Sociedade

A fin do mundo

Celia Riande, Xiana Fole e Anxo Fariñas
Tres tristes f*** fan do estudo radiofónico o seu particular salón do té mentres non chega a apocalipse. Poderían acaparar papel hixiénico ou contruír ...

Listaxe de episodios

5 episodios
Imaxe do podcast A fin da Fin do Mundo

5# A fin da Fin do Mundo

Tres tristes f*ugas chegan á fin do mundo. Unha fin do mundo na que o única opción que temos é aferrarnos ao "nihilismo entusiasta" do que falaba o noso convidado especial de hoxe, Nuno (Grande Amore). Con el falamos do que é ser novo nun mundo post-pandémico, da falta de oportunidades e de como o único que podemos facer ante esta situación tan '"heavy" que nos toca vivir é poñernos un "silly little podcast" e tirar para diante. Todo cargado, coma sempre, dunha boa dose de humor e momentos de emoción porque odiamos ter que dicir adeus. Foi un auténtico pracer.

  • 21/06/2022
  • Duración 47:20
Imaxe do podcast Bandeiras vermellas, a gamificación da realidade e o Tinder

4# Bandeiras vermellas, a gamificación da realidade e o Tinder

Existe unha guía para esquivar imbéciles? Podías predicir que esa persoa non era de fiar ou estabas sobreanalizando a realidade? Hoxe falamos das bandeiras vermellas, de youtubers con irmáns (de 10 anos) e do problemático de ser cidadán do mundo, amante da cervexa e amigo dos teus amigos. Porque neste mundo post-tecnolóxico, twitter é a nosa ágora. Un saúdo especial a Carracha Manoli: ese bizum non vai chegar nunca.

  • 21/02/2022
  • Duración 54:7
Imaxe do podcast Ceas de Nadal: A Fin do Mundo era isto

3# Ceas de Nadal: A Fin do Mundo era isto

En que momento se nos foi o 2021? Aquí estamos, un ano máis, brindando con IFA Eliges e comendo un McAitana. Neste festín falamos de Pizarnik, Oriana Fallaci, Murakami e de ‘Las Malas’ de Camila Sosa Villada. Pero tamén de J. Pelirrojo, da nosa Santa Trindade particular e de por que a ninguén lle importa que che guste Crepúsculo. Sabemos que as ceas destas datas poden ser duras, así que adiantamos as nosas uvas para darvos consellos útiles tanto para sobrevivilas como para dinamitalas. Feliz Aninovo!

  • 29/12/2021
  • Duración 44:14
Imaxe do podcast Telerrealidade, meritocracia e Plató Celga 1000

2# Telerrealidade, meritocracia e Plató Celga 1000

É real? É enriquecedor? É lixo? Nesta nova Fin do Mundo quixemos falar dos realities, dos de agora e dos de antes, dos dunha e doutra beira do Atlántico, e pasando por diferentes puntos quentes: a meritocracia que se promociona, a falta de sensibilidade nalgúns clásicos e as tupidas capas de caspa que forran algunha que outra crítica a este xénero do entretemento. Ademais, recomendamos e mesmo inventamos realities que deberían ser reais (de verdade, están tardando). Benvides, outra vez mais, á fin do mundo!

  • 03/12/2021
  • Duración 47:18
Imaxe do podcast Heroes, viláns ou como construír un incel

1# Heroes, viláns ou como construír un incel

Como se constrúe un vilán? Era Sharpay a mala da película? Canto hai de incel material en Rick y Morty? Hoxe falamos da representación da maldade a través da televisión e da cultura popular, e no sistema de valores a sustentan. Colle un té e únete a reprobación da túa propia infancia.

  • 13/10/2021
  • Duración 33:54

Outros programas

Novos podcasts

Imaxe do podcast Os 8000 insulares do Porto

8# Os 8000 insulares do Porto

O distrito de Aveiro en canto ao turismo parece que vive dos resto que lle deixa o Porto. Con todo é unha das provincias portuguesas con maiores atractivos. Neste capítulo de "Pasarse da raia" visitamos o distrito da auga e coñecemos de preto unha das construcións máis importantes do Porto: as casas dos burgueses e como deron en crear unha das figuras urbanísticas máis terribles, as ilhas. Todo acompañado da música de "Os azeitonas". Vamos lá!

