Música

Cara B

Manuel de Lorenzo
Cara B é un programa sobre música. Ou, máis concretamente, sobre as pequenas grandes anécdotas que enchen a historia da música. Polo xeral, todo o mu ...

Listaxe de episodios

Temporadas do programa
15 episodios
Imaxe do podcast A pistola de Spector

15# A pistola de Spector

Os Ramones, secuestro a punto de pistola e Baby, I love You ata ás 4:30 da madrugada.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Dylan electrificado, Dylan electrocutado

14# Dylan electrificado, Dylan electrocutado

Bob Dylan, Premio Nobel da Literatura e as novas expresións poéticas dentro da gran tradición da canción americana.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:8
Imaxe do podcast Led zeppelin, unha moza e unha quenda

13# Led zeppelin, unha moza e unha quenda

Inmigrant song, led zeppelin e os vikingos.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:9
Imaxe do podcast Moon o Lunático

12# Moon o Lunático

The Who, o caos, os explosivos e o son da batería.

  • 15/09/2021
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast Coronel

11# Coronel

Elvis Presley. Dun mozo prometedor á estrela musical máis importante de Estados Unidos.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Neverland

10# Neverland

“O novo Michael Jackson”, “O novo Elvis Presley”... As comparacións na industria da música e a búsqueda da identidade propia.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:9
Imaxe do podcast Dolores

9# Dolores

O odio a través da canción. Morrisey e Margaret Thatcher.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast One hit wonder

8# One hit wonder

A nostalxia é un sentimento un tanto perigoso. Adoita redebuxar o pasado tenguindo a vista de gris e dulcificando as cousas en vez de lembralas tal e como sucederon. Eses momentos volven a nós cun aroma, cunha imaxe, ou cunha música.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:8
Imaxe do podcast Williams

7# Williams

Reflexión sobre o proceso de creación dun filme e a complexidade da creación dunha banda sonora.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:9
Imaxe do podcast Morrison

6# Morrison

Rock and Roll e os seus escándalos. Nada é o que parece.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:6
Imaxe do podcast Coverdale

5# Coverdale

Todos os relatos do mundo seguen 4 estruturas argumentais. A Star is Born e o relato do heroe.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Bon

4# Bon

A continuidade de ACDC, as melodías e o cambio de líderes da banda.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:9
Imaxe do podcast Noite de paz

3# Noite de paz

Noite de paz é a panxoliña máis vendida da historia da música. Traducida a máis de 300 linguas e patrimonio inmaterial da humanidade, trátase dun himno e legado musical.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast O peor erro da historia

2# O peor erro da historia

Todos nos equivocamos, pola razón que sexa. Os erros máis imperdoables da historia da música.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:1
Imaxe do podcast Fireplace

1# Fireplace

Longa vida ás guitarras. Grandes guitarristas e icónicas guitarras da historia da música.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:9
31 episodios
Imaxe do podcast A xeración do Xabarín

31# A xeración do Xabarín

Así soaba o Xabarín Club, que esculpiu e puliu os gustos musicais de tantos nenos galegos

  • 25/06/2022
  • Duración 59:45
Imaxe do podcast Roger Waters vs. Pink Floyd

30# Roger Waters vs. Pink Floyd

O divorcio entre Roger Waters e David Gilmour, que saldouse coa salomónica partición de Pink Floyd pola metade

  • 14/06/2022
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast As mamás e os papás

29# As mamás e os papás

  • 14/06/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Benvido a casa, Elvis

28# Benvido a casa, Elvis

No programa especial Welcome Home Elvis, presentado por Frank Sinatra no ano 1960 e emitido pola cadea de televisión ABC, Estados Unidos deulle a benvida a Elvis Presley, que regresaba a casa despois de servir dous anos no exército en Alemaña

  • 14/06/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Loading...Metallica

27# Loading...Metallica

Os motivos polos que Metallica levou a cabo unha metamorfose estilística radical a mediados dos anos 90.

  • 09/06/2022
  • Duración 59:45
Imaxe do podcast Probablemente The Killers

26# Probablemente The Killers

A importancia da casualidade no triunfo do grupo The Killers cando eran uns descoñecidos que tocaban en bares de Las Vegas.

