepe Capelán, Fernando RqR e Dani Lorenzo aseguraranse de que non falte o bo rollo coas súas intervencións e a música en directo corre a cargo de Cedecé e Rober Carcos que nos interpretan o tema "Todo pasa por algo".

  • 23/05/2022
  • Duración 56:48
Imaxe do podcast ÁFRICA

27# ÁFRICA

No Episodio 26 da 5G do COMO QUE NON?! Óscar Rosende participa nuns Todólog@s moi especiais que resulta despois de que Dani Lorenzo nos ofreza no seu Mundo Paquitoff información sobre a festa máis estúpida da historia... que por certo, volveunos tolos... Ademais, Fernando RqR preparou un Camaleón moi especial no que vai analizar ao noso convidado Óscar Rosende cun convidado moi especial. Alejandro Martínez "Pini" volve cunha nova Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez e Pepe Capelán están dispostos a puntualizar o que faga falta e a música en directo corre a cargo de Ari Magritte que nos interpreta o tema "Isla de Paz". Coma sempre, dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 16/05/2022
  • Duración 56:10
Imaxe do podcast MASTERS DO UNIVERSO

26# MASTERS DO UNIVERSO

No Episodio 25 da 5G do COMO QUE NON?! Óscar Rosende xoga connosco ao Concurso 5G mentres se prepara para o seu concerto en Vigo o 20 de maio de 2022 coa súa banda Great Straits. Dani Lorenzo, Fernando RqR e Pepe Capelán estarán dipsostos a axudar ás cuestión que propoña no xogo o malévolo Carlos Tresandí. Fran Rodríguez volve cun Museo Mutante no que imos falar dos Masters do Universo. Alejandro Martínez "Pini" volve analizar unha Efeméride Aleatoria. A música EN DIRECTOvolve estar a cargo do noso convidado Óscar Rosende que nos ofrece unha versión EN DIRECTO do mítico "Romeo & Juliet" dos Dire Straits."

  • 10/05/2022
  • Duración 57:22
Imaxe do podcast O KNOFLER GALEGO

25# O KNOFLER GALEGO

No Episodio 24 da 5G do COMO QUE NON?! volve ao programa o Knofler galego, Óscar Rosende, que en tres semanas está en Vigo para dar un dos concertos da xira "The Great Song of Dire Straits" coa súa banda Great Straits. E probaremos os seus coñecementos sobre a banda propoñéndolle o concurso "Sabes máis cun Markknofler de primaria?" Ademais VOLVE o Consultorio Capelán Contesta con Pepe Capelán. Dani Lorenzo, Fernando RqR e Fran Rodríguez estarán achegando todo o seu coñecemento ao programa e teremos, coma sempre, unha Efeméride Aleatoria analizada por Alejandro Martínez "Pini". A música EN DIRECTO, non podía ser doutro xeito, vén da man do noso convidado Óscar Rosende, que nos interpreta o tema "Where Do You Think You´re Going?". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 02/05/2022
  • Duración 56:4
Imaxe do podcast A PEOR ORQUESTRA DO MUNDO

24# A PEOR ORQUESTRA DO MUNDO

No Episodio 23 do COMO QUE NON?! Bea Serén participa nuns TODÓLOG@S no que o noso oínte Dani Patas pregunta se preferimos teleportarnos ou ler mentes. Dani Lorenzo trae ao seu Mundo Paquitof a historia da Portsmouth Sinfonia, a peor orquestra do mundo. Fernando RqR volve co seu Camaleón para atender a petición que lle fixo hai tres episodios Belén Vara. Alejandro Martínez "Pini" analizará unha nova Efeméride Aleatoria. Prometémoslle a Pepe Capelán que no vindeiro episodio volverá o CCC. Fran Rodríguez segue a manter os contidos do programa a raia. A parte musical está protagonizada por Cedecé, acompañado nesta ocasión por Rober Carcos, que nos interpreta EN DIRECTO o tema "Por mucho que me duela". Dirixe e presenta, Carlos Tresandí.