  • 30/06/2023
  • Duración 23:6
Imaxe do podcast Como arrincar a emprender, Startup Galicia estrea Podcast

7# Como arrincar a emprender, Startup Galicia estrea Podcast

Tes unha idea emprendedora pero non sabes como arrincar? Gustaríache montar unha startup pero cóstache dar o paso? Estrenamos o primeiro podcast de emprendemento en galego no que entrevistaremos a persoas ligadas á comunidade emprendedora galega e falaremos de éxitos e tamén de fracasos da man de Víctor Fariña e Startup Galicia

  • 21/06/2023
  • Duración 24:43
Imaxe do podcast Todos temos ideas, pero como as levamos a cabo? O fundador de Coinscrap cóntanos como fixeron eles para levantar máis de 2 millóns de euros

6# Todos temos ideas, pero como as levamos a cabo? O fundador de Coinscrap cóntanos como fixeron eles para levantar máis de 2 millóns de euros

Como facemos para darlle vida ás nosas ideas? Hoxe falaremos con David Conde, CEO e cofundador de Coinscrap, que ademáis de ter ideas, levounas a cabo de xeito exitoso. David é biólogo de formación cunha longa traxectoria en banca privada, sector no que desenvolve as súas iniciativas emprendedoras aplicando tecnoloxía, o que se coñece como "fintech”.

  • 21/06/2023
  • Duración 22:41
Imaxe do podcast O marketing que precisa a túa startup, falamos con Dani Cerqueiro

5# O marketing que precisa a túa startup, falamos con Dani Cerqueiro

Baixo o concepto de marketing se agochan todas as estratexias dunha compañía para levar os seus produtos e servizos ao mercado. Nesta edición do podcast de Startup Galicia entrevistamos a Dani Cerqueiro, CMO de DOCUTEN ligado ao emprendemento e ao marketing dixital dende fai máis de 18 anos. Con el debatiremos sobre como coñecer aos teus clientes, que canles de distribución poden ser as apropiadas para chegar a eles e da importancia dos contidos nesta era de sobreinformación.

  • 21/06/2023
  • Duración 24:18
Imaxe do podcast Como obter ese tan deseado financiamento? Jaime Novoa cóntanos como fan dende os fondos de capital risco

4# Como obter ese tan deseado financiamento? Jaime Novoa cóntanos como fan dende os fondos de capital risco

Sen financiamento dalgún tipo é moi difícil sacar adiante un proxecto emprendedor. Neste novo capítulo do podcast de Startup Galicia falaremos dunha das vías de financiamento privadas máis mediáticas: o capital risco. Para iso, contaremos coa colaboración do investidor compostelán Jaime Novoa, membro do fondo de capital risco K-Fund.

  • 21/06/2023
  • Duración 26:15
Imaxe do podcast Se queremos financiamento temos que elaborar un Pitch Deck. Hoxe entrevistamos a Dani Seijo que nos fala do seu paso por YCombinator entre outras cousas

3# Se queremos financiamento temos que elaborar un Pitch Deck. Hoxe entrevistamos a Dani Seijo que nos fala do seu paso por YCombinator entre outras cousas

Neste capítulo do podcast de Startup Galicia falaremos de como facer powerpoints bonitiños que nos axuden a convencer aos investidores para que financien a nosa startup. Contaremos co compostelán Dani Seijo, emprendedor en serie cunha longa traxectoria montando proxectos como Diariomotor, Civeta Investment ou Fuell. Con Dani falaremos da importancia do equipo, das métricas que temos que manexar ou das estratexias a seguir para namorar aos investidores.

  • 21/06/2023
  • Duración 24:35
Imaxe do podcast Nin as galiñas poñían ovos

2# Nin as galiñas poñían ovos

Daquela, cando Galicia e Portugal non compartían rúas e o troco era unha moeda tan forte coma escudo, as realidades das que agora son eurocidades eran moi diferentes entre elas. Unha das diferenzas radica no xeito tan desigual que tiñan de vivir o contrabando. Despois de escoitar falar do orgullo do contrabandista de Feces, Marcial Gayoso e Antonio Fonterosa, de 86 anos os dous, acompáñannos da man cruzando o Miño para achegarnos como se vivía en Amorín, concello de Tomiño, nunha época na que, como din eles, nin as galiñas poñían ovos.

  • 16/03/2023
  • Duración 19:27
Imaxe do podcast Mentiras arriscadas

1# Mentiras arriscadas

Unha parella de espías rusos vive camuflada na sociedade norteamericana. Unha familia idílica formada por un matrimonio con dous fillos. Durante anos ocultaron a súa verdadeira identidade e enganaron a todo o mundo, incluídos os seus propios fillos.

  • 17/01/2023
  • Duración 29:18

Playlists