  • 09/06/2022
  • Duración 59:46
Imaxe do podcast Cinema Dabadaba

25# Cinema Dabadaba

O dabadaba é un xénero único. A súa eclosión tivo lugar na España de finais dos anos 60. Pero naceu grazas a un proceso de sedimentación: a partir do scat singing, pasando pola interpretación vocal de pezas de Johann Sebastian Bach, e coa intervención dos cineastas franceses Michel Legrand e Francis Lai. Todo un milagre

  • 09/06/2022
  • Duración 59:45
Imaxe do podcast Vida, morte e resurrección de Take That

24# Vida, morte e resurrección de Take That

“Take That non era unha boy band. Non eran soamente rapaces atractivos con boas voces e talento para bailar. A gran diferenza coas boy bands dos anos 90 e dos 2000 é que Take That eran os autores das súas propias cancións. Eles compoñían o que cantaban. E polo tanto eran un grupo de pop. Da cabeza ós pés”

  • 09/06/2022
  • Duración 59:41
Imaxe do podcast A cheminea

23# A cheminea

  • 19/04/2022
  • Duración 59:46
Imaxe do podcast A segunda onda do punk

22# A segunda onda do punk

  • 07/04/2022
  • Duración 59:45
Imaxe do podcast Muscle Shoals: un punto neurálxico na historia da música

21# Muscle Shoals: un punto neurálxico na historia da música

Na cidade de Muscle Shoals, en Alabama, o produtor Rick Hall desafiou as inxustas convencións sociais da época e logrou converter un estudio de gravación no epicentro mundial da creatividade e o talento musical.

  • 26/03/2022
  • Duración 59:45
Imaxe do podcast Cada folgo que collas

20# Cada folgo que collas

  • 16/03/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast As doce mortes de Keith Richards

19# As doce mortes de Keith Richards

«Entre accidentes de coche, abuso de drogas, caídas dende árbores e outras tolerías, Keith Richards case perde a vida unha ducia de veces».

  • 03/03/2022
  • Duración 59:45
Imaxe do podcast Perdendo a miña relixión

18# Perdendo a miña relixión

«Un retrato sonoro de dez momentos diferentes na traxectoria de R.E.M. Como, por exemplo, a historia de 'Everybody Hurts', que grazas á súa mensaxe de esperanza é a canción máis usada nas campañas sobre a prevención do suicidio debido á profundidade da súa letra, que trata sobre a luz ó final do túnel».

  • 25/02/2022
  • Duración 59:45
Imaxe do podcast Blur 1  Britpop 0

17# Blur 1 Britpop 0

«Enfocamos a batalla entre Blur e Oasis nos anos 90 dende a perspectiva de Blur, o grupo que mellor soubo aproveitar aquel enfrontamento dende un punto de vista táctico».O título do programa de hoxe é: «Perdendo a miña relixión».A sinopse do episodio é: «Un retrato sonoro de dez momentos diferentes na traxectoria de R.E.M. Como, por exemplo, a historia de 'Everybody Hurts', que grazas á súa mensaxe de esperanza é a canción máis usada nas campañas sobre a prevención do suicidio debido á profundidade da súa letra, que trata sobre a luz ó final do túnel».

  • 25/02/2022
  • Duración 59:45
Imaxe do podcast Mulleres imprescindibles

16# Mulleres imprescindibles

A modo de homenaxe, reivindicamos o papel das grandes divas do rock, como Lita Ford, Chrissie Hynde, Patti Smith, P.J. Harvey ou Debbie Harry, que lograron destacar nun ámbito eminentemente masculino.

  • 09/02/2022
  • Duración 60:0
Imaxe do podcast O milagre do trap

15# O milagre do trap

Unha serie de motivos polos que o trap é hoxe en día a corrente musical dominante. E merece todo o respecto.

  • 25/01/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Lenny Kravitz, o ministro do rock and roll

14# Lenny Kravitz, o ministro do rock and roll

Mergullámonos nos inicios da carreira de Lenny Kravitz, un dos músicos que máis forte apostou por rescatar o espírito dos anos 70. O se éxito é produto do seu talento, da súa visión e tamén da súa sorte.

  • 07/01/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Sinatra vs Elvis

13# Sinatra vs Elvis

Coa explosión do rock and roll, as grandes estrelas do jazz e o swing viron ameazado o seu imperio. Frank Sinatra reaccionou de xeito agresivo contra Elvis Presely, pero comprendeu que aquela era una guerra que non podía gañar. Así que puxo en marcha un asombroso plan.

  • 31/12/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Quen matou a Los Rodríguez

12# Quen matou a Los Rodríguez

Comezando pola orixe da banda Los Rodríguez, e avanzando no tempo, chegamos ata o momento da súa disolución, colocando o foco sobre as inevitables causas desa ruptura.