  • 25/04/2022
  • Duración 56:57
Imaxe do podcast O LOBISHOME

23# O LOBISHOME

No Episodio 22 do COMO QUE NON?! volve Bea Serén ao programa para participar nunha nova edición do Concurso 5G onde todo o equipo (Pepe Capelán, Fernando RqR, Dani Lorenzo) estarán dispostos a botarlle unha man para acadar a máxima puntuación. Fran Rodríguez volve abrir o seu Museo Mutante e vén amosarnos unha das súas pezas de museo máis espectaculares. Que non vexa a luz da lúa chea, se tal... Alejandro Martínez "Pini" analizará unha nova Efeméride Aleatoria. E para poñer o broche musical, acode ao programa o artista Cedecé, que vén interpretarnos o tema: "Amor al revés". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 18/04/2022
  • Duración 56:12
Imaxe do podcast TEN TRAMPA!

22# TEN TRAMPA!

No Episodio 21 do COMO QUE NON?! recibimos a Bea Serén despois de 2 tempadas sen pasar polo programa. Bea ten sona de trampulleira no COMO QUE NON?! Hoxe ímola poñer a proba. Dani Lorenzo non dá chegado ao programa porque ten un coche mal aparcado fronte ao seu garaxe! Estará finalmente no programa? Seguiremos a evolución da noticia minuto a minuto. Alejandro Martínez "Pini" non deixa un episodio sen analizar unha Efeméride Aleatoria. Carlos Tresandí fala cun can galego que visitou o primeiro cine para cans que abriron en Manchester. Fernando RqR, Fran Rodríguez e Pepe Capelán preparados para poñer nunha situación complicada a nosa convidada e Tincho Fernán interprétanos en directo o seu tema "Vigo" con Nuria González aos coros e Andrés Cunha á guitarra.

  • 11/04/2022
  • Duración 56:32
Imaxe do podcast PODCAST DE DESTAPE

21# PODCAST DE DESTAPE

No Episodio 20 do COMO QUE NON?! recunca Belén Vara por derradeira vez ao COMO QUE NON?! para participar nuns TODÓLOG@S, onde discutimos se sodes partidarios ou non de meter comida de fóra nos cines. Dani Lorenzo trae ao MUDO PAQUITOF o cine do destape. Fernando RqR vai cumprir a petición que Adela Bértolo lle pediu hai tres episodios no seu CAMALEÓN. A Efeméride ALeatoria de Alejandro Martínez "Pini" non pode faltar! Pepe Capelán e Fran Rodríguez estarán á expectativa do que o programa e Carlos Tresandí necesiten para levar o episodio a bo porto. E regresa Tincho Fernán, acompañado por Andrés Cunha á guitarra e Nuria González aos coros, interpretando EN RIGOROSO DIRECTO o tema: "Buena Suerte".

  • 04/04/2022
  • Duración 58:24
Imaxe do podcast MUSEO FUTURISTA

20# MUSEO FUTURISTA

No Episodio 19 do COMO QUE NON?! volve Belén Vara ao programa para tentar facerse co primeiro posto do noso Concurso 5G e chegar á Gran Final do último programa da tempada. Ademais, abriremos o Museo Mutante con Fran Rodríguez achegándonos unhas cantas xoias da súa colección persoal dunha serie de animación de Matt Groening... Deixamos que adivIñedes o futuro e descubrades de que serie se trata. Por outra banda, Alejandro Martínez "Pini" analizará outra Efeméride Aleatoria. Pepe Capelán, Dani Lorenzo e Fernando RqR estarán prestos para botar un cable en canta sexa necesario. E hoxe volve ao programa Tincho Fernán, acompañado por Andrés Cunha á guitarra e Nuria González aos coros, interpretando EN RIGOROSO DIRECTO o tema: "Llegaste así".

