

16# De que século vés?
Mario César Vila explícanos hoxe cales son os métodos de datación que se utilizan en arqueoloxía para establecer a antigüidade dun obxecto ou un xacemento.
- 31/03/2022
- Duración 10:5
Mario César Vila explícanos hoxe cales son os métodos de datación que se utilizan en arqueoloxía para establecer a antigüidade dun obxecto ou un xacemento.
O arqueólogo Mario César Vila fálanos hoxe da función dos centros de interpretación e do sestercio de Augusto, unha moeda case única conservada en Galicia e que a Xunta quere declarar BIC.
Mario César Vila fálanos hoxe da divulgación do patrimonio cultural: dos guías turísticos á realidade aumentada.
Mario César Vila fálanos hoxe do destino da esculturado século XIV que un pescador descubriu no río Sar en xuño de 2020. Despois dun intenso proceso de restauración, a peza acaba de quedar incorporada á exposición permanente do Museo das Peregrinacións de Santiago.
Mario César Vila compila achados arqueolóxicos recentes en obras realizadas en Vigo, Santiago e Lugo e explícanos como traballa a arqueoloxía urbana, a ‘mili’ dos arqueólogos.
O arqueólogo Mario César Vila fálanos dos traballos de recuperación dos fornos de Xinzo e do proceso que levará á creación do Parque Arqueolóxico da Idade de Ferro no Barbanza.
Mario César Vila repasa connosco algunhas das descubertas do arqueoloxicamente prolífico ano 2021 que deixamos atrás e que marcará probablemente boa parte dos traballos que ocupen os vindeiros meses.
O 2021 chega ó seu remate e quixemos repasar co noso arqueólogo de referencia todos os achados realizados neste frutífero curso.
Coñecemos con Mario César Vila as salinas do Ulló, no concello pontevedrés de Vilaboa, instaladas no século XVII. Un espazo con interese histórico e natural no que se acomete un proxecto de posta en valor.
Mario César Vila fala nesta ocasión desde o concello pontevedrés de Crecente, onde participa na exhumación dunha fosa na procura dos restos de César Alberte Domínguez, un carpinteiro asasinado en 1936.
Cada 16 de novembro conmemórase o Día do Patrimonio, así que percorremos con Mario César Vila os bens galegos que son Patrimonio da Humanidade.
Falamos co arqueólogo Mario César Vila dos círculos prehistóricos coñecidos como ‘henge’ ou ‘rodas’ que empezan a investigarse en Galicia e mais dos petróglifos de Laxe dos Bolos, en Caldas de Reis.
Mario César Vila visítanos unha semana máis para levarnos de viaxe ao pasado. Concretamente, á época dos vikingos, a coñecer como eran as súas vidas e mesmo desmontar algún que outro mito.
Repasamos con Mario César Vila algunhas das actuacións arqueolóxicas que están desenvolvéndose no país este outono, desde a descuberta dun hórreo romano en Sober á rehabilitación dun antigo sanatorio en Oza-Cesuras.
Mario César Vila lévanos ao Museo do Viño de Ribadavia, un espazo que permite coñecer a historia do viño en Galicia e que divulga o noso patrimonio vitivinícola.
Probablemente, as sociedades futuras desenterren algún GPS noso e observarano tal coma observamos nós todos os utensilios que recuperamos de tempos anteriores, coma o astrolabio, equivalente precisamente ao noso GPS co que se guiaban no pasado. Un astrolabio como o descuberto na ría de Viveiro. Isto e máis, na colaboración de Mario César Vila, no Diaro Cultural.
Voulles contar unha historia que ten como protagonista unha enfermidade do centeo, que foi a causa do ergotismo ou lume de Santo Antón. Dábase moi ben en Galicia, tanto que sustentou a moitas familias na época da fame, que o vendían as industrias farmacéuticas, a un laboratorio de Vigo do que naceu Zeltia. Fálolles do caruncho do centeo ou dentón. Así que ó longo desta hora saberemos algo máis do “claviceps purpurea”, do “ignis sacer”, da Orde Hospitalaria dos Antonianos, de Hoffman, o científico que sintetizou por primeira vez o LSD, das bruxas de Salem e do Laboratorio Miguel Servet de Vigo e o seu pan-Ergot.
Historia do corsarismo en Galicia, importante no século XIX e do pirata galego Benito Soto.
Antes do século XIX a loucura tiña que ver co demo e o mal de ollo, tamén co desequilibrio do fluídos corporais. O enfoque de cimonónico, puramente médico, achegou unha nova busca de solucións. En Galicia o manicomio de Conxo foi unha das pezas chave do tratamento psiquiátrico desde a súa inauguración en 1885.
A vida e obra desta xurista e defensora dos presos.
María Vinyals foi unha intelectual, escritora, oradora e, sobre todo, feminista nun tempo no que unha muller con ideas estaba moi mal vista. Esta é a historia da señora do Castelo de Soutomaior.
Dende Pepa a Loba ás historias de Fani Garrido
O ligoteo nos teatros galegos, a importancia da cor na decoración e os protocolos e etiquetas da época.
O Barroquista fálanos sobre o festival referencia da arte urbana, o 'Rexenera': "Un museo desta calidade, entre a veciñanza, é algo único".