  • 16/12/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Río Wolf a morte de Jeff Buckley

11# Río Wolf a morte de Jeff Buckley

A morte en estrañas circunstancias de Jeff Buckley é o compás que guía este percorrido pola vida e a traxectoria dun artista chamado a ser un dos grandes xenios musicais do século XXI.

  • 09/12/2021
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast Curzon Street, 9, 12 o piso maldito do rock.

10# Curzon Street, 9, 12 o piso maldito do rock.

Contamos a historia do piso londinense no que faleceron Cass Elliot, cantante de The Mamas & The Papas, e Keith Moon, batería de The Who, e do que Harry Nilsson rematou fuxindo.

  • 03/12/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast The Smiths a banda que tiña que morrer

9# The Smiths a banda que tiña que morrer

Analizamos cal foi a causa principal da separación de The Smiths tras cinco anos de tensión entre os seus fundadores, Morrissey e Johnny Marr.

  • 18/11/2021
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast Chelita Secunda a invencion do glam rock

8# Chelita Secunda a invencion do glam rock

Retrocedemos ata o ano 1971 para explicar a xénese do glam rock como resposta ó conservadurismo sociocultural que imperaba no Reino Unido e tamén como reacción ó virtuosismo do rock progresivo.

  • 18/11/2021
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast Chegaron os monos do Ártico

7# Chegaron os monos do Ártico

Poñendo como exemplo a traxectoria dos Arctic Monkeys, explicamos o xeito no que o mundo da música sufriu un cambio de paradigma a nivel mundial a comezos deste século, coa popularización de internet e as primeiras redes sociais.

  • 18/11/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast A musica da maquina metalica

6# A musica da maquina metalica

  • 17/11/2021
  • Duración 60:1
Imaxe do podcast Fenómenos fugaces

5# Fenómenos fugaces

Repasamos a modo de homenaxe as cancións e músicos que foron flores dun día. Éxitos que perviven formando parte das nosas lembranzas.

  • 28/10/2021
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast As mellores versións III

4# As mellores versións III

As reinterpretacións dos grandes temas da historia da música.

  • 28/10/2021
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast O concerto na azotea

3# O concerto na azotea

A derradeira actuación dunha das bandas máis icónicas da historia da música.

  • 28/10/2021
  • Duración 60:8
Imaxe do podcast As duas caras do plaxio

2# As duas caras do plaxio

Analizamos a diferenza entre o plaxio inconsciente e o plaxio deliberado, poñendo como exemplo os casos de George Harrison e Led Zeppelin.

  • 22/09/2021
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast O Club dos 27

1# O Club dos 27

Repasamos as circunstancias nas que faleceron os grandes mitos da música que perderon a vida ós 27 anos, como Kurt Cobain, Janis Joplin, Jim Morrison, Amy Winehouse ou Jimi Hendrix.

  • 15/09/2021
  • Duración 60:0
40 episodios
Imaxe do podcast Cancións de redención

40# Cancións de redención

A noite na que sete sicarios entraron na casa de Bob Marley para asasinalo.

  • 06/10/2023
  • Duración 61:10
Imaxe do podcast Hey, Jimi

39# Hey, Jimi

A lenda do rock Jimi Hendrix non existiría de non ser pola canción popular Hey Joe.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Cancións sen disco

38# Cancións sen disco

Un repaso polas cancións máis afamadas da historia da música que nunca foron publicadas nun álbum.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:11
Imaxe do podcast Club de fans adolescente

37# Club de fans adolescente

A determinación e a constancia, claves do éxito nos inicios da banda escocesa Teenage Fanclub.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Girl Groups

36# Girl Groups

Un percorrido polas mellores bandas vocais da historia integradas unicamente por mulleres.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Gorilas

35# Gorilas

A historia real, pero ficticia, da banda Gorillaz

  • 06/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Terapia primaria

34# Terapia primaria

As circunstancias persoais que rodearon o inicio e o final da carreira en solitario de John Lennon.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast O día verde

33# O día verde

Green Day e a refundación do punk.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Rock do glamour

32# Rock do glamour

A fundación do glam rock a través do disco Electric Warrior de T. Rex.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Pistolas e rosas

31# Pistolas e rosas

Os inicios da banda Guns & Roses, cando aínda vivían nun garaxe.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Peores versións da historia

30# Peores versións da historia

Hai versións moi mal deseñadas e executadas; esta é unha lista coas peores.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Eu amo o rock and roll

29# Eu amo o rock and roll

Un detallado percorrido pola evolución histórica do himno I Love Rock N’ Roll.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Paul Weller e o renacemento da cultura Mod

28# Paul Weller e o renacemento da cultura Mod

The Jam, a banda que resucitou o movemento Mod a mediados dos anos 70.