  • 28/03/2022
  • Duración 56:4
Imaxe do podcast Belén de Sport

19# Belén de Sport

No Episodio 18 da 5G, o equipo do programa recibe a Belén Vara, que se vai enfrontar a unha proba inesperada para ela: vai converterse en narradora deportiva! E que deportes! Carlos Tresandí interésase polo que lle pasou a Plutón desde que non é planeta. Alejandro Martínez"Pini" analizará unha nova Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez, Dani Lorenzo, Fernando RqR estarán incorporando o seu saber facer durante o programa e a ver se hai tempo de facer un CCC con Pepe Capelán. No apartado musical, acompáñannos por última vez Los Mortymer, que neste episodio interpretan EN RIGOROSO DIRECTO unha versión en galego do mítico `Bule Bule´.

  • 21/03/2022
  • Duración 56:21
Imaxe do podcast DOUS ROMBOS

18# DOUS ROMBOS

No Episodio 17 da 5G, Adela Bértolo recunca no programa para formar parte duns Todólog@s moi especial no que falaremos de se é preferible viaxar en autocaravana ou pola contra ir de mochileo, proposta do noso oínte Dani Patas. Dani Lorenzo tráenos un Mundo Paquitof de dous rombos, onde falaremos de títulos de películas clasificadas 'S'. No Camaleón, Fernando RqR vai realizar a sección solicitada por Ari Magritte sobre queixas do consumidor... ou o que lle pete... Alejandro Martínez "Pini" volve cunha Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez e Pepe Capelán acompañarán no que sexa mester a Carlos Tresandí e a música en directo corre a cargo de Los Mortymer, que este episodio interpretan EN RIGOROSO DIRECTO o tema do seu último traballo `Menú Degustación´ titulado "The Witch"

  • 14/03/2022
  • Duración 55:51
Imaxe do podcast O OLLO VAGO

17# O OLLO VAGO

No Episodio 16 da 5G, Carlos Tresandí recibe a Adela Bértolo no programa que vai protagonizar o seu propio late night de radio: "O Ollo Vago". Haberá consultas e máis cousas da man dos nosos colaboradores. Pepe Capelán regresa á presencialidade xunto a Fran Rodríguez, Fernando RqR e Dani Lorenzo. Alejandro Martínez "Pini" analizará unha semana máis unha Efeméride Aleatoria escollida ao chou polo noso xerador de números aleatorios. A música corre a cargo de Los Mortymer, o grupo composto por Joselo García, Javier Garea e Ariel Rodríguez, que interpretan en RIGOROSO DIRECTO o tema 'PELOTAS'.

  • 07/03/2022
  • Duración 56:15
Imaxe do podcast SER PAI HOXE

16# SER PAI HOXE

No Episodio 15 da 5G, Carlos Tresandí tentará conectar por teléfono con Pepe Capelán, que xa case está recuperado para a volta á presencialidade no seguinte episodio. Ari Magritte continúa unha semana máis connosco e formará parte da nosa sección de debate ao chou: @s Todólog@s . Hoxe o noso oínte Andrés Romero proponnos a pregunta: credes na reencarnación? A ver que sae de aí... Fernando RqR vén facer unha análise lírica do feito de ter fillos en O Camaleón que inaugura, ademais, sección a demanda d@ convidad@. Dani Lorenzo abre o seu Mundo Paquitof para falarnos da Editorial Bruguera, o Guai e Chicha, Tato e Clodoveo entroutros; axudará na análise Fran Rodríguez. Teremos outra Efeméride Aleatoria de Alejandro Martínez "Pini" protagonizada por Sisebuto e a sección musical corre a cargo de Rober Carcos, que nos adianta EN RIGOROSO DIRECTO un tema do seu próximo disco SAMSARA, que sairá en poucas semanas. A canción titúlase "Quemamos Madrid".

  • 28/02/2022
  • Duración 56:41
Imaxe do podcast POPÓ CAPELÍN

15# POPÓ CAPELÍN

No Episodio 14 da 5G, abrimos unha nova edición do Consultorio Capelán Contesta, pero non co titular habitual da sección, Pepe Capelán, que segue un pouco pachucho. Hoxe vén substituílo Popó Capelín. Ari Magritte continúa connosco e participará no Concurso 5G. Fran Rodríguez abre unha nova edición do Museo Mutante adentrándonos na Dimensión Descoñecida. Máis Efemérides Aleatorias de Alejandro Martínez "Pini" e Dani Lorenzo e Fernando RqR seguirán atentos ás evolucións do programa para o que faga falta. A sección musical corre a cargo de Rober Carcos e Tincho Fernán que nos presentan EN RIGOROSO DIRECTO o tema "Otra vez". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 21/02/2022
  • Duración 56:13
Imaxe do podcast O ORÁCULO DE ARI

14# O ORÁCULO DE ARI

No Episodio 13 da 5G, recibimos a Ari Magritte no programa para falar con ela e, de paso, que nos bote as cartas do seu Oráculo ao equipo. Pepe Capelán anda pachucho e mandounos unha mensaxe desculpando a súa ausencia. Carlos Tresandí fala por teléfono cunha piraña que busca o perdón da sociedade. Alejandro Martínez "Pini" analizará unha nova Efeméride Aleatoria que sairá ao chou do noso Xerador de Números Aleatorios. Volve á presencialidade Fernando Rqr e Fran Rodríguez & Dani Lorenzo estarán ao quite co que faga falta. E hoxe presentamos o single que vén de estrear Roma Música ("Algunas Veces"), acompañada á guitarra do noso amigo Rober Carcos

  • 14/02/2022
  • Duración 56:4
Imaxe do podcast ARDILLA, QUE NON ESQUÍO

13# ARDILLA, QUE NON ESQUÍO

No episodio 12 da 5G, Carlos Tresandí recibe por última vez a Raquel Saínza como convidada. Ela e o resto do equipo participarán nunha nova edición dos Todólog@s no que debaterán sobre un tema escollido ao chou e proposto pola audiencia. Dani Lorenzo transmuta a súa sección Cinema Paquitof en Paquitof Sobre Branco e vén falarnos dos míticos libros da Colección Ardilla. Fernando RqR volve coa súa sección O Camaléon a través de conexión telefónica na súa última semana de teletraballo por baixa de paternidade; a semana que vén volve á presencialidade. Alejandro Martínez "Pini" analizará a Efeméride Aleatoria que lle toque. Pepe Capelán e Fran Rodríguez estarán atentos para puntualizar o que sexa e a música EN DIRECTO virá da man de Valentín Dacova que hoxe nos ofrece o tema 'Rosa'.

  • 07/02/2022
  • Duración 57:3
Imaxe do podcast GODZILLA vs. KONG

12# GODZILLA vs. KONG

No Episodio 11 da 5G, Carlos Tresandí volve recibir a Raquel Saínza como convidada nun episodio onde xogará ao Concurso 5G tentando levar unha puntuación que a clasifique para a Gran Final. Ademais, Fran Rodríguez abre un novo Museo Mutante que nos dará para falar de grandes criaturas fílmicas e das súas distintas versións. Alejandro Martínez "Pini" volve debullar unha nova Efeméride Aleatoria. Pepe Capelán e Dani Lorenzo achegarán toda a súa sabedoría e bo facer cando sexa mester. Fernando RqR continúa de baixa de paternidade pero prometemos recuperalo para o vindeiro episodio. A música EN DIRECTO volve poñela Valentín Dacova que hoxe nos ofrece o tema "Damasiado Astuta"

  • 31/01/2022
  • Duración 57:53
Imaxe do podcast SEMPRE Á MODA

11# SEMPRE Á MODA

No Episodio 10 da 5G, visítanos Raquel Saínza, reporteira do Quen Anda Aí, que vai facernos unha análise do estilo estético de Fernando RqR, o colaborador máis in do programa que hoxe se atopa de baixa paternal. Alejandro Martínez "Pini" ofrecerá unha nova Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez, Pepe Capelán e Dani Lorenzo estarán atentos ao que poida acontecer durante o programa e a nota musical vai poñela Valentín Dacova que nos interpreta en rigoroso directo un dos seus últimos temas: "Partida y Regreso". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 24/01/2022
  • Duración 56:36
Imaxe do podcast O XOGO DE ROL