  • 06/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast A divina comedia

27# A divina comedia

Os inicios da banda The Divine Comedy no seu contexto: a escena musical norteirlandesa.

  • 05/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Derradeiro queixume de Amy

26# Derradeiro queixume de Amy

Unha ollada triste aos derradeiros días de Amy Winehouse.

  • 05/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Melancolía e tristeza infinita

25# Melancolía e tristeza infinita

Análise do Mellon Collie & The Infinite Sadness de The Smasing Pumpkins, dous discos distintos en un só álbum.

  • 05/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Atrápame se podes

24# Atrápame se podes

As trap houses estadounidenses e a súa importancia no nacemento do trap.

  • 05/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Deus é Suave

23# Deus é Suave

Homenaxe a Hermes Alogo Mebuy, primeiro guitarrista dos Suaves.

  • 05/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Blondie versus Miley

22# Blondie versus Miley

Unha viaxe pola evolución de Debbie Harry e Miley Cyrus, representantes da rebeldía en cadansúa época.

  • 05/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Beatles best solo

21# Beatles best solo

Unha análise dos primeiros discos dos Beatles nas súas carreiras en solitario

  • 05/10/2023
  • Duración 55:57
Imaxe do podcast Bono versus Paul David Hewson

20# Bono versus Paul David Hewson

Os contrastes entre a vida pública de Bono de U2 e a súa vida privada.

  • 05/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Seymour, o grupo que foi Blur

19# Seymour, o grupo que foi Blur

As anécdotas menos coñecidas da emblemática banda do britpop Blur.

  • 05/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Burradas (e outras animaladas) de The Who

18# Burradas (e outras animaladas) de The Who

Foron os Who o grupo máis bestial da historia? Literalmente, si.

  • 24/01/2023
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast No interior de Radiohead

17# No interior de Radiohead

Unha homenaxe a Radiohead a través das anécdotas máis privadas da banda.

  • 24/01/2023
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Mamma Mia

16# Mamma Mia

A historia non contada do grupo ABBA.

  • 24/01/2023
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Outro ladrillo no muro

15# Outro ladrillo no muro

Nada, nin sequera o muro máis sólido, puido conter os egos en Pink Floyd.

  • 24/01/2023
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Irmán contra irmán

14# Irmán contra irmán

Quen foi o responsable da disolución de Mecano? Todo o mundo.

  • 24/01/2023
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast O retorno do rei

13# O retorno do rei

Elvis Presley marchou a Alemaña a facer o servizo militar e regresou ós Estados Unidos convertido en emblema do rock and roll.

  • 24/01/2023
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Tres mortes de Depeche Mode

12# Tres mortes de Depeche Mode

A historia das tres veces que o grupo Depeche Mode tivo que resucitar

  • 05/12/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Morello e medio

11# Morello e medio

A curiosa vida de Tom Morello, un dos guitarristas máis influentes dos nosos tempos.

  • 05/12/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast American Pie

10# American Pie

Unha homenaxe aos moitos artistas que, tristemente, faleceron nun accidente aéreo, como Ottis Redding, Stevie Ray Vaughan, case todos os membros de Lynyrd Skynyrd, Carlos Gardel, Buddy Holly, Richie Valens, etc.

  • 05/12/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Viva!

9# Viva!

Unha ollada no interior do panorama musical alemán.

  • 05/12/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast O demo veu a min

8# O demo veu a min

As causas que motivaron a ruptura dunha das bandas máis afamadas do rock español: Dover.

  • 04/11/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast CSNY: a familia máis desestruturada do rock

7# CSNY: a familia máis desestruturada do rock

As complexas relacións internas do supergrupo Crosby, Stills, Nash & Young fixeron imposible a estabilidade da banda.

  • 04/11/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Debbie Gwyther e a salvación de Liam Gallagher

6# Debbie Gwyther e a salvación de Liam Gallagher

Liam Gallagher evitou seguir descendendo aos infernos grazas a Debbie Gwyther, auténtica responsable da resurrección do exlíder de Oasis.