10# O XOGO DE ROL

No Episodio 9 da 5G, Pedro Pablo Alonso visítanos por última vez desde "Ao Contraataque" e vai participar dunha nova edición dos TODÓLOGOS onde o equipo do programa e mais el debatirá sobre un tema proposto pola audiencia escollido ao chou. Ademais volve CINEMA PAQUITOF onde Dani Lorenzo analiza títulos de películas mal traducidas do inglés. Fernando RqR presenta un CAMALEÓN especial onde vai propoñernos un xogo de rol... pero ao seu xeito. Alejandro Martínez "Pini" volve coas súas Efemérides Aleatorias. E estarán coma sempre Fran Rodríguez e Pepe Capelán dispostos a engadir o que faga falta. A actuación musical EN DIRECTO corre a cargo de Ari Magritte que desta interprétanos "SIN CRITERIO" do seu último álbum "ORÁCULO". Coma sempre, dirixe e presenta este caos ordenado CarlosTresandí.

  • 17/01/2022
  • Duración 56:3
Imaxe do podcast UNHA XOIA UNIVERSAL

9# UNHA XOIA UNIVERSAL

No Episodio 8 da 5G, Carlos Tresandí volve recibir o noso compañeiro Pedro Pablo Alonso, que hoxe vai tentar facerse co primeiro posto do Concurso 5G. Conseguirá superar as puntuacións de María Xosé Rodríguez, Alberto Cunha e as Izquierdo Sisters? Fran Rodríguez abrirá o Museo Mutante unha vez máis achegándonos unha xoia Universal que garda con moito receo na súa colección. Alejandro Martínez "Pini" volve coas súas Efemérides Aleatorias. Pepe Capelán, Dani Lorenzo e Fernando RqR estarán dispostos a axudar no que faga falta e, para rematar o programa, recibimos a Ari Magritte que vén interpretarnos unha versión en galego do seu tema Color Relámpago rebautizado como "Color do Lóstrego".

  • 10/01/2022
  • Duración 56:3
Imaxe do podcast ESPECIAL FIN DE ANO

8# ESPECIAL FIN DE ANO

Por quinto ano consecutivo, o COMO QUE NON?! celebra un programa especial de case tres horas no que van despedir o 2021 e celebrar o 2022. Carlos Tresandí vai exercer de mestre de cerimonias nun episodio no que as convidadas serán Lucía Veiga e Marita Martínez, ou o que é o mesmo: as Izquierdo Sisters. Van improvisar nun reto moi especial que lles temos preparado. E ademais, tódalas seccións habituais do programa estarán presentes neste especial: Efemérides Aleatorias, Consultorio Capelán Contesta, Museo Mutante, Cinema Paquitof e O Camaleón. O especial é que, os colaboradores vanse INTERCAMBIAR AS SECCIÓNS. Veremos que sección é asignada a Alejandro Martínez "Pini", Fernando RqR, Pepe Capelán, Fran Rodríguez e Dani Lorenzo. O que si prometemos é a estrea da Panxoliña do Nadal 21/22 de Fernando RqR e unha edición ESPECIAL de @s Todólog@s na que todo o equipo do programa e as nosas convidadas van recordar ese momento audiovisual navideño que lles quedou forxado a lume nas cabezas. E como guinda ao pastel, teremos FELICITACIÓNS de máis de 15 artistas que quixeron pasar polo programa para desexarnos un ano novo... Algunha das felicitacións é unha sorpresa gorda! Entramos no 2022 co COMO QUE NON?! nesta 5G!

  • 03/01/2022
  • Duración 169:57
Imaxe do podcast SALVADOS POLA CAMPÁ

7# SALVADOS POLA CAMPÁ

No Episodio 7 da 5G, recibimos ao noso compañeiro Pedro Pablo Alonso que deixa momentaneamente Ao Contraataque para pasar unha hora connosco. Terá que enfrontarse a unha proba inusual de narración deportiva e por fin saberemos que relación une a Pedro Pablo cos nosos colaboradores Fran Rodríguez e Alejandro Martínez "Pini". Pepe Capelán volve abrir un novo Consultorio Capelán Contesta contestando unha pregunta que nos chega desde Uruguai. Ademais, Fernando RqR chegará a tempo para despedir o programa, Carlos Tresandí recomendará un novo xogo de mesa e Dani Lorenzo estará preparado para coller o micro a pé de campo. E para rematar o programa, recibimos a Ari Magritte que ven interpretarnos un tema do seu último traballo Oráculo titulado "Luna y Sol ".

  • 27/12/2021
  • Duración 57:40
Imaxe do podcast PIXIE E DIXIT

6# PIXIE E DIXIT

No Episodio 6 da 5G, despedimos a Alberto Cunha, que nos vai acompañar na nosa sección de debate "@s Todólog@s", onde o tema a discutir é seleccionado ao chou entre os moitos que nos propón a audiencia. Ademais, volve Dani Lorenzo cunha nova edición de Cinema Paquitof e Fernando RqR volverá sorprendernos co segundo pase do 'Camaleón'. Carlos Tresandí recomenda hoxe o Dixit Oddisey como proposta de xogo de mesa da semana. Fran Rodríguez e Pepe Capelán apuntarán o que sexa preciso durante o transcurso do episodio e The Three Roosters conclúen o seu periplo polo programa interpretando en rigoroso directo o seu tema 'End of the reason'.

  • 20/12/2021
  • Duración 56:28
Imaxe do podcast MAXIBOND

5# MAXIBOND

Neste Episodio 5 da 5G, Fran Rodríguez volve abrir o seu Museo Mutante para amosarnos unha peza de colección que toma os martinis axitados, non revoltos. Ademais Alberto Cunha vai tentar superar os 31 puntos de María Xosé Rodríguez no Concurso 5G . Como é habitual, volven as Efemérides Aleatorias de Pini, Carlos Tresandí volve recomendarnos un xogo de mesa, neste caso o UGHA BUGHA. Dani Lorenzo e Pepe Capelán estarán atentos a todo o que aconteza no programa e The Three Roosters interpretarannos en directo o tema "Get Side"

  • 13/12/2021
  • Duración 56:50
Imaxe do podcast CANCIÓNS IMITADAS

4# CANCIÓNS IMITADAS

No Episodio 4 desta 5G recibimos no programa a Alberto Cunha, que ademais de falar connosco da súa carreira vai participar no concurso "A túa cara non me soa pero a túa voz case que si, creo... ou algo". Ademais, Carlos Tresandí volverá recomendar un novo xogo de mesa, Pepe Capelán ten nova consulta no CCC desta vez do outro lado do charco... E ten que ver con Fernando RqR... Alejandro Martínez "Pini" continúa analizando Efemérides Aleatorias. Acompáñannos os habituais Fran Rodríguez e Dani Lorenzo e no apartado musical recibimos ao trío The Three Roosters (Gilberto Misa:guitarra, Bruno F. Fresco: voz e armónica, Fran Sánchez: baixo) que hoxe nos interpretan un tema propio titulado "Our summer go"

  • 06/12/2021
  • Duración 57:45
Imaxe do podcast O CAMALEÓN

3# O CAMALEÓN

No terceiro episodio da 5G do Como Que Non?! Carlos Tresandí despide o paso de María Xosé Rodríguez, non sen antes convidala a formar parte do novo Debate ao Chou do programa no que participará todo o equipo. Será unha jam session na que se enfrontarán a un tema escollido ao chou entre moitos dos propostos pola audiencia. Ademais, volve Fernando Rqr coa súa nova sección: O Camaleón. E si, vai cantar... En Cinema Paquitof con Dani Lorenzo analizaremos como titularon grandes clásicos do celuloide noutros países nunha sección na que ides sorprendervos. Teremos Efemérides Aleatorias con Alejandro Martínez "Pini". Pepe Capelán e Fran Rodríguez estarán quecendo por se teñen que saír e, para rematar, Los EP (Alberto & Andrés Cunha e Chus Dasilva), interpretarannos EN DIRECTO unha magnífica versión dos míticos Lone Star: `Comprensión´.