  • 04/11/2022
  • Duración 0:0
Imaxe do podcast Sintonías da nenez

5# Sintonías da nenez

Un perdorrido musical polas sintonías dos debuxos animados máis afamados de sempre

  • 18/10/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Sei, sei, sei

4# Sei, sei, sei

Michael Jackson e Paul Mccartney eran grandes amigos e colaboradores. Ata que Michael Jackson mercou os dereitos das cancións dos Beatles e esa amizade quebrouse para sempre.

  • 11/10/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Éche ben fillo dos seus pais

3# Éche ben fillo dos seus pais

As fillas e os fillos das grandes lendas do rock e o pop que se dedican tamén á música

  • 11/10/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Mr. Writer

2# Mr. Writer

O descenso aos infiernos de Stuart Cable, o batería e fundador do afamado grupo británico Stereophonics. Un home atormentado, castigado pola súa conciencia, que morreu afogado no seu propio vómito despois de tres días seguidos bebendo alcohol.

  • 04/10/2022
  • Duración 59:59
Imaxe do podcast Contra todo prognóstico

1# Contra todo prognóstico

O día en que Phil Collins actuou na mesma tarde nos dous lados do océano Atlántico. Tocou en Londres, colleu un voo supersónico e, tres horas despois, tocou en Filadelfia. Pero as cousas non saíron segundo o previsto...

  • 24/09/2022
  • Duración 6:7
12 episodios
Imaxe do podcast Unha noite moi cara na ópera

12# Unha noite moi cara na ópera

A gravación do álbum A Night at the Opera de Queen, o disco máis caro da historia (no seu momento).

  • 12/12/2023
  • Duración 60:9
Imaxe do podcast A raíña Carole King

11# A raíña Carole King

Carole King, a compositora profesional con máis éxitos de toda a historia do rock e o pop: cento trinta e oito cancións nas listas de éxitos.

  • 01/12/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Pelexas salvaxes

10# Pelexas salvaxes

O día en que Mick Avory, batería de The Kinks, estivo a piques de matar ao seu compañeiro Dave Davies (e outras pelexas salvaxes entre membros dun mesmo grupo).

  • 01/12/2023
  • Duración 60:9
Imaxe do podcast Voces póstumas

9# Voces póstumas

As mellores cancións póstumas da historia, como foi o contexto da súa gravación e da súa publicación.

  • 01/12/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast O triángulo de Londres

8# O triángulo de Londres

En 1990, Brett Anderson, Damon Albarn e Justine Frischmann formaban un triángulo amoroso que repercutiu nos diferentes traballos que publicarían cada un deles cos seus respectivos grupos: Suede, Blur e Elastica.

  • 01/12/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast Aeroisto, Aeroaquilo

7# Aeroisto, Aeroaquilo

Os inicios do grupo estadounidense fundado en 1970 por Steven Tallarico e Joseph Pereira, máis coñecidos polos seus nomes artísticos: Steven Tyler e Joe Perry, líderes de Aerosmith.

  • 01/12/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast O canon do pop

6# O canon do pop

Un percorrido polas moitas cancións famosas que usan a progresión de acordes do Canon en Re Maior de Johann Pachelbel e os motivos desa técnica compositiva.

  • 24/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast A nenez de REM

5# A nenez de REM

O grupo REM adquiriu fama mundial coa canción Losing My Religion no ano 1991, pero, como foron os dez anos anteriores para a banda?

  • 24/10/2023
  • Duración 60:3
Imaxe do podcast Rock in Springfield

4# Rock in Springfield

Un repaso polas moitas bandas de rock e pop que apareceron na serie Os Simpson, cada unha co seu contexto.

  • 24/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast O destino de Lou Reed

3# O destino de Lou Reed

As excepcionais circunstancias persoais que marcaron a carreira de Lou Reed.

  • 23/10/2023
  • Duración 60:1
Imaxe do podcast Sinfonía de Richard Ashcroft

2# Sinfonía de Richard Ashcroft

O gran éxito de The verve, a canción Bitter Sweet Symphony, é realmente unha peza orquestral construída para o tema The Last Time de The Rolling Stones en 1965.

  • 23/10/2023
  • Duración 60:10
Imaxe do podcast No útero de Nirvana

1# No útero de Nirvana

O cambio de rumbo que Nirvana pretendía dar á súa carreira co disco In Utero.