  • 29/11/2021
  • Duración 56:2
Imaxe do podcast CARA DE COIRO

2# CARA DE COIRO

Neste segundo episodio da 5G, a nosa convidada María Xosé Rodríguez enfróntase ao novo concurso do programa: o CONCURSO 5G (ao xefe non se lle ocorreu un título mellor). E si, amigos e amigas, unha tempada máis Carlos Tresandí ten que explicar a mecánica sufrindo o escarnio e maldicer dos colaboradores habituais: Fernando RqR, Pepe Capelán e Dani Lorenzo. Ademais inauguramos o Museo Mutante de Fran Rodríguez que nesta ocasión vai ofrecernos dúas pezas da súa colección bizarra; adiantamos que son peluches terroríficos. Alejandro Martínez "Pini" volverá enfrontarse a unhas efemérides aleatorias e no apartado musical, Los EP (Alberto & Andrés Cunha e Chus Dasilva) vannos interpretar EN RIGOROSO DIRECTO unha versión do tema `Massachusetts´ dos míticos Bee Gees."

  • 22/11/2021
  • Duración 56:2
Imaxe do podcast SOMOS BARBIE

1# SOMOS BARBIE

Chegou o momento! POR FIN volve o COMO QUE NON?! cunha convidada de luxo e que non nos visitaba desde a Sison 3: María Xosé Rodríguez. Ela e Carlos Tresandí recordarán vellos tempos. Ademais volve o CCC de Pepe Capelán que seguirá atendendo as consultas dos oíntes, coma a dun oínte galego que vén de retornar de Madrid. Está de volta o noso director de contidos Fran Rodríguez despois de varios meses en Honduras. Dani Lorenzo incorpórase á nómina de colaboradores. Alejandro Martínez "Pini" continúa aos mandos da dirección técnica e este ano terá que enfrontarse a Efemérides Aleatorias. Fernando RqR está chegando e continúa por quinta tempada consecutiva no programa. Hai chamada telefónica que atende Carlos Tresandí e música en directo con Los EP (Alberto Cunha, Andrés Cunha e Chus Dasilva) versionando un tema de Los Brincos: "Tú me dijiste adiós".

  • 09/11/2021
  • Duración 56:2

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast  Xentre triste

8# Xentre triste

No programa 243 do COMO QUE NON?! remata o paso dos Negro López, Iván Davila e Brais Iriarte, polo programa. Alejandro Martínez "Pini" volve con outra Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez, a piques de volver ao estudio a vindeira semana, volve contactar connosco desde as Illas Canarias. Dani Lorenzo responde á petición de Fran dedicando o seu Mundo Paquitoff a esa xente que, a pesar de non parecelo, transmite certa sensaciónd e tristeza. J. Pablo Sangiao analiza os tipos de condutores nunha nova eidción de O Criticador e a música en directo volve estar a cargo de Fran Brea que nos interpreta o tema "Dementor". Coma sempre, dirixido e presentado por Carlos Tresandí.

  • 21/07/2023
  • Duración 56:2
Imaxe do podcast Santiago Urrialde

7# Santiago Urrialde

No programa 242 do COMO QUE NON?! volven os Negro López, por Iván Davila e Brais Iriarte, que tentarán clasificarse para a gran final do Concurso CQN que vai disputarse no derradeiro programa da temporada. Contarán coa axuda de J. Pablo Sangiao, Dani Lorenzo e Alejandro Martínez "Pini" que tamén analizará unha nova Efeméride Aleatoria. A música en directo correrá a cargo de Fran Brea que vén presentarnos o seu último traballo. O tema que nos interpretará nesta ocasión será "El fantasma de Murf". Todo isto dirixido e presentado por Carlos Tresandí.