  • 23/10/2023
  • Duración 60:10

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast Reverend Gary Davis (17/12/2023)

8# Reverend Gary Davis (17/12/2023)

Gary D. Davis pasou á historia co alcume do Reverendo. Non en van, está considerado un dos puntais do gospel blues e un dos artistas que mellor aproveitaron o revival tradicionalista de comezos dos anos 60. Davis tiña todo o necesario: boa voz, boa técnica coa guitarra e unha soberbia actitude interpretativa. No episodio de hoxe a dose galega de blues corre a cargo do ourensán MCarballo, nome artístico do músico e debuxante Manuel Carballo.

  • 19/12/2023
  • Duración 62:23
Imaxe do podcast Tres peixes voando 17.12.2023

7# Tres peixes voando 17.12.2023

No programa de hoxe escoitamos varias duplas, a Rozalén e Tanxugueiras, Nastasia Zürcher e Guadi, Ortiga e Pili Pampín, Mark dos Santos e Andrés Boutureira... e viaxamos a Portugal da man de Luisa Sobral ou a Brazil da de Michele Leal. Atrevémonos ao vivo co Milho Verde do Zeca.

  • 19/12/2023
  • Duración 119:59
Imaxe do podcast Escolma de música galega

6# Escolma de música galega

Neste programa ofrecemos unha variada escolma de propostas musicais galegas de raíz.

  • 19/12/2023
  • Duración 63:26
Imaxe do podcast Eric Clapton (10/12/2023)

5# Eric Clapton (10/12/2023)

A historia do blues non sería a mesma sen Eric Patrick Clapton. Curtido en bandas como os Yardbirds ou os Bluesbreakers de John Mayall antes de formar os míticos Cream para despois triunfar tamén como solista, Clapton segue en activo aos seus case 80 anos. É un dos grandes nomes da historia do rock británico, pero a diferenza doutros compatriotas de renome, o seu sustrato artístico sempre foi o blues. Ademais de repasar a súa relación coi xénero que nos ocupa, escoitamos o coruñés Luis Moro.

  • 19/12/2023
  • Duración 60:35
Imaxe do podcast Blind Lemon Jefferson (03/12/2023)

4# Blind Lemon Jefferson (03/12/2023)

Blind Lemon Jefferson é unha das figuras máis relevantes da Historia do blues. Foi o primeiro intérprete masculino do xénero que acadou o éxito comercial masivo, nunha época, a década dos anos 20 do século pasado, en que as que máis discos vendían eran mulleres como Bessie Smith, Ma Rainey ou Ida Cox. A diferencia delas, Jefferson compuxo boa parte dos temas cos que triunfou. No programa de hoxe tamén escoitaremos un interesante cantante e acordeonista vigués de espírito errante, Joe Barnara.

  • 19/12/2023
  • Duración 61:11
Imaxe do podcast Slim Harpo (26/11/2023)

3# Slim Harpo (26/11/2023)

Slim Harpo é seguramente o maior expoñente do que deu chamarse swamp blues ou blues do pantano, o que agromou nalgunhas das zonas máis inhóspitas de Louisiana. Devoto de Jimmy Reed e da súa economía de medios en busca dunha maior efectividade, Harpo soubo incorporar elementos do zydeco ou do cajun entre outros estilos. A súa é unha proposta repousada, elegante e de escoita doada, que tivo un notable éxito comercial. Tamén teremos tempo de escoitar o blues en galego de Brais das Hortas...

  • 19/12/2023
  • Duración 60:20
Imaxe do podcast Lead Belly (19/11/2023)

2# Lead Belly (19/11/2023)

Lead Belly foi un tipo duro que pasou moitos anos no cárcere antes de ser descuberto como artista. Pero non é menos certo que era tamén un cantante e guitarrista talentoso, que sabía de memoria centos de cancións. Lead Belly pode considerarse un bluesman metido a folksinger ou á inversa. El é o protagonista nunha nova entrega da Lista Negra en que tamén soan os coruñeses Doctor Snob...

  • 19/12/2023
  • Duración 60:42
Imaxe do podcast Stevie Ray Vaughan (12/11/2023)

1# Stevie Ray Vaughan (12/11/2023)

A Lista Negra chega ao medio cento de programas. 50 horas, 3.000 minutos dedicados ao blues. E para celebralo repasamos a intensa traxectoria dun dos mellores guitarristas de todos os tempos, o irrepetible Stevie Ray Vaughan. Responsable do rexurdimento do Texas blues, Stevie viviu ao límite, morreu novo e deixou un oco que ninguén poderá encher xamais. Como sempre, escoitaremos tamén o achegamento á música máis honesta que existe dun grupo galego, desta volta os pontevedreses Gold & Colt.

  • 19/12/2023
  • Duración 63:42

Playlists