  • 18/07/2023
  • Duración 56:11
Imaxe do podcast Mimo pola radio

6# Mimo pola radio

No programa 241 do COMO QUE NON?! visítannos por primeira vez Negro López, o dúo composto por Iván Davila e Brais Iriarte que van enfrontarse a unha sección na que tentaremos que fagan mimo pola radio... ou algo así. Ademais Alejandro Martínez "Pini" volve analizar unha nova Efeméride Aleatoria, J. Pablo Sangiao e Dani Lorenzo acompáñannos no estudio e a música en directo volve estar a cargo de Raúl Ben que nos interpreta en directo "Chispas y Alambres". Como é habitual, dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 18/07/2023
  • Duración 56:42
Imaxe do podcast A da intuicion

5# A da intuicion

No programa 239 do COMO QUE NON?! volve Cristina Maró a participar nunha nova edición do Concurso CQN tentando clasificarse para a gran final. Estará axudada por Dani Lorenzo, J. Pablo Sangiao e Alejandro Martínez "pini" que tamén nos analizará unha nova Efeméride Aleatoria. Carla Mañas volve cunha nova edición de Carla Calzeta e a música en directo corre a cargo de Raúl Ben que nos presenta en rigoroso directo "La Chica de las Semillas". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.

  • 14/07/2023
  • Duración 57:40
Imaxe do podcast O club das cinco

4# O club das cinco

No programa 238 do COMO QUE NON?! visítanos a actriz e presentadora Cirstina Maró que nos vai contar dos seus proxectos profesionais. Ademais, Alejandro Martínez "Pini" analiza unha nova Efeméride Aleatoria, Dani Lorenzo fálanos das Xornadas de Teatro que acaba de dirixir e J. Pablo Sangiao acompaña á guitarra nunha improvisada versión do "Wish you Were Here" de Pink Floyd a Carlos Tresandí que, coma todas as semanas, encárgase de presentar e dirixir o programa.

  • 14/07/2023
  • Duración 56:36
Imaxe do podcast Noticias Do Mundo III

3# Noticias Do Mundo III

No programa 237 do COMO QUE NON?! contactamos por teléfono co showman Carlos Veleiro que acaba de presentar o seu espectáculo "Con Pocas Luces" con Eva Rico. Dani Lorenzo volve co seu Mundo Paquitof e unha segunda parte do que será a triloxía de "Noticias del Mundo". J. Pablo Sangiao enfróntase en O Criticador á proposta de Agustín Alejos de criticar aos que levan o móbil pola rúa coma se fose unha torrada. Fran Rodríguez está todo o programa connosco en directo desde Canarias. Alejandro Martínez "Pini" volve cunha nova Efeméride Aleatoria e na parte musical os amigos da Timba Mullallo! interpretarán en RIGOROSO DIRECTO o tema en galego "Millareira Guaguancó". Dirixe e presenta, como é habitual, Carlos Tresandí.

  • 13/07/2023
  • Duración 55:26
Imaxe do podcast Noticias Do Mundo II

2# Noticias Do Mundo II

No programa 237 do COMO QUE NON?! contactamos por teléfono co showman Carlos Veleiro que acaba de presentar o seu espectáculo "Con Pocas Luces" con Eva Rico. Dani Lorenzo volve co seu Mundo Paquitof e unha segunda parte do que será a triloxía de "Noticias del Mundo". J. Pablo Sangiao enfróntase en O Criticador á proposta de Agustín Alejos de criticar aos que levan o móbil pola rúa coma se fose unha torrada. Fran Rodríguez está todo o programa connosco en directo desde Canarias. Alejandro Martínez "Pini" volve cunha nova Efeméride Aleatoria e na parte musical os amigos da Timba Mullallo! interpretarán en RIGOROSO DIRECTO o tema en galego "Millareira Guaguancó". Dirixe e presenta, como é habitual, Carlos Tresandí.

  • 13/07/2023
  • Duración 55:26
Imaxe do podcast Tonhito de Poi

1# Tonhito de Poi

O Impostor 1x08: Kiko Novoa e Paco Lodeiro laretan con Tonhito de Poi.

  • 08/06/2023
  • Duración 65:37

Playlists